Comentarios de saludos94

Comentario Fecha Karma
Pois si, partido interesante e que non vai ser nada sinxelo para o Cacheiras. Tamén espero co resultado se decante a favor do Cacheiras, sorte e mellor xogo. 24 Ene 2014, 14:40 9.73
Pois partido no que penso que hai que destacar algúns pequenos detalles, o primeiro, algúns xogadores do Taragoña o do “Fair Play” non o teñen moi claro, patadas, cóbados e demais argucias, en fin, a culpa non e deles senón do responsable no campo de atacar estas actitudes. O segundo, os xogadores ten que terminar de asimilar cos árbitros non se lle pode dicir nada, e cando digo nada e nada, nin sequera darlle a man, xa que podería ser interpretado como agresión. Non se lle pode dicir nada aínda que se teña toda a razón deste mundo, deixalo pasar e punto, senón vai acontecer o que lle pasou o xogador de Cacheiras que xa estaba cansado das continuas agresións e nunha xogada na cun elemento do Taragoña o colle pola camiseta e tira con el e o arbitro pita falta, !pero en contra do Cacheiras¡, pregúntalle que e o que sinala, e tarxeta amarela, e a quen non se lle enturba un pouco a mente, pero tense que calmar e deixar o tema así, o final un xogador menos, condicionando o partido. Terceiro, non podo entender como a incompetentes, ineptos, inútiles, incapaces e calquera outro apelativo que empece por “i”, como o que arbitrou este partido, se lle pode dar esta potestade, vou pensar co colexio de árbitros dálle a licencia o primeiro que entra pola porta, conque poida camiñar chega. Soamente ver como lle berraba os chavales da a clara idea de que tipo de elemento estamos a falar. Este elemento non deu ningunha, foi malo, malo, malo, pero malo con ganas, prexudicando de largo o Cacheiras con seus erros clamorosos, aínda que tamén hai que dicir que polo menos no penalti non se equivocou. Teño que facer un apuntamento, no partido Carreira-Cacheiras “B” tamén tocou un arbitro igual a este, e indiquei que isto víase sempre na delegación de Boiro, o compañeiro “Trevinca” indicoume que estaba de acordo pero que en Santiago tamén había o seu, pois si señor tiña e ten toda a razón do mundo, aquí tamén hai que darlle de comer aparte a algúns asnos que arbitran. Destacar o bo traballo do porteiro do Cacheiras, do xogador do medio campo que tivo que ser cambiado e tamén do chaval expulsado. O primeiro gol do Taragoña foi un bonito gol. Un apuntamento, despois de ler o último comentario, incidir que se dende que están estes xogadores soamente lograron obter os resultados acadados seguides tendo problemas, porque os mesmos nin sequera pódense catalogar de especiais. Ten en conta que neste partido houbo moito condicionantes, o arbitro cos deixouvos facer faltas como vos dou a gana, que expulsa un xogador sen ter porque, non estaban todos os que debían estar, temos que cambiar o dolor de cabeza voso no medio campo, en fin, os levaches o partido, pero gustaríame ver se noutras condicións houberades poder facer o mesmo. En fin, aproveito para desexar felices festas, inclusive o arbitro, e que no vindeiro ano as cousas melloren, e de poder ser que este árbitro non arbitre cando xogue o Cacheiras. 23 Dic 2013, 13:26 89.36
Boas, podería facer alguén un resumo do partido. 15 Dic 2013, 11:52 82.93
Estiven a falar deste partido nos comentarios do Cacheiras “A” - Xuventu Aguiño, e penso que hai que poñer algo aquí. Moi bo xogo por parte do Cacheiras que fixo un partido inapelable. E xusto recoñecer que despois do terceiro gol o Abanqueiro baixou moito. O Abanqueiro un equipo bastante ordenado e que tentaba xogar o fútbol, pero neste partido tocoulle un Cacheiras ordenado en tódalas posicións do campo que non lle permitiu xogar fácil. O final resultado xusto. 02 Dic 2013, 17:59 9.88
