| Pois mira que ben, menos mal o das boas novas, menos mal que non xogou o mencionado, chega a xogar e amiguiño.
|
22 Oct 2018, 14:16 |
487.50 |
3 |
0 |
+info
|
| Coméntanme que Chenel non xoga hoxe, é unha boa nova, é un xogador moi desequilibrante e, se non está no campo, o Silleda ten un xogador menos do que preocuparse.
|
21 Oct 2018, 12:55 |
48.50 |
2 |
0 |
+info
|
| Gran partido para que o Silleda demostre que é o equipo que vai ascender sen problemas. O rival é moi complicado, e, a maiores, xogando no seu campo. |
21 Oct 2018, 10:11 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Veña Silleda, tres puntiños máis e que os fenómenos de por aquí que falen o que queiran |
05 Oct 2018, 18:37 |
42.31 |
2 |
0 |
+info
|
| Pois tres puntos mais, aínda que o empate tampouco houbese sido inxusto do todo, pero, nada, outra semana mais cerca do ascenso.
|
01 Oct 2018, 13:58 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Toca partido complicado este domingo- El rival no es, ni de cerca, como el de la última jornada. Va a costar quedarse con los tres puntos en casa.
Pero sin miedo, el Silleda ganará y se consolidará. Una semana menos para lograr el ascenso.
|
28 Sep 2018, 17:17 |
-26.88 |
2 |
1 |
+info
|
| Grande Silleda.
Gran equipo o Silleda, ideas claras con xogadores que saben de que vai isto. Xa podían haber xogado así a temporada pasada.
De esta penso que, de non ter algún contratempo, teñen con que volver a categoría da que non deberon baixar.
Iso si, que este partido non se lle suba, non tódolos equipos cos que xogarán serán tan cativos, por diante hai equipos como o Melide, o San Mamed, o Villestro, para min claros candidatos a pelexar polo ascenso.
Ala Silleda, a seguir así, este ano vólvese a primeira. E anoten, Richi pichichi.
|
23 Sep 2018, 11:49 |
-60.72 |
1 |
1 |
+info
|
| O Lalín equipo que xoga ben pero que o perden os descoidos, o anterior partido o empata nos últimos intres, certo que tamén puido gañalo pero, o dito, e iso que o rival estaba un pouco exasperado. O Milladoiro non termina de impulsar o seu xogo, vai a refachos, no anterior encontro que o comeza gañando a medida que pasaba o tempo íase descompoñendo o seu xogo, tres goles , e algún que non entrou, volve a senda do xogo e case logra o empate pero nesas o rival da a puntilla. Desta tres puntos que quedan en casa.
|
03 Feb 2017, 17:53 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois que imos dicir, debería ser o partido da xornada pero o Dubra está a desenrolar partidos dunha maneira pouco regular, o anterior encontro o perde, iso si, diante dun bo rival, hai quen di que merecidamente polo pouco xogo desenvolto. Do Estrada que imos dicir, a besta negra deste grupo por méritos propios, o anterior partido logra o maior resultado polo de agora desta liga e cun Abi pentagoleador, por certo comentáronme que parece que pasou algo co coche do árbitro, sábese algo. Aínda que o Dubra normalmente é forte no seu campo, desta tres puntos para a capital do moble. |
03 Feb 2017, 17:52 |
58.39 |
2 |
0 |
+info
|
| O Val do Ulla sendo un equipo bastante regular de cando en vez non as ten todas consigo, o anterior encontro sae cos tres puntos e iso que comezou perdendo cedo e estivo case toda a metade da segunda parte cun menos, a verdade é que o rival non apertou moito. O Aguiño equipo forte, cun xogo moi directo pero que non sempre sabe terminar, no anterior encontro case lle empatan, e iso que levaban unha vantaxe de dous, tres goles. Partido interesante, pódese dar calquera resultado.
|
03 Feb 2017, 17:50 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Miúdo correctivo levou o Bastavales no anterior encontro, din que pódese deber a que están a levar xogadores cos maiores, puidese ser pero aínda así foi o resultado mais avultado deste grupo ata o de agora. O Cordeiro segue con seu xogo irregular, o anterior partido aínda que o comezou gañando e tivo case toda a metade da segunda parte un rival cun xogador menos non foi quen, de feito precisamente perde o partido na segunda parte. Tres puntos que quedan en casa.
|
03 Feb 2017, 17:48 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Fátima segue a ser un equipo pouco doado para os rivais pero tamén un equipo que lle custa sacar os partidos. O Arzúa mantén unha liña ascendente no seu xogo, o anterior partido logra os tres puntos diante dun rival complicado. Tres puntos que van fóra.
