Comentarios de saludos94

Comentario Fecha Karma
Resultado un pouco raro e non menos curioso. Alguén pode facer un pequeno resumo do partido. 09 Jun 2014, 14:12 9.28
“spin” penso co Oroso non vai ter problemas en ascender, non creo co Viveiro vaia ser superior no seu campo do demostrado neste partido. O gol temperán deles foi deses que acontece de “carambola” porque como ti ven dis non foi quen de facer mais nada, impoñéndose, con diferencia, o Oroso de maneira abraiante. Seguramente na próxima crónica esteamos a felicitar o Oroso por seu ascenso a Galega. 02 Jun 2014, 13:59 9.28
Bo partido do Oroso, superior o Viveiro. Ter en conta co Viveiro ven de desenrolar unha liga na que soamente perdeu un partido. O equipo visitante aínda que tentaba xogar o fútbol veuse comprometido polo físico e claridade de xogo dos locais. Imaxino que visto o visto neste partido na volta non debería ter problemas en obter o seguinte paso o Oroso. Por certo, unha dubida, de pasar o Oroso na volta ascende a galega ou ten que xogar outro partido. 02 Jun 2014, 12:46 9.28
Pois boa hora e dia para ver o partido, estaremos no campo. Veremos que tal lle vai o equipo local. Polo que me comentaron os dous últimos partidos foron moi pobres, sobre todo o de Puebla que o valoraron como desastroso mais que pobre, así que xa veremos como resolve este partido que o enfronta a un dos equipos fortes da liga, hai que ter en conta que no partido na casa do Val do Ulla saíu cos 3 puntos o Cacheiras. Esperemos cun bo resultado volva acompañar o Cacheiras. 07 May 2014, 13:53 9.33
Partido complicado o que tivo que realizar o Viduido fronte o Noia no que o equipo visitante levouse os tres puntos. Chamoume a atención que o Viduido saíse ao partido con tan poucos xogadores. Hai que recoñecer que fixeron un partido moi serio, polo menos durante a parte do primeiro tempo que vin, con solo un gol encaixado e loitando sen tregua dende a portería ata o home mais adiantado. Marchei antes de que rematara o primeiro tempo así que non vou estenderme mais. Imaxino que o resto de goles foron motivados polo cansazo propio de ter que xogar cos efectivos que xogaron. O Noia non foi quen no tempo que puiden ver de sacar mais proveito. O arbitraxe, polo menos no tempo que estiven, non influíu nin tivo maiores problemas. Comentando o tema do número de xogadores do Viduido neste partido parece que a mingua estaba motivada polas expulsións e acumulación de tarxetas do partido que fixeron en Boiro. Non sei porque pero dáme o corpo de que a arbitraxe, como é costume nos partidos dependentes da delegación de Boiro, debeu ter os seus mais e menos, como xa están afeitos os equipo de fora de Boiro. En fin, é o que hai. É de xustiza recoñecer ao Viduido o bo facer ao presentarse ao partido nas condicións que se presentaron; algún equipo podería aprender deste detalle xa que por menos piden aprazamento de partido (faltan un ou dous xogadores dos dezaoito e por deus como imos ir ao partido nesas condicións), e o peor é que o normal e que se admite por parte doutro equipo o aprazamento. Noraboa ao Noia pola vitoria e ao Viduido noraboa tamén xa que penso que non van ter problemas en manterse na categoría. Seguramente no partido de Copa entre estes dous equipos se o Viduido pode contar con todos os seus efectivos o resultado sexa outro. 28 Abr 2014, 14:50 43.61
Este partido vai xogarse o xoves 1 de maio ás 12 no campo do Cacheiras. Esperemos ver bo xogo e, de xeito egoísta, que o resultado sexa favorable ao equipo local. 23 Abr 2014, 14:42 39.58