Pois estiven a ver os partidos dos xuvenís do Cacheiras, que frío pasei cos “B”, e non quero pensar os que viñan despois. O que vin; mellor xogo e moitas ganas o que ofreceron os “B”, xogando contra un equipo que xogaba bastante ben. En fin, dende o porteiro ata os dianteiros do Cacheiras “B” un excelente e moi bo xogo. O 5-0 resultado xusto. Os “A” moito esforzo de todos, pero pouco fútbol dalgúns xogadores. Observábase un problema de excesivo egoísmo por parte dalgúns deles, mais pronunciado nos dianteiros. Víase como en moitos balóns so xogaban para eles sen contar cos compañeiros, que en moitas ocasións estaban mellor dispostos para continuar mellor a xogada, ou inclusive culminar mellor na portería. Por certo, os dianteiros despois de perder balóns o que e axudar a defender ou polo menos a intención de recuperar o balón, nada. O Xuventu de Aguiño non presentou un equipo que fora superior o Cacheiras. So chegaron unha vez e dous goles, está ben escrito, xa que un deles non se pode considerar como chegada, foi un regalo na porteira. O final pode co resultado mais xusto houbera sido o empate a uns. Visto o partido o Cacheiras “A” aparenta ter un equipo para estar mais en postos de ascenso que onde está. Seguramente “eliminando” os egoísmos dalgúns xogadores e mellorando algún que outro detalle atrás poidan estar neses postos. 02 Dic 2013, 17:56 9.88
Bo equipo o Carreira, xogando con criterio e con dous xogadores moi desequilibrantes, o 9 e o 8. O Cacheiras pon moito esforzo e ganas pero fáltalle xogar mais como equipo. O resultado do partido xusto aínda co Cacheiras mereceu algún gol mais. O que estivo algo mal foi a actitude dunha nai, imaxino co fillo xoga no Cacheiras, que estivo a recriminar continua e esaxeradamente o árbitro. Certamente o árbitro era malo, malo, malo, pero aínda así os berros da nai non procedían xa que lamentablemente os árbitros, e mais esta nena que arbitrou este partido, non lle se pode dicir nada, nin arranxan nada. Aproveito para dicir co dos arbitraxes dos árbitros da delegación de Boiro simplemente son os mais malos que se poden facer. Neste partido fíxome gracia o comentario dun paisano que dicíalle o arbitro que menos mal que non chegaría a arbitrar partidos superiores, porque simplemente o linchaban. Este elemento chega a estar nalgún partido da miña terra natal, Outes, e o mínimo que lle din e o mal que vai sufrir. Resumindo non entendo como a Federación e o Colexio de árbitros non terminan de pechar a peor delegación de árbitros, por malos, nefastos e caseiros, que poda existir. E ollo o resultado de partido non estivo influído en ningún momento por este indesexable elemento. En fin, noraboa o Carreira polo resultado e que merecidamente honra o xogador lamentablemente falecido. O Cacheiras penso que ten equipo para facer mellores partidos, sobre todo se melloran o xogo en equipo. 23 Nov 2013, 22:12 9.88
Interesante resumo de SPEED deste partido aínda que posto nos comentarios do partido Silleda-Boiro. Por certo agradecido do mesmo xa que non puiden ir ver o partido. Algún problema ten que solventar o Cacheiras porque non e normal terminar a primeira parte perdendo 4-0, sempre segundo SPEED, e acabar o encontro 6-4, noutras palabras demasiada irregularidade por parte do Cacheiras dentro dun mesmo partido. Nese mesmo partido (Silleda-Boiro) alguén comenta co campo do Oleiros e o de Viduido van a darlle algún desgusto a varios equipos, pois e algo que non comparto, por tamaño non será xa que o campo do Oleiros e similar o do At. Fátima e o do Dubra, agás a herba artificial, por xogo non creo tampouco, no seu campo algúns equipos han saído con vitorias moi folgadas, e faltan por pasar por ese campo os primeiros da táboa de clasificación. Do campo do Viduido indicar que e un campo grande, cun chan bastante axeitado, aínda que nalgunha zona parece unha canteira xa que ten rochas, algunha bastante grande, a vista, así que equipos que saiban xogar non deberían ter mais problemas ca propia calidade. De feito o Aguiño foi quen de saír moi ben dese campo. Pois nada, esperar a semana posterior a de descanso que toca un equipo que a prol parece ter algo, o Aguiño ven mellorando moito nas últimas xornadas. Será un partido interesante para ver. Espero poder ir e co Cacheiras teña un bo resultado. 18 Nov 2013, 14:42 9.88
Qué pasou para que 4 xogadores, o delegado e o adestrador do Boiro foran expulsados do partido contra o Oroso? E ollo ningún do Oroso. E estraño xa que o Boiro polo que teño visto non e particularmente un equipo problemático. 15 Nov 2013, 14:37 36.77
Xogouse un bo partido, con moi mala fortuna para o Cacheiras que mereceu mais, e moita fortuna para o Cordeiro. Dos 4 goles, un de falta, outro un erro clamoroso do porteiro nun balón que nin sequera fora xogado polo Cordeiro e outro gol que viña precedido dunha falta moi clara do Cordeiro que non veu o arbitro, resumindo so un gol digamos que de xogada. Non quero dicir co Cordeiro non fixera un bo partido, todo o contrario, pero non foi superior o Cacheiras, e o Cacheiras fixo un partido moi bo, soamente que tendo ocasións mais claras non foi quen de definilas. Animo Cacheiras que tendes como superarvos e sacar adiante mellores resultados. 09 Nov 2013, 19:35 9.88
