Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
O partido máis importante do que queda de 2022. Desgraciadamente, para este, colleremos todos en Tribuna (aka Zona 2) 12 Dic 2022, 16:40 10.90
Eu milito no barco do Arenteiro, non no barco de franjusto. Así que ao exilio voltarán os que se baixen do carro cando veñan mal dadas. Estou agora, estiven nos anos pola preferente e autonómica e estarei no futuro onde toque. E seguirei dando a miña opinión, por suposto. Ao que non lle guste, que se rasque 31 Oct 2022, 12:45 10.90
Aquí un crítico feroz dos que pediu a cabeza de franjusto en novembro do ano pasado. Nas mesmas condicións, volvería a pedila. Ao que están facendo esta tempada non me atrevo a poñerlle adxectivos porque probablemente me quede curto. Moi contento co rendemento do equipo, co fútbol que se proxecta e coas novas incorporacións. Como ves, roblecito, todos cambiamos. E o primeiro en cambiar foi franjusto. Non teñen nada que ver os plantexamentos timoratos do primeiro ano e medio, previsibles e q aburrían ás ovellas, co que se empezou a facer despois das navidades do 2021. 31 Oct 2022, 10:50 10.90
Vinlles o partido enteiro contra o Puente e anaquiños contra o Bergantiños e gustáronme bastante. E son filial pero moi filial porque algún dos cracks non ten 18 anos. Partido atrainte. A ver se sabemos impor a veteranía coma nestes partidos. 25 Oct 2022, 18:28 10.90
Difícil de mellorar as prestacións deste equipo. Postos de playoff en Liga e cuartos da copa RFEF. E a sensación é que o mellor está por vir porque este rendemento estase a dar nunha situación pouco favorable: xogando cada 3 días, con moitísimos lesionados e unha plantilla curta, cun calendario non especialmente sinxelo con Coruxo e Avilés e con xogadores que se presumen importantes como Conde e Cruz sen debutar. 10 Oct 2022, 10:57 10.90
Volvemos ao Templo 19 Sep 2022, 12:57 10.90
Penso que non. A Gimnástica creo que non ten acordo co novo sucedáneo de footers e a autonómica cántabra non o bota. Estamos moi mal acostumados pero vai haber que voltar a tirar de Galicia en Goles. 15 Sep 2022, 10:13 10.90
A mín polo que me contan a Gimnástica ten por obxectivo a permanencia así que hai que ir a polos 3 puntos. A pesar da pequena decepción deste domingo a mín este ano o equipo estame gustando. Xa probamos a Compos, Coruxo e Bergan e non me parece que foramos peores que ningún deles. Sí me sorprendeu un pouco o baixonazo físico da 2ª parte do Couto cando a Compos e Coruxo lle pasamos por riba como avións. A ver si Conde e Cruz retornan pronto porque na media Álex e Romay sofren para manter o nivel físico os 90 minutos. Ese medio campo: Alex, Curro e Romay son o mellor medio campo que recordo por estes lares (non me ten sitio nin Zanelli ahí) pero necesita certo refresco q o outro día non tivo. Pareceume que cando marcou o Bergan ía entrar Germán (non sei se para meter 5 defensas ou para subir a Vitra a reforzar a media) Se cadra o único debe foi non facelo antes pero pouca alternativa había. Os 3 tíos que meteu Lemos no descanso cambiaron bastante o escenario. De momento plena confianza no que vexo. É certo q a plantilla é curta e estaremos máis expostos a lesións pero en global parece un paso adiante. E sobre o céspede xa se veu bo fútbol. Ao contrario que o ano pasado o equipo parece menos reservón e solo se botou atrás contra o Bergan e penso que máis por unha cuestión física que por un convencemento de botarse deliberadamente atrás. 13 Sep 2022, 11:15 81.09
A ver se alguén me sabe responder ¿Xogamos no Couto pq é a primeira opción ou baralláronse outras e non quedou máis remedio que xogar alí? Lalín está á mesma distancia e penso que teñen céspede artificial recién estrenado. Xa na provincia, A Regueiriña, o campo do Antela... É que non ten moito sentido ir a xogar ao Couto. Xa non é por nos únicamente, é que, ademáis, perxudicamos aos usuarios habituais do campo. 06 Sep 2022, 13:26 10.90
