Comentarios de saludos94

Comentario Fecha Karma
Partido complicado para o Pino que se as vai ter que ver co Biduido que ven de facer unha boa campaña na súa liga. Sorte os dous. 13 May 2013, 23:50 41.40
Partido complicado, na liga os enfrontamentos entre estes dous equipos foron un empate e unha victoria para o Cacheiras. Vai estar interesante, sorte os dous. 13 May 2013, 23:47 37.31
Pois polo que teño entendido nos últimos partidos do primeiro equipo han levado xuvenís. 22 Abr 2013, 09:33 61.78
Hai xente que demostra o seu C.I soamente con expresarse, ou como neste caso escribir, tal e o caso de “eldetodos” e”PapiRonaldinho10”. Un por facer conclusións con pouco sentidiño, xa que de seguro a intención do comentario de “Casal” era outra totalmente diferente. E que pense as conclusións que se poden sacar de súas palabras, exemplo, entón unha panda de mocosos os ganaron os dous últimos partidos nos que se enfrontaron, mi madriña como será entón o equipo de Silleda. E o outro por ter mais ben poucas luces, o de non chorar por que “también os quedais sen promoción” e moi ruín e de moi mal gusto, estou seguro que iso mesmo non ten o valor de dicilo no campo os xogadores na cara e diante de todo o publico. A este ultimo dicirlle que o Cacheiras aínda non ten nada asegurado, e os partidos hai que xogalos e ser mais humildes. 19 Abr 2013, 18:05 10.49
Paréceme ben todo o exposto a favor do aprazamento de partidos pero permitídeme que non estea de acordo. Aclaro, o aprazamento pódese pedir, pero a través da canle oficial, a solicitude de aprazamento de partido debería ser tramitada a través da federación, expoñendo os motivos polo que se pide dito aprazamento, e que sexa a federación a que a rexeite ou de o visto bo, e neste caso e cando débense poñer os dous equipos de acordo para establecer unha nova data. Hai equipos que teñen a norma de non aceptar ningún aprazamento en ningunha das súas categorías agás que veña solicitado pola federación. Esta norma está aprobada en asemblea. Hai moitos equipos que se aproveitan da bo fe doutros equipos e xogan sempre co da deportividade e outros termos que de non ser satisfeitos provoca co equipo que rexeita o aprazamento sexa considerado como un equipo ruín e antideportivo sendo o motivo real de solicitar o aprazamento que lles falta un ou dos xogadores que marcan a diferencia tanto no equipo como nos partidos. Os equipos que non aceptan aprazamentos ten claro que eles tampouco os piden, se lle faltan algúns xogadores soben chavales de categorías inferiores ou xogan cos xustos e o mellor sen cambios, agás que sexa por motivos moi extremos, enfermidade, ausencia colectiva moi ampla de xogadores, etc. Saúdos. 08 Abr 2013, 12:09 10.75
Corrixindo, 16 puntos fora da casa. 27 Mar 2013, 14:35 10.64
E porqué este cambio sobre o horario oficial se sé pode saber? 08 Mar 2013, 14:23 80.19