Comentarios de Ourensejaps

Comentario Fecha Karma
Calendario complicado. Os tres primeiros partidos son clave. Se comenzamos ben, temos moito camiño andado e vainos dar moita moral. Imonos probar con Estudiantil, Viveiro e Arzua e, coa plantilla completa, tentar de dar o nivel. Ata que sexa matemático, todos xuntos, imolo facer. 29 Mar 2021, 20:57 81.13
Hai cidades pequenas ou vilas grandes como O Carballiño, por exemplo Eibar, Almendralejo, que están ou estiveron na liga profesional. Hoxe por hoxe, non o vexo no caso do Arenteiro, nin a medio-longo prazo, pero desfrutade do momento que tamén hai períodos chuscos e ao subir o nivel futbolistico tamén se pon no mapa O Carballiño, así que pode ser unha grande oportunidade. Eu coido que toda a provincia está deseando un éxito do Arenteiro, clube querido e respetado. 26 Mar 2021, 16:38 57.71
O que pasa é que os contratos, según se vai ascendendo, tamén teñen que ser mais diáfanos. Nas categorías rexionais (a Terceira o é) sempre se poden camuflar os pagos en B, pero en ligas semiprofesionais hai que reflexalos nos orzamentos dalgun xeito e ahí é donde pode estar o problema. Supoño que a directiva terá a cuestión estudiada dabondo cando deu este paso tan decidido e estará ben asesorada. 26 Mar 2021, 10:13 149.88
A aposta do Arenteiro foi moi forte e o futuro é incerto, non pola afección, que é excelente, senón polo pouco atractivo que pode supor o ascenso a Segunda RFEF, pero iso xa se verá. Depende de como vaia a tempada. De todolos xeitos, se fas un equipo mais modesto tamen arriscas a permanencia, como lle pasa aos outros tres ourensáns. Os do Carballiño, como mínimo, xa teñen asegurada a salvación. Moita sorte e a polo ascenso que iso sempre e un subidón e un prestigio para a vila. Eu penso ir dende Ourense a ver partidos a Espiñedo. 25 Mar 2021, 23:19 57.71
Perdón polo meu descoñecemento nesa reglamentacion. Cambiando de tema e ratas aparte no Couto , nun partido no que te xogas a salvación, hai unha foto por ahí na que se ve a tribuna con cincuenta espectadores mal contados. Patético e mais enriba que os medios locais lle den cancha a un equipo que non representa a ninguén, ni o seu barrio de procedencia. 25 Mar 2021, 14:59 57.71
O Puente, se non gaña, métese nun lío e, con dous resultados adversos, vai para abaixo. Persoalmente, penso que ao Ourense lle vai mellor, de non salvarnos nós, non coincidir na fase co Barco e co Puente, porque istos, non sei de onde sacarán os cartos, pero son capaces de fichar e reforzarse o que faga falta para a salvación e iso nós non podemos facelo. 25 Mar 2021, 10:22 57.71
Igual non é momento de falar disto, pero a remodelación das categorías vai ser tan grande que, se non poideramos seguir na Terceira RFEF, creo que haberia que plantexar moi seriamente se interesa ter un clube na sexta categoría. Dubido moito que, a maioria dos socios lle interese comenzar outra vez case que de cero. E non o digo por min, que non me importaria, pero en Ourense non hai paciencía e sempre se aspirou a mais do que o respaldo popular da cidade daba de si. Incluso nas boas épocas de Segunda A, xa SAD, 1.500 socios e entradas de 2.000 persoas. Moito futbolero de boquilla, Madrid, Barcelona, pero polo estadio poucos se perden. Festa rachada na cidade se algún distos gaña a Champions. E non habia a crise que hai agora, pero sempre se demandaban equipos aspirantes a todo. Entendo que a división adecuada, hoxe por hoxe, é a Terceira e facer un proxecto a medio prazo. Hai que loitar e sacar adiante este fin de curso e, se se logra, será un subidón para todos e gasolina para o futuro. Veña Ourense. 24 Mar 2021, 11:34 -34.36
O ano que ven, no mellor dos casos, os dous equipos da cidade estarían na terceira, ou sexa, a quinta categoría. Nadie pode pensar, coa que está caendo a nivel sanitario, nunha gran obra no Couto cuns clubes tan abaixo. Penso que podería ser unha idea que nos meses de inverno extremo de choiva, o Ourense e o Puente xogaran en Oira alguns partidos. Aos pontinos chégalle de sobra o aforo e nós, mais apretados, tamén nos apañamos. O que está claro é que nun recinto público ten dereito a xogar quen o desexe e cumpla as condicións. Por iso mesmo e, pase o que pase, o Ourense debe seguir disfrutando desa instalación do Couto en calquera categoría. O contrario sería cederlla os do Puente para sempre. Agardemos que iso non chegue a pasar polo ben do sentemento de CD Ourense. 18 Mar 2021, 16:57 10.90
O problema que ten o campo do Couto é que se xogan 40 partidos ao ano. Ningún campo de herba de categoría nacional ten mais que un partido cada duas semanas. Se a iso añadimos que non se levanta o césped fai trinta anos e que a titularidade é da Xunta e non municipal, recinto obsoleto e insalubre, cuns accesos lamentables. Que arranxen Espiñedo paréceme ben, pero o Couto é o estadio de todos os ourensáns, non so da cidade e merece unha reforma xa. 17 Mar 2021, 23:30 10.90
