Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Sufrimos de carallo. A primeira parte realmente mala. É certo que tras o empate solo houbo un equipo e na segunda metade tivemos ocasións para non rematar pedindo a hora. Pero bueno, case a mellor nova do partido é que o céspede aguantou con dignidade sen levantarse en exceso. Con un piso relativamente en condicións e coas dimensións de Espiñedo é difícil que prospere un plantexamento como o do Pontellas. Contento polo gol de Germán, que é importante que colla confianza que nos fará falta, paso adiante de Zanelli, que sin o apoio de Álex tomou os mandos e colosal outra vez o traballo de Sylla (o de menos case que son os goles) Próxima parada Bouzas. Partido moi complicado. 15 Mar 2021, 10:19 55.88
Resultados desfavorables pola mañán. Polvorín segue on fire e Arosa vai sumando. 14 Mar 2021, 15:48 54.26
Haberá que estar atento aos pases para o partido. Partido para non descoidarse contra o colista. Hai que tentar facer os 9 que faltan e non vai a ser sinxelo. O Polvorín ven como unha moto e o Alondras si suma os 6 pendentes aínda ten moito que dicir na segunda fase. 08 Mar 2021, 11:42 54.34
Outra vez dando que dicir coa tele en directo. Enorme hoxe o irmán do astado animando a Borja Domingo a quedar ao saír para tomar unhos cacharros. Menuda banda. Espero que hoxe non se mancara ninguén. Noraboa ao Puente pola victoria. 06 Mar 2021, 21:56 -78.03
Marhuenda leva máis de 25 anos indo polos campos de fútbol (e doutros deportes) e aínda non lle tivo que escapar á Garda Civil nin discuteu nin amenazou nin se pegou con ninguén. Pero gústanlle as cousas claras. A día de hoxe hai un equipo que tolera os violentos no seu graderío e non é o Arenteiro. A ver si hai sorte e para o ano o único equipo da cidade co que compartamos categoría sexa o Puente. Así polo menos poderemos levar os nenos ao fútbol tranquilos. 06 Mar 2021, 11:53 -78.03
Non ten pinta de que se poida ver o Arenteiro este fin de semana por redes 05 Mar 2021, 12:15 -5.51
Macho, pois estasme a dar a razón. Eu o que dixen é que os agresores eran un grupo de seguidores (identificables) da udo. Xente que o sábado estará no Couto vendo o Puente. Cobardes que despois de agredir en maioría, fuxen. Xente que sobra no fútbol, como calquera que vaia ao fútbol con calquer outro ánimo diferente a pasar unha boa tarde. Iso inclúe aos radicáis da udo que dis (que teñen nome) e aos radicáis de calquera outro equipo (incluidos os do Frente Atlético) que, por certo, non xogaba na Regueiriña. 02 Mar 2021, 19:56 53.36
Non son horas de beber udo2014. 02 Mar 2021, 17:27 53.36
Pesule. Por iso preguntaba eu por alternativas (Lalín, Xinzo ou algunha outra...) Barbantes é un campo que non lle ven ben a ninguén. Pero é que a a alternativa de Espiñedo parece ser que é peor. É un deses campos dos que di Ourensanista69. É moi fácil pisar onde non se debe e descansar 6 meses. Pola contra Barbantes está moi ben pero o balón está case sempre en lance de disputa e iso entraña choques e lesións. Temos un problema serio cos campos porque, ademáis agora, a xente quere ir ao campo, con razón. Cónstame que o próximo partido se xogará xa en Espiñedo. A ver que sale de aí. Ao Arenteiro as estreiteces de Barbantes tampouco creo que lle vaian mal de todo. Aínda que favorece aos equipos que se pechan, o Arenteiro explota bastante ben o balón parado e soe dominar os balóns divididos así que non me estrañaría tampouco que Fran Justo esté a gusto na Regueiriña. Pero bueno, que tampouco axuda á imaxe o tema dos campos. 01 Mar 2021, 17:02 53.29
Currás non amenaza a ninguén. É o Santo Job. Vai chegar moi lonxe a udo cos fenómenos que tendes repartindo bofetóns e co macarra do banco que perde máis tempo ameazando á xente que mirando para o seu equipo. 01 Mar 2021, 15:54 -180.27
