| Partido matinal do domingo.
Un dos equipos de abaixo contra o líder.
O Lousame logo da sorpresa co Palmeira polo resultado mellorou competitividad con algún resultado axustado pero descarrilou de mala maneira na Fieiteira ante o Cidade Ribeira B. 8-2 ainda que comezaron ganando.
O Artes no duelo de Bos equipos ante o Carreira saeu vencedor por 3-1 mantendo o liderato e a imbatibilidad e poñendo terra de por medio con rivais como o Porto do Son por exemplo.
Pinta a 2 claro.
|
04 Nov 2022, 11:44 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Boas crónicas do amigo santalla16.
O partido adiantado da xornada 8. Raro cando suele haber 2 ou 3 nesta temporada
Araño e Aguiño enfrentanse na Lomba.
Os locais veñen de caer co Puebla B nun partido parece que moi apretado. Equipos candidatos a rascar plaza de promoción.
Polo estado de forma do Aguiño ten pinta de, si manteñen este ritmo ó longo do curso, ser poseedor fijo dunha das plazas de promoción ou veremos sinon da plaza de ascenso automático nos enfrontamentos directos. A dupla en ataque Carlos Fernández e Fernando Millán aseguran goles por un tubo.
Partido difícil para o Aguiño que ten na Lomba un dos campos perigosos para perder puntos. De todas formas aposto por un 2 na quiniela non sin apuros. |
04 Nov 2022, 11:32 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Cerran a xornada Noia Cruido e Crocha no Anexo de San Lázaro.
Os locais gañaron con dificultades ó Abanqueiro en Vista Alegre. Boa racha dos noieses que siguen á caza do grupo de promoción.
O Crocha mellorou a súa imaxe a pesar da derrota ante o líder pero terán outro duro desafío nun horario que non lles suele sentar ben ós da Pobra.
Favorito por bastantes circunstancias o Cruido Noia. Un 1 na quiniela. |
26 Oct 2022, 23:24 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo na segunda sesión do Anexo da Fieiteira logo de que xoguen Cidade de Ribeira B e Lousame.
Partidazo entre 2 grandes da liga ainda que en posicions moi distintas da taboa.
O Artes ven de gañar na Alta un partido que a pesar do resultado foi algo máis complicado de levar a pesar de ser último contra primeiro na taboa. Perden a Alex Rivas por acumulación de cartóns amarelos.
O Carreira siguen no buraco negro e encadean a quinta derrota consecutiva. O Derbi ante o Cidade de Ribeira B se lles puxo moi costa arriba con un 1-3 ó descanso. Non deu tempo suficiente no segundo acto e o 2-3 prolonga a mala xeira na taboa.
Un 1 visto o visto para a quiniela. |
26 Oct 2022, 23:21 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo na Tasca entre 2 dos galos da Categoría.
Xuventude Aguiño e Porto do Son loitarán por posicions de cabeza na taboa estando ambos empatados a puntos.
Os da Tasca chegan en mellor forma xa que levan encadenadas varias victorias seguidas e parece que están imparables e máis difícil será botarlle o lazo na casa.
Os visitantes salvaron un punto no Emilio García logo de ir perdendo 0-2 nos 10 primeiros minutos ante o Puebla B. Recuperan a Robert logo do partido de sanción cumplido.
Pronóstico incerto ainda que máis cerca do 1. |
26 Oct 2022, 23:17 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
| O Monumental de Pomar do Río acollerá un duro partido.
Cures e Cordeiro B xogarán na terra do campo de Boiro con aspiracións diferentes.
Os locais buscarán logo da súa xornada de descanso a segunda victoria seguida logo de vencer in extremis ó Xuño.
O Cordeiro B logo de xogar co Xuño sufreu polo menos no marcador para levar o partido 3-4.
Un 2 Pola posición de uns na taboa. Pero ollo ó Cures e ó Monumental. |
26 Oct 2022, 23:11 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
| O domingo o abren Cidade de Ribeira "B" e Lousame no Anexo da Fieiteira que vivirá sesión continua de partidos de Terceira xa que ó remate deste encontro xogará o Artes.
Ollo ós locais que logo de empezar varias xornadas sin puntuar optan á terceira victoria seguida. O bo comezo da racha ante o Crocha continuou ca victoria no Campo da Guía ante o Carreira. Ollo que si siguen sumando bos resultados poden arrimarse ós postos bos da taboa.
O Lousame logo do partido loitado ante o Puebla B pero infructuoso en canto a puntos caeron claramente ante o Xuventude Aguiño.
Un 1 diría polo lanzado que vai o Cidade Ribeira "B" |
26 Oct 2022, 22:29 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
| Abre a xornada o Palmeira-Xuño á vez que se xogará en Cadreche o Puebla B - Araño.
