Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Palmeira e Abanqueiro xogan na Fieiteira un partido onde os de Boiro siguen sen marxe para o fallo. O Palmeira na borrachera de goles da tempada caeu 7-5 en Lousame. Comezo e primeira parte horrible dos de Ribeira cun 4-0 en 14 minutos e 6-1 ó descanso. Logo Pablo Viturro cun hat-trick e Xota puxeron a cousa cerca dunha remontada histórica ó nivel do empate a 4 ante o Xuño de fai poucas datas onde meteron 3 goles no desconto. Pero a remontada non se logrou desta vez. Palmeira con altos e baixos bastante importantes. O Abanqueiro sigue na caza desa plaza de ascenso directo que neste momento depende deles mismos. Si gañan todo tendo o Sar que descansar e xogando un Porto do Son - Abanqueiro na última cita de liga podremos ver un final emocionantísimo. Traballado triunfo ante un Araño que deu moita guerra e que se puxo por diante en Vista Alegre pero un doblete de Óscar mantén as cousas en todo o alto. Na Fieiteira suelen haber sorpresas. Pincharon Son, Artes, Carreira ou Carcacía. O Abanqueiro non pode despistarse. Pronóstico: X2. 19 Mar 2024, 21:56 999.99
Artes e Cordeiro B xogan un duelo onde ambos non veñen todo o conformes que lles gustaría da última cita. Os locais fóiselles un 0-2 a favor na casa do líder Sar e a pesar de estar en superioridade numérica. 2 penaltis en 3 minutos nos últimos 10 minutos de partido fixeron remontar o partido ós de Extramundi. Hai que ver en qué circunstancias foron esas penas máximas e a acta non se pechou ata o día seguinte non sei si algo tuvo que ver o partido ou simplemente se lle foi a olla ó árbitro. O Cordeiro B cortou a súa racha de 5 derrotas consecutivas pero non puido volver á victoria. Empate 1-1 ante o colista Crocha. Partido onde se adiantaron cun saque rápido de falta pero os de vermello empataron mediada a segunda parte. Opcións claras para ambos nun bastante bo partido pero reparto de puntos. Cordeiro B en terra de ninguén e Artes cun colchón de 6 puntos sobre a zona de fora de promoción. Partido de relativa tranquilidade en canto as cousas que se xogan neste partido. Pronóstico: 1 19 Mar 2024, 21:44 999.99
Derby e partido moi peligroso para o que se xoga as opcións de ascenso directo. Porto do Son e Xuño xogan un partido de cuchillos largos. O Porto do Son ven de gañar no Monumental por 0-3 pero non cimentou o triunfo ata os 10 minutos finais onde o Cures aguantou ata ahí o 0-0 no marcador. O Xuño caeu ante o Carreira pero plantando cara ata caer 3-5. Xuño que sigue pelexando ben ante calquera rival. De ahí que o 0-1 da ida nas Furnas cando o Xuño estaba case que no seu peor momento do ano faga presaxiar un partido moi perigoso para os intereses dos do Emilio García. Pronóstico: 1. 19 Mar 2024, 21:29 999.99
Araño e Carcacía xogan na Lomba con tendencias opostas ó que indica a súa clasificación. Os locais logo dun ano turbulento están acabando bastante ben o curso e a pesar da derrota en Vista Alegre 2-1 ante o Abanqueiro disputaron o partido ata o final e incluso puxéronse por diante no marcador. O Carcacía ven da xornada de descanso pero ven en situación complicada para o seu obxetivo mínimo que é a promoción e co Carreira e o Artes a 6 puntos de ambos que dan dereito a soñar ca 2da autonómica. No último partido antes de descansar derrota no desconto 3-4 ante o Abanqueiro. Partido casi que tamén de triple. Xógase máis e cada vez con menos opcións os de Mirarríos pero o Araño parece que encontrou o rumbo e está facendo un bo tramo final. Pronóstico: 1X2. 19 Mar 2024, 20:01 999.99
