| Onte na RG xa nos deron caña polo estado do céspede. Estaba feito unha alfombra en comparación co que nos vamos atopar no inverno cando chova e veñan as xiadas. Por moito que apañen eu penso que ata que non vacíen e metan un drenaxe novo non vai a mellorar o asunto. E iso custa diñeiro. Durante anos fomos envexa polo tapete que tiñamos pero xa vai para 25 anos ou máis que se fixo a obra.
Se non hai para arreglar o campo se cadra hai que mirar se nos deixan xogar toda a tempada en Barbantes. E pensar tamén no tema do céspede artificial. Espiñedo ten un problema de sombra grave e xa recordo máis dun partido suspendido pola xeada.
Por certo, Toño imperial. Superior nivel. |
07 Oct 2019, 10:22 |
10.94 |
1 |
0 |
+info
|
| Cada día xógase un pouco peor
O dibuxo parece innegociable
Seguimos fallando goles clamorosos
Na grada un dianteiro que non é do gusto do respetable. A mín ben me valía. |
06 Oct 2019, 21:17 |
58.74 |
2 |
0 |
+info
|
| Non se lle pode facer moito caso. No penúltimo párrafo pon que o Puente xoga este fin de semana na casa contra As Pontes (certo) e no último que o Arenteiro xoga este fin de semana nas Pontes. Vanse fartar de xogar ao fútbol nas Pontes. |
01 Oct 2019, 12:18 |
-12.23 |
2 |
1 |
+info
|
| O Carballiño ese debe ser o Arenteiro. Un equipo de aldea que mete catro veces máis xente ca vos no campo e que leva 10 tempadas máis ca vos en terceira e dúas máis en 2B? Falas dese? |
27 Sep 2019, 20:08 |
34.97 |
2 |
0 |
+info
|
| Quita a bufanda dos ollos e desfruta do fútbol. |
27 Sep 2019, 18:14 |
34.97 |
2 |
0 |
+info
|
| Arce sería un luxo ata para o Puente (o que pasa é que un xogador quente que vibra coa grada e non sei si lle apetecerá xogar nun campo grande ante a mirada dos amigos, os pais dos futbolistas e os invitados da política). Se cadra a ti non che parece bo pero moi malo non será cando foi nomeado mellor xogador da terceira galega no ano 2017/2018 xogando nun equipo do furgón de cola.
Ojalá Pedrosa sexa mellor que el pero non sei se fiarme moito do teu criterio porque, á vista do que comentas, está claro que bebes.
|
27 Sep 2019, 17:10 |
34.97 |
2 |
0 |
+info
|
| Arce é un luxazo. O noso primeiro ano en terceira en ataque vivimos prácticamente das súas xenialidades. Coa súa volta eu supoño que o Ourense dará un salto de calidade importante. |
27 Sep 2019, 11:43 |
34.97 |
2 |
0 |
+info
|
| Tócavos un tourmalet de carallo despois do Arenteiro. Moita sorte a partir do luns. Nos parte dese calendario xa o pasamos e un pouco explica a clasificación porque eu, baixo o meu punto de vista, creo que xogamos mellor que o ano pasado. |
27 Sep 2019, 10:14 |
34.97 |
2 |
0 |
+info
|
| Que tristeza o Puente! Presuposto de equipo grande, mentalidade de equipo pequeno. Parece que xa arreglaron a tempada gañándolle ao Ourense. |
25 Sep 2019, 10:30 |
78.23 |
3 |
0 |
+info
|
| Eu non arrisco na aposta: 0-0 |
24 Sep 2019, 10:43 |
34.97 |
2 |
0 |
+info
|
| Partido difícil. A ver si chegan os goles. Eu polo que vin este ano chegamos moito máis a porta. É cuestión de tempo que cheguen aínda que solo sexa por insistencia. Hai que pensar que os dous xogadores quizáis máis goleadores (Ricar e Mitogo) aínda non aterrizaron na competición. Eu de momento estou tranquilo.
A ver si gañamos o primeiro partido. O rival non creo que sexa o máis propicio. |
19 Sep 2019, 11:10 |
89.92 |
2 |
0 |
+info
|
| O Arenteiro chamouse CD Carballiño durante varios anos nos 90. Era a época das promocións a Segunda B e a algún xenio ocurréuselle que o primeiro equipo do pobo tiña que levar o nome do pobo. Nin Cristo lle chamou o Carballiño e seguía sendo o Arenteiro.