Eu seguín o partido a 150 kms da Regueiriña e antes de rematar o partido xa sabía o das agresións. Contouno Raúl Villares na Radio Galega e hoxe en Palcouvip. Agresións cobardes en proporción de 1/4 dun grupo de personaxes que teñen o suficiente acubillo no Couto como para lucir as súas enseñas nas gradas. O domingo alí estarán de novo, nun campo de fútbol, cando o seu sitio está na selva. Sorprendentes (ou non) tamén as declaracións do becerro que senta as cachas no banco da udo para a radio galega. Coma sempre, insinuando e amenazando veladamente, que é o propio dos matóns sen cerebro coma el. Perdeu unha gran oportunidade de honrar o bo partido dos seus xogadores, que un día máis plantaron cara a un equipo superior por nomes e por soldos, perdeu a oportunidade de eloxiar a moral dun equipo que non se veu abaixo cando perdeu a dous dos seus mellores xogadores no descanso, que se veu arriba e igualou o nivel do rival tralo descanso e que se vai da Regueiriña con 2 puntos menos por un gol no que lle fan unha falta de libro ao seu porteiro. Pero a el non lle pareceu ben e soltou a súa merda de discurso para sonroxo de todos os que tivemos que escoitar as súas estupideces. Logo, vendo a calidade animal da besta, tampouco estraña que os 4 tontos (15 neste caso) que hai en cada clube fagan o que fixeron. 01 Mar 2021, 15:17 -5.52
Estou contigo JonDillinger. O problema é que Espiñedo agora mesmo dinme que non é unha opción. Non é xa problema de que o campo esté mal, é que non vale para xogar. Eu creo que en canto mellore o tempo e chupe algo volverase a Espiñedo, aínda que sexa unha toupeira e non beneficie deportivamente. Pero non é xustificable seguir na Regueiriña si hai algunha posibilidade de xogar en Espiñedo. Por iso preguntaba eu por terceiras opcións. ¿Habería posibilidade de xogar nalgún campo no que poidamos entrar os 500 ou algo menos que se permita? ¿Lalín? ¿Xinzo como di Pesule? Ainda que houbera que facer 60 kms polo menos poderíamos estar no campo. A verdade é que é un problemón para a directiva e non creo que lle tarden en chover críticas. Fagan o que fagan, non será a mellor opción. Están fodidos. 27 Feb 2021, 00:08 10.88
Eu non sei como estará o do Lalín. Queda cerca, é grande e o Lalín este ano non o usa. Hai 4 ou 5 anos que fun e sin estar excesivamente ben estaba bastante mellor que Espiñedo. 26 Feb 2021, 12:13 52.12
Leva unha escaleira de esas de tres escalóns. Igual che fai falla. Ten pinta de que vai a saír a pasear moita xente á mesma hora. 26 Feb 2021, 10:38 52.12
O CD Ourense xogou dende a 80/81 á 84/85 en Terceira. O Arenteiro subeu a Terceira na 80/81 así que todos eses anos coincidimos na mesma categoría. Eu de iso xa non me acordaba porque na 84/85 tiña 8 anos jajaja. Pero bueno, sí coincidimos máis tempadas das que eu pensaba. 25 Feb 2021, 12:09 83.37
Tempos sí señor. Realmente Arenteiro e CD Ourense pouco coincidimos. Que eu puidese ver, os 2 anos en 2B e un par de eliminatorias copeiras (non sei si a principios dos 80 o Ourense caeu algún ano a terceira) Pero a pesar de iso eu recordo a CD Ourense xunto co Lalín como as grandes rivalidades. Partidos onde saían chispas, o campo a reventar, folloneo e gañaban os de sempre (no caso do Ourense). A verdade é que apenas 8 partidos repartidos en 3 ou 4 anos pero que crearon unha boa rivalidade. Logo o tempo puxo un pouco a cada un na categoría que lle tocaba e non voltamos a coincidir oficialmente. A ver si con este Ourense se acaba por crear outra sana rivalidade. Polo de pronto, as mellores entradas dos últimos anos o rival vestía outra vez de vermello. 24 Feb 2021, 19:35 52.11
Concordo totalmente. Estaría ben, pero o Deportivo (e eu tiro para o Celta) ten que estar en Primeira non xogando polos pobos. Pero para iso o Arenteiro ten que subir e o Deportivo caer a 2 RFEF. Como anécdota, non sería o primeiro partido oficial Arenteiro-Deportivo. Sendo eu neno, nunha eliminatoria de Copa do Rei gañámoslle en Espiñedo (2-1) Na volta non recordo pero creo que remontaran fácil. Eran os anos 80 e aquela longa noite de pedra do Deportivo pola segunda división que tantos anos durara. 24 Feb 2021, 12:12 52.11
Vexo que xa cambiastes o campo do clube e puxestes a Regueirña, jajaja. ¿Sabese si xa se tomou algunha decisión en relación ao céspede do Templo? A Regueiriña está ben pero como se poida voltar aos campos sen restriccións faisenos un pouco pequeno. 24 Feb 2021, 11:11 10.88
Oficio e sacrificio. Penoso que se mostrasen 12 cartóns nun partido no que, estando o campo como estaba, apenas se deron patadas. 20 Feb 2021, 19:14 50.28
Partido o sábado ás 17.00 horas pola TVG2. O equipo que máis experiencia teña xogando ao waterpolo é o favorito. Dan moita chuvia para mañán e o Couto sólo o supera en lameira Espiñedo. 19 Feb 2021, 13:18 50.28