En canto ao malestar dos afeccionados do Coruxo: eles polo menos puideron ver o partido, nos en Fragoselo non. Esta directiva a veces comete erros (o día do Pontevedra) pero non se lle pode negar que escoitan as críticas e poñen os medios para non repetilos. Moi bo ambiente o outro día. Cada día máis xuventude que realmente é aos que hai que enganchar se queremos que medre a afección. 26 Abr 2022, 12:21 237.92
Non hai medo. Nos temos ao señor ese de pelo blanco que fichamos en decembro que domina como ninguén o xogo aéreo. Poderiamos meter centímetros incorporando a Vitra pero eu personalmente prefiro a Germán. Polo que lle levo visto ao Adarve o problema non é sólo físico. Teñen unha capacidade para recuperar e plantarse na área en décimas, e logo perdoan máis ben pouco. Temos o exemplo da ida onde estivemos ben en defensa e no único erro castigáronnos cunha definición perfecta. Moito falar de Charles, Rufo pero a capacidade de definir da dupla Montejo, Portero ojito... Eu penso que iremos alí co plan das últimas saídas. Neste caso posiblemente nos favoreza a ansiedade do Adarve que necesita sí ou sí gañar para seguir optando polo ascenso directo. Para nos un empate é a permanencia e si xa noutros partidos xogamos a iso, o sábado con máis razón. 26 Abr 2022, 12:15 10.90
Todo o que sexa facer de Espiñedo unha caldeira está ben feito. Tampouco creo que sexa comparable o aspecto que presenta o noso campo regularmente con outros campos nos que regalando entradas non xuntan un 10% da súa capacidade. A mellor campaña é seguir xogando na casa como se está a facer últimamente e non lle ter medo a ningúen. Se a maiores conseguimos con algunha axuda aumentar a presencia de xente nova mellor, que os vellos xa estamos moi vistos e iremos morrendo pouco a pouco. E ainda que polo que leo en twitter parece que o de xogar a Copa na casa non serviu de nada eu sí que notei un pequeno incremento de público dende aqueles partidos e penso que foi a mellor campaña que se puido facer ata o de agora. 22 Abr 2022, 10:48 10.90
Di Álex Fernández que fan falla 44 puntos. Claves os partidos na casa que é onde o equipo mostra mellor cara. Coruxo é posiblemente con Palencia o equipo que mellor xoga ao fútbol da categoría así que non será sinxelo. Naval esperemos que chegue cos deberes feitos e non xogándose o primeiro posto. Hai que salvarse na casa. Adarve fora e xogándose o ascenso é un óso e Avilés máis do mesmo. 21 Abr 2022, 14:01 10.90
Metímonos moi pronto atrás. Penso que se botou moito en falta onte a Alex para ter algo máis a pelota. Aínda así o equipo defendeu ben e escapousenos na derradeira xogada. Outra vez un equipo que xera e anota moito como o Palencia que acaba por parecer un equipo ramplón. Faltan 6 ou 7 puntos e chégase antes a eles gañando que empatando. Marino e Llanera son chaves. Dúas victorias é a permanencia e coido que é factible. Hai que ir a por elas que o que ven despois son palabras maiores. Por certo ¿qué sabemos de Pibe? Anda tocado ¿non? 28 Mar 2022, 10:28 10.90
Algo pasa con Markitos. Penso que en xaneiro xa lle quixeron ensinar a porta de saída. Eu non sei como de grave é o asunto. O que está claro é que, ou o botas ou, si te quedas con el, tes que darlle moitos máis minutos. Cada vez que toca o balón inventa algo. En partidos nos que imos a ter a posesión ten que xogar porque é puro fútbol. Evidentemente hai outras situacións de partido (como a segunda parte do sábado) nas que sobra no campo porque non é un futbolista para facer certo tipo de funcións (e non creo que o fose aínda que entrenase como o que máis) Sigo pensando que é un xogador que rendiría mellor como segundo punta, máis centrado e máis descargado de traballo que cando xoga na banda esquerda. Non ten velocidade para desbordar na banda e a súa capacidade para filtrar balóns funcionaría mellor centrado ou a banda cambiada. E, aínda así, cando temos o balón, é un perigo absoluto para o rival. Se hai un xogador polo que penso que merece a pena loitar para que sente a cabeza é este, e tampouco creo que negarlle minutos o axude. A ver si a base de pau e zanahoria se consagra, e non solo a base de paus. Próximo partido Palencia. O mellor equipo que pisou Espiñedo co permiso do Pontevedra. Non creo que home por home sexan das mellores plantillas da categoría pero teñen un plan e execútano á perfección. Os próximos 9 puntos son clave (Palencia-Marino-Llanera) Firmando 6 ímonos a 41 e a salvación debería estar entre 42-44. É importante sair con ela medio feita desta xeira porque temos un treito con Segoviana-Naval-Coruxo e Adarve que vai a ser máis duro. Hoxe miramos máis cerca a promoción de ascenso que o descenso. Eu non me fiaría. 21 Mar 2022, 13:12 81.09