Xa que polo visto o persoal xa non comenta os partidos do Cacheiras, expoño algún detalle que me comentaron en conversación ociosa, partido moi ben traballado polo Cacheiras, de feito empezaron gañando o partido, pero que este bo traballo esvaeceuse por algúns despistes importantes na defensa e portería. Polo visto salvo os despistes non se amedrentaron ante o Aguiño plantándolle cara e a punto de empatar o partido. De feito parece co Aguiño tiña o medo no corpo xa que cara o final soamente sabían perder tempo nos saques, sobre todo de portería, gañándose dous ou tres tarxetas amarelas por iso. Outro comentario foi que no se entendía porque se que concluíron a competición non se levaba o porteiro do xuvenil “B” por se ocorrera algún contratempo ou para botar unha man así como algún xogador mais dese equipo. A maiores parece ca fatalidade fixo presenza nun lance do xogo no que non saíu ben parado “jorgito”, parece que se mancou un dos brazos, pero por sorte non debeu ser moita cousa xa que seguiu no partido ata o final. Seguramente foi soamente un golpe e o susto correspondente e estará disposto para o próximo partido. Noraboa o Aguiño polo resultado e o Cacheiras a seguir así, tentando mellorar o tema dos despistes. 14 Abr 2014, 21:14 9.53
Curioso que ninguén poña algunha entrada cando o Cacheiras ven de facer un partido decente. Recoñecerlle o Oleiros a deportividade mostrada no partido, enturbada soamente pola reacción desproporcionada e sen razón ningunha dun membro do equipo técnico. Noraboa o Cacheiras polo resultado e veremos como continúa nos próximos compromisos, sobre todo no seguinte a xornada de descanso. 01 Abr 2014, 22:06 9.58
Primeiro dicir que sinto a parte que leva a nai de jorgito sen querelo, menos mal que imaxino que seguramente non le estes comentarios. Segundo, non vou “tajar” por que non puiden ir o partido, de todas maneiras algo me comentaron pero como cada quen ten a súa maneira de “tajar” non vou a inferir nada que non puidera aseverar por non velo. O que parece ser e co arbitraxe foi bastante caseiro pero que non influíu no resultado. E por último, penso que homiño de ferro con ferruxe mais ven debería ter como alias “clownman”, non me entra na cabeza que meta a nai dun xogador tan alegremente e quede tan ancho. En fin, el saberá. Noraboa polo resultado os dous equipos. 23 Mar 2014, 12:51 9.63
Pois nada “Mihail” , aínda que non veras o partido parecera que estiveras no campo xa co teu comentario e o resumo perfecto do partido, aínda que che faltou engadir o porteiro, que como ven sendo habitual ten moito que ver nos resultados adversos. Engadindo algún detalle o teu comentario, para render hai que “xogar” e por riba de todo “xogar” en equipo. Nunha cousa tes razón, algúns xogadores fixeron o que puideron e mais, pero como de costume tiñamos os de sempre para estragar o bo facer doutros. Dicir co Viduido na primeira parte so chegou dúas veces a portería, e unha delas gol parvo, na segunda parte non chegaron nin por equivocación. O arbitraxe correcto axudado polo xogo limpo dos dous equipos. Retomando o dito por ti a semana pasada teño que dicir que estou de acordo no de que cada xogador dá o que dá, pero de iso a que algúns xogadores fagan o que lle veña en gana hai moito treito. Este deporte é colectivo e xógase con e para o equipo, pero estes xogadores o que ilustran e co equipo xogue para eles e facer o que lles pete e o que lles veña en gana, perdón, iso debe ser o que ti chamas divertirse, e se fallan na súa diversión, como e o habitual, xa será o resto do equipo o que terá que recuperar para volver xogar para eles. Así que como ti ven dicías de faltar o respecto, se alguén lle falta o respecto a alguén son estes xogadores ca súa diversión, e o peor e que polo visto con consentimento. Neste partido o feito polo dorsais, novamente 17 (cousa rara) e 22, e un novo, o 9, foi de ESCANDALO, aínda entre eles pelexábanse por co balón era dun ou doutro, o de menos era xogar, perdón, divertirse. A