Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Eu debo de ser un deses anti afeccionados que se adicaron a verter críticas feroces. Aquí díxose que estabamos establecidos na autocomplacencia e que se non mudabamos algo o que estabamos a facer nos íamos a ir ao tacho. Que os resultados non cambian de un día para outro por medio da casualidade. Cando en 15 partidos eres o equipo que menos gaña da categoría e estás en postos de descenso xa non é unha cuestión de azar (aínda que tampouco nos axude moito) Non fai falla ser adestrador, aliñador nin nada semellante para ver que o equipo levaba 2 anos facendo o mesmo. Gañando ou perdendo o debuxo era sempre o mesmo e os cambios "tácticos" eran trocar home por home en función da vocación máis ofensiva ou defensiva do muñeco. Se acaso cando íamos atras os centrais dereito e esquerdo tentaban romper algo máis. O colmo, o esperpento de Coruxo, donde despois de 70 minutos detrás no marcador metes outro dianteiro a 5 minutos do final... Aquí pediuse que se tentaran solucións. Se non o entrenador a directiva. E as solucións chegaron. Chegan 3 futbolistas titulares e, sobre todo, parece que o entrenador decidiu tocar cousas. Sairá mellor ou peor pero aquí ninguén pediu resultados, pedimos cambios e os cambios chegaron. E os cambios non chegaron porque os pidan 2 tarados en siguetuliga ou porque 10 tipos piten en Espiñedo. Os cambios chegaron porque o entrenador sabe que as cousas non ían ben e había que facer algo. Coa túa argumentación Roblecito2018, estamos descendidos a metade da segunda volta. Menos mal que franjusto decidiu deixar a un lado a autocomplacencia e se puxo a entrenar. Seguro que nos irá mellor. Eu estou encantado en colaborar con calquera directiva no que faga falla (mesmo doblando camisolas) porque xa o fixen noutros deportes. De todos os xeitos parece que vostedes se moven no credo de "o estás conmigo o estás contra mí" e non lles gustan as opinións diverxentes. Nese caso non necesitan axuda. O que necesitan é un loro que repita os mantras. 16 Feb 2022, 18:08 80.40
Noraboa a todos os que viaxaron a Salamanca. Poucas veces se profana un estadio de Primeira División. Gran comunión afección - equipo. 14 Feb 2022, 10:35 50.62
O cambio de sistema sentoulle ben ao equipo. As 3 incorporacións veñen para sumar moito. Pibe é un escandalazo de xogador ao que non parece afectarlle o ostracismo de Finlandia, Pol está demostrando por que o corpo técnico leva 6 meses terqueando en fichalo e Uxío ten a fame que lle faltou á vedette á que ven a sustituir. O domingo partido complicado diante dun equipo que non acaba de atoparse e ao que se lle intuía unha capacidade de reacción que non sei si terá. A ver como se estructura a defensa coas baixas de Naveira, Joseca e Vitra (que intúo que son baixa pq dende o clube información cero) O partido do Arosa é un duro golpe porque se puido moi fácilmente mandar para atrás a un rival directo e porque nos metíamos na metade da táboa con un bo feixe de equipos. Hai que seguir e a ver se non afecta esta xeira de infortunios. Xa non valen os empatiños. Por moito que se repita como un mantra é pouco menos que perder. O Navalcarnero é terceiro con máis derrotas ca nos. 11 Feb 2022, 10:26 -18.87
Non creo que o Ceares sexa unha referencia. Fora da casa é un equipo inoperativo. Aquí pedíase ante a falla de resultados que se propuxesen solucións. Hai 3 novas incorporacións que cheiran a xogadores importantes e mudou o esquema. Rematou a autocomplacencia e fixéronse cambios. Poden sair ben ou mal pero vese que hai alguén ao volante. O novo sistema ten luces e sombras, como todo, pero polo menos hai unha alternativa para combinar co sistema clásico que empregamos e, por momentos, funciona. Xurxo Otero xa non sabe que se vai a atopar o mércores en Espiñedo. O Ceares non fixo nin cosquillas pero con un rival serio como o Langreo o 4-4-2 comportouse. Puidose perder pero tamén gañar e houbo incluso momentos (os primeiros 15 minutos e a segunda parte sobre todo despois do empate) nos que se foi superior. Vital, o partido contra o Arosa. Con 24 puntos meteríamonos a 3 puntos dun pelotón grande de rivais polas 5 últimas plazas. Semella que unha será para o Ceares pero quedan 4 e hai que tentar meter ao maior número de rivais na loita. 07 Feb 2022, 12:23 -18.84
