Comentarios de Ourensejaps

Comentario Fecha Karma
O plantexamento, se baixa o clube, ten que ser outro e dependerá da decisión da asamblea. Non sei o custo do corpo técnico pero en Preferente ten que ser revisado e rebaixado. Se a directiva e o modelo actual continúan a responsabilidade é sua. Como coordinador da base creo que Currás está facendo unha gran labor, pero non sei se encamiña a sua actividade profesional ao fútbol ou é algo complementario. 19 Abr 2021, 09:47 64.46
Prácticamente en Preferente, salvo milagro. Si se cae, la generación de jugadores más veteranos que se incorporaron hace cuatro años creo que ya no deben continuar, más que nada porque ya no van a tener aquella motivación de entonces cuando el proyecto iba lanzado. A veces estos tropiezos, en una temporada tan atípica, pueden ser el principio de una vuelta de la ilusión. A ver que pasa. 18 Abr 2021, 23:27 -142.43
Na futura 2 RFEF o normal é que cada ano sempre aparezan catro ou cinco equipos con mais nome, descendidos de arriba ou aspirantes a cotas profesionais. Iso pode darlle atractivo a tempada. Pero, en xeral, concordo en que se encamiña a clubes de vilas e cidades medianas e está por ver o atractivo, non no ano do ascenso, pero si co paso do tempo. O que si me parece é que para un equipo como o Arenteiro é unha boa oportunidade e ahí están os exemplos de Coruxo e Guijuelo que votaron un feixe de anos na 2B. E pensando no Ourense, como mínimo, agora non hai excusa para aspirar a esta categoría nun prazo razoable, si se quere seguir tendo o respaldo de ises 1.500/2.000 seareiros que tiñamos no primeiro ano da Terceira. O modelo pode ser discutible, pero o contrario sería o finiquito. 16 Abr 2021, 16:40 62.48
Hoxe xa apuntou a Federación as bases da nova Primeira RFEF. Tela marinera. E unha categoría totalmente profesional (obrigan a ter 18 fichas pro), herba natural na 22-23, 4.000 de aforo, aval de 200.000 € , entre mais esixencias. Ainda encima baixan cinco de vinte. Esperemos que coa Segunda sexan mais suaves porque senón vaia marrón, agora que hai na vila tanta euforia. 15 Abr 2021, 22:47 62.49
Completamente de acordo co tema dos filiais. Entre Primeira e Segunda RFEF estarán 15 ou 20 equipos. Desvirtua a competición. Pero discrepo un pouco contigo sobre a Segunda RFEF. Temos que ter en conta que a vella Segunda B tiña 80 clubes e a nova, con duas categorías, vai a ter 130 equipos. Para min, moitos xogadores destacables da Terceira de hoxe son necesarios nas novas ligas e se cotizarán moito. Por exemplo, moitos do Arenteiro terían sitio en calquera clube da Segunda RFEF nova. Por iso me parece que a Terceira perderá algo de nivel ou se convertirá en cemiterio de elefantes como pasaba en moitos clubes de Preferente. Por iso penso que hai que disfrutar do que vos vai vir e conquerir un equipo de garantías, porque o ano será apaixoante. 15 Abr 2021, 11:06 138.92
Hai que velo ao cabo de dous ou tres anos. Coa Copa acertou o Rubiales. Tamén as esixencias federativas, en canto a control económico e impositivo van a ir a mais progresivamente. A Federación quere ir profesionalizando estas ligas intermedias e, de feito, está achegando cantidades xa importantes aos clubes. Eu penso que a categoría mais perxudicada é a Terceira RFEF, porque unha liga con 16 equipos e 4 descensos supón 8 partidos menos ao ano, menos atractiva para público e xogadores. Da a impresión de que acabará por ser unha liga de formación, para equipos de canteira e poucas aspiracións. Non sei se en Ourense sería suficiente para enganchar a xente, pero, hoxe por hoxe, non hai mais recursos de momento. 15 Abr 2021, 10:10 138.92
