Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Galgu é do Estradense seica. Alí están tranquilos que a tempada vai rodada e con algo de sorte para o ano aforrar viaxar ao Barco e volven a disfrutar do derbi contra o Estudiantil. Eu a 2 RFEF estouna disfrutando bastante. Veñen equipos que non coñece nin Cristo (nunca mellor dito) pero con un nivel que non é o da 3 RFEF nin parecido. Hai que desfrutar o que dure, que ten pinta que sexa este ano. 07 Nov 2021, 11:23 80.19
Ah. E vimos a Markitos que pensei que xa lle derán a baixa para meter a un señor de pelo branco que sae nos vídeos dos entrenamentos pero que aínda non sabemos quen é. 06 Nov 2021, 19:36 80.19
Dentro do malo do resultado hoxe todo son boas novas. Vimos un cambio no minuto 60 (10 minutos antes do previsto) Vimos unha liña de catro (xogando con 10 pero algo é algo) E sobre todo vimos ao fútbol facer xustiza por unha vez. O Arenteiro é o equipo máis cobarde da categoría cada vez que toma vantaxe. Hoxe veu mexar por nos un equipo que home a home está máis preto da 3 RFEF que da 2 RFEF. Nunca renunciou ao fútbol nin cando se viu sobrepasado, sempre saiu xogando co balón, sempre xogou con polo menos 3 futbolistas no noso campo para recuperar e transitar rápido cara porta e aínda gañando foi a polo terceiro. A mín xa non me vale o discurso de "perdonamos". Da igual as que perdonemos. O noso problema é que ás veces marcamos algún gol e aí se acaba todo. Queixábase o personal "é que con 10..." Alguén se imaxina como sería o partido se os que estivesemos con un máis e gañando fosemos nos?¿? O mesmo seguro. Plantilla para salvarse e actitude de Preferente e non o digo polos futbolistas aos que eu non lles podo recriminar nada. Hoxe menos xente en Espiñedo. Ven o frío, hai fútbol, e o que se ve no verde é o mesmo de todas as semanas. 45 minutos colgados do longueiro (unhas veces empatamos, outras empatamos e hoxe por fin pasou o que soe pasar cando se xoga así) Ten pinta que Palencia e Arenteiro poden ser 2 dos 5 que baixen este ano. Eu se baixo preferiría baixar xogando como os de morado. 06 Nov 2021, 19:12 273.89
Para estar nos postos altos da clasificación (ou nos medios) hai que gañar algún partido. Empatar serve de moi pouco se non se van gañando partidos. En 9 partidos levamos 3 derrotas menos que o Coruxo e téñennos a tiro de pedra. Levamos os mesmos empates que o Compos. Nos estamos en descenso e eles de segundos. O que suma son as victorias. O empate é un mal menor que solo debería darse por válido cando demostramos ser peores que o rival. Polas declaracións do míster case sempre é un bo resultado. A ver que tal contra o Palencia. Os partidos que lles vin parecéronme peores ca nos. Espero que en Espiñedo non nos sirva tamén outro empate. 03 Nov 2021, 18:27 80.19
Fáltanlle defensas. Hoxe miraba para o banco e solo veia dianteiros e subeulle o ácido úrico. 30 Oct 2021, 19:07 10.90
Jugándose el sábado desde las 16:15 30 Oct 2021, 16:59 10.90
De entrada nin tan mal un empate nas Eiroas. Si logo se fai valer na casa contra Marino e Palencia Cristo... 28 Oct 2021, 16:47 79.88
Eu penso que o obxectivo que se lles pode esixir é a permanencia. A miña crítica é a un aspecto concreto dos partidos. Eu xa dixen que os puntos que levamos son menos que os que merecemos e que competimos en todos os partidos. Tamén que este equipo ten a virtude de convertir ao rival nun equipo mediocre. Vin onte o Móstoles co Marino e parecían outros. O mesmo o Compostela perdendo tempo no Carballiño como non fixo noutro lado. Pero frente a esas virtudes hai un defecto. E vexo que non o percibo eu solo. Cando nos poñemos por diante ou cando estamos sendo superiores chega un momento que acabamos dando un paso atrás grande e perdemos moito do feito ata o momento. Langreo, Pontevedra, onte... Eu entendo que pola maneira que ten o equipo de xogar con esa intensidade e presión que