Encaramos o momento clave da tempada en boa dinámica. Despois do cambio de sistema e as novas fichaxes o equipo carbura. Cuartos na segunda volta. A pena é que riváis directos como Llanera, ou Marino tamén están facendo unha boa segunda volta. Estos próximos partidos son claves e hai que tentar sumar o máximo. A reacción dos equipos da cola o que fixo é comprimir a clasificación e meter en risco a moitos equipos que respiraban hai semanas. Agora mesmo a +5 e -5 do descenso hai 11 equipos que loitarán por evitar 4 postos de descenso máis un de promoción. Preocúpame que vexo a Álex que non parece físicamente ao 100% e é vital e a dianteira. Como nota positiva parece que o equipo agora reponse máis é mellor aos golpes. Reacionou ao infortunio contra o Móstoles con solvencia e repúxose moi ben contra o Lega cando peor pintaba o partido (pouca posesión e vento en contra) Vai ser duro pero pinta mellor que hai 2 meses. 14 Mar 2022, 13:54 81.09
En Móstoles fomos mellores e sólo a falta de puntería e o conformismo do último cuarto de hora nos evitou sumar de 3. Dito isto felicitar ao Móstoles polos 3 puntos que sumará en Espiñedo. Outra vez un árbitro asturiano cando hai 5 equipos asturianos directísimamente implicados no descenso. Non creo que faga falla recordar o que fixo o grandísimo fillo de puta que mandaron a última vez. 04 Mar 2022, 09:50 10.90
Os que vaiades a San Lázaro acordádevos de dúas cousas. Levar prismáticos para mirar o fútbol e ir ben duchados que, seguramente, vos queiran volver a dar polo cu. O Compostela non hai moito que ven de atracar a todo un Pontevedra. Irse poñendo no peor. 21 Feb 2022, 11:56 36.51
Pouco que facer. O Pontevedra é o mellor equipo da categoría de longo. Se o partido, ademáis, se lle pon de cara, pois pasan estas cousas. A mín a entrada píllame diante das narices e, sen vela repetida, penso que é unha expulsión moi, moi barata. Hai que ter moi claro o cartón vermello para sacalo e cargarte un partido deste xeito. A sensación era que o Pontevedra estaba sendo bastante mellor pero quedaba moito por xogar... Hoxe Espiñedo estaba precioso e penso que ningunha das dúas afeccións merecía que lles privasen de unha bonita tarde de fútbol. Agora o máis importante de todo é recuperarse deste golpe e, sobre todo, cruzar os dedos para que o do bo de Uxío quede nunha distensión ou en algo menor. Non ten pinta. Unha mágoa porque o rapaz caera de pé entre a xente. 20 Feb 2022, 21:23 80.40
Una vez repartidos os carnets de bo e mal afeccionado por Osdopulpo vou a dar a miña opinión de mal afeccionado. Veñen posiblemente os 2 partidos máis complicados da tempada. Mañá ven o gran trasatlántico da categoría a Espiñedo (non sólo deportivamente) e logo toca ir a Santiago contra un Compos que na casa domina aínda que lle está costando pechar os partidos. Este cambio de aires e a xeira de 5 últimos partidos positiva vannos a permitir estar na pomada ainda perdendo os dous partidos (que algo espero que rasquemos) A clave vai a ser o que ven despois. Unha serie de partidos ante rivais que non teñen máis nivel ca nos. Na primeira volta ese enlazado foi desastroso e explica en boa parte onde estamos. Si na segunda volta saimos ben do encadenado Mostoles, Leganés, Palencia, Bergan, e Marino temos moito gañado. Se volvemos a sumar 5 puntos imos para o carallo. A mín Móstoles non me di nada e vinlle moitos partidos. Na primeira volta non nos pasaban o medio campo e firmamos o empate, Leganés sí parece estar ben, Palencia é o equipo que máis me leva gustado pero home por home somos mellores e Bergan e Marino son partidos que se poden gañar. Co permiso de roblecito súbome ao carro franjusto se hai sitio para os malos afeccionados 19 Feb 2022, 12:21 80.40