En todas as categorías medianas, calquera que sexa, sempre che gusta atopar aqueles dous ou tres equipos vidos a menos que loitan por subir e que están de paso. Son campos e afeccións que lle dan caché as liga e tamén para partidos sinalados. O que si concordo coa maioria das opinions é que a 1 RFEF vai ser un antes e un despois no fútbol español, é o resultado, en principio, podería ser bo, pero teño dubidas cos filiais. Tanto que se falou de que se podería crear unha liga de filiais, non se fai, pero énchese esta categoría con eles, que teñen un respaldo económico ficticio e cubren prazas de outros equipos históricos que poderían estar ahí. Haberá que ir vendo. 12 Abr 2021, 19:06 138.72
Con respecto ao Arenteiro hai unha san envexa, porque calquera estaría encantado con un proxecto gañador como foi este e que se traduxo nunha plantilla de ex-ourensanistas, ex-pontinos e ex-segunda B, pero o noso Ourense hoxe non da para mais. A nova categoría vai a ser de nivel medio-alto, exixente e atractiva, a lo menos o primeiro ano. Dados os rivais previstos, o fútbol vai a ser pouco vistoso e sí moi táctico, pero o Arenteiro ten catro meses para facer un grupo con xente nova con fame e algúns veteráns que marquen diferenzas. Penso que a metade do plantel ten que mudar. A afección tense que volcar ainda mais e facer de Espiñedo un fortín. Eu, a diferencia do que di o Tena este, penso que todo o fútbol provincial está ledo polo éxito do clube e que leve o nome de O Carballiño por ahí adiante. 12 Abr 2021, 16:04 138.72
Se podedes, leedé un artigo de hoxe en la Region dun tal Ricardo Tena , será o pseudonimo do Garrote, sobre o Arenteiro e os seus éxitos. Vaia lumbreras e demagogo o tipo. A aposta do Carballiño é a que é. Nin mellor nin peor, é a que a directiva decidiu, para ben ou para mal. Pero, de iso, a poñelos como exemplo. Ata o outro día na Radio Galega lle preguntaban ao Arximiro se era viable o Arenteiro na Segunda B e o presi saiu por peteneras, escapou por onde puido e aludiu ao que é coñecido por todos, o futbolerismo da vila. Que o disfuten todo o que poidan, que está claro que a afección o merece. 12 Abr 2021, 10:19 90.34
Evidentemente, si a xente que está na directiva segue a ter ilusión e gañas, o único que podemos facer os socios e abonados é apoialos no modelo no que creen. Xa se apuntou que para o verán se proporan alternativas, pero o clube está moi vivo e, se hai paciencía, o futuro pinta ben, independientemente da categoría. Se ademáis, nos salvamos este ano, será un subidón importante. Veña, Ourense. 11 Abr 2021, 19:26 -91.13
Xa o dixen mais veces, meses atrás. Cando veñan partidos interesantes e atractivos no Espiñedo, eu son dos que vai a ir a velos. Gústame o fútbol desta categorías e mais en campos tan quentes como no Carballiño nos que arrencenden paixon. Ainda me acordo cando xogamos na Copa. Igual ata temos a oportunidade de coñecernos. Veña Arenteiro, que xa está feito. 08 Abr 2021, 15:57 60.33
Sempre é grato debatir cos amigos de O Carballiño, porque ademáis de aportacións axeitadas, fanno con moita retranca, o que moi san e positivo, que os que estamos nestes foros non imos arranxar o país nen moito menos. Por rebatir algunha cousa : o modelo de accionariado popular é relativamente recente (uns dez anos) e está por ver no que remata (o Unionistas xa está en Primeira RFEF, uns dos dous Xerez mete dez mil persoas no campo), pero é indubidabel que os socios deciden, incluso a desaparición (falamos para a semana que ven, despois da asamblea); outra cousa, ao fútbol de elite con este modelo non se pode chegar, pero si algo teño claro é que é mais doado que chegue un grupo inversor ao Ourense, ainda que esté na Preferente que ao Arenteiro na Segunda B. 08 Abr 2021, 11:51 60.33
Completamente de acordo. Eu tamén era un deses. Cunha salvedade, a Deputacion e o Concello , no caso do baloncesto, son accionistas dende fai tres décadas. 07 Abr 2021, 16:48 60.30
Agora as accions non valen nada, pero fai trinta anos a ver quen era o valente que deixaba morrer un clube de ACB, cando en toda España, todolos políticos facian o mesmo. Nas seguintes eleccions, olvídate. Pero, bueno, agora vense as consecuencias de aquel despilfarro. 07 Abr 2021, 16:38 60.30
