Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Debe ser a primeira ver que estamos de acordo Roblecito2018. Opino igual. En canto aos focos. Teño entendido que se trata dun apaño provisional ata que non se instalan os definitivos ¿é isto así? Porque como apaño non está tan mal a cousa... 02 Dic 2021, 19:55 57.02
Tiven que ver o partido por footers e, insisto, veuse bastante ben. A solución provisional funcionou e a iluminación de Espiñedo non foi peor que a de outros campos. Na Radio Galega vin a Argimiro e a franjusto convencidos de querer xogar a 2ª ronda en Espiñedo, independientemente do rival. O problema é que na seguinte ronda penso que xa non ten todos os dereitos footers e habería que saber as condicións que poñen outros medios. De todas formas entendo que quen valida os terreos de xogo é a RFEF e se cumplen na primeira ronda cumplen na segunda. A ver se é verdade que o Arenteiro é de Carballiño. Sería unha pena que os 2 partidos oficiais xogados contra riváis de maior categoría na nosa historia(Elche e o LFP que toque en 2ª ronda) se tivesen que xogar en Ourense. Se a xente do Carballiño quixesemos ver fútbol de nivel en Ourense seríamos socios do Puente, non do Arenteiro. 02 Dic 2021, 10:37 57.01
O apaño das luces moi ben. Pola tele puidose ver perfectamente o partido e non creo que ninguén teña queixa. Brutal o partido en canto a traballo de Joni e Sylla. No caso do segundo custa entender como se pode pasar de ser unha das estrelas en 3 RFEF a apenas contar en 2 RFEF. E o máis importante. Hoxe o baixón durou 10 minutos. O equipo sobrepúxose ao gol e por momentos tamén foi mellor na segunda parte. Ese é o camiño na Liga. A ver se a inercia chega ata Fragoselo. 01 Dic 2021, 22:56 57.01
Se o míster e os xogadores se ven capaces de ir a por ela, adiante. Atractivo ten. Agora ben, para mín, o primordial (vital xa empeza a ser) é o Coruxo. E non sei ata que punto, facendo medio equipo doblete (porque hai xogadores que están pero non contan) estaremos nas mellores condicións para o partido de Vigo. 29 Nov 2021, 22:03 57.01
É unha pena porque a Copa non se xoga todos os anos pero eu tiraría con ela. Non están as cousas para plantarnos en Vigo cun equipo agotado. Xa non os vin moi sobrados físicamente onte na segunda metade. 29 Nov 2021, 18:19 57.01
Mesmos resultados, diferente imaxe. O Coruxo é un equipo que da gusto ver e, a pesar de todo, ten mellor pinta para saír da queima. Cada día faise máis duro ir a Espiñedo. Hai maneiras e maneiras de empatar e a nosa da ascazo. 29 Nov 2021, 12:37 57.01
¿Hoxe cal é a excusa? 28 Nov 2021, 19:30 -10.99
¿E que alternativa hai? ¿Esperar de brazos cruzados a que sone a flauta e de coa tecla? Agradecemento sí, conformismo non. O que non pode ser é que en 12 xornadas máis da metade o guión sexa o mesmo. Con tantos partidos un xa non pode falar de mala sorte, máis merecemento... Hai que cambiar. Si el non cambia haberá que cambialo a el. E mira que eu son dos que dixen que non había tanto equipo como se pregonaba e que a pretempada era enganosa gañándolle aos xuvenís do Celta e empatándolle aos suplentes de Depor e Racing. Pero hai futbolistas para ser máis ambiciosos (non para playoff pero sí para salvación cómoda). Non por estar onde estamos (30 anos despois) temos que conformarnos. Se hai equipo para estar en media tabla hai que ir a por elo. Esta plantilla ten máis que para o bochorno de Posada de Llanera ou para sairse con 4 defensas centrais ao Marino na casa... (Renan, Alex, Cruz, Blanco, Castro, Eimil...) 24 Nov 2021, 10:31 59.19
Eu penso que chega con un reforzo e non fai falla nin que ese reforzo salte ao campo a xogar. Xa bastante hipoteca debe ser esta aventura como para liarse a fichar máis. Non se certou co comandante. A foderse e a ver se hai máis sorte cando voltemos a estas categorías dentro de outros 30 anos (como UD Carballiño2023 seguramente) 23 Nov 2021, 13:59 59.19
