Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Fágoche un repaso da dianteira Sport_Goods: Wadir: descarte do Puente Joni: sen experiencia apenas na categoría Javi Rey Ricar: Un ano de baleiro. Poucos partidos na terceira Mitogo: Lesión grave e ano en blanco. Iván: Ven do descendido Ordes. Experiencia en preferente e primeira rexional Carlos Si te fías dos que en agosto, polos bares vaticinaban pelexar polo play off pois é unha boa dianteira. A realidade é que temos un grupo de xogadores apañado e que mellora o do ano pasado. Pero nada máis. Dan para o que dan. O equipo chega con frecuencia á area contrario, a veces ata con claridade pero aí apáganse as luces. Porque nese punto hai que ter calidade e a calidade non se entrena. Ou se ten ou non se ten. E nos non a temos. Eu estou ao 100% co entrenador e cos xogadores. O equipo e o sistema é fácilmente identificable. Vese que hai traballo detrás e os futbolistas entréganse. Lamentablemente para eles e para nos estamos na terceira división e o resto das plantillas tamén teñen nivel. Cando marche Rogelucho e traigamos a un sucedáneo de ser vivo como o que pousaba as cachas no banquillo hai un ano xa veremos onde estamos. Supoño que volverá ser culpa do entrenador. Analizar en qué categoría estamos e que nivel ten a nosa plantilla xa mellor deixámolo para outro día. 02 Dic 2019, 11:17 186.38
É a moda. Insultar a Gelucho e meterse con Emilio porque o trouxo el. Por certo, os que teñen alerxia aos 5 defensas teñen que estar contentos hoxe coa segunda parte. Perdimos ainda mais seguridade atrás, atacamos con 2 menos e estreitamos o campo para que o Choco defendese cómodo. Ás veces hai que xogar ao que se sabe. Por certo, Emilio do mellor do equipo, outro día máis. Eu non o cambio polo novo. 01 Dic 2019, 19:24 160.09
Moitísima calidade Fajardo. Parece fácil e todo. 26 Nov 2019, 17:56 10.98
Hai que ser humildes Bestaourensana09. Que un tipo de Ourense chame aldeano a alguén cando é a aldea máis grande de España ten moitos collóns. 26 Nov 2019, 10:58 -167.48
Fai click aquí Oirensano: https://www.siguetuliga.com/partido/cd-choco-ourense-cf 26 Nov 2019, 10:57 86.69
Si Garrote é un personaxe de referencia eu son Lucía Lapiedra. Vamos a ser algo serios por favor. 24 Nov 2019, 20:52 999.99
Simple curiosidade... ¿por que se o avión vai coma un tiro aos únicos pasaxeiros que vexo plantexar a idea de xuntarse cos do outro avión para ter un avión máis grande son aos dese avión e non aos do avión que parece que se vai estrelar? ¿Será que é un avión de cartón-piedra coma os tanques que desfilaban na Praza Roxa en plena guerra fría? Moi bonito por fora pero baleiro e endeble por dentro... 22 Nov 2019, 12:05 338.77
Non me pareceu que fose tan difícil de pillar a ironía maxo 21 Nov 2019, 15:17 279.49
O puto Gelucho non mete un man a man co porteiro. Dimisión xa. 19 Nov 2019, 10:42 10.95
Si hai que ir a Pontellas vaise pero eu empezaría por poñerlle unha vela a San Huberto, patrón dos cazadores, a ver si nos afina a puntería. 18 Nov 2019, 15:22 279.49
Tranquilidade que non creo que Rogelucho coma o turrón no Carballiño. Vexo ao entorno do clube máis preocupado en desmentir fichaxes que en aplacar as críticas ao mellor entrenador que tivemos nos últimos 10 anos. 15 Nov 2019, 12:11 999.99
Na quiniela puxen X. Espero que me saiban disculpar. 13 Nov 2019, 15:49 10.95
Un agarimoso saúdo ForzaArenteiro. 12 Nov 2019, 10:50 999.99
O de Arruabarrena díxeno eu porque o comentaron no Galicia en goles. Eu nin idea que non vivo nin cerca do Carballiño. Eso sí. Xa ten pelotas que nos chamen os inimigos do clube cando somos dos poucos que aínda non pedimos a cabeza de ninguén. 11 Nov 2019, 20:32 10.95
Demoledora mensaxe institucional: Non ven Arruabarrena e segue Rogelucho. Xa solo falta que o do bombo se aburra de ir ver ao Verín e volva a atormentarnos 11 Nov 2019, 20:24 10.95
Bonito roubo o perpetrado hoxe na Estrada. 10 Nov 2019, 19:12 626.08
Gelucho dimisión. Máis Bardelás e menos Arruabarrenas 10 Nov 2019, 17:06 10.94
Marcho con vos. 10 Nov 2019, 17:05 156.69
O mal do Arenteiro é ter xente do entorno sacando a lingua a pacer polos bares. Vendeuse que temos un equipazo e o equipo é o que é. Un bo equipo, moito máis compensado que o do ano pasado pero nunha liga na que todo o mundo está ben armado e non hai comparsas. Ímonos salvar (estou seguro) pero non vai a ser un camiño de rosas porque non hai ningún equipo asequible. En todas estas xornadas prácticamente competimos en tódolos partidos. Hai unha falta clara de gol porque os dianteiros hai que pagalos e non sobran. Gelucho non foi mal dianteiro pero non creo que esté para sair a xogar. Logo está o tema populista. Si é unha garantía de éxito na política ¿como non o vai a ser no fútbol? En canto algo vaia mal botámoslle a culpa aos de fora e pedimos xogadores e entrenadores da casa. E cando volvan e vexamos o nivel real que teñen (e nalgún caso o nulo compromiso que amosan) pitámoslle tamén a eles. Como di 21balonsfora. Igual hai que pensar primeiro onde estamos e que queremos. Menos mal que temos a Arruabarrena. 10 Nov 2019, 14:05 156.69
E logo quen dixo que vos pasaran por riba Sabiola? Eu dixen que fallaron bastante. Se cadra minto ou?¿? 10 Nov 2019, 00:23 10.94