Imos ver SPEED parece que te molestan os comentarios ou quizás prefiras que non se fagan, agás ti polo que vexo, porque para dicir a sandez que dixeches no comentario anterior podías quedar caladiño. Por certo no TikiTaka de cuatro, ou no sálvame de telecinco, necesitan persoas que creen polémica da nada. Unha aclaración, segundo ti entón construtivo debe ser dicir co Cacheiras debeu xogar o mellor partido da temporada e seguramente pasou por enriba do Viduido sen piedade, e se non chega ser polo árbitro o Cacherias ganaría o partido por 5 ou mais goles. Vaite home, antes que construtivo hai que ser imparcial, e con serenidade tratar de ver os acertos e desacertos no partido, a partir de ese punto aceptar as criticas para tentar mellorar non próximos partidos, e no seu caso rebater as mesmas con sentido e non con parvadas de neno rifado. 27 Oct 2013, 16:37 36.46
Estou de acordo co resultado non foi o mais xusto, favoreceu o Cacheiras sen merecelo e prexudicou o Viduido sen merecelo tampouco. O penalti non existe, foi un erro de arbitraxe. O Viduido certamente fixo un partido interesante pero non foi excesivamente desequilíbrante, quizás dous xogadores da dianteira que algo de chegada tiñan pero sen xerar moito perigo. O certo e que vai manter a categoría sen problemas, o de chegar a fase de ascenso xa o vexo mais complicado. Sobre o Cacheiras penso que estivo o nivel do rival sen xerar tampouco moito perigo, que fixo mal partido quizais e excesivo, deixémolo en que non foi un dos seus mellores partidos. Os que estiveron ben foron os porteiros, facendo algunha parada interesante, aínda que coincido con seguidorcacheiras co de Cacheiras non estivo moi fino no gol, e a maiores penso que fai excesivos malabares e filigranas en balóns sinxelos. Destacar o xogo limpo de ambos equipos, e o bo e excelente comportamento de xogadores e seguidores. E certo co Cacheiras ten bos xogadores e algún deles moi bo, pero non sei porque non fan mais, porque poden facer moito mais. 27 Oct 2013, 12:10 36.46
Pois teño que darlle a razón os amigos “MarcelloLippi” e “centralpichichi” no da hora. Penso que e por tocar un pouco os collo.. porque senón non se entende. Xogan os dous equipos de xuvenís do Cacheiras en casa e por suposto que trastorna un pouco pero tendo todo o sábado pola mañá e o domingo pola mañá tamén, aínda que xogan os cadetes do Cacheiras, podían xogar un pouco co horario. En fin non se entende este despropósito pero e o que hai e non hai mais. Tocará ir ver o partido dos xuvenís de segunda e marchar, os outros os verán seus pais, aínda que algún seguro que prefire o clásico. 24 Oct 2013, 12:54 36.46
Bo partido do Cacheiras, un equipo que vai a dicir moito nesta liga. Dicir co Valiño ten xogadores moi bos, sobre todo na defensa e na portería, e que van a estar en postos altos da clasificación. O Cacheiras vai a pelexar, estou convencido por que ten moi bos xogadores dente a portería ata a dianteira, polo posto mais alto, esperemos que seus irmáns maiores lle permitan ascender. 20 Oct 2013, 14:21 9.98
O partido e as 10:30 AM 03 Oct 2013, 09:04 10.08
Estou de acordo co que di SeguidorCacheiras, puidéronlle caer 4 ou 5 goles mais, e isto terán que telo en conta para os próximos partidos, que por certo non van ser sinxelos. 02 Sep 2013, 21:17 35.66
O Val do Ulla novamente aproveitando co equipo contrario ven de xogar un partido intenso pola fase de ascenso a galega, algo parecido o que aconteceu no partido en Cacheiras. Gustaríame co Val do Ulla permitira xogar o partido outro día, por exemplo xoves, a ver que resultado houbera obtido nos dos últimos partidos de copa. 17 Jun 2013, 10:27 191.29
Non e o Narón BP o o que vai xogar nesta primeira eliminatoria co Polvorín? 21 May 2013, 12:30 10.36
Este partido non debería ter problemas en ganalo o Porto do Son. 13 May 2013, 23:56 84.33
Emparellamento que pode ser unha sorpresa, calquera dos dous podería levarse o partido, aínda que no último partido entre eles o Melide meteulles 10 goles o Milladoiro. 13 May 2013, 23:55 67.71
Partido que debería levalo o Callobre visto os resultados nos enfrontamentos de estes dous equipos na liga. 13 May 2013, 23:52 41.40