Comentarios de Ourensejaps

Comentario Fecha Karma
Acabo de chegar do Pazo. Veunos a ver unha meiga. Nesta provincia entramos nun bucle de depresión e mala sorte fai unha década e sen capacidade de liderazgo, nin político nin social. Por certo estaban no partido Fran Justo e Argimiro e estiveron falando todo o descanso. Polo que se ve, xa preparando a próxima tempada. 18 May 2021, 23:29 10.90
Xa que os do Carballiño seguen por aquí, a ver se alguén me explica que ilusión tan transcendente ten ascender a nova categoría que está quedando, non polo feito en si, senón polo desembolso económico que supuxo e o que está por asumir. A Federación cataloga a categoría como profesional/semiprofesional, o ascenso a 1 RFEF é inasumible polas instalacións do Espiñedo, os contedentes, de quitado os galegos (e non todos) e o Salamanca, non teñen tirón. O obxectivo será salvarse pero moitos anos aí vai ser a ruina do clube. A única ventaxa que lle vexo é que, se veñen mal dadas, estás para o ano en Terceira, cousa que no caso de outros (UD Ourense) téñeno cru, ainda que o historial non é comparable. O Arenteiro xa ten pasado por momentos difíciles no económico e sempre saiu dela, pero esta aventura, non sei, non sei. Oxala me equivoque. E un clube querido e respectado no mundo do fútbol. 18 May 2021, 11:33 97.92
Completamente de acordo contigo e co matiz que fas de abrir un pouco a porta e de que entre aire fresco. Independientemente da categoría fan falla caras novas. O clube económicamente é perfectamente viable. 17 May 2021, 09:35 542.73
Pero non enfadarse home. O noso clube de referencia era CD OURENSE e acabou como acabou. Trátase de facer algo diferente. Se non sae ben, non pasa nada. Con respecto aos sueldiños tampouco será para facerse ricos do que pode dar de si este clube. Eu, os cartos que poño como socio dounos por ben gastados coas contas e as respostas que me deron e me dan as duas directivas que houbo e hai. 17 May 2021, 00:02 366.06
Estimado Agmo70, gracias polo teu comentario, pero so son un aficionado mais, sin relación coa directiva salvo que coñezo a case todos porque teño os meus anos e anduven no fútbol, pero coma tanta xente. Tes moita razón cando falas de mudar de caras, cecais xa son moitos anos con estigmas familiares, pero tamén moito mérito por coller o clube cando ia desaparecer. Se do que falas é de substitución inmediata do adestrador non creo que sexa un revulsivo, salvo que presente a dimisión, porque queda moi pouco e a cousa púxose case milagreira. Non sei se eres socio, pero hai asamblea pronto e teremos que decidir. Na derradeira que houbo, a directiva confirmou que cumpliría os dous anos que lle restan, sen importar a categoría. Todos queremos o mellor para o Ourense, pero se non queremos débedas temos que ser pacientes ou que veña o mexicano de turno e meta cartos e igual iso tampouco nos enche. Por certo, falando de milagres, quen sería o encargado do céspede do Couto que o deixou en tan bo estado nistes meses. Felicitacións e a ver si dura. 16 May 2021, 23:37 542.73
Paso atrás. Nunca vin un partido tan gañado coma este. O mellor, o espíritu deportivo de todos os equipos que, ainda que o teñan complicado, seguen a loitar ata o último minuto. Bravo polo Estudiantil, en especial Suso, que deu unha lección de futbol, Manu Rodríguez e o porteiro, perdón que descoñezo o nome. Quédanos unha bala. Veña Ourense. Todos os equipos son competitivos. 16 May 2021, 18:59 541.53
