Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Estou con Forza. Do Arenteiro é difícil falar nada (nin hai fútbol nin hai novas que comentar). Tendo en conta que aínda non se deberon facer os test para comezar a adestrar outra vez non sei si haberá partido o domingo. Cústame creelo. Xa que de fútbol non se pode falar, do Choco non hai usuarios que nos teñan ao tanto das súas cousas, pois por que non falar de Barrantes, Gaseosas e compañía? 20 Ene 2021, 10:25 111.37
Gracias por la información Montymario. Nos esperamos a que salga la película. 16 Ene 2021, 00:34 43.19
Parece que se confirma a suspensión. Suma e segue. Esperemos que sexa a derradeira suspensión da xornada. 14 Ene 2021, 18:27 43.06
Arrancar a preferente é absurdo. Continuar ou non coa terceira é discutible. Eu mentres se poida xogar, xogaría. Tamén digo que se collen e botan o peche non se perde nada porque ten pinta que nos imos a xuntar cun lote de partidos aplazados irrecuperables. 14 Ene 2021, 18:00 43.06
Eu coido que agora mesmo o que xa empeza a perigar seriamente é a competición. A xoves levamos 3 partidos suspendidos e o do Ourense case seguro. No resto de competicións nacionais está habendo tamén moitas suspensións. Eu sigo pensando que o que se poida xogar que se xogue (para iso hai unhos protocolos e seguramente un rapaz de 25 anos está máis controlado nun equipo de terceira con probas cada 7 días que en calquera outro traballo) O público é outro tema ainda que entendo que non é un gran risco tampouco. O caso é que con estas tasas de contaxio e por moitos controis que se fagan vai a ser moi difícil que non haxa algún caso en cada equipo. A ver que pasa pero se cadra estamos vivindo os últimos días da competición tal e como estaba concebida. 14 Ene 2021, 17:18 43.06
Solo esta tarde suspendidos: Paiosaco - Fabril e Viveiro - Fisterra. Súmanse ao Puente - Arenteiro. Aínda estamos a mércores. A ver si se pode xogar a metade da xornada. 13 Ene 2021, 19:33 43.06
Pois por moito que sexa o meu clube as cousas non son así. Se o tema se xeraliza, que penso que vai a ser así, e hai que parar, párase. A mín 11 partidos non me parecen unha referencia para dar e quitar dereitos a ninguén. Menos me parece irse inventando as normas da competeción segundo avanza ésta. Si está previsto previamente ao comezo da competición cómo se resolvería unha suspensión da mesma, adiante. Se non, pois ano en blanco e competición deserta, como xa se tivo que facer o ano anterior. E non este rollo de suben 40 baixan 0. 12 Ene 2021, 19:53 101.63
Ourensejaps. Seguro q non se arrastran todos os resultados? Para a dos 3 primeiros sí se arrastran. 12 Ene 2021, 17:48 43.02
Estamos en plena fase de crecemento da terceira ola. Vailles a tocar a todos os equipos case seguro. 11 Ene 2021, 17:06 43.02
Tamén Manu Bardelás. Teñen bo equipo e a composición de grupos failles un gran favor. A ver si superan o lastre do banquillo e suben á categoría que lles corresponde. 09 Ene 2021, 14:06 42.98
Xa ben aguantou o tema sen casos. ¿Alguén sabe como está o campo do Lalín? Eu estiven hai 3 anos e recordaba mellor céspede. Aínda así estaba moito mellor que o patacal de Espiñedo. 07 Ene 2021, 15:28 42.93
O campo pequeno tampouco nos axuda non. Habería que ver como está a toupeira para ter que ir a xogar a Barbantes co que nos limitan as dimensións do campo e das gradas.... 05 Ene 2021, 14:56 42.99
Eu sitio xa non ocupo en Barbantes que volvemos a estar confinados. Dende logo é unha pena que o ano máis ilusionante dos últimos 30 esté tan condicionado pola pandemia e pola lameira que hai na estrada de Cabanelas. Haberá emisión por youtube?¿? 05 Ene 2021, 14:55 42.99
Según La Voz de Galicia voltamos a Barbantes para xogar contra o Arosa. 05 Ene 2021, 11:30 42.99
Partido raro. Ao Choco custoulle 70 minutos facer máis dunha ocasión de gol. O Atios traballadísimo na presión en medio campo. A Atios aproveitou os erros ata poñerse 1-2 con un xogador máis. Tras o gol tivo un par para sentenciar o partido. Errou e, de repente, nos derradeiros minutos o Choco con un menos barreunos do campo ata o punto de ter varias clarísimas para levarse o partido. 03 Ene 2021, 18:17 42.97
E tamén Polvorín - Fisterra. Hai que ter un ollo en Lugo porque os rapaces do Lugo están opositando seriamente a ser un candidato máis polo ascenso. 03 Ene 2021, 11:52 42.95
Debe ser a primeira vez na historia que Sanxenxo e Portonovo están de acordo en algo. 01 Ene 2021, 16:33 42.92
Os mellores minutos de Abass no Carballiño foron no Pub Principal. Alá onde esté que Deus o teña con el. 28 Dic 2020, 22:33 38.10
Polo Vista Alegre non. Pero a volta ó Arosa está case feita. Argimiro Marnotes ten que facerlle oco ás dúas novas estrelas que están á espera de fichar polo novo equipo millonario e sen historia en categorías superiores de esta tempada 2020-2021. 28 Dic 2020, 17:58 38.10
Céltiga, Portonovo e Vilalonga. Menudos tres... Máis de 50 tempadas suman en terceira os 3.Queda moi coxa a Preferente sin eles. 23 Dic 2020, 23:19 38.04