asfixia ao rival o normal nas segundas partes é baixar o nivel porque o corpo acaba perdendo fuelle, tamén son consciente que moitas veces o partido chegou aberto ao final pola malísima sorte de cara ao gol que estamos tendo (o de Renan e Sylla o outro día xa non é falta de definición, é malísima sorte...) pero, como di JonDillinger aí hai un debe grande. Cando te botan tas atrás durante tanto tempo o normal é que che acaben empatando o partido, aínda que non teñan nada especial. Tampouco é que sexamos nos, o sábado a sensación xeral que percibín é que a xente saía aliviada do campo co pitido final cando fomos realmente moi superiores ao rival durante 60 minutos. 25 Oct 2021, 11:27 10.90
Primeira media hora de partido moi boa. Temos xente q ten mellor perfil para xogar á pelota que para correr detrás de ela: Álex, Cruz, Raul Blanco... Pódese xogar ben ao fútbol e pasarlle por riba ao rival e hoxe demostrouse. Solo a mala sorte impediu un resultado máis favorable ao descanso. Pero, coma sempre, cando o partido está a favor e avanza a segunda metade, chega o cagancho. Contra un rival de perfil moi baixo e nula creación botámonos atrás a defender 40 minutos. O último que tes q facer contra un equipo que únicamente destaca polo poderío físico é afundirte e permitirlles que te arrinconen atrás a pelotazos. Pois, unha vez máis, a pedir a hora. Os xogadores celebrando a victoria como se fose a final de Champions. Parece tontería pero é normal. Nin eles mesmos se deben crer que puideran aguantar a portería a 0 concedéndolle ao rival un asedio. ¿Que sentido ten meter a 2 dianteiros de refresco e pedirlles q defendan en propio campo? 23 Oct 2021, 22:40 10.89
Hai que facer bo o empate con outro empatiño na casa. 18 Oct 2021, 11:58 79.87
Máximo respeto e admiración aos siareiros que onte se meteron 12 horas de autobús para padecer o bodrio futbolístico perpetrado por Móstoles e Arenteiro no municipal de El Soto. Cando dous equipos saen coa idea de que un empate non é mal resultado o normal é que empaten a todo. Moi pouco fútbol e menos ambición. Da a sensación de que o Móstoles nin quere nin pode (salvo os 10 minutos finais de vergoña torera onde inquietaron algo). O Arenteiro algo máis parece poder. Querer non sei si quere. A sensación que me deron as imaxes de footers é que cando o Arenteiro deixou de dar pases en diagonal entre os centrais e patadóns ao aire de Diego, subiu algo as liñas e se puxeron a xogar Alex, Cruz, Renan e cía, o Móstoles recuou totalmente. Eles non deron 3 pases con xeito en todo o partido ( e iso sí que é merito verde o facer q cada rival co q xogamos pareza unha podremia de equipo). Un punto na casa non é mala cousa. A sensación de todas formas é que eramos mellores e eles tampouco fixeron moito por ir a polo partido. Xa veremos se a base de empates nos vale para salvarse en esta liga tan igualada. 18 Oct 2021, 11:57 79.87
Home Galgu. Eu non sei de onde ven a xente. O que sei é que este ano o campo está máis cheo que estaba na terceira. E cando estabamos na terceira estaba máis cheo que cando xogabamos na preferente. De onde veñen a mín impórtame pouco. Gústame ver o campo cheo. Co Estradense levamos moitos anos coincidindo en terceira e preferente e asegúroche que nunca desplazaron o que desplazou o outro día o Compostela. 14 Oct 2021, 11:31 79.87
Baixan 5 seguro. O mellor sexto pola cola dos 5 grupos sálvase. Os outros 4 sextos pola cola xogan a un partido en sede neutral. Os que perdan ese partido tamén baixan. Polo tanto en 3 grupos baixan 5 e en 2 grupos chegarán a baixar 6. Vexo ao personal moi convencido de que non baixa ningún galego pero a pouco que a cousa se de mal pode haber un sindiós de arrastres. Eu non teño nada claro q non vaia a baixar algún dos q ti dis. 13 Oct 2021, 12:53 79.87