Non sei canta xente estaría vendo onte o partido do Puente na TVG2, supoño que non moita, porque tampouco tiña demasiado atractivo e foi claramente para os pontinos. Eu vino a ratos, pero, si alguén tiña dubidas por Galicia adiante, os comentarios dos narradores e as imaxes deixan claro moitas cousas: equipo sobrado para Terceira, incluso para o ascenso, fútbol fluido e cunha marcha mais nesta categoría, amalgama de razas e nomes exóticos, xogadores novos con fame, adestramentos matinais estilo filiais, club profesional e SAD para promocionar promesas. Digo todo isto porque se nos convoca a outra Asamblea para o 25 e, como tema principal, vai ser a futura organización do clube, sen saber en que categoría se vai a militar. Cheirame a outra intentona de fusión. O modelo do Puente é válido, pero ¿nos sentiriamos identificados? Dubídoo moito. Mezcla de xente da casa e fora, podería ser, pero a costa de facer menos competitivo o equipo. Para iso , quedamos como estamos, sempre que haxa xente disposta a dirixir o proxecto, que non é sinxelo atopar. 16 May 2021, 11:38 91.97
Querido Pikachu, eu non poño en dubida que coñezas perfectamente este tema, simplemente era un comentario irónico. Pero segues sen querer entrar no fondo da cuestión. Por suposto que as contas de calquera clube teñen que ter uns mínimos de legalidade e coherencia, ainda que non sexan SAD, pero todos sabemos como funciona isto e, non por moito asubiar, podemos ocultar un segredo a voces, pagos en B. Pos de exemplo a CD Ourense, un fracaso de xestión económica é social, vapuleado por uns e outros, que en Segunda A, tiña entradas de 2.000 persoas, desapego coa cidade e provincia. Precisamente, todo iso que pasou é o que se quere evitar con este proxecto, lembrar o sentemento e fuxir de Mesías salvadores. En O Carballiño, de momento, optouse polo modelo político - amigo, a ver que tal vos sae. 12 May 2021, 10:15 91.97
O que eu dicia fai uns días. Agora quitáronlle o faladoiro aos veciños do Carballiño durante tres meses e veñen todos en masa ao noso. Ja, ja, ja, sodes benvidos, home e tamén o resto de tertuliáns. 12 May 2021, 09:54 68.41
Pero, home, hai que enterarse un pouco das cousas. Para facer unha concursal hai que ser SAD. Por iso o Puente ten que declarar o déficit que xa o ano pasado era de 650.000 € e este ano voltaria a subir, loxicamente. O Arenteiro non ten ese problema, presuposta o que lle peta e paga en negro, como fai todo Dios. A maioria da xente do Ourense non estamos a dar consellos nin escollimos o sistema de futbol popular, foi a decisión de uns valentes que, cunha xestión exemplar, levaron ao clube ao que é hoxe. Non deixa de ser unha aventura que non sabemos o que durará. O proxecto tipo Arenteiro é tan vello coma o futbol. Iso xa está inventado dende fai décadas, dura o que dura e xa está. Evidentemente, mentres hai cartos, todo vai ben. Disfrutade da experiencia. 11 May 2021, 23:27 72.39
Os do Arenteiro seguen coa teima do Ourense e agora, tres meses a velas vir, non saben en que entreteñerse. Pero, bueno, asi seguimos a debatir con eles se lles apetece entrar. Falan de viaxes turísticos e gastronómicos como atractivo do ascenso. Home, algún se pode facer, pero no inverno e cos equipos previstos como rivais, non creo eu que apetezca moito. Mais ao contrario, donde realmente se lle daba vida a Vila era coa chegada de afeccións foraneas que enchan o campo e os restaurantes co reclamo da boa cociña do Carballiño. Embargantes, de quitado o Pontevedra e o Compos, dubido moito que os desplazamentos sexan significativos. Pero bueno, isto que digo tamén é ampliable a calquera equipo da provincia dos que están na Terceira que poidera chegar a Segunda RFEF nun futuro. Categoría incógnita. 10 May 2021, 19:27 149.48
