Comentarios de saludos94

Comentario Fecha Karma
O Villestro non se pode dicir que tódolos partidos puntuados fosen polos árbitros, agora, algún deles a "axudiña" foi clamorosa, e nalgún non puideron ser os tres puntos porque xa era descarado demais dalos. Como dixen nalgún comentario anterior, o Villestro non debese necesitar desas "axudiñas" pero, nalgúns partidos, as necesitou e déronllas... Xa veremos como acaba este partido. 29 Mar 2019, 12:57 143.86
A ver como vai este partido. En Recesende aínda frota no ambiente o 4-1 da ida, e mais como terminou o partido. E non esquezamos como foi a fin de semana pasada para o visitante. Sorte aos dous. 27 Mar 2019, 13:32 505.38
E despois están a falar do Villestro, por Dios, vaya arbitraxe o de este partido. Vaya inxustiza, en fin, e o que hay. 24 Mar 2019, 21:40 214.23
Eu, sendo do Lesende, intento facer o mesmo que no partido Cacheiras-Ribeira, árbitro, asistentes e delegado federativo. 20 Mar 2019, 21:50 321.04
O 1-4, que pon alguén por aquí, paréceme abultado de mais. Tampouco imposible se, como din por aquí, o Cacheiras ten a metade da plantilla jodida. O que si, por 0-1, ou mais, os tres puntos marchan para a costa. E o Cacheiras a xogarse a promoción co Pino ou o Villestro e o Mazaricos, Corme ou Volantes. E que haberá de certo sobre que o Ribeira solicitou delegado federativo. Sorte aos dous. 07 Mar 2019, 13:39 76.66
Por alí abaixo din "Si,o do Pino ten moito merito...cun equipo peor que o Silleda e o Villestro". Tócate los... pero imos ver, os do Pino creedes que o resto de equipos non saben os xogadores que tendes. E iso sen entrar noutras perogrulladas. 12 Feb 2019, 12:42 44.37
A ver esfuvi, é certo que o Villestro non debese necesitar diso pero, nalgúns partidos o necesitastes e déronvolos. Por recordarche algún; Deixebre e Silleda, neste último o penalti clama ao ceo, e nalgún outro que non puido dar os tres puntos pero, viuse que porque non puideron. E mira ti por onde que quizás quen debese pedir delegado sexa o Zona Vella. 01 Feb 2019, 19:39 142.38
Que non vos arbitre o que o fixo no Cruces-Laro. Polo que me dixeron foi escandalosa e penosamente mala súa "actuación". E o do Deixebre-Villestro polo visto, dunha maneira escandalosa, favorecendo ao equipo visitante. Sorte aos dous. 24 Ene 2019, 10:47 142.39
Penso que o dos árbitros merece un hilo aparte. O de gravar os partidos a verdade que non é mala idea, sobre todo para os arbitraxes que fan os da delegación de Boiro e Lalín. Coidado, que en Santiago tamén son de carallo moitos... Por certo, non sei se sabedes que en próximos días a federación vai celebrar unha asemblea xeral, pois non estaría mal dar un pouco de caña con este tema nela. 22 Ene 2019, 15:01 79.41
Efectivamente, o campo era o que era, penso que ninguén vai discutir iso. Agora, o da arbitraxe, mi ma, penoso penoso,, tirando escandalosamente hacia os visitantes. O partido, se as cousas houbesen sido como debesen haber sido, tivo que quedar en tablas, a ceros ou unos. Certo que o ambiente enrareceouse, pero, co escandalosamente que o arbitro "axudou" o Villestro e "perxudicou" aos locais non me estraña. O dos árbitros é penoso, e a federación non fai nada ao respecto. E mira que a cantidade de ineptos que deambulan polos campo é demasiado grande. Non me creedes, botarlle unha ollada ao Cruces-Laro de esta xornada. E non hai xornada na que non se diga algo das arbitraxes. E por diante, inclínome polo Villestro. 21 Ene 2019, 20:16 113.25
Home, que están xogando ben, polo menos mellor que temporadas anteriores, si, por suposto que si, pero tamén, no caso dos últimos puntos que dis, hai que dicir que xogaron con algún equipo que mi ma, en vez de cinco ou seis puideron caerlle o doble e, para min, esos non contan, haberá que velos con outros equipos. O de esta semana xa veremos que tal lle vai, eu aposto por victoria visitante, pero, xa se verá. Eso si, polo de agora a desfrutar. 18 Ene 2019, 20:41 43.17
Pois si, o oráculo de este pitoniso é de coidado, seguramante as casas de apostas non o deixen participar porque as despluma. Sorte a todos. 29 Oct 2018, 19:58 43.17
Mi ma, os peletas queixándose da arbitraxe, érache boa. 05 Jun 2018, 10:11 9.33
Que raro que o Peleteiro se desquicié. Seguro que parte do problema é que no se xogou no seu campo de fútbol sala. 04 Jun 2018, 08:49 -25.78
Sen comentarios, si, e máis, mellor así, porque menos mal que había asistentes, que se non... parecera que estiveran de acordo co árbitro en Palmeira 13 May 2018, 21:56 30.26
Vaiche boa, primeiro: daranlle os puntos ao Cacheiras se efectivamente ten razón na reclamación, e, segundo: por algún comentario escoitado por aí, parece que a reclamación non vai prosperar, por non dicir, ou asegurar, que non prosperou. Polo visto, segundo o que se di por aí, neste encontro haberá asistentes de liña, e, xa sabedes, cando veñen asistentes o normal é que veñan acompañados por federativos, non ten por que ser o caso pero.... E no partido Palmeira-Abanqueiro o árbitro é do colexio de Pontevedra. Aparte, tódolos partidos son a mesma hora, 18:00 PM. Polo demais, paréceme que polo que se xoga neste partido, vai ser moi interesante e vai valer a pena estar no campo. Así que a xogar e que se vexa un gran partido, e sorte aos dous. O mellor, que se puidesen salvar os dous, pero, como di "CriticoCacheiras", creo que é moi pouco probable que o Abanqueiro non puntúe. 11 May 2018, 14:05 -26.35
Pois o de regalo, efectivamente vai ser que non, para min foi que o Praiña, despois dos dous goles, fixo unha desaceleración de xeito moi visible. Neste caso paréceme moi acertada, e estou totalmente de acordo coa afirmación feita por "PitoPato", “os ... de pontevea polo visto non puxeron pernas”. Aínda que para min nesa afirmación sóbralle o de “polo visto” xa que foi “visto”. Así que ninguén se leve a enganos, se o Praiña non houbese desacelerado, ao Cacheiras podían haberlle caído algúns goliños máis, e non ían cheirar portería nin por asomo. E tamén de acordo con "CriticoCacheiras", os de Cacheiras deben dar por benvidos os tres puntos. 07 May 2018, 12:10 472.47
Sábese algo da reclamación interposta polo Cacheiras no partido contra o Palmeira. 20 Abr 2018, 13:18 438.17
¿E logo? Non che parece que o Cacheiras poida sacar o partido. 07 Mar 2018, 21:35 212.37
Pois iso, tal como dis o Lesende non foi superior, ou como dixen, moi cativo, e eu, polo menos, esperaba algo máis deles. 01 Mar 2018, 14:07 99.10