| O Puente, se se deixa ir, ten un papelón o vindeiro sábado co Arzua. Como xogan antes que nós, vai ter moitos ollos enriba e o plantexamento do partido será clave, aínda que logo isto é fútbol. Lembremos que, tanto o adestrador Rubén como o presidente Camilo Diaz son socios fundadores da UDOURENSE e presumen delo. Vaia marrón se a cousa canta moito... |
06 Jun 2021, 11:59 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Estou dacordo contigo Agmo70. Si, efectivamente, o arranxo vai ser importante pero inútil ao longo, pérdese unha oportunidade histórica para que nos acheguemos a un estadio digno, como calquera das seis cidades galegas que xa o teñen. Eu onde dubido, insisto, e na execución do orzamento xa que todos os anos hai partidas que non se levan a cabo. Por outra banda, confirmou onte o presidente da Galega que a Terceira terá 17 equipos o ano que ven e que no seguinte ano serán 16, como en toda España. Non se sabe todavía como van ser os ascensos/descensos e si volvería o play off nacional como era fai dous anos. |
04 Jun 2021, 17:36 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Non nos enganemos. Ningunha administración vai a invertir unha morea de cartos nun recinto tan vello e que está nunha zona da cidade que necesita unha reorganización urbanística. Fai vinte anos plantexouse o traslado a outro lugar (benposta) e adicar o espazo do campo a outro uso administrativo. Ademáis, con clubes en quinta división e entradas máximas de 2.000 persoas a Xunta vai apañando con parches. A nova categoría da 1 RFEF ten unhas esixencias que axudarían a cambios importantes no estadio, pero ata chegar ahí...... |
02 Jun 2021, 01:10 |
-4.13 |
2 |
1 |
+info
|
| Todos os que levaron e colaboraron co clube de maneira altruista durante istos sete anos son dignos de admiración e aplauso polos socios e abonados. As suas opinións e recomendacións hai que telas en conta. Se non aparece ninguén para seguir co proxecto entendería as alternativas, pero se se postula Currás ou outro candidato eu o escoitaría coa mesma atención que ao grupo de Primitivo. Eu xa teño bastantes anos e fun socio do Ourense e do COB dende mozo e, con este sistema, síntome protagonista simbólico do clube e dóeme perder esa condición. E tan quimérico pensar en mais metas co fútbol popular como agardar éxitos inmediatos porque veña alguén a poñer 200.000 € mais do que hai hoxe e menos se temos a mala sorte do descenso. Se a conversión en SAD non queda ben atada, poden facer co clube o que queiran a futuro, fusions incluidas. O do estadio eche unha lavada de cara, no esperedes moito mais e a ver para cando. O parque acuático de Pereiro leva catro anos de retraso. Eu non sería moi optimista. |
31 May 2021, 19:33 |
-4.13 |
2 |
1 |
+info
|
| A min o que mais me choca de toda a controversia esta e que o inversor teña tanto interese agora e non cando, fai dous anos, coa directiva dimitida e sen candidatos, co equipo asentado en Terceira, sen débedas, coa xente enganchada, non se postulara xa daquela, cando xa se falou deles. Co panorama que se presentaba, tiña respaldo seguro, ou era iso ou a desaparición. Qué ven agora con respecto a entón? Non o entendo, seguro que o Modesto sabe mais do que conta. |
31 May 2021, 14:37 |
-4.13 |
2 |
1 |
+info
|
| Plantexar un cambio de modelo sen saber en que categoría estará o clube o ano que ven paréceme precipitado. Son tres finais con tres descendidos, confianzas cero, pero ilusión toda, porque con 48 puntos debería chegar, ainda que os rivais suman de tres en tres tamén. |
31 May 2021, 14:26 |
-4.13 |
2 |
1 |
+info
|
| Non sei se acadaremos a salvación, pero a implicación do equipo e dos seareiros é total. O calendario non é malo, pero ninguén agasalla os partidos. Un hipotético pleno penso que nos deixaría outro ano na terceira. Cambiando de tema, sorprendeume a tibieza de Currás no Onda Vermella en comparación coa vehemencia no seu discurso da Asamblea e tamén a defensa de Modesto polo cambio de modelo. E evidente que para que poda seguir o fútbol popular fai falla unha directiva con unha docena de persoas desinteresadas e perdendo do seu tempo, moi relacionadas co mundo do futbol, e que sintan de corazón o tema. Se non aparece ninguén esta claro que , ou se abre a outra opción ou se desaparece como entidade senior. Falouse de duas ou tres semanas. Imos ver.