maiores, tes razón, e o apoio totalmente, no que dis, textual, “Os rapaces deben acatar unha disciplina tanto de adestrador como arbitral, ter unhas condicionantes sociais a hora de comportarse cos compañeiros”, engadiría e cos contrincantes, a partires de aquí xa non estou de acordo, penso que calquera equipo federado “competindo” en calquera categoría terá algún obxectivo a lograr a maiores de cos xogadores se divirtan, polo que os xogadores que soamente queiran divertirse aforraríanlle cartos e tempo os seus pais indo a escolas deportivas que estou por seguro co “accesorio” non lles importa, inclusive moitas delas nin sequera compiten. Seguindo teu raciocinio nas categorías non debera haber clasificación nin resultados xa que segundo ti sería “accesorio” e polo tanto non existirían alicientes, ou obxectivos, como ascender ou preocupacións como descender. Para lograr os principios que ti apuntas tamén poden en vez de continuar “divertíndose” tentar noutra disciplina, ven deportiva ou non. Por favor estamos en xuvenís non en benxamíns. Noraboa o Viduido polo resultado e esperemos co Cacheiras mellore no que resta de temporada. 09 Mar 2014, 18:16 9.63
Despois de ver o partido dos cadetes do Cacheiras hoxe, por certo moi baixo, toca falar do partido de onte dos xuvenís. Partido que se leva o Cacheiras xustamente. Resaltar que se non e polos fallos do porteiro visitante este partido queda a ceros sen maiores problemas, o que di moito do que está a facer o Cacheiras, ou para ser mais exactos o que non están a facer certos xogadores. Despois de ver este partido, así como algún outro dos anteriores, chégase a unha conclusión, no Cacheiras xogadores que “xoguen” fútbol dous, como moito tres, e son os que fan e dan algo de xogo, se faltan estes dous ou tres xogadores o Cacheiras no e capaz de facer nada. Aínda así estando estes tres xogadores no campo xa se encargan algúns de estragar o bo que se pode facer. Hoxe veuse claramente o pouco xogo que teñen algúns destes xogadores, o dos xogadores co dorsal 17 e 22 e de xulgado de garda, non entendo como adestrador os deixa xogar todo o partido, igual co dorsal 23. Outros xogadores, como os medios altos, deberían ter mais visión de xogo colectivo e rapidez de reacción e saber que hai mais sitios no campo onde se pode pasar un balón, indefectiblemente sempre o pasan a esquerda, a dereita e o medio non existen para estes xogadores. Despois outro detalle son os xogadores titulares e os suplentes, que salga titular o dorsal 5 ten mérito, simplemente perdido e sen ser capaz de articular ningunha xogada, e vendo que xogadores como o central (11) ou o extremo/interior (25) quedan no banco. En fin, imaxino co adestrador fai a aliñación en función dunha decisión válida e que avala a mesma. Destacar o xogo limpo dos dous equipos, o árbitro non tivo ningún problema na arbitraxe. Noraboa o Cacheiras polo resultado obtido e esperemos co adestrador sexa quen de mellorar o “xogo” dos xogadores do seu equipo. 02 Mar 2014, 15:32 9.63
Pois si, estou bastante de acordo co que expon DianteiroPichichi6 pero non en todo, durante a primeira parte certamente o Cacheiras perdoou algunha ocasión, en particular, agás o gol, perdoou tres, que houberan suposto estar por diante senón 4-0 polo menos 3-0, e a partir de hai poderían ser outras as tornas. Sen embargo o Dubra non se engurrou, seguiu xogando e chegando a portería do Cacheiras con ganas, e entre esas ganas, o baixón do Cacheiras, que non e o mesmo que non ser equipo, e algún fallo do porteiro local vemos o resultado final. Os xogadores do Cacheiras unha de cal e outra de area, o dorsal 4 estivo bastante ben, o dorsal 19 sendo un dos xogadores que mais desequilibra do equipo notóuselle unha baixada no ritmo, os dorsais 6 e 8 estiveron ben pero tamén baixaron moito o ritmo, e o resto do equipo penso que non estivo, ou non tiveron o dia. Noraboa o Dubra polo resultado merecido e o Cacheiras esperemos que siga traballando e mellorando para ter unha mellor posición na táboa da clasificación. 02 Mar 2014, 15:12 40.86