Esta foi a derradeira posibilidade de entrar nos seis primeiros. A aposta desta tempada era arriscada , pero en defensa o equipo é moi feble e demostrouno nestes partidos. En fin, eu penso que co apoio da bancada se pode conquerir o obxectivo da permanencia. Catorce partidos a tope, pero os xogadores teñen que creer en si mesmos e ir a por todas. Se nos deixan viaxar, alí estará a afección do Ourense e na casa hai que sumar todo. 14 Mar 2021, 23:50 10.90
Magnífico partido do Ourense e dos que fan afección. O sentemento non se compra con xogadores foráneos que non saben do que vai a festa e pensan que esto é un derby con tradición. Por iso, xente nova, leña verde, se deixan levar e se equivocan cos seus comportamentos. En realidade, esta rivalidade é ficticia, xamais xogaron na mesma categoría é o Puente sempre será o Puente ainda que nos gañe ou estea un chanzo por enriba, como está pasando istos dous anos. Veña Ourense, que dista saimos. 06 Mar 2021, 23:07 -78.85
Vaia chollo de liga de Preferente. Como teñas boa racha, méteste nunha terceira de luxo na que pode caer incluso algún histórico de segunda, ademáis dos que queden na categoría. O Polígono trae un xogador navarro de 32 anos, o Arnoia vai polo ascenso sin complexos. Tres meses que van a dar para moito porque o premio é goloso e polo menos un ano disfrutar abondo de futbol de élite. O caso contrario é os que baixen de Terceira. Menudo pau..... A ver si o Ourense se pode salvar. A afección temos que estar mais que nunca co equipo e deixar de criticar o proxecto. Cando remate o ano será o momento de aclarar as cousas e ver o camiño a tomar. 05 Mar 2021, 11:22 83.42
Complicado facer unha analise do partido. O campo de Barbantes no serve para esta categoría, lesions, paróns e, ao final, tanto loitar para que, nun balbordo nos metan o tontogol de cada semana. Difícil final de fase con catro choques determinantes. O mellor é que o Arenteiro sumou tres, que lle van moi ben para a segunda ronda. Veña Ourense, que estamos con vós. 01 Mar 2021, 10:46 53.31
Agora que lembramos estas historias de abuelo Cebolleta, hai que darse conta da gran historia que tivo e ten o Arenteiro e a que, desgraciadamente, xa esmoreceu no caso de CD Ourense. Por iso, os pasos que dea o clube do Carballiño, que sean sensatos, cos pes na terra, hai moita afección detrás para arriscar mais da conta. Tamen tiña unha historia senlleira o Puente, un clube querido en toda a cidade, conectado as raíces do barrio, pero con dimensión nacional cando xogaba as fases de ascenso e xuntaba en Oira a 3.000 persoas. Agora convertido nin se sabe en que, estigmatizado polo idealismo dunha familia, querendo ser o que non é, cuns proxectos valeiros de contido, para maior gloria de LaRegion y sus Garrotes. Eu, que son da Ponte, é socio fundador da UD Ourense, non me vexo identificado nese modelo, pero ala eles e o seu camiño. E alguns falando de fusión, quita, quita ..... 25 Feb 2021, 16:30 74.34
Eu son de Ourense, pero ise día tamen estaba no Espiñedo vendo o partido. Lembro que Fran xa era o ídolo do Depor, xogou e chamábanlle o neno. Tamen estiven en varios Arenteiro - Ourense. Que tempos ..... 24 Feb 2021, 16:43 52.13
Estaría ben o Depor, ainda que seria penoso para o fútbol galego. 24 Feb 2021, 11:39 33.08
Vou facer un pronóstico de como vai quedar a próxima Segunda B. Arenteiro, Bergantiños, Arousa, Pontevedra, Compostela, Coruxo, Ceares, Aviles, L'Entregu, Segoviana, Cristo Olímpico de Palencia, Arandina, Sporting B, Langreo, Numancia é Deportivo ou Zamora. Polas clasificacións de hoxe en día. 24 Feb 2021, 11:38 10.90
Curiosa tempada a que se aveciña. Os tres que ascendan a segunda B (cuarta categoría) meténse nun lio con rivais pouco atractivos a priori e gastos disparados. Os que descendan baixan a sexta categoría, case que provincial parecida a primera autonómica. E os que ascendan de rebote nunha miniliga dende Preferente, tócalles a loteria ascendendo a Terceira, que ainda que sexa a quinta categoría, penso que vai ser a mais axeitada nestes tempo de transición de final de pandemia e axuste de novas ligas federativas. A ver se se salva o Ourense porque, de momento, é o mellor lugar para estar e foguear aos novos e a os que veñan da canteira. Todo isto destacando o temporadon do Arenteiro e que, dado que o obxectivo é o ascenso , con todalas forzas que o merecedes. 24 Feb 2021, 00:31 33.08
Con respecto ao dito por Peluseakov, xa facia tempo que non me sentía tan ledo de escoitar unha retransmisión dun partido do Ourense con tanta cortesía e destacando os valores deste clube por parte de un medio de comunicación neutral e que, evidentemente, como arousistas celebraban os goles e o triunfo, pero con que respeto se tratou os nosos, chamándonos indistintamente Ourense e UD Ourense (non escoitei UDO), falando do plantel novo e local da provincia . A calidade da retransmisión foi brutal, con repeticións e comentarios axeitados, etc. Gracias a Onda Arlequinada e sorte no futuro co Arousa. Nos fixemos un bo partido e hai que seguir para conseguir o obxectivo. A ver se rascamos algo, con permiso do Arenteiro. 23 Feb 2021, 16:31 105.57
Sin complexos a Vilagarcia. Nada que perder e a disfrutar nun estadio e contra un equipo dificilísimo, pero que deixa xogar. A ver se damos a campanada ; 1-2 19 Feb 2021, 10:53 33.08