Comenzamos unha nova xeira de partidos penso que da nosa liga: Móstoles, Leganés, Bergan, Palencia, Marino e Llanera. No meu parecer ningún destes equipos vai a estar entre os 7 ou 8 primeiros. Logo de tutear a Pontevedra, Salamanca e Compos parece lóxico pensar que deberíamos ascender na clasificación despois de enfrentarnos contra estos equipos. Vista a experiencia do que vai de liga e do ano pasado (atragántanse os máis débiles) xa non sei que esperar. Polo que vin do Móstoles é un equipo batible. Se nos estamos mal atrás eles están peor. Teñen un tronco arriba que igual nos fai sudar. 13 Oct 2021, 11:43 549.60
Día grande de fútbol en Carballiño. Poucas veces se viu Espiñedo igual. Notas positivas: É a primeira vez no que vai de tempada que o Compostela bota media hora pedindo a hora. E xa xogaron en Pasarón. Iso solo pode ser mérito do equipo. Somos un dolor de muelas permanente para os rivais. O Compos, que adoita a manexar ben os partidos, nunca estivo cómodo e xogando ao que sabe. Na segunda parte onte sí vin un equipo que quería os 3 puntos e non lle valía o empate. É o camiño. Negativas: Seguimos frouxos na defensa. En todos os partidos cometemos algún erro que nos custa caro. A maioría dos goles recibidos ata o de agora son demérito noso. Preocúpame que en ocasións os erros veñen de dúbidas entre compañeiros (vai ti, vou eu) Nun equipo novo pódese entender. Aquí a maioría levan 2 anos como mínimo xuntos e suponse unha maior compenetración. 11 Oct 2021, 10:52 79.52
Coño era kurdo, pensaba que era arameo. Yo creo que es una indirecta para que hablemos castellano. Por mi parte lo voy a intentar aunque como me imponen el gallego en la escuela reconozco que me va a costar. 07 Oct 2021, 17:59 10.89
Pois chega o Compostela. Polo que lles levo visto hai pouco cambio no xogo en relación co ano pasado. Posiblemente perderan algo de calidade pero futbolísticamente segue a ser un dos equipos máis disfrutables da categoría. En principio supoño que virán a mandar. Haberá que ver si optamos por discutirlles a pelota ou nos metemos na cueva e a correr todo o partido detrás da pelota. Si optamos polo segundo espero que os cambios de refresco se fagan antes do minuto 70, que logo pasa o que pasa. Pinta ambientazo en Espiñedo. Xa sei de uns cantos picheleiros que estarán no Templo. 06 Oct 2021, 12:10 78.19
Na liña dos partidos anteriores. Onte volvéronse a cometer dous erros defensivos graves na saída do balón. En defensa perfectos, pero hai que correxir esas perdas. A diferencia con outras veces é que, desta, non nos vacunaron. Arriba séguenos a faltar tranquilidade no último pase e definición. Aínda así onte Adri estivo moito máis participativo e a dupla con Joni incomodou ao rival todo o partido. Joseca leva o mérito da xogada do gol pero eu quédome tamén deste partido coa defensa de Naveira e as axudas de Vitra para parar a un Barry que parecía do máis desequilibrante deles. A mín o Salamanca nin fu nin fa. Posiblemente mérito do Arenteiro. 27 Sep 2021, 11:14 75.60
En principio o Pontevedra debería gañar ao seu filial. Ollo cos xóvenes Álex e Cruz que terán gañas de reivindicarse. 27 Sep 2021, 10:04 55.34
O ano pasado os mellores partidos foron contra os equipos de máis entidade. A ver si este ano se repite porque empezan as curvas despois de 3 partidos a priori un pouco máis asequibles. Importantísimo que a zaga gañe en seguridade porque o ano pasado foi capital no éxito e este ano, tanto en pretempada como en Liga, cometéronse erros que custan puntos. Na dianteira a mín a proposta de xogar con un 9 de referencia e acompañalo de un xogador máis técnico como Raul ou como podería ser Markitos gústame (sempre e cando non se faga nun campo como o do Ceares). Agora hai que meter as que se xeneran. A parte boa é que estamos a 1 punto da salvación e parece que xa baixou o equipo da nube despois de empatarlle na pretampada aos suplentes do Racing e do Deportivo. Canto antes saibamos onde estamos, mellor. 20 Sep 2021, 10:30 73.26