Xa pasamos a parte máis cómoda da primeira volta e estamos en postos de descenso, cun equipo aparentemente coas ideas esgotadas e a dous partidos ou máis do que deberían ser os nosos rivais (Móstoles, Arosa, Palencia, Leganés...) Xa solo faltan 5 partidos (Gimnástica, Coruxo, Navalcarnero, Adarve e Avilés) Ainda que dous deles estén por detrás son equipos chamados á zona noble polo que en calquer momento arrancan e aí nos quedamos. Eu admiro a tranquilidade e as mensaxes de optimisimo que transmiten algúns. A realidade é que estamos nunha situación clasificatoria francamente preocupante e nunha xeira moi negativa. E o máis grave, con un grupo de xente ao mando que persiste sempre na mesma fórmula, que xa se revelou insuficiente para esta categoría. Non hai resultados, non hai ideas no banco e no palco vaise a morrer cun proxecto perdedor. Moi mal pinta isto. 1-2. Adiantándonos no marcador, por suposto. 23 Nov 2021, 12:21 59.19
Non estou de acordo Roblecito2018. A imaxe de hoxe non é nova. É un calco dos partidos xogados esta tempada contra Leganés, Langreo, Pontevedra, Salamanca, Bergantiños e Palencia. En todos nos adiantamos. En todos demostramos que se pode competir e en todos tiramos o partido logo do primeiro gol porque non hai plan de partido. Ou sí hai plan, colgarnos todos do longueiro e perder tempo. Cómeme o nervio ver en Espiñedo como parte da nosa pailanada pita aos rivais por perder tempo cando non hai un equipo que dispute menos minutos reais de fútbol que o Arenteiro. Este antifútbol para quen lle guste. O grave non é que nos mande a 3ª (que é o máximo onde debemos estar) o grave é que mata a afección de calquera. Sobran barcos aos que subirse na provincia e fora de ela. 21 Nov 2021, 16:11 275.68
Tocou a SD Logroñés. Xa pedín o día no traballo para asistir a tan magno evento sabe Deus no campo de quen. 18 Nov 2021, 17:25 80.19
O importante é a Liga. Tendo en conta que para a Copa do Rei fálase de xogar noutro campo para mín é un torneo que non existe. 18 Nov 2021, 10:55 80.19
Non hai que facer tanto caso. O ano pasado tampouco pagabamos e renovaron o 90% dos xogadores. Este ano hai xente entrenando á espera de que lle fagan ficha. Se non pagasen estaría en Castellón coa familia. Tiñamos fichado tamén a medio Estradense e mira... Algunha acertará pero crédito pouco. 17 Nov 2021, 09:46 275.49
Hoxe ía saír a defender a franjusto porque hai cousas que non se deben facer e porque os 3 regalos da primeira parte non creo que sexan responsabilidade directa súa. Logo é cando poño a Radio Galega e vexo que non fai falla. É tan fantasma que non lle fai falla capote ningún. Hoxe contra un equipo que vai a estar abaixo arrancamos con 4 centrais puros e o carrileiro esquerdo máis defensivo. Dame pánico cando vaiamos a Avilés con que imos a saír. No descanso fixemos 3 cambios e cambiamos o debuxo. O normal era que nos caerá un saco pero estivemos preto de puntuar. Pasaron varias cousas: Arce (a pesar do mobbing para que abandone o barco e deixe sitio e a pesar de non ter apenas minutos) é moito máis profundo que Germán (non se podía saber). Naveira non encara nin a Florinda Chico. Entra o sevillano e comezamos a facer perigo pola súa banda (non se podía saber). Entra Markitos (un rapaz que xoga co 6) e comenzamos a ter algún peligro máis entre liñas e de paso filtra varios balóns peligrosos (nos somos mais de xogar en horizontal) e arranca un penalty mentres suxeita a 2 defensas e pincha a pelota. Melloramos con Markitos (non se podía saber) Cando cambiamos os 4 centrais que tiñamos no campo e metemos xogadores de ataque fixemos ocasións (o na primeira parte) Tampouco se podía saber. Hoxe tonto de mín pensei que franjusto diría na rolda de prensa que errou co plantexamento de saída (o de sempre, por outra parte). Pois non. Dixo que estabamos ante os mellores xogadores da historia do Arenteiro. Logo miro atrás e penso en Pichi, Víctor Arias, Sobrino, Ney, Santi, Quecho... e hai que acabar mandandoo a tomar polo cu aínda querendo ser diplomático 13 Nov 2021, 19:08 254.12
A mín Palencia gustoume en actitude e proposta pero creo que son serios candidatos a baixar e estarán na nosa pelexa. Marino máis do mesmo. Abaixo xa se empezan a ver cousas e salvo Coruxo que debería ir subindo e Segoviana que penso que tamén xa cada un vai collendo sitio. Non todo é un drama. Mellor que os siareiros do Salamanca estamos (3 goles en 10 partidos) Acabo de ler que se lesionou de certa consideración Héctor. Se a lesión é longa ver a quen lle dan a patada para meter a Pol Bueso. Aposto por Arce, cousa que lamentaría moitísimo. 09 Nov 2021, 17:42 59.19