O Palmeira empeza a coller un certo declive. 9 goles a favor e 11 en contra nos 2 últimos partidos. No último encontro derrota 5-4 ante o Araño. Un partido tan irregular como a súa traxectoria: 2-0 en contra nos 6 primeiros minutos, 4-1 ó inicio da segunda parte e cando peor estaban empataron a 4 a 10-15 minutos do final. Pero outro gol do Araño a 5 do final fanlles acumular a terceira derrota seguida. Partido que deben empezar a sumar para remontar na táboa.
O Xuño volveu a plantar cara a un dos mellores conxuntos da categoría: o Cordeiro B. Apretado 3-4 co "hándicap" de non xogar na súa casa das Furnas tendo que ir para a Trinidade. Os merecimentos poden converterse en feitos logo de competir a bo nivel contra moitos equipos de nivel.
O factor Ventin é importante. Penso que será un 1 pero o Xuño está rondando día si e día tamén o conseguir premio. |
26 Oct 2022, 17:47 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
| Comeza a 7° xornada de liga en Cadreche á misma hora que se xogará en Ventin o Palmeira-Xuño.
Puebla B e Araño enfrentan boas rachas de varias xornadas seguidas puntuando.
Os locais volven con un punto do sempre difícil do Emilio García. 2-2 logo de poñerse 0-2 nos 10 primeiros minutos pero resultado bastante positivo de todas formas.
O Araño venceu noutro partido tolo que volve ter como protagonista ó Palmeira. 5-4 con constantes alternativas no marcador.
Partido complicado de preveer pero a pesar do apretado que pinta o partido por moi pouco será un 1 na quiniela. |
26 Oct 2022, 17:36 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
| Cambio de campo. O partido disputarase na Trinidade. |
21 Oct 2022, 00:47 |
842.46 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo moi atractivo no Emilio García.
Porto do Son e Puebla B vense as caras en boa forma ambos conxuntos.
Os nesta xornada locais na locura de Ventin gañaron un partido moi quente por 5-6 logo de ir 3-4 a 1 minuto do final do tempo reglamentario. Logo formouse a que se formou na grada, partido parado media hora e victoria na bocina dos do Emilio García.
O Puebla B gañou con algo de apuros ó Lousame por 3-2. Comezaron perdendo pero puidéronse refacer e sumar 3 novos puntos que o colocan co grupo de honra dos postos de promoción.
Sin pronóstico claro. Pode parecer un 1 claro pero o Puebla B xa rindeu moi ben en Carreira, por exemplo. |
19 Oct 2022, 23:48 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
| Pechacancelas e líder enfróntanse na Alta
Os locais están en crise. Logo de 3 derrotas seguidas e encaixando 12 goles despois de so encaixar 1 nos 2 primeiros. E non é precisamente o mellor momento para levantar a situación chegando un Artes pletórico. Precisamente nestas 3 derrotas fan o máis difícil que é poñerse por diante e logo desfanse co paso dos minutos.
O Artes sigue intratable. Nova victoria desta vez ante o Abanqueiro e parece que nadie lles pode toser ata o de agora. O Crocha está bastante fraxil e parecen claros favoritos para o partido.
Ten toda a pinta dun 2 na quiniela. Veremos. |
19 Oct 2022, 23:43 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo nas Furnas que polo que pinta o tema climatolóxico pode pintar infernal.
Xuño e Cordeiro B xogarán polos 3 puntos.
Os locais caeron ante o Cures no desconto logo de ir gañando. Por méritos merecen máis puntos na taboa pero o que conta é marcar máis goles que o rival e nese aspecto non están tendo fortuna.
O Cordeiro B falando de goles empataron sin eles ante o Araño o sábado pasado. Empate parece bastante inxusto por un gol parece mal anulado e un penalti clamoroso non pitado. Eso sí manteñen o invicto.
O ano pasado houbo un sorprendente 1-0 pero este ano a cousa está moito máis aberta. Todo parece que pode ser un 2 pero ollo ó factor Furnas e á mellora dos locais. |
19 Oct 2022, 23:34 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo moi cercano entre Carreira e Cidade de Ribeira B.
Os locais siguen en caída libre. Nova derrota nesta ocasión ante o Xuventude Aguiño e o tren de cabeza xa queda lexísimos. So van 5 partidos pero o favoritismo que tiñan antes de comezar a liga dilueuse. Tempo de reacción hai pero é unha gran decepción os 5 primeiros partidos disputados dos da Guía.
O Cidade de Ribeira "B" gañou o duelo por todo o baixo ante o Crocha. 4-1 onde casi cada erro dos da Pobra era aproveitado e penalizado polos da Fieiteira. Unha vez sumados os primeiros puntos ¿seguirá o ascenso do filial ribeirense?
Polo factor de local aposto por un 1, pero un xa non sabe que pode pasar... |
19 Oct 2022, 23:28 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
| Araño e Palmeira cítanse no Municipal da Lomba.