|
30 May 2021, 11:03 |
93.18 |
2 |
0 |
+info
|
| Tamén é curioso que, na última asamblea, desembarquen de golpe sete ou oito persoas para facerse socios e se poñan coa mesma antigüedade a nivel de votacións que os que levamos sete anos. Se tanto aprecio e interese tiñan polo clube, xa deberían demostralo moito antes. Eu a relación Primitivo/LR non a coñecia, pero sendo así, hai que telo moi en conta. Evidentemente, a postura do periodico con respecto ao Ourense é rastrera e indigna, iso non se lle escapa a ninguén. |
28 May 2021, 16:11 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Se hai mais de unha candidatura, será o momento de elegir. Agora tamén é socio o Primitivo. |
27 May 2021, 23:22 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Si se postula unha candidatura entre os socios fundadores e se vota maioritariamente a favor, non hai mais que falar. Para adiante, aínda que se baixen do carro a metade. Cando colleu o equipo esta directiva din que o fixeron porque non había ninguén disposto a facelo. Agora, porque non darlle unha oportunidade a quen quere arriscarse ? |
27 May 2021, 23:20 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| E mira que vos damos pistas e seguedes a non enterarvos de nada. |
26 May 2021, 17:25 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Seguen sen enterarse de nada. Ja,ja,ja. |
26 May 2021, 16:24 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Vai ter mais interese o Ourense, ainda que sexa na Preferente, estes meses de verán que o Arenteiro da Segunda Reeeeeff. Agora ninguén fala deles, nin o Jarrote. |
26 May 2021, 15:58 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Istos do Carballiño non se enteran de nada, pero como son cotillas queren saber😀😀😀. |
26 May 2021, 15:54 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Entendo que o aspirante ten tras de si apoios suficientes pola forma en que se postulou. Nun contexto (70/30% de descenso) arriscar así e coa vehemencia que o fixo, non creo que fora un arrebato. Creo que deixou sorprendida ata a directiva que non o esperaba. Oito socios novos (Primitivo, un deles) de unha tacada xa indicaban cara onde iba o tema e de repente...... Comentouse con acerto, penso eu, que, aparte de Modesto, se podería contratar como empregado/a a algunha persoa mais se é necesario pola dimensión do clube e as esixencias administrativas que van a chegar. Temos o sentemento e a disponibilidade do campo en calquera categoria e iso non o podemos perder como socios fundadores. E a miña opinión, pero como di OU69, tamén se poderian confrontar proxectos. Quince días de espera. |
26 May 2021, 12:20 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Bombazo inesperado na Asamblea. Estaba todo preparado e apareceu un "mirlo blanco". |
25 May 2021, 23:58 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| A directiva anterior, coa mellor das vontades e no cumio da onda, creou un "monstruo" na Preferente que igual ía fora de presuposto e que nos fixo pensar que eramos un tren de longo recorrido. Ainda con iso, canto custou ascender. A realidade económica trocounos o tren por un de cercanías. E este ano foi pior, porque marcharon moitos buscando onde lle pagaban mais. Se ainda así, libramos do déficit e xa non digamos, do descenso, sería un éxito abrumador.
|
24 May 2021, 21:30 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Discrepo en que con este modelo non se poda acadar unha 2 RFEF. Con media ducia de retoques de garantías é factible loitar polos primeiros postos da Terceira. O verdadeiro troco no potencial das categorías vaise ver en dous o tres anos. A Federación está esixindo un aumento nas fichas sub-23, incluso en 1 RFEF, o que supón que a xente nova vai a ter un peso moi importante nas plantillas, non van a ser comparsas. Outra cousa son as categorías profesionais, pero iso hoxe está moi lonxe. Quero escoitar as propostas, porque ninguén garante xente desinteresada para traballar en directivas amateurs co paso dos anos. Unha SAD asegura certo criterio empresarial e control económico, ata onde sexa viable, dos que arriscan os cartos. |
24 May 2021, 16:06 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Estos do Arenteiro entran ao trapo enseguidiña. 225.000 ¿Qué? Euros. Manda carallo, menos que o Ourense e mira como andamos e como acabaremos, sin non hai un milagre. Eu tiraba de sarcasmo cando falaba do Amorebieta. Como di Peluseakov, a canteira vasca é inesgotable e chega para eles e para exportar, estamos falando de outra filosofía. Eu non sei cantos dos que participades no foro sodes socios da Asamblea, sei de Peluseakov. Xa se verá o que nos contan e que decidimos. A min non me vai costar diñeiro, tanto un proxecto coma outro, e segundo como se desenrole o tema eu, e outros coma min, iremos ao fútbol ou deixaremos de ir. Si imos a unha SAD xa teremos a oportunidade de mercar as accións. Igual o Puente as vende baratas. |
23 May 2021, 23:31 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| O diñeiro nos proxectos non é garante de nada. Para exemplo os dous ascendidos a Segunda, R.Sociedad e, sobre todo, SD Amorebieta, unha vila do tamaño de O Carballiño que, con menos presuposto que o Arenteiro, fundiu ao Badajoz, que opta polo modelo empresarial. Reflexionemos de cara a Asamblea. Non todo deberia valer para ir paseniñamente cara ao obxectivo. Se temos que traer 20 tios de fora, coma fai o Puente, non me vexo representado. |
23 May 2021, 10:28 |
38.91 |
2 |
0 |
+info
|