Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Non sabía que tiñamos na canteira dianteiros para a terceira. Teño que ir máis pola Uceira. 10 Nov 2019, 00:22 10.94
O Arenteiro rematou con 9 e o Paiosaco con 10 09 Nov 2019, 22:52 10.94
Remataron con 2 futbolistas menos. Perdonaron bastante. Esta semana toca pedir a cabeza de Gelucho outra vez. 09 Nov 2019, 21:07 53.35
Pois polo que comentou hoxe Gelucho na radio Wadir é dúbida aínda para o partido contra o Paiosaco. A ver si polo menos está listo Arruabarrena. 07 Nov 2019, 19:34 188.93
Si que está fodida a cousa que xa queremos botar ao único entrenador que tivemos nos últimos anos que sabe a que quere xogar. Se cadra hai que ter en conta tamén a materia prima. A maioría do que fichamos este ano é xente que ven de categorías inferiores ou descartados doutros lados. A pesar de todo eu penso que non temos mal equipo e que nos imos salvar pero das pallas aquelas dos pepinos e do equipo para a zona alta igual hai que ir olvidándose. Sempre podemos botar a Gelucho e traer a outro fantasma que nos faga irnos avergonzados dun campo de futbol como en Negreira ou Vilagarcía hai 2 anos. Ou empezar co discurso dos xogadores da casa, que levamos un tempo sen eles. 04 Nov 2019, 20:02 10.94
Pois a ver que tal. En principio ten máis lóxica esta fichaxe que a de Arruabarrena. 31 Oct 2019, 11:01 10.94
Onte comentaban na radio galega que estaba no Couto o representante de Arruabarrena e que a súa fichaxe estaba entre o Ourense e o Arenteiro. 28 Oct 2019, 18:23 10.94
Seica vai poñer gradas supletorias o Arzúa. 27 Oct 2019, 01:28 171.69
Abride as taquillas cedo que non vos podedes imaxinar a de xente que arrastra o Puente... 24 Oct 2019, 19:38 36.16
A primeira parte moi mala. Na segunda mellor. O Silva de momento o peor equipo que pasou por Espiñedo. O pouco peligro que levaron foron malas saídas de balón nosas. Non sei ata que punto merece a pena intentar saír co balón xogado dende a defensa si ao chegar ao medio campo se nublan as opcións de xogo. De momento como máis peligro levamos é en contras ou segundas xogadas en balóns largos. Arriba o equipo é moi dinámico e combina ben e agora temos un dianteiro con cerca capacidade para loitar os balóns e xogar de espaldas. Tampouco pasa nada por despexar os balóns sen complicarse en defensa. Partidazo de Jony, moito máis que o gol. Incansable. 21 Oct 2019, 10:43 10.94
Non saimos moi ben parados na maioría das veces que nos vimos. A ver hoxe. O ano paso gañaban 0-3 aos 10 minutos. 20 Oct 2019, 14:32 10.94
Carallo 14 pavos por ver un partido de terceira división. Non será moito? 16 Oct 2019, 11:00 10.94
Eu penso que quitados os filiais (que depende moito dos cartos que queiran enterrar aí as SAD) e quizáis o Bergantiños son o equipo que máis manexa. 10 Oct 2019, 12:28 36.16
No tema dos presupostos Yago Iglesias penso que se flipou un pouco. Por moito que se empeñen en transmitir esa mensaxe non creo que as fichaxes deste ano foran para alí a cambio dun bocadillo e un zumo. 10 Oct 2019, 10:27 36.16
Piel finísima. A Pol non se lle pode cuestionar nin a entrega nin as condicións pero hai días que non está (a Maradona tamén lle pasaba). E o outro día, á marxe de participar no primeiro gol, non estivo moi afortunado. Outro día será o mellor do partido e tamén se dirá que foi o mellor do partido, como xa se dixo outras veces. Creo que aquí nunca se falou mal de Pol. 09 Oct 2019, 10:42 13.64
1-2 Partido moito máis complicado do que di a clasificación. O último posto das Pontes penso que é circunstancial e que vai a ser un equipo que non vai a pasar moitos apuros. 08 Oct 2019, 18:22 49.09
Non te sulfures Torren. Ao principio é normal que che custe que os do Puente sodes tan poucos que non estades acostumados a relacionarvos coa xente. Pouco a pouco. Se facemos todos un esforzo por non insultarnos seguro que ao final te acaban aceptando nos comentarios doutros equipos. 08 Oct 2019, 18:13 10.94
É broma home. Tes razón. Hai que animar aos que están non aos que marcharon. O dito. A ver si se recuperou ben da lesión e está ao nivel de hai 3 anos. 08 Oct 2019, 15:17 10.94
Dixo hoxe Cachorro no medio de propaganda do clube que andamos á procura dun medio centro. Que está a cousa entre 2. Voume quedar coas gañas de ver a Ross no medio campo. 08 Oct 2019, 15:04 10.94
"Wadir Costa é mellor que Rubén Arce". Leído en siguetuliga.com a unha das brillantes (e escasas) mentes que siguen ao Puente. Desgraciadamente na vida real a realidade é outra ainda sendo xogadores moi distintos. A mín con tal de que esté recuperado da lesión que tivo e se acerque ao xogador que era o ano do ascenso do Puente coa sospeitosa remontada final xa me serve. 08 Oct 2019, 10:20 10.94