Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
Pois nada que dicir, só esperar e ver o partido como termina, xa que despois dos últimos partidos vese que ao Silleda lle pinta a cara calquera. O rival desta semana é dos directos, e xa gañáronnos no partido de ida, certo que o partido o puido levar calquera, pero, levárono eles. O dito, xa veremos que pasa. 20 Feb 2019, 15:02 427.74
O Silleda así non vai a ningún lado, e menos a primeira, paréceme que, ultimamente, cando gañamos é mais por fallo dos demais que por acerto noso. Así que deixemos o conto así que é mellor. E insisto, amarrarse o cinto que veñen curvas. Neste partido empate e grazas, que case imos sen nin sequera ese punto. 18 Feb 2019, 11:37 8.47
Pois a Santiago vamos e, como non puxesen as medidas oportunas, pode pasar o do partido anterior, e ollo porque a posibilidade é moi grande, o Belvis está a facer uns partidos bastante completos, así que, como dixen antes, amarrarse o cinto que veñen curvas. Veña Silleda, temos que volver cos tres puntos, 13 Feb 2019, 13:45 -26.75
O Villestro ladrón de liga vai ser que non é exacto, ahora, que as arbitraxes están a ser descaradamente favorecedoras e, pispanlle, grazas a "errores arbitrales", os puntos a outros equipos para darllos a eles, pois si. En varios partidos grazas a "un error arbitral" quedaron cos tres puntos ou, como mal menor, un punto, así de claro e totalmente certo. Dou fe do penalti sinalado en Silleda, co cal lograron o empate. Bueno, e algunhas outras accións sinaladas de xeito diferente para o rival que para o Villestro. E vendo os comentarios noutros partidos, non quedan atrás as cousas. Ollo, nalgúns partidos gañaron merecidamente, non é cuestión de quitarlle méritos. E que lle quedan partidos complicados, si, pero xa veredes, como as arbitraxes teñan a mínima oportunidade de favorecelos, pim pam pum lacasito... Pola outra banda, gustaríame saber cales son os obxectivos do Pino porque, como dí "Saludos94", aquí, mais ou menos, coñecémonos todos, e algúns xogadores non creo que estean de xeito altruísta e botar unha man para levar un equipo da base. 12 Feb 2019, 13:44 212.91
Resumindo, o dito por "Trallolo" e "fendecachas", mellor imposible. Podemos discutir sobre a linguaxe utilizada pero nada mais, é o que hai. É moi simple, e totalmente certo, fai uns cantos partidos que a quen lle soa a frauta é a o Silleda Gustoume o de "a seguir entrenando...", porque é o que toca, nas vindeiras xornadas que o Silleda se amarre o cinturon que ven curvas. 11 Feb 2019, 11:06 8.47
O Silleda ten que manter o ritmo, ou sexa, gañar partidos, incluído este, para non despexarse dos postos nobres. No anterior partido conséguense os tres puntos pero non se pode dicir que fósemos mellores, e ollo, ata puidemos non saír tan ben. Así que mais xogo e concentración para pelexar polo ascenso. Os equipos de arriba algún partido non o sacarán, e, a maiores, ter en conta que temos pendente os partidos de ida con eles. 08 Feb 2019, 09:11 8.47
O Silleda ten con que poder levarse os tres puntos nesta saída. Agora, teñamos un pouco de calma, non vendamos a pel do oso antes de tempo. O Cruces non é un equipo fácil, nin vai dar facilidades, ten moito en xogo, non descender. Non esquecer que no partido anterior, por moito que digan algúns, non o tivemos doado, e, os tres puntos, gracias, porque tamén puido ser tablas, o peor incluso. E deixar de indicar en que categorías deben estar, ou non, os equipos. Veña Silleda, a polos tres puntos. 01 Feb 2019, 11:47 -27.81
Pois eu agradecido dos tres puntos porque que o Silleda ten que ascender, pero hai que ser xustos, de aí a dicir que mellores, pois vai ser que non. E mira por onde, non me estraña que a xente veña dicindo que en Silleda pasan cousas raras. Xa no partido atrasado o Silleda estivo xustiño, xustiño, e se os de Zona eran frouxos os do partido atrasado non che conto. Particularmente penso que o Zona debeu fichar xogadores, porque neste partido non se parecían en nada ao de ida. Xa veremos que galo, nunca mellor dito, canta no partido que ven. No de ida, entre en propia porta e algunha axudiña, saíron os tres puntos que si non o xusto houbese sido un empate. 28 Ene 2019, 15:13 211.64
