Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Os da Laracha traede as espinilleras boas. E os cartos, vide co xusto para pagar a peaxe.. 16 Oct 2018, 00:36 137.64
Ninguén discutiu a calidade da plantilla. Sobre todo de medio campo para arriba ten moitos máis rexistros dos que tiña o ano pasado. Se vostede entende que 19 xogadores chegan, pois moi ben. Eu sigo pensando que, podendo, algún xogador máis na línea defensiva non viña mal. Como se xunten un par de lesións (e os nosos mellores centrais son veteranos e dos que meten a perna) quedamos co cu ó aire. Eu defensas conto 2 laterais dereitos, 3 centrais e un lateral zurdo. E Ross que pode xogar en varias posicións. Sete defensas nun equipo que o ano pasado xogou partidos con cinco non me parecen moitos. Por poder podes poñer a Adil, Cassio, Albertito (ata a Pachi se queres) 11 Oct 2018, 20:57 230.47
Eu penso que este ano se optou por unha plantilla de máis calidade a costa de profundidade de banquillo. Supoño que si aparece algún carameliño para reforzar eses postos farase un esforzo pero non sei eu si o Arenteiro terá moita capacidade para ter 2 equipos de certo nivel. A mín o posto de central dame medo (calquer adversidade déixanos co cu ó aire) 11 Oct 2018, 11:25 137.20
0-0 O Arenteiro acaba de fichar a Fajardo para o lateral esquerdo. Boa nova. Xa non tanto pola categoría do xogador senon polo reforzo que supón para esa zona. Ata o de agora cubrían a zona cun central dereito reconvertido ou cun lateral dereito a banda cambiada e, por aí, viñan moitos dos problemas do equipo en defensa. Ross tamén podía xogar aí pero parece máis útil no medio campo. 10 Oct 2018, 10:23 171.65