|
03 Feb 2017, 17:46 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Salvora equipo que no seu campo é un rival complicado, ten un xogo regular e plántalle cara a calquera pero tamén hai que dicilo, é irregular, o anterior encontro o perde cos veciños en 10 minutos. O Villestro a xogar bastante ben, no anterior encontro comeza gañando moi cedo por un despiste do rival e xa despois soamente tivo que xogar. Neste encontro tres puntos que marchan fóra. |
03 Feb 2017, 17:44 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Un Conxo que está a manter un bo nivel de xogo, o anterior encontro gañouno fácil, podendo ser o resultado mais avultado, ten un pequeno hándicap, nalgún partido fállalle a teoría e as pasa mal. O Puebla segue a manter unha mellora de xogo, que en algúns partidos non a mantén. Desta penso que a mellora do Puebla non vai ser suficiente, tres puntos que quedan en casa. |
03 Feb 2017, 17:43 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Peleteiro gaña o anterior partido mais por que o rival o permitiu que por xogo, de feito empezou perdendo. O Noia levou no anterior encontro un correctivo, con tódolos goles feitos polo mesmo xogador, e ollo os que non caeron por desacertos, puido ser peor. Neste partido tres puntos que quedan no colexio.
|
03 Feb 2017, 17:36 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Victoria vén cun empate a semana pasada nun partido que en principio parecía gañado, certo que o rival é dos que non poñen as cousas doadas. Ao final do partido houbo certa tensión que resolveuse con moitas amarelas, ata o porteiro levou, e dous expulsados, un deles por seguir dándolle a vara ao árbitro xa co partido finalizado. O Compostela comezaba gañando o anterior partido cedo pero ata aí chegou, comezou o rival a apertar e deixáronos sen os tres puntos, algúns queixáronse un pouco da arbitraxe, incluído o adestrador, que por certo de tanto protestar, quizás un pouco pasado, mandárono para a caseta, aínda que outros din que non influíu. Como xa comentei anteriormente, Victoria equipo que traballa e fai bos partidos, haberá que ver se os expulsados non lle pasan factura neste partido, Compostela demasiada dependencia do xogo individual porque o colectivo vai ser que non. Neste partido, e como non se sabe como afectará ao Victoria os expulsados digamos que ou ben empate ou tres puntos que quedan en casa.
|
03 Feb 2017, 17:35 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Compostela está a manter un baixo nivel, depende mais de que algún xogador faga algo que de xogo de equipo, o anterior partido o perden pola mínima e deixando dous xogadores expulsados. O Peleteiro pode estar a facer un bo partido e de repente cambiar o rexistro, o partido anterior o deixan marchar indo cunha diferenza notable. Tres puntos para o colexio.
|
27 Ene 2017, 17:13 |
309.29 |
2 |
0 |
+info
|
| O Lalín equipo ben traballado cun xogo bastante regular, cun algún despiste de cando en vez e que no apartado defensa vai mellor que no ataque. O Victoria está a traballar ben, facendo bos partidos, quizais fáltalle un pouquiño de sorte, o partido da semana pasada case o consigue empatar, pero ese pouquiño de sorte faltou. Este pode ser o partido da xornada, un punto é o que os separa, outro de 1X2. |
27 Ene 2017, 17:12 |
309.29 |
2 |
0 |
+info
|
| O Villestro a calada está a facer unha temporada moi regular, no anterior partido fai un bo partido, aínda que o perdeu, contra un dos equipos fortes. O Fátima segue a manter o de non ser un equipo doado para os rivais pero mantendo outro problema, tampouco logra sacar partidos de maneira fácil. Partido interesante, un Villestro que se o fai ben e os rivais pinchan pódese meter en ascenso e un Fátima que está vendo que pode baixar, neste deixémolo en 1X2. |
27 Ene 2017, 17:12 |
349.15 |
3 |
0 |
+info
|
| O Cordeiro segue a ser moi irregular, é capaz de sacar partidos adiante, aínda que nalgún con fortuna, e outros caer estrepitósamente, o partido anterior o saca en dous minutos, certo que o rival non as tivo todas consigo. O Val do Ulla é un equipo bastante regular que nalgún partido non ten a sorte do seu lado, no anterior encontro plantoulle cara ao todopoderoso de esta liga, aínda que faltando dez minutos para o final lióuse a cousa un pouco con un expulsado para o rival, aínda que cara ao final un Ullense tamén fóra. Desta tres puntos que marcha fóra.
|
27 Ene 2017, 17:11 |
309.29 |
2 |
0 |
+info
|