Comentarios de saludos94

Comentario Fecha Karma
Pero, como qué Sar? Noia-Zona e resultado correcto. 12 Jun 2022, 22:22 9.47
A ver se poñemos o resultado correcto, 5-0 neste caso. O partido foi Sar-Zona (0-5), por ser o Sar de terceira, O certo é que gañou o Zona 5 goles a 0. Pouco que dicir do partido. Bastante ben dominado polo Zona, o Sar tivo algunha pero, iso, pero. As tarxetas do final, ao Sar, puidéronse aforrar. Pero xa sabemos como é o tema. 05 Jun 2022, 13:49 9.47
Acábanlle de pintar a cara ao Zona. A falta de 10 minutos, e indo gañando por 4-0, o Estradense empátalles. En 10 minutos 4 goles, 4 goles. Tiña razón alguén que, comento por aquí, que o Trazo o houbese feito moito mellor. E ao outro "favorito" tamén lle pintaron a cara. Como dicía alguén máis por aquí, a liga destes foi pracenteira pero ao final, como se viu, a calidade estaba no outro grupo. En hora boa ao Silleda. 15 May 2022, 21:52 72.11
Vaia cura de humildade acábanlle de dar o Villestro. 10 Abr 2022, 19:41 72.01
O Compostela mal mal, moi mal. E iso que alguén dicía por aquí que, o ían favorecer. Paréceme que lle vai a tocar, de novo, xogar nesta categoría. 03 Abr 2022, 21:55 72.00
Protocolo COVID. Sigo sen entender o tema, e mais coas novas medidas sanitarias 03 Abr 2022, 10:58 71.99
Partido interesante o que se xogará polas terras da Estrada. Xa veremos que nivel hai entre estes dous grupos. E, a ver, isto xa estaba plasmado desde hai tempo. Os do mesmo grupo non se verían nesta fase, co cal, este encontro entre os dous primeiros íase dar, si ou si. Son as regras expostas con bastante tempo, non me parece que veña a conto queixarse agora 24 Mar 2022, 13:19 71.99
Partido moi moi interesante. Veciños si, pero neste partido, amigos, pouco. Xógase moito e non é cuestión de poñerse de acordo. Estou convencido de que cada un dos equipos vai ir a gañar. O mellor partido desta xornada, sen dúbida. 10 Mar 2022, 12:56 71.99
O problema aquí é que o Amio ten esperanzas de poder meterse en ascenso, e vaino intentar. Así que non creo que lle poña as cousas moi fáciles ao Villestro. E ollo ao Deixebre, que creen no ascenso cegamente. E, non sei porque, pero o último partido do Villestro, para min, vai ser unha rateira. 10 Mar 2022, 12:54 71.99
Non podo entender que arbitraxes coma este non teñan repercusión na federación e no colexio. 20 Feb 2022, 20:58 71.99
Partido interesante. O San Lorenzo é un equipo correúdo e, si mal non recordo, na ida, en Conxo, os locais non as tiveron todas consigo, e levaron os tres puntos mais polos outros non apertar un pouco mais que por méritos. Xa veremos como vai. Seguro quérense resarcir pero, visto os últimos partidos, van ter que facer algo diferente, senón, tres puntos locais seguros. 16 Feb 2022, 14:07 71.95
Din por Santa María de Loxo que o Touro vai poñer todo para mellorar o resultado da ida. Que aínda, dependendo dos resultados, poden meterse en fase e, que o van intentar todo. 13 Feb 2022, 10:04 71.92
Será que este partido tamén vai ser aprazado. Vai ter razón un que comentaba que non vía moitas datas dispoñibles para poñer os partidos. 07 Feb 2022, 21:26 71.92
3-3 30 Ene 2022, 18:04 71.96
Huy... 28 Ene 2022, 17:04 71.95
Partido aprazado. 16 Ene 2022, 17:51 9.43
Que non te sorprenda tanto. É o que hai. 15 Ene 2022, 17:09 71.90
Pois xa se está a ver como levan os grandes equipos esta temporada. Os que empezaron abaixo están mostrando mais entereza e esforzo. 09 Ene 2022, 19:54 71.88
O Villestro vai recibir algúns vellos coñecidos, que virán con ganas. A ver que pasa. 08 Ene 2022, 21:40 563.44
Non sei de que equipo, ou equipos, falas, pero ti mesmo. O que si é que aínda que cargasen tantos dentes como dis, aquí seguen, nesta categoría. É o que hai. 17 Dic 2021, 22:31 9.40