"Cuando nos pusimos por delante nos pasó un poco lo de siempre. No fuimos capaces de tener posesiones largas, llevar el control del partido y nos metimos un poco atrás y al final eso se paga" https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/adrian-cruz-futbol-va-meterla-dentro/202111082308261079817.html Isto non o di Paco dende a barra do bar escarvando os dentes cun palillo. Isto dio Adrián Cruz, que sabe bastante máis de fútbol ca el. 09 Nov 2021, 10:40 59.19
A franjusto ten que sudarlle moito os collóns o que dicimos aquí entre caña e aceituna. Aquí ninguén lle quitou méritos a franjusto. O pasado está aí. Leva 4 anos dispoñendo de bos mimbres e sempre cumpriu ou superou o obxectivo previsto. Parece unha parvada pero iso non o fixo nin Zidane. Tamén e certo que franjusto carece da flor no cu que ten o galo. Eu o que expoño é o que vexo. 45 minutos moi bos cun estilo "pouco vistoso" para os puristas pero que a mín encántame. E logo, o canguelo, a desfeita ou o que sexa. Dicir que perdimos polo de Eimil (que é un acto reflexo, non un erro) non me vale. O Palencia antes de iso xa tirara 3 corners seguidos e xa nos tiña absolutamente a mercede. Era cuestión de minutos que empatasen. E é lóxico porque 40 minutos metidos na túa área non os aguantas prácticamente nunca. Eu non estou sordo e escoito o que fala a xente ao meu arredor e non é unha manía miña. A percepción xeral dunha parte do público é que o equipo ten 2 caras. Unha que dura ata que fai gol e outra moi distinta cando vai por diante e comeza a botarse atrás (cansancio, orden do mister, o que sexa...) A cara boa é moi boa, tan boa que se lle pode mirar aos ollos a calquera. A cara mala é pésima porque nin se xoga nin se fai por xogar. E van moitos partidos xa co mesmo guión (Salamanca, Leganés, Pontevedra, Langreo, Palencia...) como para que sexa unha casualidade. ¿Ten explicación franjusto a isto? ¿sabe como poñerlle remedio? Da resposta depende o noso futuro na categoría. Se isto é ser un hater pois son un hater 08 Nov 2021, 22:21 59.19
Temos 40 ocasións e marcamos o 1-0 no minuto 88. A outra opción é que convirtamos a primeira que teñamos e a sufir unha hora metidos na nosa área. Por desexo 1-0. Para a quiniela 1-1 08 Nov 2021, 14:03 59.19
Adri Castro é o noso mellor home arriba. Pode pelexar os balóns aéreos, xoga ben de costas e ten máis calidade que Sylla. Non lle mete un gol ao Arco Iris pero acabarán entrando. Para mín ese xogador é básico na dianteira. A mín gustaríame que o seu acompañante fose Markitos. Foi do mellor do final de tempada e veu moi fino do verán. En pretempada foi dos mellores. Logo desapareceu. Franjusto sabera por que. Para mín é o futbolista con maior capacidade de desequilibrar no 1 a 1 do equipo. O ano pasado xogando na media punta facía a maxia moi lonxe da área. Aínda así, gran final. Con Adri fixando dianteiros e Marquitos driblando na frontal da área e non no medio campo a mín o plan gústame. Logo pode ser unha puta merda, pero é a combinación que falta por probar e franjusto parece pasar do tema. Xa se hai pelotas de baixar a Raúl á MP e con Renan e Álex ou Cruz na batuta (entrando Cassio cando faga falla algo máis de contención) eu penso que temos un medio de xugóns. O día que caian un par dos mencionados xa podemos ir tramitando a inscripción en 3 RFEF. Si a reserva baixa o nivel e por riba non os tes en dinámica de equipo porque xogan 10 minutos cada 15 días... E por moito que baixe o nivel (que non penso que o baixen tantísimo) o que che dan de osíxeno seguro que mellora o que se quitan de fútbol. O equipo é durante 45 minutos do mellor da Liga. Hai que facer algo. Se o equipo se desfonda haberá que plantear os partidos a 90 minutos ou facer cambios. Se o equipo marca e se bota atrás haberá que pedirlles que non dubiden e sigan co plan. Seguro que hai moitas solucións posibles e que hai entrenadores de sobra en Galicia que ven o que falla (eso vémolo case todos) e que teñen solucións. Eu a franjusto non lle podo dar o aprobado. Encántame a proposta inicial do equipo e como empequenece a calquer rival, pero cando pasa o arreón ten que haber resposta dende o banco e non se move nada. 08 Nov 2021, 13:58 80.19