| Pesule. A subvención para o campo está concedida pero non está gastada. Ao ser un campo municipal as obras tíñaas que executar o Concello e, por un problema de plazos coa licitación das obras, non se podía ter o campo listo ata ben comezada a Liga. Por iso se pospuxeron ata este verán (a ver se non hai problemas cos plazos de execución das obras subvencionadas) O que hai agora é a mesma merda do ano pasado pero, como aínda choveu pouco, aguanta algo.
Eu coas obras do Couto teño pouco que opinar. A ese estadio fanlle falta reformas urxentes polo menos en Tribuna, o céspede da tamén moito noxo. A mín que se gasten 2 millóns de euros en arranxar o campo da capital da provincia, onde xogan 2 equipos (3 cando veña o Internacional Dorense) e onde ademáis se celebran partidos provinciais paréceme correcto. Incluso se fan un campo novo, máis moderno e funcional gastando o triple, me parecería ben. É xusto.
A mín o que non me gusta son os dobles raseiros á hora de opinar. Claro que ao Couto lle fan moita falla as reformas. Tamén llas fan a Espiñedo. Somos o primeiro equipo da provincia e imos por aí adiante dando que dicir co campo, a iluminación é coma a da miña casa... Cando papamos Preferente e Autonómica a muerte respondimos bastante. Creo que merecemos un campo no que polo menos non se manque nadie e creo que non estamos roubando a ninguén con esa subvención (recordo que costou máis arranxar o campo do Salamonde). A mín que se diga de nos que somos un equipo fantasma aupado pola Deputación como o Bande moléstame cando rondamos os 1000 socios e case calquera negocio da vila pon o que pode (incluso na Autonómica)
Un céspede novo é o mínimo que poderíamos pedir. 200 mil euros contra 2,5 millóns. ¿Que teriamos que dicir nos?
|
16 Sep 2021, 19:52 |
10.89 |
1 |
0 |
+info
|
| Non sabía. Un abrazo moi forte ao fillo do electricista, que é un crack. A veces dámoslle caña porque aquí se concentra o sector crítico da afección de CDA pero o certo é que vai mellorando pouco a pouco e collendo ideas de outros CM's máis curtidos. A ver si co que cobramos de Abanca nos da para mandalo a facer un curso co CM do Puente Orense que, para mín, é unha das referencias.
Espero que o que aquí se di se tome con cautela. Realmente o sentir xeral creo que é de agradecemento e confianza a esta directiva que o está facendo moi ben e nos está poñendo onde poucas veces estivemos. Pero hai que dar algo de gas de vez en cando para non durmirse. E logo están as filias e fobias de cada un. E a miña con franjusto e os seus xestiños cara a grada aínda está en fase de superación. O que non quita o enorme mérito do acadado tanto aquí como en Ourense onde leva 4 anos cumplindo os obxectivos marcados. |
07 Sep 2021, 18:20 |
70.62 |
2 |
0 |
+info
|
| A ver si contra o Langreo deixamos de especular e nos adicamos a ir polo partido polo menos media horiña. Non me creo que con xente como Alex, Renan, Cruz ou Blanco no medio campo non se poidan dar 2 pases seguidos sen mandarlle un pelotazo a Sylla.
Veremos que tal aguanta Espiñedo esta semana de choivas tamén. |
06 Sep 2021, 13:11 |
70.62 |
2 |
0 |
+info
|
| Chupamos da nosa medicina. O Arosa aproveitou unha das 2 que tivo para marcar e neutralizounos perfectamente a base de moita intensidade, perdas de tempo e acumulación de xente por detrás do balón. O mesmo que fixemos nós moitas veces.
Ainda así puidemos pescar algo co poste de Joni e o remate en boca de gol de Sobrido. A ver que tal contra o Langreo o próximo domingo. Ata a expulsión o Bergantiños someteunos ben pero logo gañaron fácil. |
04 Sep 2021, 22:40 |
257.94 |
3 |
0 |
+info
|
| Imos a sufrir, como van a sufrir case todos os equipos. Seis posibles descensos son unha burrada,
Este ano é unha competición máis longa pero é importante empezar ben. Hai que aproveitar a inercia dun equipo xa feito e conxuntado e dunha boa pretempada. Coincide ademáis que o calendario inicial é benévolo (Arosa, Langreo, Ceares e Palencia penso que serán da nosa liga) Se na cuarta xornada nos vemos na zona media-alta a tranquilidade vai a ser outra.
Vexo moito optimismo pola pretempada. Son amistosos. O de verdade comeza agora e hai equipos que veñen de 3ª coma nós pero con obxectivos de ascenso como Ximnástica e Avilés que penso que van a estar arriba. Os madrileños, reforzos aparte, suben do grupo máis difícil da categoría e teñen á súa disposición miles de xogadores. O Leganés, como filial, será imprevisible.