A ver si nun equipo necesitado de gol se sinte importante e volta ás cifras goleadoras do Fabril. Dende a lesión nin sombra do que foi. Agora a dúbida é a quen lle pegamos a patada. Supoño que será Sobrido pero... 26 Ene 2022, 19:43 243.92
Adiado o partido contra o Arosa. Outra semana coa portería a cero. 21 Ene 2022, 18:20 -17.95
Vida ou morte. Victoria polo civil ou polo criminal. Polo que lle levo visto este ano ao Arosa tamén é un caso de equipo con máis sensacións que puntos. Non están nin Germán nin Portela. Dando por feito que a liña de 5 atrás é innegociable (ciñámonos al Plan) a ver quen acompaña a Pol e a Vitra. Cassio ou Naveira (penso que será Naveira para ter recambio no medio defensivo) 19 Ene 2022, 12:01 -17.95
Eu engadiría a Markitos. É invisible para Justo. Coas saídas estou de acordo porque é xente coa que non está contando. O que non ten lóxica é fichar. Con este entrenador xogan habitualmente 13 ou 14 xogadores nos seus equipos. ¿Para que queremos máis xente? ¿para estar máis apretados no banquiño? 29 Dic 2021, 17:23 52.35
Tampouco lle demos moita bola para saber se nos valía. O mellor é que salga e seguro que para onde vaia (semella que para o mellor equipo da cidade de Ourense) lle irá ben. Queda como historia reciente do Arenteiro. Moi importante no ascenso diferido a terceira e total e absolutamente determinante na permanencia do primeiro ano. Unha pena a lesión porque lle chegou nun momento no que era un dos futbolistas máis desequilibrantes do panorama galego. Aquí conta con un seguidor máis o Puente si se confirma a nova. 29 Dic 2021, 12:47 52.35
Coa falta de gol está volvendo a sonar con forza Arruabarrena. 28 Dic 2021, 00:23 52.35
Rival feito a base de talonario. Válenos o empatiño. Si pode ser 0-0 mellor. 23 Dic 2021, 10:02 -16.97
Arce penso que está máis fora que dentro. Pouco parece contar para o técnico. Rematou a Copa con un magnífico colofón. Forzando a prórroga e co gol dun dos currantes que máis o merecía. Agora a poñerse as pilas a partir do partido contra o Avilés. En Navalcarnero non sei se o desgaste e tan poucos días de descanso nos permitirán competir. 17 Dic 2021, 09:48 80.23
En Navalcarnero hai un par de sitios moi bos para comer cordero asado. A praza do Concello tamén é moi bonita. Aproveitade para ir que ten pinta que será o mellor da viaxe. 13 Dic 2021, 17:16 55.77
Hoxe a culpa foi de que non lle marcamos un gol ao arco iris (por iso saímos con consagrados goleadores como Joni e Sobrido) e do árbitro. É incrible que vamos a rematar a primeira volta con menos de 15 puntos e o entrenador nunca ten culpa de nada. Hoxe gañamos a posesión, gañamos en número de balóns ás áreas e a nosa camiseta é máis bonita que a deles. Todo a pedir de boca salvo o tema dos 3 puntos que tampouco é tan importante porque reservamos xente para o xoves contra o Valencia. Imos irremisiblemente para o carallo. Prentendemos mudar a racha sen mudar nada. Iso é imposible. Cando queremos plantexar algo distinto atopámonos que non temos xogadores para variar porque, ou non valen, ou non temos especialistas nesa posición. Hoxe pasamos ao 4-4-2 a 15 minutos do final (arriscando moito aí empatejusto) Entran Marquitos e Raúl e, como non temos xente específica no posto de extremo (Arce que o teñen para recoller as botellas) ponos a eles a xogar en banda. Futbolistas interesantes para xogar por dentro pero que en banda non teñen moita capacidade para desbordar. Sempre (da igual o contexto) se ten que xerar por banda. Somos previsibles ao máximo e non facemos nada por deixar de selo. ¿Alguén ten visto ao Adarve dominar xogando fora da casa? É o seu fútbol aí recollidiños e esperando o erro rival ou un balón parado. Pero eles, co seu fútbol, lideran a categoría e nós (o Brasil do 70 para os máis fieis) non lle gañamos a ninguén. Isa é a historia. E non vai a cambiar cando entre o anticiclón das Azores ou cando empece a piar o pisquiño das neves. Hai que actuar. Menos cuento e máis adestrar empatejusto. 12 Dic 2021, 21:06 530.21