Xa sei que hoxe non toca falar disto pero paréceme que a Federación co das categorías novas vai a escarallar moitos proxectos e equipos. A Segunda RFEF, polo menos no que lle toca a Galicia, se é con Asturias e Castela-León, ten mala pinta e pouco atractivo e as esixencias para ascender son inasumibles para o 90%. Case parece mais divertida a Terceira, así que, a ver se podemos conservar a categoría. 09 May 2021, 11:37 91.93
Que ben senta de tres en tres, pero canto costa !!!! O éxito e o fracaso é efímero. No Carballiño, tres días de festa, duas entrevistas e, agora, tres meses sin fútbol e tremendo por se hai desbandada. Nós, polo menos, temos un mes mais para sufrir ou gozar. 08 May 2021, 21:42 91.30
Os do Arenteiro, perdón. 08 May 2021, 17:26 10.90
Pero os da Deputacion non eran os do Arenegro. Eu non entendo nadiña. 😃😃😃😃😃😃 08 May 2021, 17:26 10.90
Xa andan a enredar na Región co da fusión ca Ponte. Ja,ja,ja. Xa o ano pasado, gracias entre outros ao Justo, Renan, Portela e cía., acabaron cunha débeda de 650.000 € e agora, como estarán de colgados para voltar coa teima mandando algun "apoderado" como emisario. No verán se verá se alguén o plantexa, pero eu penso que o mais factible é que un dos dous se coma ao outro co tempo e este acabe desaparecendo como equipo senior. Esperemos que UDOurense gañe esa batalla e, se non, imos a O Carballiño. A fusión nin de coña. 08 May 2021, 17:13 10.90
Anibal Pereira, nomeado responsable de deportes no Concello de Ourense polo alcalde P. Jácome, en calidade de asesor. Ollo ao piollo coa UD Ourense. Deja vu.... 07 May 2021, 09:09 10.90
Querido Teixeiro, nós somos os de verdade, rexeita imitacións. Este Ourense CF que dis é o Ponte Ourense, que cambio o nome fai uns anos. E un barrio da cidade, o Puente de toda a vida, antes concello independente no seculo pasado. A UD Ourense naceu fai 7 anos para render tributo a CD Ourense, desaparecido por débedas e mala xestión. E un clube de socios popular, que propugna unha cultura de canteira e déficit cero e con 80% xogadores de Ourense, con un proxecto a medio-longo prazo. A ver se nos salvamos. Gracias. 06 May 2021, 10:12 -107.37
Estou da acordo co dos rapaces, os veteráns non deron o nivel e o caso de Amin foi unha pena, primeiro polas lesións e logo polo seu comportamento inconcebible. O do noso alcalde é de coña, xa foi o que nos jodeu o ascenso a ACB cando estaba na oposición, por non querer firmar o aval. Pero, bueno, mantivo o que dixo sempre que ia facer. O de agora é un tormento. Tanto o Fumega como o Marnotes parecen boas persoas e bos xestores. Pero non contan todo o que saben....... 03 May 2021, 20:56 67.21
E seguides a entrar no faladoiro do Ourense. Por certo, Pikachu era unha criatura Pokemon, non ? Como vos vai a marcha. Isto é para a nosa parroquia, para animarnos entre nós, as veces, vacilando co do Arenteiro e sabendo que a tempada foi mala, pase o que pase. Subvencions e achegas privadas aparte, tamén é sintomático e digno de analise como aplaude coas orellas o alcalde socialista de O Carballiño a xestión do exalcalde do PP ao fronte do equipo. Puro rigor de castas políticas que non se morden entre elas. Unha cousa parecida ao que fai o aficionado de calquera clube cando as cousas van ben. A estas alturas, dubidar que, coa que está caendo, hai un proxecto na sombra que alimenta e quere medrar ao equipo é enganarse a un mesmo, que, con todo, é algo lícito, sexan 600 ou 800 mil. 03 May 2021, 20:19 67.21