Iso, a ver se alguén pode poñer un pequeno resume do partido. Tiña pensado ir pero ... 25 Feb 2014, 19:23 9.63
Penso que si o Cacheiras xoga tal como xogou a semana pasada, e algún xogador e quen de xogar mais en equipo, o resultado hoxe será co Cacheiras se leve o partido. De todas maneiras o Silleda non porá fácil o partido e tentará sacar proveito desta visita. Xa veremos, e verei, como se desenvolve o partido, sorte os dous e co Cacheiras se leve para casa os tres puntos, que boa falta lle fan. 22 Feb 2014, 13:08 9.63
Mingao: A tempo pasado xa non se pode facer nada pero gustaríame que o partido puidera volver a xogarse e ver que pasaba; iso si, cun arbitro cando menos se non decente que polo menos se equivocara para os dous lados igual e sinalara as xogadas antirregulamentarias, ou non, co mesmo criterio para os dous equipos. Ter en conta que dos seis goles tres foron de faltas e un en fora de xogo, e pola outra banda faltas moi claras a favor del Cacheiras non foron sinaladas. E ollo, en ningún momento deslexitimo co Oroso haia gañado o partido, o arbitraxe o favoreceu e mais nada, aproveitou esta situación moi valida para eles. As faltas executáronse ben, o porteiro non puido facer nada nelas, caso contrario non houberan sido gol, e o fora de xogo tamén se puido estragar pero non foi así, o único que se pode deslexitimar e ao arbitro. Por certo; ¿Qué houbera pasado se o arbitraxe houbera favorecido o Cacheiras? Seguramente estariamos a escoitar o mesmo pero dende o outro lado. O final unha pena, estou convencido de que cunha arbitraxe normal houbérase visto un partido mellor e moi equilibrado. 17 Feb 2014, 18:04 9.68
Partido cun resultado enganoso, parecera que houbo un so equipo no campo e non foi así, pero o final o que manda son os balóns que terminan dentro da portería. Partido bastante ben executado polo cacheiras que atuou o Oroso sen maiores problemas. Quizás hai que incidir no de sempre, algún xogador de enriba pasouse de egoísta en exceso, ven por iniciativa propia ou por compracencia do adestrador, e perdéronse algunhas oportunidades de gol. Estou seguro que de cambiar esta dinámica o Cacheiras vai a desenrolar moito mellor xogo. O Oroso un equipo que tamén xoga o fútbol, non se pode dicir nada do resultado salvo que non e un reflexo de que foran mellores. Xogan ben tentando aproveitar o físico que teñen, e aproveitando os erros e faltas que lle servía en bandexa o árbitro. O arbitraxe penoso, estou moi convencido de que influíu no resultado. Faltas que indicou a favor do Oroso non eran sinaladas cando na mesma situación eran sufridas polo Cacheiras, e foron unhas cantas, erros clamorosos sempre en contra do Cacheiras, un dos últimos goles foi un fora de xogo de metros, e non o sinalou. O vocabulario, falta de respecto e prepotencia de meniño parvo que exhibiu dan a catadura desta personaxe. E certo que se poden equivocar, pero sempre nun certo nivel, non pode ser cas faltas se sinalen sempre para un equipo, favorecéndoo, e cando toca para o outro equipo non se sinalen. O peor e que un bo partido estrágase por culpa dun pailán como este e non pasa nada, non se lle pode dicir nada, non se lle pode preguntar nada, e a federación e colexio de árbitros como se non fora con eles. Seguramente esta xente ten un problema na vida real moi serio, non lle fan nin mísero caso e chegan os partidos a resarcirse pretendendo ser deuses que están por enriba do ben e do mal. Insisto, non pode ser que fulanos como este arbitren partidos, a federación e colexio de árbitros debería ter algunha maneira de avaliar o que fan estes elementos, e como fan nas ligas superiores metelo de por vida na neveira cando arbitran como arbitrou este fenómeno. Noraboa o Oroso polo resultado, o Cacheiras se mantén o xogo visto neste partido, mellorando o tema dos xogadores de enriba, e por suposto con arbitraxes decentes, seguramente vai conseguir moi bos partidos. 17 Feb 2014, 14:23 9.68