Bo punto dos esta xornada locais colleitado en Valga ante un forte Cordeiro B, empate sin goles que polo que din algúns foi algo afortunado por un claro penalti non pitado ós do Municipal de Campaña. Punto é punto e os de Abel Vicente buscarán seguir enganchados con eses postos de privilexio.
O Palmeira empeza a ter certas dudas. Si primeiro foi a contundente derrota en Lousame na última xornada foi o partido tolo da temporada. 5-6 caeron na casa ante o Porto do Son. Partido parado cerca de media hora por altercados na grada. No minuto 88 o partido estaba 3-4, locura de final de encontro.
Sin favorito claro para o partido. |
19 Oct 2022, 22:20 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo complicado o de Vista Alegre deste sábado.
Abanqueiro e Noia Cruido buscan sumar 3 puntos máis ó seu casilleiro.
Os locais logo de haber gañado ó Cidade de Ribeira "B" na casa, caeron ante o líder na Fieiteira. Un CD Artes que non tivo un encontro moi cómodo. O Abanqueiro parece que empeza a atoparse logo dun comezo de liga un pouco a contrapé.
O Noia B volve da xornada de descanso aínda co 5-0 presente da victoria ante o Cures. Buscarán manter esa dinámica e engancharse co vagón de promoción.
Partido igualado. O Noia B quizá algo mellor que o Abanqueiro. Un 2. Eso sí sin meter moito a man no lume porque o Abanqueiro pode facelo ben. |
19 Oct 2022, 22:16 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
| Inaugura a xornada unha vez máis o Municipal da Silva.
Lousame e Xuventude Aguiño miden forzas con resultados distintos pero sensacións á alza de ambos.
Os locais perderon 3-2 na Pobra contra o Puebla B pero deronlle moitos agobios ós blanquiazuis ata o último minuto. Entre a victoria ante o Palmeira e este encontro as sensacións son boas e o equipo comeza a carburar.
O Xuventude Aguiño no duelo con morbo da ultima xornada golearon ó Carreira. Fernando Millán con 3 tantos máis xa está no alto da taboa de goleadores e os da Tasca asentados en postos de promoción.
Non será un partido fácil pero con quizá algún apuro pinta a 2 na quiniela. |
19 Oct 2022, 22:10 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo de parroquias entre este extraño duo.
Xuventude Aguiño e Carreira xogan na Tasca un partido con moitos alicientes debido ó trasvase de xogadores entre ambos conxuntos neste verán.
Os locais veñen pletóricos logo de golear na Alta ó Crocha por 1-5. Fernando Millán con 4 tantos nese encontro encabezou a victoria dos de azul marino.
O Carreira está en caída libre para as aspiracións que todavía teñen. 3 derrotas seguidas en 4 partidos e o tren da cabeza que se empeza a ir. A última na Guía 2-3 ante o Puebla B cun gol no desconto logo de ir gañando 1-0 e 2-1 a 13 minutos do final.
Por estado de ánimo un 1 na quiniela, por reacción inmediata o Carreira ten que empezar a sumar puntos. Veremos... |
12 Oct 2022, 21:28 |
833.83 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo de moitos medos e de malas rachas no Anexo da Fieiteira.
Cidade de Ribeira "B" e Crocha xogarán nos momentos máis baixos de ambos conxuntos.
Os locais levan 3 derrotas, a última en Vista Alegre ante o Abanqueiro por 3-1. 11 tantos encaixados en 3 xornadas. Números que preocupan.
Igual de preocupantes os números do Crocha nos últimos 2 partidos. Derrota abultada na Alta ante o Xuventude Aguiño por 1-5. Parece que a Segunda parte de Cadreche tivo a súa continuación o pasado domingo.
A cabalo entre a reacción e a mala dinámica, ambos son capaces de calquera cousa. Sin pronóstico claro. |
12 Oct 2022, 21:12 |
833.83 |
1 |
0 |
+info
|
| Os únicos que non sucumben ó Clásico.
Cures e Xuño xogarán no Monumental de Pomar do Río en horario "normal" de tarde do domingo.
O Cures sigue sin sumar logo de 4 partidos ainda que hai que dicir que todos foron contra equipos da zona alta, nin máis nin menos que 4 dos actuales 5 primeiros da taboa. Quizá bastantes engañosos esos 0 puntos da táboa, veremos si nesta xornada é o día.
O Xuño sigue competindo moi ben. 3 puntos na taboa solamente, pero merecimentos para ter algún máis. No último encontro 4-2 competido na Lomba contra o Araño.
Duelo incerto. Pode chegar a primeira do Cures pero tamén coma o día de Lousame ver outro bo resultado do Xuño.
|
12 Oct 2022, 14:00 |
833.83 |
1 |
0 |
+info
|