Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Eu o que vexo a día 23 é un equipo peor que o do ano pasado. É verdade que faltan 7 fichas mínimo e, dependendo do corte das fichaxes, pois haberá que esixir máis ou menos. Pero o nivel este ano penso que non baixou na liga (de feito na zona media alta diría que sube). Pode que a salvación esté máis sinxela que o ano pasado pero a zona alta penso que vai a estar máis complicada. E zona alta chámolle a meterse entre os 10 primeiros, non a xogar promoción. 23 Jul 2019, 12:59 10.92
Xa teñen que ter nivel os que faltan para meternos entre os 8 primeiros. Estanse facendo moi boas plantillas. Levamos 2 anos salvándonos na última xornada ou despois dela. Se cadra poñerse como obxectivo salvarse antes é unha meta máis realista. 23 Jul 2019, 10:15 10.92
Non movo unha coma. E creo que deixei mostras sobradas de respetar á xente. Pero este ser vivo non me merece respeto e está facendo moito dano o Arenteiro. A ver si no Verín se lle pasa o ataque de cornos. 19 Jul 2019, 14:58 10.92
Manel é un sirvengoña e un desagradecido que debía meter a lingua no cu cada vez que se lle veña á cabeza o Carballiño. Prefiro a desaparación do clube que ter a esa mona dentro do termo municipal. E por certo, moverase moito, pero leva sempre consigo á mesma camarilla e ningún deles ten nivel para terceira. Que en paz descanse o Verín 19 Jul 2019, 13:13 135.85
Si é certo que está medio atado un lateral esquerdo ex Compostela, tengo en conta que o novo central tamén pode xogar aí e que Ross xoga de todo... creo que non sigue. 19 Jul 2019, 10:39 10.92
Son baixas dolorosas e de xogadores que foron moi importantes pero bueno, xa temos 3 centrais e 3 medios de corte defensivo máis Ross que xoga de todo menos de porteiro. Si se suplen as súas fichas polas de xogadores de corte ofensivo con certo nivel, pois nin tan mal. Por certo ¿e Fajardo? ¿Y el 9 p'a cuando? 19 Jul 2019, 10:19 10.92
Habemus novo central. Veterano e con centos de partidos en 2B. Así e todo faime máis ilusión a renovación de Padrón. Non sei si este movemento significa algo con Portela. 17 Jul 2019, 00:18 10.92
Son bastante pesimista coas renovacións (sobre todo de Cassio e Fajardo) 16 Jul 2019, 12:39 10.92
O 3 de agosto parece que hai triangular en Barbantes contra Ourense e Puente. Alex Bardelás parece ser que marcha para o Maside. 11 Jul 2019, 16:44 10.92
Unha pena o de Adil, corazón e pulmón deste equipo. É certo que xa ten anos e nestas dúas tempadas perdeuse moitos partidos por lesións pero é un xogador que non sobra ningún equipo e, ao contrario que ex capitáns deste equipo que espero non volvan a pisar Espiñedo, fai vestuario. Eu o tema das renovacións, ata certo punto, véxoo lóxico. É normal que haxa xente que espere por si sale algo máis interesante. Non creo que a Fajardo, Cassio ou Portela lle falten mozas por aí adiante e estarán sopesando. Si fósemos o Bergantiños xa estarían renovados pero non creo que o noso presuposto permita ofrecer contratos irrechazables. Por sumarse ao runrun. Leído en twitter (descoñezo a credibilidade) De Dios e Rober Otero na órbita do Ourense. 10 Jul 2019, 10:25 10.92
Eu tamén teño curiosidade porque pensaba que a nova directiva básicamente eran os que estaban con outra cara visible. Alégrame a volta de Ocampo. É unha boa bofetada para os incendiarios. Si te vas do Arenteiro para outros clubes e eres importante en todos eles demostrando que tes nivel de sobra pois acabas tendo sitio. Si todo o que tes que aportar é vía facebook, instagram... 05 Jul 2019, 10:17 10.92
Eu tampouco. De feito cando puxen as miñas prioridades de renovación xa non o contei. Non porque non me pareza bo xogador senon porque non tiña ningunha esperanza de que se quedase. A ver si entre Fajardo, Portela, Padrón e Cassio puideramos renovar polo menos a 2 deles. 01 Jul 2019, 10:45 10.92