Partido no co Villestro sacou o máximo rendemento. Resumindo, partido bastante pobre do Cacheiras, que na segunda parte pódese cualificar de penoso, a semana pasada fan un bo partido e esta escarallan o traballo, moi frouxos na defensa, igual cos medios, sobre todo os grandes, que fixeron pouco e outro tanto enriba, e o porteiro na súa liña habitual, e cun Villestro que aproveitou para en dúas chegadas levarse os tres puntos. O arbitro aínda que non influíu no resultado si que era bastante maliño, pero o dito non influíu no resultado. Noraboa o Villestro polo resultado, e o Cacheiras xa sabe, mellorar e seguir adiante. 08 Feb 2014, 20:30 33.98
Partido ganado de maneira contundente polo Cacheiras. Como comentei na anterior entrada, pensei co Bastavales daría moito mais xogo, como fixo no partido de ida, pero non foi así, foi un equipo moi cativo. Novamente mención aparte o arbitraxe, malo, malo, malo, para as dúas partes, insisto, non sei como a elementos como este, e outros tantos, os deixan arbitrar, a federación debería traballar nunha maneira de valorar o traballo de este persoal e o que non valga para fora. Aclarar co arbitraxe non influíu no resultado, soamente na moral dos xogadores. Por certo, moi ben a deportividade dos xogadores do Bastavales. Noraboa o Cacheiras polo resultado obtido, resaltar que non fixeron falta algúns xogadores para gañar o partido, e dicirlle a outros xogadores que teñan un pouco mais de xogo para o equipo e non reteñan tanto o balón. Este equipo de mellorar algún que outro detalle, e mantendo as ganas e esforzo, seguro ca recompensa o final chega. 03 Feb 2014, 14:41 9.68
Partido interesante o que, a priori, verase o sábado no campo do Cacheiras. O Cacheiras enfrontarase a un Bastavales que parece que está mellor co principio de temporada visto os resultados que está obtendo nos seus últimos partidos. Non vai ser fácil este partido para o Cacheiras, se quere obter un bo resultado e manter as esperanzas de subir postos na clasificación terá que xogar sen fracturas en ningunha das liñas, sobre todo as defensivas, sendo valentes no ataque e con tódolos xogadores concentrados e poñendo o máximo esforzo. Sorte os dous e de maneira egoísta espero co Cacheiras sexa quen de levarse o partido. 30 Ene 2014, 12:58 49.48
Resultado enganoso xa que por ocasións o Cacheiras puido levarse o partido con polo menos dous goles mais, pero o final o que contan son os goles, e nese apartado empate. Se hai que resaltar algo e o arbitraxe, bastante malo para os dous pero quizás favorecendo un pouco o Unión. Non quere dicir co resultado sexa culpa do arbitraxe, como dixen antes o Cacheiras puido levarse o partido con polo menos dous goles mais sen problemas, pero se non se culminan as xogadas pasa o que pasa. E hai que ter en conta a deusa fortuna, dous postes que ben puideran haber sido goles. Dos goles mencionar que o primeiro gol do Unión foi dunha execución e conclusión perfecta, e o gol do empate do Cacheiras sae da execución perfecta dunha falta. Resumindo, partido que puido terminar favorecendo o Cacheiras con tres ou catro goles pero entre a fortuna e a mala conclusión de xogadas non puido ser. Noraboa os dous equipos polo resultado e o Cacheiras que siga loitando por mellorar o xogo e resultados. 28 Ene 2014, 10:54 9.68