Comentarios de Ourensejaps

Comentario Fecha Karma
Tes moita razón Agmo70. Eu tamen pensei que xogarian en Oira para teres mellor eles o campo na Copa. Alguns cartos hai nos orzamentos da Xunta para arranxos no Couto, pero non sei se serán para o césped. O que é certo é que non nos axuda nada que o campo sexa de titularidad autonómica. Todo ese terreo vale unha pasta e, tal como está o Concello , non hai líderes que se mollen por unha reforma integral nunha cidade sin club de referencia, unha vez que morreu o CD Ourense. E o que hai de momento. 16 Dic 2020, 14:59 10.90
Hai Preferente en Xaneiro, así que hai que poñer as pilas novas. Igual os obxectivos se deben orientar a salvación e sumar cos de abaixo para a segunda fase. Por outra banda, felicitar os da Ponte polo partido que xogaron onte co Leganes, ainda que o campo quedou coma o carallo. Unha cousa que me chamou a atención na tele e ver como animan os seareiros da PONTE, os rapaces da canteira, Ourense, Ourense. Os do Ourense de verdade imos ter que dicir UDO, UDO, UDO, para maior ledicia de La Región, ja, ja, ja, ja..... 16 Dic 2020, 10:36 10.90
Vexo, Peluseakov, que coincidimos plenamente. O equipo xogou un partido serio e intenso, pero faltou o gol da sentencia. Os que estabamos no campo marchamos jodidos, pero os xogadores merecen o aplauso e o partido foi bonito, porque o Choco xoga moi ben ao fútbol. 09 Dic 2020, 16:36 10.90
Coa restructuracion das categorías do ano que ven, a nova segunda B, cuarta división, vai ser unha incógnita, pero ten pinta de ser pouco atractiva. Catro ou cinco galegos, asturianos e castelan - leoneses, cos grandes na liga pro ou terceira categoría. E mellor asentar os proxectos, porque ainda me parece mais pozo que a terceira. A ver si, polo menos, o Ourense se salva e a mistura de veterans y mozos arrinca dunha vez. 09 Dic 2020, 15:18 10.90
Na tertulia que teñen en Telemiño os luns a noite da terceira todos loubaban a capacidade dos clubes favoritos que todos temos na cabeza (fortaleza, definición, lectura dos partidos). Andaban niso ata que un deles se lle escapou a cifra máxica , 2000 € / cabeza e mes e que se querías ter posibilidades había que mollarse. Ao cabo de dos minutos cambiaron de tema , non vaia a ser que se remova moito a historia e lles poñan mala cara cando se perdan polos clubes. Se hai problemas cada un que os resolva como poda. Se non sempre quedará como fijo o Josu, denunciar o clube ou desaparecer coma o Bande ( que boas lembranzas daqueles partidos , ainda se pasaba mellor que agora). 09 Dic 2020, 13:32 10.90
Deixemonos das contas da leiteira. Se os socios achegamos 50/60.000€, ata 300.000 de orzamento, sin taquillas nin bar como outros anos, o que falta ten que vir de patrocinadores, publicidade e subvencions. Ahí andará, pero vai costar. Por iso me pregunto como fan noutros sitios para ter plantillas profesionais.. Moita doazon haberá.... 07 Dic 2020, 13:20 10.90
Magnífico comentario. Eu achego que é necesaria unha asemblea para explicar o estado das contas, xa que ainda non se pechou a tempada pasada e ter unha aproximación dos obxectivos económicos desta tan complexa. 07 Dic 2020, 10:32 10.90
Todo debate é bo pero o que é certo foi que hai ano e medio se non collen o equipo Dacosta e compañía, hoxe case seguro que non existiria. Todos os voluntarios que levan desinteresadamente seis anos traballando merecen o nosotros recoñecemento e aplauso. Se eles soñan con que o proxecto ten futuro o que nos queda os seguidores é apoiar anímica e economicamente ao clube, ata donde dé de si. Temos a provincia que temos. Hai un anos non ascendeu o COB por falta de liderazgo político e empresarial. A cidade está morta e sen goberno dende fai anos. Ese mecenazgo de grandes proxectos parece lonxano nestes tempos. O martes todos co Ourense que ainda se pode e se non a loitar ata o final. 06 Dic 2020, 14:04 76.24
