Comentarios de saludos94

Comentario Fecha Karma
Pois estou de acordo, mestura dos dous para min que non, sorte e máis nada, bueno, e algunha axudiña. Engado unha cousiña máis; os locais non fixeron moito, esperaba bastante máis do equipo líder do grupo, para min estiveron moi cativos. Dicían, o que non é escusa para nada, que lle faltaban xogadores. Iso non quita que benvido o puntiño. Cara ao final de temporada vaise agradecer. 28 Feb 2018, 21:33 99.10
Ollo con Cesar, Brais e Adrián do Lesende. 23 Feb 2018, 10:49 518.35
Eu o que entendo é que estar a falar de 10 tarxetas, dúas roxas directas, e, se non me equivoco, a metade no último do partido, dá que pensar sobre o facer do equipo local. 19 Feb 2018, 09:40 518.01
O adestrador do Cacheiras parece, polo visto, que aprendeu ben do mister cando era segundo. 19 Feb 2018, 09:29 97.75
Ollo con Álvaro, Brión e os Danieles do Cabo de Cruz. 15 Feb 2018, 14:04 999.99
O problema non é técnico, o Cacheiras pode cambiar tódolos adestradores que queiran que con iso non arranxan nada, o problema segue sendo outro. 15 Feb 2018, 14:03 999.99
Xa veremos como van as cousas co que colla as rendas. Como dixen nun anterior comentario non toda a culpa do "non xogo", e, por ende, de resultados, era do adestrador, tamén, e moito máis, dos que supostamente tiñan que "xogar". Pero, que se pode dicir, pode ser que o cambio sexa un revulsivo, e, a partir de agora, "xoguen" a algo. O dito, xa veremos. Por certo, sábese quen é o novo adestrador que vai coller o equipo? 02 Feb 2018, 13:01 494.00
Por suposto que hai outros xogadores, tes toda a razón, soamente que, particularmente para min, estes xogadores parecéronme do melloriño cando viñeches por Cacheiras. 26 Ene 2018, 21:38 -57.87
Coidado con Lica e Rubén do Deixebre. E si, o Cacheiras vai necesitar moita sorte, porque xogo xa non ten. O dos últimos partidos é para que llo vexan. 26 Ene 2018, 14:31 -57.87
Penso que hai que aclarar algo, pode ser que o adestrador non acerte coa táctica, vale, e que iso sexa parte de que o partido non teña un bo resultado, tamén, pero o que non pode ocorrer é que un, bueno, algúns xogadores non dean un mínimo, ter en conta que son bastantes, quizás demasiados, os que non están a ningún nivel en ningunha posición, e así non hai maneira tampouco. E claro, conclusión, o nivel de xogo non está a ser bo nin de lonxe, o que por suposto non exime ao entrenador. O que xa dixen en anteriores comentarios, moito ten que mellorar este equipo, en xeral, se queren afastarse dos postos perigosos. 19 Ene 2018, 10:56 9.33
Pois si, el Calo moi superior, non só na primeira parte senón na segunda tamén, aínda que, todo aí que dicilo, nesta parte levantaron un pouco o pé, senón habería que engadir "de escándalo". Moito ten que traballar o Cacheiras para remontar esta situación de nulo xogo se quere afastarse do descenso, porque, agora mesmo, non se pode falar doutro obxectivo. 15 Ene 2018, 12:33 75.92
Orixinal o comentario. E, para min, que o duelo pode quedar en tablas. 11 Ene 2018, 19:03 488.15
Pois si, estou de acordo, vai necesitar moita sorte, porque xogo, o que se di xogo, polo visto, non é capaz de hacer. E ollo, falando de sorte, se prospera el recurso que interpuso contra o Recesende hasta é capaz de sacar tres puntos que non foi capaz de obter no campo de xogo. 11 Ene 2018, 18:59 488.15
Está claro que o nivel de algúns da moito que desexar, pero bue, xa podemos imaxinar a calidade do individuo por como se expresa. Soamente hai que ver como trata aos fillos das persoas, dáme igual se a persoa fai boas criticas ou non, os fillos se respetan, todo o demais é de malas persoas, punto. Sobre o meu comentario, que saibas que o de cuidado con Lucas e Romi, que de seguro non sabes nin quen son, vai por que son os mais perigosos, polo menos para min, do Praiña, un deles é o pichichi do grupo. Por diante, se xogan o domingo fixo que algún deles, polo menos, mete un gol ao Cacheiras. Penso que o entende calquera con un mínimo de intelixencia. Ao final non sei nin porque respondo... 15 Dic 2017, 15:25 999.99
Cuidado con Lucas e Romi do Praiña. 14 Dic 2017, 20:27 538.13
Cuidado con Alberto, Diego, Jano e Iván do Abanqueiro. Por certo, qué pasa co porteiro habitual do Cacheiras? está lesionado? 30 Nov 2017, 14:40 414.49
Ollo con Laiño, Jacobo e Emilio do Taragoña. 10 Nov 2017, 12:18 9.33
Cuidado con Roi, Berto e Manteiga do Carcacia. E un xogador a ter en conta, Jorge, fai moitos encontros que non aparece, se aparece neste pois cuidado con el tamén. 02 Nov 2017, 21:36 -390.39
Vin o partido na Devesiña e hai que dicir que o Cacheiras non debería ter problemas para levarse este partido. 26 Oct 2017, 18:20 924.92
Home, a ver se non se vai a poder dicir nada por aquí porque ao amigo moléstalle, pois vai ser que non. 13 Oct 2017, 20:54 171.51