Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Home Galgu, o Lalín dubido que descendese porque o Arenteiro fixo o seu traballo no último partido. Algo terían que ver os outros 37 partidos... Eu sigo desexándolle o mellor ao Lalín. Para nos realmente é o gran rival histórico. Nin CD Ourense (co que máis alá dos partidos de Copa do Rei e algún ano en liga pouco coincidimos) nin CD Barco (moitísimos anos xuntos pero tan lonxe de nos...) nin moito menos o enxendro do barrio do Puente... O noso gran rival sempre foi o Lalín (compartimos os dous anos nosos na 2B, moitísimos anos na terceira, a Preferente...) Saltaban chispas pero o ambiente de derby era absoluto. Por min oxalá volvamos a estar xuntos e non creo que a xente de aquí pense o contrario. A culpa de que o Lalín baixase a primeira non a temos nos. E a culpa de que sigades xogando "contra as aldeas" (coma ti dis) tampouco. Algo estaredes facendo mal. 27 Ene 2020, 21:02 61.90
Pois eu desexo que o Lalín volte á terceira. Moitos partidos recordo ir de neno a ver a ese campo, contra o Arenteiro e contra outros equipos. E algún xogador histórico do noso clube como Cerreda ou Castor xogaron para vos. Tamén xogou alí Ney, que para mín foi o mellor xogador que ten pisado Espiñedo de verde nos últimos 40 anos. 27 Ene 2020, 20:00 47.81
Bueno. Pois empeza a semana decisiva. Do que fagamos esta semana vai a depender si nos salvamos con certa suficiencia ou temos que sufrir ata o final. De momento demos 3 baixas que parece que van a ser 4 (e parece que as 4 para reforzar a rivais directos) e ningunha alta. Con Wadir, Jony e Javi Rey como xogadores puramente atacantes vamos moi xustos. Non quero ser pesimista pero como algún deses pepinos polos que se está a esperar cambie de opinión aínda vai a ter que comprar unhas botas Gelucho. 27 Ene 2020, 10:16 10.98
Xa se fixo así o ano pasado. Que non che extrañe, 26 Ene 2020, 20:08 10.98
O mellor o resultado. Faltan efectivos e nótase. O campo absolutamente vergonzoso. É indigno xogar aí a calquera cousa que se chame deporte. Eu pensaríame o de Barbantes. Xa non é solo porqur non creo que nos beneficie. E que se vai a rematar mancando alguén. 26 Ene 2020, 19:23 10.98
Agardemos que non sexa en Espiñedo o día que esperta a besta. Sabese algo de Emilio, Fajardo, Padrón ou Javi Rey? Recuperamos a algún? 23 Ene 2020, 10:22 10.98
E a anterior. Tiña bastante gol para non ser dianteiro centro e escollía moi ben os momentos. Baixa moi importante polo que representa afectivamente para moitos. O certo é que para Gelucho contaba pouco e o xusto, si el quixo, era deixalo ir. Moitas grazas por todo. Por outra banda. Van 3 saídas e 0 entradas. Seica esperamos por alguén... Quero crer que hai plan B e non nos vai a pasar o do ano pasado. Agora sí necesitamos mínimo un futbolista máis. 21 Ene 2020, 09:31 10.98
Gelucho estratega 20 Ene 2020, 14:06 10.98
Quedan 13 días para fichar. Non parece que vaia haber moitas altas así que vai haber que rillalo ata o fin da tempada e tentar que se integre na dinámica do equipo senón ímolo pasar moi mal. 18 Ene 2020, 18:35 10.98
Nas saídas seguro. Xa nos pasou o ano pasado. Como na primeira volta apenas houbo lesións arriba xogouse con un 11 tipo e xente como Iván ou Ricar tiveron poucos minutos. Eso non significa que non fosen a ser necesarios máis adiante.Agora atopámonos outra vez en cuadro. Ten que vir polo menos un xogador de ataque sempre e cando consigamos que Wadir se comprometa en serio co clube, cousa difícil e reteñamos a Carlos. 17 Ene 2020, 12:01 10.98
Ficha Antón Concheiro polo Estradense 16 Ene 2020, 21:20 10.98
Non sei. Eu lin por aquí que de regalo de reis ficharamos un dianteiro que xoga na terceira galega. Por outra banda eu estou tranquilo. En facebook din que temos equipo para estar entre os 6 primeiros así que pronto subiremos postos. 16 Ene 2020, 12:25 10.98
Mal resultado a tenor de que como se desenrola o partido. Logo tres partidos fodidos que nos poden meter moi abaixo. Non hai que desaproveitar as oportunidades porque non creo que nos vaian a sobrar moitos puntos ao final da tempada. Menos mal que xa fichamos un dianteiro que está na terceira galega e lle podemos dar a liberdade a Wadir. Un xogador de tantísimo nivel sofre xogando neste equipo e seguro que ese estado de alteración mental provocou o malentendido do rifirafe. 16 Ene 2020, 10:14 10.98
Partido clave hoxe nas Somozas. Sumando 3 puntos metemos 6 puntos co descenso e 8 equipos por detrás para afrontar unha xeira difícil de partidos contra Barco, Fabril e Bergantiños. Sempre con Gelucho. Tú eres mi faro y mi guía. 15 Ene 2020, 11:49 10.98
Eu créome que o Arenteiro é un dos presupostos da metade alta da táboa, tamén me creo que hai xogadores no Compostela cobrando menos do que cobrarían noutros equipos polo que supón vivir na mellor cidade de Galicia (para mín), xogar nun equipo con aspiracións e coa historia da desaparecida SD Compostela SADpor detrás... Tamén me creo que algún xogador preferiu o Arenteiro ao Compostela antepoñendo os cartos. O que xa non me creo é que a plantilla do Compos (por moi curta que sexa) coste menos. Que ás veces nas redes sociais les aos afeccionados do Compos e parece que alí a xente xoga polo bocadillo. 14 Ene 2020, 11:21 10.98
Wadir pode xogar os sábados con vos e os domingos con nos. Co que se mata a correr dalle para xogar dous partidos na fin de semana. 13 Ene 2020, 11:41 10.98
Se Miki chega a ser un pouco máis egoísta na primeira parte levamos un saco. Na segunda parte correxiuse un pouco o problema con Iago. Ocampo de lateral esquerdo sofre moito e con unha bala como o de Nigrán, moito máis. Con 2-0 e 3-0 empezamos a ter algo o balón (porque nos deixaron) pero salvo un disparo de Javi Rey penso que Pato non manchou a camiseta. Non temos pegada ningunha. Por certo, golazo de Brais. No momento pensei que fora un rebote ou un churro pero vendo as imaxes tira aposta a vaselina. 12 Ene 2020, 19:45 10.98
O mellor o resto de resultados da xornada e que o Compostela non fixo sangue. A descansar e a traer os 3 puntos das Somozas. 12 Ene 2020, 19:08 10.98
Non me parece malmeter dicir que o Compos é superior. É superior a nos e a calqueira outro equipo da categoría. Se non van destacadísimos é porque baixan bastante fóra e o Puente está facendo unha tempada espectacular... Pero están a outro nivel. A mín sinceramente o partido que me preocupa é o do Somozas. 12 Ene 2020, 11:42 10.98
Pesule. A estes aínda que lles morra un porco non pasa nada. Son poucos para comer os chourizos. 11 Ene 2020, 18:00 10.98