Nun ano coma iste hai que axustar moito os ingresos e gastos. Se non da para mais, hai que asumilo. O futuro do fútbol en Ourense non pasa por unha fusión entre dous clubes tan distintos, un deles cunha debeda de 650.000 €. que é unha SAD e que, loxicamente, quere liderar o proxecto para ver si recupera os cartos e , de paso, aumentar o número de seguidores que ten. Eu estiven en Moaña e en Atios e o que vivir alí é sentimento e paixon, non é so ir ver un partido de fútbol para entreterse. Isto durará o que se poda pero fusión NON. 05 Dic 2020, 21:46 76.24
Os tres goles da Ponte en xogadas a balón parado mal defendidas. E o que hai. A sufrir. O proxecto é arriscado pero hai que estar a morte co equipo. Hala Ourense. 05 Dic 2020, 19:24 76.24
Os do grupo La Región/Telemiño voltan as andadas. Nomean os da Ponte coma Ourense e a UD Ourense coma UDO. Esta insistencia non parece casual e merecerían unha resposta axeitada do clube mediante comunicado oficial. Xa non lembramos o que aconteceu en Atios o día do ascenso , con tele en directo e difusión coma non se recordará doutro acontecemento deportivo na provincia (nin sequera co COB) por parte deste grupo de comunicación. Agora xa non vende tanto o sentimento daquilo e mola mais a Copa do Rei. Eu plantexariame medidas mais drásticas a ese medio que está actuando de mala fe, na miña opinion. 02 Dic 2020, 10:45 -633.33
Aclaración axeitada Peluseakov 30 Nov 2020, 13:42 10.90
O Ponte Ourense renunciou a sua pertenencia a un barrio emblemático da cidade cambiando o nome nunha estratexia que lle saiu mal. Outros como Alondras, Arenteiro (fixoo uns anos) non se lle ocorre esa mudanza. Pretendese que haxa unha rivalidade que nunca existiu, porque os dous clubes antigos. Ourense e Puente nunca coincidiron en categoría oficial. E equipos de hoxe non teñen que ver cos de aquella.. Os proxectos dos dous durarán o que sexa, pero as lembranzas e os sentementos son para sempre. 30 Nov 2020, 13:18 -575.28
Non sei o nivel deste arbitro, pero, en xeral, como etapa de formación de colexiados, a media é suficientemente boa para dirixir partidos desta categoría. Non nos deixemos levar agora polo que vemos en ligas superiores, totalmente profesionalizadas , tanto nos xogadores coma nos arbitros, axudas de VAR incluidas. 25 Nov 2020, 11:20 10.90
Partido moi incerto. Creo que o Ourense firmaría un empate, pero o Arenteiro ten que vir a pola victoria. Nun campo tan grande pode pasar de todo con espazos para correr o balón. Físicamente o Ourense está moi forme, así que.... 24 Nov 2020, 12:15 10.90
Noraboa ao Ribadumia pola eliminatoria da Copa do Rei, pero a ver se os collemos despistados. Veña Ourense. 0-2 18 Nov 2020, 12:20 10.90
Moito animo para o Arenteiro, a ver se consegue o ascenso iste ano. Eu son socio do Ourense e, dado que nós non imos a ascender, salvo milagre, sería dos que o ano que ven iria moitas veces o Espiñedo a ver partidos de Segunda B e, coma min, moita xente de futbol. Agora ben, espero que o proxecto conte con unhas bases mínimamente sólidas, porque a nova categoría é unha incógnita tanto en canto ao atractivo dos grupos, profesionalidade dos xogadores e técnicos e estado das instalacións. Cubrir o presuposto non vai ser nada doado iste ano, para canto mais para o ano. Moitos clubes de Segunda B xa comezan a decir que non dan rematado esta tempada sin ingresos de ningun tipo. 13 Nov 2020, 13:26 10.90
Veña, equipo, a disfrutar do Couto. O fútbol é otra cosa para protagonistas e público. Ourense 2 - R. Bouzas 0 12 Nov 2020, 10:32 10.90
A continuar coa racha . Supoño que xogaran no campo de césped artificial, así que partido trabado e de sachar dende o primeiro minuto. 1 - 3. 04 Nov 2020, 11:18 10.90
Hai equipo. Grandes. Intensidade, fame e calidade. Victoria moi importante . 01 Nov 2020, 19:15 105.29