| Pois si, tres puntos importantes para acabar a primeira volta mais cerca dos postos de ascenso. E, si, non hai que confiarse, xogar e punto.
|
20 Dic 2018, 10:59 |
896.73 |
7 |
0 |
+info
|
| Manda carallo Silleda, non se poden xogar os partidos así, a ver se espabilamos. E para rematar no último intre. O dito, manda nabo!!!!!! |
16 Dic 2018, 21:48 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Eu engadería nesa lista aos da Estrada, estiveron ben cando estivemos por ala. E ollo, tivemos sorte de saír con un puntiño. |
12 Dic 2018, 22:23 |
220.34 |
4 |
1 |
+info
|
| Subiditos si, pero polo de agora van segundos, así que, aínda que dea proído, poden estalo.
De todas maneiras, para min, o de mellor ataque vai ser que non, agora, cambiando o termo por "atacante", pode ser, porque é o que ten, un dos mellores "atacante".
O Silleda debe sacar os tres puntos, e máis xogando como local e coa afección arroupándoos. Non queda outra.
|
12 Dic 2018, 10:11 |
220.34 |
4 |
1 |
+info
|
| Que queredes que diga, tres puntiños, si, pero non me valen, non demostran que o Silleda sexa un bo equipo.
E dicía que algún equipo era cativeiro, pois este. E todo aí que dicilo, para este partido tocou un dos figuras na arbitraxe, comentaba alguén que os colegas chámanlle "tarjeta rápida". Viuse, vaia se se viu.
Para semana toca o equipo "que manda", segundo algún, así que Silleda a espabilar, que paréceme que ese partido non vai ser tan fácil como este.
|
10 Dic 2018, 13:34 |
-7.02 |
3 |
1 |
+info
|
| Lendo os comentarios da xornada, chamoume a atención este, "consolida ... como postulante ao ascenso", pois xa vedes, consolidar paréceme que non vai consolidarse, xa o dixen cando xogou co Silleda, equipo de xogo cativeiro.
|
03 Dic 2018, 09:23 |
42.31 |
2 |
0 |
+info
|
| Mi ma, o Villestro xogando de pena, segundo din por aquí, e lévanse o partido de cara, pois chegan a xogar e xa non sei de que estariamos a falar. Nada que dicir, bo equipo o Villestro, claro aspirante a estar nos postos elixidos.
|
03 Dic 2018, 09:17 |
42.31 |
2 |
0 |
+info
|
| Jejejeje, moi boa o do bastón
|
03 Dic 2018, 09:10 |
42.31 |
2 |
0 |
+info
|
| O Silleda gañando con unha axudiña dos visitantes, e, polos pelos, nos derradeiros instantes. Para min, ao final, o empate houbese sido mais xusto.
O Silleda ten que darlle outro ritmo, porque senón paréceme que o do ascenso non vai ser para esta temporada.
|
03 Dic 2018, 09:08 |
42.31 |
2 |
0 |
+info
|
| Pois esperemos que acertes si ou si!!!! E máis xogando en casa. O Silleda ten que espabilar, vamos, a polos tres puntos |
28 Nov 2018, 12:29 |
506.59 |
4 |
0 |
+info
|
| Vamos Silleda, despois do roubo da semana pasada soamente queda tirar para diante. |
22 Nov 2018, 20:11 |
521.06 |
3 |
0 |
+info
|
| O de os dous mellores pois, non sei, entre o primeiro e o sétimo hai tres puntos, para que teñas idea, noutro grupo, entre o primeiro e o quinto hai dez puntos. Así que coidado, un traspies e alí vai.
E a ver Silleda se espabilamos |
18 Nov 2018, 23:05 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| De acordo co dos árbitros, por suposto que poden cometer erros, pero é que este penalti, por dios, non é un erro, é unha aberración. Nin querendo facelo adrede faino tan mal. Pero como dixen, ímolo deixar que se non pasa o que pasa.
|
18 Nov 2018, 20:45 |
211.14 |
3 |
0 |
+info
|
| Se iso é penalti, vamos vamos. Ímolo deixar que se non quéntase un demais e pasa o que pasa. Aínda así, chavales hai que estar ao que hai que estar, o primeiro gol por dios...
|
18 Nov 2018, 19:28 |
484.75 |
3 |
0 |
+info
|
| A ver Silleda, a resarcirse do traspies da semana pasada. Vamos, con cabeciña. |
15 Nov 2018, 11:25 |
484.72 |
3 |
0 |
+info
|
| Pois despois de asistir a desfeita de onte acerqueime a ver o partido dos veciños, moito mellor co Silleda, pero tamén aí que dicilo, cos cativos que tiñan enfronte calquera saca puntos. O que non entendo é que vaian nos postos de clasificación no que están. |
11 Nov 2018, 21:12 |
483.67 |
3 |
0 |
+info
|
| Nada que dicir, desastre de partido por parte do Silleda, e grazas polo empate.
|
11 Nov 2018, 21:10 |
42.31 |
2 |
0 |
+info
|
| A ver Silleda, a polos tres puntiños. |
09 Nov 2018, 13:52 |
-93.69 |
2 |
2 |
+info
|
| Aí aí esfuvil, que non se diga...
|
02 Nov 2018, 14:28 |
483.27 |
3 |
0 |
+info
|
| Pois que se cumpra teu prognostico.
Paréceme que agora mesmo nin bet365 sería capaz de propoñer un final de temporada, esta liga vese moi pelexada, e calquera fallo págase, xa vedes o que aconteceu esta última xornada, e se vedes a clasificación, agora mesmo hai 13 equipos con posibilidades, non é nada.
Despois de isto, ao noso, a ver Silleda, o da semana pasada xa pasou, agora toca pelexar para estar de primeiros como prognostica por aquí.
Veña a xogar.
|
25 Oct 2018, 22:17 |
42.31 |
2 |
0 |
+info
|