Comentarios de Ourensejaps

Comentario Fecha Karma
O Dr. Cabaleiro deu dous datos na entrevista de YouTube que, non por sabidos, son moi importantes e compre lembrar, o clube esmorecia e, por iso, o colleu esta directiva e, por outra banda, ninguen vai por un can do seu peto. Ata onde dé, dará, e os que critican, se queren axudar, que se acheguen e boten unha man. Se alguén trae cartiños, a votar e a adestrar polas mañáns se se cambia o modelo. 08 Feb 2021, 11:06 81.27
Bo triunfo. A ver se poden sumar de tres en tres e dar un chimpo. Para min o importante é a paciencía co proxecto. E dous anos as categorías van a cambiar radicalmente ( duas segundas B e terceiras de 16 equipos ) e chega o tempo para que a xente se ilusione co equipo. Se aparece alguén interesado, a votar o futuro entre os socios. Por outra banda, eu calculei que unhas 15.000 persoas, entre futbolistas, técnicos e persoal, entre os clubes de Segunda B e Terceira españois, coas diferenzas salariais evidentes, están disfrutando do seu deporte e, no caso dos rapaces novos, formándose e sen perder o ano, gracias os directivos, socios, patrocinadores e axudas institucionais e federativas. Realmente, un éxito coa que está caendo. O da Preferente é de coña que non sexa xa suspendida definitivamente ou que van facer cos equipos que renunciaron ? Descendelos como dixeron ? Non o creen nin eles. 31 Ene 2021, 20:42 79.09
Marchouse xente moi determinante e con experiencia, Angel Diaz, Josu, Marquitos, German, Arce, Iago Blanco e algún outro. Vieites e Hugo case non xogan. Para min é un cambio estructural grande motivado pola crise económica da pandemia. E a noso problema como clube e de ninguen mais. Se non podemos xerar mais, todos a unha e veña Ourense que imos sair desta. 30 Ene 2021, 22:59 112.84
E certo ese comentario, pero é que iste ano é complicado. A xente identificase co equipo se pode ir o campo e viaxar con él. Tampouco saen as cousas. Arriscouse cun plantel moi novo e barato porque non hai cartos. A ver se podemos salvarnos. Eu, que fun moitas veces co equipo nas categorías provinciais, lembro con agarimo aquelas gradas cheas de xente e a festa que supoñia cando chegaba o Ourense. A identificación era completa. Agora non podemos nin ir ao partido da casa. En fin, a todos os equipos lles pasa igual. Animo para todos. 30 Ene 2021, 17:31 112.84
De acordo en todo o que dis Ourensanista69. Son sete anos inesquecibles e que nos permitiu ligar a desaparición de CD OURENSE con esta experiencia de percorrer a xeografia ourensá e galega e ser tan ben recibidos. Hai que loitar e seguir a querer este proxecto, pase o que pase. O que sucede é que aquel tsunami que viña con forza dende abaixo xa sabiamos que tiña límites económicos. Tampouco os medios de comunicación nos dan moita cancha dende que se foi Colmeiro do Faro de Vigo, mais ben nos ningunean. 13 Ene 2021, 14:54 43.11
Concordo contigo Ourensanista 69 porque eu estiven nesa Asemblea, pero tamen coincidirás conmigo que despois de dous anos e coa que está caendo ese fondo ten pouco futuro. E mais, eu sería partidario de eliminalo dunha vez , porque é evidente que moitos socios fundadores, por unhas razóns ou outras, xa se deron de baixa. Non se convocan asembleas, non se sabe cómo acabou o ano pasado economicamente. Poñoche otro exemplo, eu saquei o Carnet Dragón para axudar e se dixo que cando entrará mais xente (1000) xa non nos cobraban a entrada e xa non é polos 4 euros, é que hai que ir a buscala. Preguntei e dixeronme que era para aforo completo, vaia chorrada, e logo reconoceron que toda axuda era boa. Eu tampouco pensó que o club perigre por un descenso pero estos detalles a min non me agradan. 13 Ene 2021, 11:07 43.11
Teño que pedir disculpas por unha mala interpretación no tema do arrastre dos puntos para a segunda fase. Efectivamente tiña na cabeza dende o principio da tempada o erro e, releendo a circular, denme conta do meu fallo. Por outra banda, non pasa nada por comentar e dialogar entre nós, e con algo de retranca, aspectos dun fútbol que non deixa de ser aficionado compensado. Nós tamen , na UD Ourense puxemos un fondo os socios fundadores e, agora, non sabemos nada dos cartos. Sexan mexicanos, empresarios ou xubilados, se axudan os equipos economicamente , fenomenal. Os socios de a pe colaboramos como podemos. A UD tampouco ten tanta historia e o que dure disfrutaremolo na categoría que toque. 12 Ene 2021, 22:24 43.11
As subvencions, mais ou menos, serán as mesmas (federación, deputacion e concellos). O Puente xoga coa sua condición de SAD para poñer no mercado xogadores con proxección e sacarlle rendemento económico, ainda que se endebede (a familia Diaz cos seus cartos fai o que quere, loxicamente). O Barco e o Arenteiro teñen que ter ingresos e donacions extras para pagar en B aos xogadores e técnicos , porque non hai presupostos oficiais que sosteñan o chollo. 12 Ene 2021, 15:53 101.68
Unha pequena aclaración. Na segunda fase so contan os puntos dos equipos que coinciden. Xa postos, sumar o que se poda contra Rapido, Estradense, Pontellas, Atios e Ribadumia. E logo, a tope cos do grupo Norte. Os tres de Ourense non sei como fan, pero teñen mais cartos que nós e fixeron planteis de calidade. Sorte para todos. 12 Ene 2021, 13:57 43.07
