Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Paso atrás na carreira deportiva de Rodri Alonso. Esperemos que teña máis sorte no modesto equipo do barrio do Puente. 11 Ene 2020, 13:11 10.98
Unha cousa é tutear ao Puente no Couto e outra facelo co Compos no Vero Boquete. Por moito que só haxa 1 punto entre ambos, futbolisticamente media un abismo entre eles, sobre todo si o Compos xoga na casa. Ao Puente pódelo dominar por fases, é un equipo que te acaba matando polo nivel físico e porque ten xente moi boa. O Compos directamente non te deixa xogar. Na casa exerce un dominio total, sobre todo na posesión da pelota. Claro que se pode puntuar (xa o fixeron outros) pero véxoo moi difícil. Se o campo xa é grande eles agrándano aínda máis porque xogan moi abertos e acaban quedando moitos ocos entre liñas. Con eses ocos e co espazo que deixamos coa liña de 5 tan alta pódenmos matar xente como Miki, Brais, Hugo ou Primo que son futbolistas moi rápidos. Pero claro, se colgas os 5 atrás, telos os 90 minutos na área. Ainda que ás veces pecan de toque no último tercio do campo, si os tes aí todo o partido, coa calidade que teñen, tamén te van a machacar... Non o sei, nos temos xente rápida arriba e podemos pescar algunha contra pero, xogando de ti a ti levamos as de perder. Haberá que soñar con un día malo deles e que nos aproveitemos as poucas que teñamos pero eu confianza teño pouca e non sei si realmente nos merece moito a pena queimar aos futbolistas tendo tres días despois a oportunidade de mandar a un rival directo (que está no seu peor momento) a 7 puntos. 08 Ene 2020, 10:30 10.98
Eu penso que centoleiro, polas tatuaxes, se refire a Toño Vázquez. O seu rendemento evidentemente non é unha sorpresa. Leva media vida en 2B. 07 Ene 2020, 12:14 10.98
4-0. Penso que vamos a "tirar" o partido contra o Compos nun campo no que é dificilísimo puntuar para ir frescos ás Somozas e levarnos os 3 puntos. Como o ano pasado na visita ao Racing. 07 Ene 2020, 10:10 10.98
Non fun ao partido. De tódalas crónicas que lin a menos entusiasta a de copecarballiño. Non deixa de ser curioso que últimamente sexan máis benévolas as crónicas de Pepe Guarrote que as de copecarballiño. Hai que disimular algo máis e ir mamando un chisco. 06 Ene 2020, 18:44 10.98
Fe absoluta en Don Rogelio. 05 Ene 2020, 19:25 10.98
Temos a Wadir, que seica é moi bo. De momento... 02 Ene 2020, 12:26 10.98
Bueno. O ano pasado descalabramos o equipo en navidades. Eu non descarto a Ross de 9 para o que queda de tempada. Dúas baixas confirmadas (que pinta que serán 4) e moita rumoroloxía. Veremos o que pasa. Os rumores apuntan alto. 02 Ene 2020, 10:24 10.98
Sona con forza nos mentideiros. 28 Dic 2019, 14:47 10.98
Boa fichaxe. Agardemos que recupere o nivel amosado en Leganés e Eibar. 28 Dic 2019, 11:38 10.98
ivalotelli "Ata aquí chegou esta etapa. Foi unha decisión dura pero chegados a este punto, o mellor para ambas partes era separarnos. Foron 6 meses cheos de bos momentos e de emocións que permitiron poñerlle final a uns anos un pouco raros na "vida futbolística". Por todo iso, e moito máis, todo o que poida decir do Arenteiro sempre será bo, Máis en específico, lévome un gran recordo de todos os compañeiros, do corpo técnico e como non, da gran afección que ten este pobo así como da enorme irmandade clube-seareiros. Así pois, Grazas de corazón e sorte no futuro #forzarenteiro" 21 Dic 2019, 21:10 -118.03
Partido aplazado 20 Dic 2019, 20:40 10.98
Confirmo que seguen xogando duro. O lateral dereito debe traballar de panadeiro que reparte con soltura. Futbolísticamente, do que vin este ano, o equipo máis cativeiro. 16 Dic 2019, 11:18 114.56
Onte notei na entrevista da RTVG moi necesitado de Hemoal a Fran Justo. No momento pensei que o escozor era polo empate. Con esas fieras a ver si o escozor foi por agacharse a coller o xabón. 15 Dic 2019, 21:20 36.85
É sinxelo JonDillinger. Cando un entrenador está na picota aínda é máis conservador do que xa por sí é. Pensou "empátolle ó líder e vou encargando os mazapáns. Se vou polo partido e perdo á volta xa tiro para Cacheiras" Decepcionante o Puente. Superado en moitas fases de partido polo equipo da aldea. 14 Dic 2019, 21:47 68.32
Pois o clube anunciou a marcha de Ricar tamén. Deben estarlle facendo oco a Arruabarrena. 13 Dic 2019, 01:03 10.98
Parece ser que tivo unha infección grande nun pe e tivo incluso que ser hospitalizado por unha bacteria no sangue. Seica está mellor pero non sei si xa saiu do hospital. 12 Dic 2019, 11:20 10.98
Dixeno alto e claro, con Jelucho e a plantilla ata o final. Este señor é o mesmo que o ano pasado nos sacou da merda cando nos deixaron tirados. Por certo, manda carallo o de Emilio. Seguro que se vai a notar cando haxa que correr atrás dos profesionais do Puente. 12 Dic 2019, 10:19 10.98
Moi de acordo. Solo que eu penso que os críticos son bastante máis de 20. Todo se pega. 04 Dic 2019, 13:27 10.98
Que eu saiba a Gelucho largárono do Boiro e o equipo non baixou. A ese mesmo Boiro ascendeuno a 3ª e levouno a xogar playoff de ascenso. O Negreira, por moito Feiraco que levase na camiseta, ía xustiño para competir en 2B e baixou. Pero xogou en 2B porque o ano anterior Gelucho ascendeunos. Hai que dicilo todo. Gelucho baixou ao Negreira pero tamén acadou 3 ascensos: Estudiantil, Boiro e Negreira. 03 Dic 2019, 10:41 160.66