A franjusto agora mesmo penso que o deixas solto en Ourense e non sabe chegar á casa. Non sabe de onde lle pega o aire. Está desbordadísimo. 05 Dic 2021, 14:52 530.97
A dinámica do equipo xa non anima moito. Se a mellor nova do ano é que xogamos en Ourense contra o Valencia apañados estamos. A ver si facedes moitos socios de Ourense cando voltedes a Preferente. 05 Dic 2021, 14:00 530.97
Vai dicir o que dixen eu agora Gondo2000. Repítese máis co allo. O triste é que aínda ten xente enganada. 05 Dic 2021, 13:02 57.00
Resultado inxusto. Chegaron unha vez e fixeron un gol. Diego nin manchou os guantes. En canto estemos máis finos da definición xogamos a Champions. Hai que seguir co Plan. Imos no camiño correcto. O importante agora é non tocar nada do que está funcionando. 05 Dic 2021, 12:57 530.97
Parece lóxico pensar que maior entrada vaise a facer en Ourense. Pero hai que valorar máis cousas. - Un núcleo importante dos socios do Arenteiro son xente de idade para os que ir a Ourense é un trastorno. ¿Merecen eses socios que comeron primeira rexional sin abandonar o equipo que o día máis importante da historia do clube haxa que emigrar a Ourense? - Contra o Logroñés non puiden pero seica no campo había xente do pobo que días antes non sabía onde estaba Espiñedo. ¿Por que non aproveitar estes partidos para enganchar a esa xente? ¿Vanche ir a Ourense si xa lles custa ir ao Carballiño? - O Arenteiro é o equipo do Carballiño. Nas boas e nas malas. Non é de recibo que nas malas sosterse nos 100-150 da primeira rexional e nas boas tirar para Ourense. - As remotas opcións de pasar a eliminatoria tamén penso que son maiores xogando no Espiñedo que no Couto. Sendo 2 lameiros, Espiñedo leva a palma e a xente está algo máis pegada ao campo. Isto tamén hai que telo en conta. Se miramos o cash, penso que a mellor opción e Ourense. O clube é o que ten que decidir. Poñer nunha balanza os cartos e noutra os seus socios e ver que é o mellor. Eu tamén podo entender que se cadra ao clube os presumibles ingresos do Couto lle arreglan a tempada. Cada un ten as súas circunstancias. No meu caso (xogue onde se xogue) o partido implica facer 100 kilómetros e pedir a tarde no traballo. Para ver Espiñedo ateigado de xente como nunca se veu no seu día máis sinalado en 60 anos,pido a tarde. Para ir xogar a outro campo véxoo pola televisión. Levo anos vivindo fora e ante todo son carballiñés. Cada vez me unen menos cousas co pobo e una de elas é o amor polos colores verdes. No intre no que este clube abandone a súa esencia para mín deixa de ter sentido ser do Arenteiro. Entendería que non se puidese xogar en Espiñedo porque non se cumple coas esixencias federativas ou das televisións. Entendería que o clube optase por facer caixa para salvar a tempada. Pero logo, cando voltemos ás categorías nas que nos corresponde estar pola vila que somos, que non sorprenda que a xente se borre. 04 Dic 2021, 12:40 57.03
O Templo leva agardando pacientemente este día dende hai máis de 60 anos. Con todo o que leva pasado merece esa ledicia. Se o Couto vale, Espiñedo tamén ha de valer. O Arenteiro é do Carballiño decía o clube no facebook. A ver se é verdade. Xa solo a tranquilidade de poder ir cos nenos ao campo sin que che toque ao lado algún cornUDO dos que están procesados... 03 Dic 2021, 18:35 377.35