Sin disculpar la bajada de brazos con el tercer gol, es muy difícil competir contra un equipo trabajado como el Alondras que te marca en el minuto cuatro. La apuesta de este año es muy arriesgada, todo el mundo debería saberlo, pero los ingresos son limitados. Creo que merecen un voto de confianza, sumar todo lo que se pueda y, si hay que ir a la fase de salvación, estar a muerte con el equipo con rivales de nuestro nivel. Ahí, si que hay que exigirle todo a jugadores y cuerpo técnico. Lo contrario, un fracaso. 10 Ene 2021, 23:30 169.31
Ánimo Arenteiro. A segunda fase vai a ser complicada, pois os de arriba parecen equipos moi duros e competitivos. Hai que chegar cos máximos puntos. 20 Dic 2020, 21:14 35.86
Equipo netamente ourensan, con dous de fora e tres galegos comprometidos coa idea. Os xuvenís cumprindo fenomenal. Ese é o camiño. Xuntos podemos chegar. 20 Dic 2020, 21:08 35.86
Este Amin lembrame a Jona, aquel chaval que estivo media tempada na Segunda B.. Teñen algo especial para o gol. A ver si ten sorte neste difícil mundo do fútbol profesional. 20 Dic 2020, 18:06 35.95
O Puente é un equipo histórico que perante corenta anos levou o nome do barrio dignamente na terceira, preferente e primeira cando lle tocou. Neses anos convertiuse en SAD, diseñou unha política de canteira baseada en subvenciones e equipos A,, B, C e D, para recaudar dos pais. Diso saben ben no PSOE da capita e os chanchullos mutuos. Cando desaparece o CD. OURENSE cambian o nome e o estadio, pasan da canteira e endebedanse en 650.000 € con equipos que parecen a ONU para ascender a toda costa. E agora, para salvar o cu querían fusión co alcalde de cómplice. O tempo pasará factura a este despropósito. 20 Dic 2020, 17:15 10.90
Interesantisimo comentario de Fontebieita. Estase perdendo a esencia do fútbol de antes. Sempre houbo xogadores aficionados "compensados" e as directivas tiñan que mollarse e sacar cartos de onde podían. Pero polo menos os aficionados identificabanse co clube e os xogadores, moitos deles do pobo ou da bisbarra. Os equipos competitivos con foráneos eran os clásicos de segunda A/B Pontevedra, Compos, Ourense, Lugo, Racing. Agora, os clubes de terceira traen brasileiros, portugueses e españois de toda a península, nunha sorte de tómbola, a ver se se cotizan e se lle saca algo. Os filiais tamen son unha especie de ONU. Si os equipos teñen éxito, pasan duas ou tres boas templadas e logo desmantelanse e hai que empezar outra vez. Gostame moito o proxecto do Compostela que leva anos apostando polo mesmo e con un fútbol fantástico. 18 Dic 2020, 22:49 68.95
Todo o meu respeto polo atrevemento do Arenteiro desde ano. As veces, tamen hai que arriscar e ilusionar a xente. Ogallá ascenda porque eu serei dos que vaia ao Espiñedo a ver Segunda. B. Pero, pes na terra, que eu era socio do CD Ourense e mira como acabou. Hoxe estou coa UD pero non se pode comparar a un histórico como o Arenteiro con este novo proxecto, que se sae ben, fenomenal e se non, non pasa nada. Cando esmorece unha institución, morre un sentemento. Mira os da banda da Lira de Ribadavia. 18 Dic 2020, 14:09 68.95
Poño o exemplo do Cardassar porque foi o equipo que xogou co At. Madrid. Pola maña os xogadores traballando, cada un do seu, e pola tarde partido. En proporción en Galicia, con catro provincias tiña que ter 4 equipos profesionais e 16 en Segunda B. Xa sei que non se pode comparar así, pero me parece que a terceira está un pouco desmadrada de mais. 18 Dic 2020, 12:35 10.90
Esta semana de copa do Rei deixanos cousas curiosas dos equipos similares aos nosos. Por exemplo, o Cardassar de Mallorca de terceira, ten de presuposto 130.000 €. Nesa provincia balear hai un equipo en liga profesional e catro punteiros de SEGUNDA B. Non será que aquí en Galicia se nos vai das mans os obxectivos reais? Os seiscientos que están en activo entre xogadores e técnicos na nosa terceira ven se poden considerar privilexiados, xa que fan o que lle gusta, cobran e non perden o ano, tal como está a causa. 18 Dic 2020, 12:16 10.90
Os que teñen a tixola polo mango non creo que nos fagan moito caso, pero por aportar algo a este faladoiro, para min o mais urxente é o césped. As bancadas ciegan dabondo, hoxe por hoxe. Salvo partidos especiales (copa, cando veu o Oviedo....) con tres mil estamos servidos. Ademáis, gastaron cartos na preferencia coas oficinas da Xunta. Sen ser especialista en urbanismo ou arquitectura, a zona necesita unha reforma integral, pero eso implica expropiacións e a construcción dunha mini cidade deportiva para o Couto. Non hai que ir mais que pola zona de grada de fondo ou o mesmo acceso a tribuna para darnos conta do infame que está todo. En fin, parole, parole.... 17 Dic 2020, 11:34 10.90
Tamen é penoso que na retransmisión do partido o magnífico comentarista Gustavo Varela e o seu colaborador, todo o tempo se estiveran referindo o pésimo estado do campo e a imaxen que deixamos en quen viu o partido pola tele. Nos xa nos acostumbramos fai tempo, pero que vergoña que nos vexan así. 16 Dic 2020, 15:07 10.90