Eu penso que hai equipo para salvarse e, si as lesións nos respetan, estaremos en metade de táboa. Pero vai haber que sudar e facer ben as cousas. |
03 Sep 2021, 11:41 |
69.42 |
2 |
0 |
+info
|
| Son as entradas que reservan para os socios do Arenteiro cuxa venta xestionará o Arenteiro.
Non sei o aforo que está autorizado nin os socios que ten o Arosa pero tendo en conta que a Lomba é un campo grande supoño que será posible compralas na taquilla. Pero non o sei seguro.
|
02 Sep 2021, 14:29 |
69.42 |
2 |
0 |
+info
|
| A mín Vesprini non me gusta moito pero mellor opción que Pol Bueso sí que me parece. Sólo temos 20 fichas. Si fichamos a Pol temos que dar de baixa unha ficha senior polo que seguimos con 20 xogadores. Vestimos a defensa para desvestir outra zona do campo.
A ver que pasa. É probable que nin haxa movementos. |
31 Ago 2021, 11:47 |
69.42 |
2 |
0 |
+info
|
| Sí. |
30 Ago 2021, 13:54 |
69.42 |
2 |
0 |
+info
|
| Eu suscribinme onte para ver o Depor - Celta B e pensei que estaría peor. Boa imaxe, boas cámaras e bos comentarios (Yago Iglesias). Ademáis, ningún corte nin parón.
Sei que o sábado sí que houbo moitas críticas por como ía a plataforma. |
30 Ago 2021, 11:47 |
69.42 |
2 |
0 |
+info
|
| Sí que se van a ver. Os equipos galegos venderon os dereitos á TVG polo que pode emitir os partidos que xogen como locais. Ademáis, salvo cambio de última hora, ao non poder dar a 1 RFEF a TVG debería dar exclusivamente 2 RFEF e 3 RFEF. |
28 Ago 2021, 22:50 |
69.42 |
2 |
0 |
+info
|
| Pois queda unha dianteira coxa. Franjusto sempre xoga con 2 dianteiros. A dupla Adri Castro - Sylla é bastante top pero como se lesione para tempo algún dos 2.... Joni é un xogador moi aproveitable pero non sei si como 9 titular nos dará grandes cifras de gol. Supoño que Markitos podería xogar tamén en punta pero non sei...
Si se vai Sobrido, que o dubido, fai falla un dianteiro e segue faltando un central. |
25 Ago 2021, 10:46 |
999.99 |
3 |
0 |
+info
|
| Raúl Blanco, novo xogador. Quedo frío con esta fichaxe. A ver se o ADN Juncal se ve por algún lado. |
25 Ago 2021, 10:30 |
999.99 |
3 |
0 |
+info
|
| Pikachu deixa de meter merda. A UDO non colle diñeiro do contribuinte. |
22 Jun 2021, 18:12 |
-228.72 |
2 |
2 |
+info
|
| Malas novas para a Preferente.
Para o ano que ven non será seguro ir cos nenos ao fútbol. |
20 Jun 2021, 20:24 |
-43.76 |
2 |
2 |
+info
|
| Como me coñece pesule.
Eu xa votaba a Baltar cando nos repartía leite de Loureiro e fluor para os dentes na escola.
Baltarista desde xikitito. |
09 Jun 2021, 15:08 |
363.20 |
3 |
0 |
+info
|
| Do Arenteiro hai tempo de sobra para falar.
Agora o importante é a comedia da UDO. ¿Cal será a conspiranoia desta semana? O Puente xa se ve que son xente seria e sigue competindo. Esa xa non vale.
Non me quero nin imaxinar que empaten este finde o Arzúa e o Puente e gañe o Barco. Coa ameaza de biscotto enriba da mesa o que se pode escribir aquí ten que ser pura ciencia ficción. |
09 Jun 2021, 10:02 |
304.15 |
3 |
1 |
+info
|
| Moitas felicidades pola Asemblea.
Poderedes seguir sendo durante anos un club popular, concretamente un clube Partido Popular. |
26 May 2021, 12:42 |
10.89 |
1 |
0 |
+info
|
| Por certo, Amorebieta é unha poboación industrial da Área Metropolitana de Bilbao. O único parecido entre as dúas poboacións é que ambas teñen unha "b" no seu nome. |
23 May 2021, 13:33 |
38.90 |
2 |
0 |
+info
|
| Non acaba a tempada sin que algunha viudita do CDO afirme que o Arenteiro ten máis presuposto que o Celta.
Verémolo |
23 May 2021, 13:30 |
38.90 |
2 |
0 |
+info
|
| Ningún atractivo. Penso que os 3 ou 4 mellores da 3 RFEF do ano que ven gañarían de calle a 2 RFEF. |
20 May 2021, 00:19 |
10.89 |
1 |
0 |
+info
|