Qucir. Podemos poñerlle o nome que queiramos: Ourense FC, S.D. Bocadillo de Calamares... pero o equipo é o Puente. Pensaron que cambiandolle o nome serían o primeiro equipo da cidade e non pasan de ser o segundo equipo do seu barrio.
Dito isto, penso que vai a gañar o Puente.
|
19 Sep 2019, 11:06 |
-212.05 |
2 |
3 |
+info
|
| Os dianteiros bos hai que pagalos e non creo que sexamos o Puente. Para traer unha medianía a precio de CR7 é mellor ir tirando co pouco que hai. Falta Mitogo que non é un goleador pero algo axudará e supoño que Ricar aínda terá que dar outro nivel... |
13 Sep 2019, 20:30 |
10.92 |
1 |
0 |
+info
|
| Roblecito2018 estou seguro que a día de hoxe está máis apto para xogar ao fútbol o Baltasar Pujales que Espiñedo. E no inverno veremos se non temos que volver a Barbantes. O que sí me parece é máis estreito que Espiñedo. |
13 Sep 2019, 10:44 |
10.92 |
1 |
0 |
+info
|
| Eu aínda non puiden ver ó rapaz pero todos os que lle pregunto falan moi ben de el. Alégrome por el primeiro e polo clube despois. Así é todo tampouco hai que darlle importancia ningunha ó que eu poida dicir. O máis redondo que teño visto é unha onza de chocolate. |
10 Sep 2019, 11:46 |
10.92 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois queda unha defensa ben apañada entón. A ver si aparece o 9. ¿Mitogo xa entrena ou aínda non empezou? |
03 Sep 2019, 10:30 |
10.92 |
1 |
0 |
+info
|
| Onte foi titular o fondo de armario juvenil ¿que tal estivo? Por outra banda esta noite remata o plazo para as fichaxes en 1ª, 2ª e 2ª B. A ver si queda por aí algún pepino que queira vir a Espiñedo que se cadra andamos algo curtos de efectivos. |
02 Sep 2019, 12:20 |
10.92 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois eu acabei contento. Chegámoslle un feixe de veces a todo un Barco ó que, por momentos, sometimos totalmente. Tivemos ocasións para facerlle tres ou 4 goles, certo é que eles tamén as tiveron para gañar o partido (a que saca Rui con 1-1 é de nota) Por moito que algún se empeñe en que con 5 defensas non se pode ser ofensivo xerouse moito. Os laterais seguen chegando a gol moito. Pol estivo a piques de marcar na primeira parte e, na segunda, ata que o entrenador do Barco non tapou o buraco, foi un extremo máis. Arriba este ano é outra historia: Javi Rey é un xugón, Iván igual (ata que o corpo lle aguanta), Joni fixo un partido de moito desgaste e deu a cara sin ser un 9 puro, Manú penso que ten máis chegada que Cassio pero cubre menos campo. A defensa adiantadísima (pero somos ultradefensivos) o que crea situacións de moito risco e os laterais de extremos. Ocampo e Pol deixando claro que as reivindicacións sobre os futbolistas locais hai que facelas no campo e que teñen nivel sobradísimo para a categorías (alégrome polos dous) En definitiva, partido moi atractivo e boas impresións. Temos o problema do calendario. Non hai que tolear se nos vemos abaixo nos primeiros 5 partidos. Creo que hai mimbres e onte faltaba Padrón, Mitogo... que deberían ser importantes. Ojalá apareza un 9 BBB. Sería a guinda. |
26 Ago 2019, 10:50 |
33.37 |
2 |
0 |
+info
|
| A salvación do ano pasado foi milagrosa cos recursos ofensivos que tiñamos. |
22 Ago 2019, 11:08 |
10.92 |
1 |
0 |
+info
|
| Eu supoño que virá como fondo de armario para completar a defensa e o medio campo. Extrañaríame que vaia a ter moitos minutos. O dianteiro centro suponse que virá pero que se esperará a que peche o mercado en 2B según La Religión. Máis que un Hugo, coa xente que temos arriba, penso que nos compre mellor un rematador.
|
21 Ago 2019, 20:52 |
10.92 |
1 |
0 |
+info
|