En iso tendes razón. Todos somos un pouco hipócritas. Se ao Ourense lle chegaran cartos abondosos, tampouco nos iamos preguntar demasiado a procedencia. De feito, iso pasou durante décadas e o vello clube foi tirando ata a desaparición. E menos nos podemos queixar na cidade, que nos están mantendo un estadio (por chamarlle algo) a dous clubes de Terceira con cartos públicos de imposto de todos, tamén dos habitantes de O Carballiño. Pero tamen, por iso, este novo concepto, que ten moito de sentemento e, ao mesmo tempo, de incerteza. A ver o que dura e, se non, non pasa nada, que tampouco ten tanta historia detrás. Ides ter sorte para o ano que ven que vades ter o Garrote toda a semana na vila para encher duas páginas da LaRegion todolos días, a ver se venden polo menos 50 periódicos na bisbarra. 07 Abr 2021, 16:30 135.65
Concordo ao 100/100 co dito en todolos comentarios anteriores no foro do primeiro partido. Añadiría que ten pinta, polos puntos da Asamblea do domingo, que despois dela, teñamos mais certezas do futuro inmediato do clube. O ideal sería quedar na Terceira RFEF, pero igualmente, salvo sorpresas, cun orzamento cativeiro, é dicir, para salvarse, porque non imos ser capaces de competir contra 10 ou 12 equipos con mais recursos. Istos dous ou tres anos van a ser de transición no fútbol semiprofesional español. Algúns van a levar un hostión fenomenal, así que non por moito apurar se chega antes. Paciencia e vivindo as sensacións que vaian xurdindo. 05 Abr 2021, 23:25 89.94
Todo o que dis, amigo Peluseakov, é certo. Competiuse dignamente os dous anos de Terceira pero a dinámica era tan positiva e a xente estaba tan enganchada co equipo que o fol foi perdendo aire a medida que se rebaixaban as expectativas. Cando se foi o Pato xa foi un sinal. Un exemplo, o meu, empezei co número 1.500 de socio (son socio fundador de segundo ano) e xa ando polo número quinientos e pico. De todolos xeitos que nesta tempada sacaran o carné 1.100 abonados é para pensar que o clube está moi vivo e ten futuro, pase o que pase. 04 Abr 2021, 11:14 -172.55
Xa que non temos partido podemos seguir a falar diste tema recurrente do futuro dos dous clubes da cidade. E evidente que, dado os dous modelos tan antagónicos, a fusión pasaría pola rendición de un deles e eu hoxe iso non o vexo. No caso noso, por razóns obvias e no do Puente pola débeda enorme que ten e que quere recuperar. As categorías nas que nos imos mover son tan baixas que o interese dos aficionados ven mais por sentemento que por fútbol de calidade. A min resúltame mais atractivo ver maiormente xente de Ourense no meu equipo que vintecinco rapaces de fora, o Josu e o Portela nos do Puente. Tamén é certo que a falta de obxectivos claros, ata esta directiva actual, fixo que moitos socios e abonados foran desertando, xa que moitas voces clamaban e claman por chegar como sexa a categorías superiores. E os entendo porque, por exemplo, a aposta económica no ano da Preferente foi moi forte e iso levou certa decepción posterior. Isto se soluciona en tres palabras, asamblea, asamblea e asamblea e, como dice Ourensanista69, se non estamos conformes, mellor desaparecer que asoballados. 04 Abr 2021, 00:55 59.03
Modesto, o expresidente, traballa no clube cunha relación laboral profesional ? Alguén o sabe ? 02 Abr 2021, 12:07 59.03
O normal é que compitamos ata o final con opcions reais de salvación, ainda que os rivais do sur van a ser difíciles de superar, polo que hai que pensar en deixar por baixo a cinco do norte polo menos. Con todo o que ven por diante nistes meses, colle maior relevancia a asamblea. A directiva debe ser clara e asegurar a continuidade do clube e a sua base pase o que pase. Se non, de nada vale a loita por Vilar, a aposta pola canteira e a fidelidades dos socios 02 Abr 2021, 12:03 59.03