Tres puntos benvidos pero non moi merecidos. Pero é o que hai. 27 Ene 2019, 19:14 211.64
Silleda, onte non foi do mellor o xogo, e así non vamos ir moi lonxe. Hai que espabilar. 25 Ene 2019, 08:38 -27.77
Pois a ver como lle vai ao Silleda en casa, no encontro de ida, contra este rival, o partido foi moi fácil, de feito puideron saír con tres ou catro goles mais. Pero coidado, que o Silleda non está a telas todas consigo, noutros encontros de similar característica non se pode dicir que saíran sobrados. E a ver como segue os temas das arbitraxes, polo visto ultimamente están que se saen, de malos malos. Pero esperemos que neste non se dea como no da semana pasada. A ver Silleda se mantemos algo o xogo e quedamos cos tres puntos en casa. 24 Ene 2019, 08:18 112.39
Sobre os equipos dicir que, nin un foi tan malo nin o outro tan bo, xa está. No que si estou de acordo é que o arbitro era maliño, moi maliño, e lendo os outros comentarios que están nesta xornada está visto que, ou a federación fai algo ou o tema vai ir en aumento. É mais, vaticino que un das primeiras consecuencias do mal, bue, inexistente control por parte da federación e colexio de árbitros de estes custodios de partidos vai ser a proliferación de cámaras 4K en tódolos partidos, e, por ende, reclamacións en todas as xornadas. A ver como respondería a federación con isto. Pensándoo ben, non estaría mal a idea, habería que poñela en práctica por parte de tódolos equipos, xa me gustaría ver algún árbitro nesa tesitura. Ao marxe desta discusión arbitral dicir que os tres puntos foron ben gañados polo Silleda, non foi un partido para botar foguetes, o campo non estaba do mellor, pero o resultado, polo menos para min, é xusto. 22 Ene 2019, 12:38 133.01
A ver Silleda se espabilamos e saímos cos tres puntos nesta saída. E a ver se o próximo xoves ás 9 da noite non se volve a escarallar a iluminación en Lalín. 18 Ene 2019, 20:48 112.35
Pois un gol tempraneiro condicionou o partido, polo menos para min. Despois houbo que esperar ata a segunda parte para que subisen os dous goles de Rubén. Ollo, non se lle quita mérito ao de Manu. Aínda o resultado, non podo dicir que o Silleda fose moi superior. Paréceme que de haber sido outro rival non ía a saír o conto así. Bueno, de todas maneiras tres puntiños que son benvidos. E insisto, como xa dixen nun anterior comentario; "nesta volta ten que manter unha regularidade mellor". 15 Ene 2019, 20:16 -27.73
Será que o Pino empeza a coxear!!!!! 13 Ene 2019, 19:18 271.02
No partido de ida o Silleda non pasou do empate, neste, como di o compañeiro, non sei que dicir. Como manteña o nivel das anteriores xornadas, e xogando contra un rival que vai tentar escapar dos postos baixos, pois, pode pasar calquera cousa. Vamos Silleda, a xogar como sabedes. 10 Ene 2019, 10:34 304.75
Pois nada, o Silleda non termina de, non sei que, pero non termina. Paréceme que vai tocar estar nesta categoría mais do pensado. 06 Ene 2019, 22:34 8.47
Claro que debería, ou, se preferides, ten que gañar o Silleda, pero, non esquezamos que, polo de agora, os do Lamela están por riba de nos, por algo será. Certo que no partido de ida a vitoria foi cómoda, pero non por iso hai que confiarse. O Silleda debe ir coas ideas claras e manter o xogo durante os 90 minutos. E, o que si ten que ter claro tamén, é que nesta volta ten que manter unha regularidade mellor que a da primeira se quere ter algunha opción de chegar aos postos de ascenso. 01 Ene 2019, 21:16 78.32
Non fun pero quero imaxinar que o que pasou foi que debeu haber algún problema coa iluminación. Asistín a algúns partidos de noite nese campo e non houbo problemas, non era iluminación de primeira pero, si a suficiente para xogar, así que, ou hai moito fino, ou, o dito, problemas. 25 Dic 2018, 12:06 274.69
Pois, o partido da xornada; a ver quen se leva o regalo de navidad, ou será que repartiranse o turrón. 20 Dic 2018, 11:03 639.88