Según a Radio Galega, Hugo Sanmartín ficha polo Compostela. 01 Jul 2019, 10:19 10.92
Pois non sei por que, na asemblea, cando se fala de consolidar o equipo en terceira, en vez de aplaudir, non se protesta para esixir que todo aquel con domicilio no DNI en Carballiño ou Maside teña praza no equipo. Estase a correr a falacia de que se pode xogar en terceira ou preferente con xente do pobo cando a realidade é que non temos nin 5 ou 6 xogadores en plantillas por riba da primeira rexional. Parece, ademáis, que todos prefiren xente da casa antes que xente de fora ainda que sexa a risco de xogar en Preferente. Cos da casa, nin en Preferente. E, en primeira rexional, non hai tanto, ían 200 persoas ao fútbol. Este ano estivemos sempre por riba de 700-800 persoas. Logo é mentira tamén iso. Hai unha campaña alentada por 3 ou 4 con moitos amigos pero que non reflicten a opinión da maioría. Unha pena, sobre todo vendo de quen veñen os petardos incendiarios. 18 Jun 2019, 19:25 135.82
Pois empeza ben o asunto. Rui e Ross eran 2 das miñas preferencias e renovan. Agora o que é unha pena é a que están montando en redes sociais os amigos dos agraviados polas baixas. 18 Jun 2019, 13:50 135.82
Nestas categorías creo que é inevitable iso. Mentres mellore o que hai... 14 Jun 2019, 11:03 10.92
Xa é oficial a renovación de Gelucho. Agora xa se pode empezar coas pajiplantillas e as pajirenovacións: Prioridades para min Ross, Rui, Cassio e Fajardo (Non sei por que me da que vai a ser difícil que continúen a maioría deles). Tamén renovaría a Portela, Padrón, Pol e Rober, De Dios e Albertito. A ver si non desmontamos moito a estructura e poden seguir 8 ou 10 mínimo. 13 Jun 2019, 10:29 10.92
Gran presidente. O de menos case son os éxitos deportivos (que foron moi importantes). Levabamos anos dando unha imaxe de clube pirata terrible e coido que se marcha deixándonos como un clube serio e comprometido coas promesas que asume. Un clube cos pes na terra. Esperemos que a nova directiva sexa continuista e sigan a maioría dos que estaban detrás de Xan facendo un excelente traballo. 28 May 2019, 10:15 135.79
Gelucho falaba do trastorno que lle supuña vir case tódolos días dende Cacheiras. Supoño que valorará si, co que lle ofrecen, compensa. Polo menos espero que a directiva lle ofreza a posibilidade (logo que decida el o que vexa). Penso que fixo méritos para seguir. Temos un núcleo xeitoso de partida. A ver si dese núcleo podemos reter á maioría. Non vai a ser fácil. Eu penso que hai xogadores que se reivindicaron e que o seu caché medrou. Manel non creo que volva. Seica non lle gusta a xente de Carballiño. É tan tonto que por 4 califica a 14.000. No que a min respecta o cariño é mutuo. Que quede na Valenzá afundindo un pouco máis ao Barbadás. 22 May 2019, 17:56 135.76
Pois por fin un comezo de verán tranquilo. A ver si puidesemos reter á maioría do núcleo defensivo deste ano para non ter que empezar de cero e désemos fichado algo de calidade para a zona de creación. Non creo que sexa fácil porque os goles páganse e sospeito que seremos dos máis humildes. Tamén vería con bos ollos a renovación do ultradefensivo Gelucho (30 goles en 24 partidos frente a 12 en 16 partidos de Manel Guardiola) Este ano, coa lesión de Mitogo, a renuncia a Igor, mentres os demáis se reforzaban, atopouse un percal moi feo e, en vez de escapar ou encararse con alguén, aí estivo de probaturas e inventos continuos para acabar sacando o equipo da queima (co paso adiante dunha serie de xogadores que se reinventaron e rendiron a un moi bo nivel). Noraboa equipo e GELUCHO QUEDATE!!! 20 May 2019, 18:22 135.76