Crocha e Lousame xogarán por 3 novos puntos con algún pequeno obxetivo por parte dos visitantes remoto pero que mentres as matemáticas o permitan seguirán intentandoo. O Crocha deuse unha pequena alegría dentro da tempada realizada empatando 1-1 en Valga ante o Cordeiro B. Probablemente o partido máis serio do curso onde os Séniors dispoñibles xunto 3 xuveniles convocados casi levan os 3 puntos de Campaña. Resultado quizá xusto visto o visto, ben traballado o punto conseguido. O Lousame foi un dos protagonistas do partido mais surrealista do ano. Victoria por 7-5 ante o Palmeira. Juego, set y partido. 4-0 se puxeron os verdiblancos en 14 minutos e 6-1 ó descanso pero o Palmeira achegouse ata o 6-5 a 15 minutos da conclusión pero Diego Hermo nos últimos minutos completou o seu póker particular e deixou os puntos na Silva. O Crocha sube a flecha un pouco para arriba e o do Lousame foi unha locura que un non sabe si quedarse cos 7 goles anotados ou ver cómo se complicaron a vida con 6-1 ata poñerse o rival 6-5. Veremos qué dicta A Alta. Pronóstico: X2. 19 Mar 2024, 19:27 999.99
O partido da xornada e todo pinta a que o desplazamento máis difícil e o lugar onde pode deixarse puntos o Sar. Carreira e Sar co Campo da Guia de testemuña tentarán resolver ou polo menos salvar un match-ball polo ascenso directo duns e deixar moi en franquía a plaza en promoción para os outros. O Carreira cun estelar Antonio Campaña de porteiro novamente levou os 3 puntos das Furnas 3-5 nun partido que parece foi bastante entretido. O CD Sar tentará salvar un match ball este domingo pero ven de salir doutra dura vencendo e remontando 3-2 ó Artes. Quedaron con 10 homes pero 2 penaltis a favor nos últimos 10 minutos de partido déronlle 3 puntos vitais. "Decisións incomprensibles" según as RRSS do Artes e unha acta pechada ó día seguinte fan ver que algo raro puido haber. Un triple. O Carreira vai cunha convocatoria super limitada e con xogadores de campo de porteiro pero vai safando en plazas duras. ¿Por qué non pode pasar de novo? Pronóstico: 1X2. 19 Mar 2024, 19:16 999.99
Duelo de 2 equipos en depresión. Cordeiro B e Crocha xogan para darse unha pequena alegría nunha tempada para ambos para esquecer. O Cordeiro B leva 5 derrotas seguidas e non gaña desde fai 2 meses, onde o 14 de xaneiro gañou 2-0 ó Xuño. Dende aquela un meritorio empate co Sar e o resto derrotas. Necesidade de victoria urxente para salir da crisis. O Crocha a pesar de que sacou 1 punto fai 3 xornadas co Cures está na situación que está. Non vencen desde a 6° xornada a súa única victoria en liga e a situación é descorazonadora. Veremos qué pasa nesta visita a Valga. Parece que o Cordeiro B parte como favorito como local e veremos o Crocha se sale do seu letargo ou non. Na primeira volta 3-6 para os de Valga. Pronóstico: 1X. 12 Mar 2024, 14:41 999.99
O partidazo da xornada. Líder contra 4° clasificado con Abanqueiro e Porto do Son botando un ollo a Extramundi. CD Sar e Artes buscan 3 puntos máis importantes nesta xornada para o Sar xa que o Artes ten 6 puntos de marxe sobre o Carcacía que está fora de promoción e ten que descansar e xa moi lexos a plaza de ascenso directo a 14 puntos que podería quedarse en 11 no mellor dos casos. O Sar venceu 0-4 ó colista Crocha nun partido onde con 2 goles nos 15 primeros minutos encarrilaron ben a situación cun Manteiga depredador que marcou os 4 tantos do seu equipo. Partido sin moitos atrancos. O Artes venceu por 2-0 ó Xuño. Dous goles de Rocar no primeiro tempo tamén fixeron o encontro bastante cómodo de sacar adiante. Pode pasar de todo pero o Sar xógase máis e ten o factor de ser local ó seu favor, aparte de gañar na primeira volta na Fieiteira 1-2. Pronóstico: 1X. 12 Mar 2024, 14:27 999.99
Duelo de equipos empatados a puntos. Lousame e Palmeira xogarán por 3 puntos na Silva onde, a priori, ou moito cambian as cousas e comezan a fallar moito os de arriba ou xogarán solo por ver quen dos 2 queda máis arriba na clasificación. O Lousame caeu por un contundente 3-0 na Lomba ante o Araño. 3 goles nos primeiros 39 minutos de partido borraron dun plumazo as remotas opcións de agarrarse á promoción que tiñan. As matemáticas todavía están ahí pero xa é máis difícil que desde a 7° posición para abaixo haxa opcións de entrar en promoción a menos que 2 dos 6 primeiros entren en debacle. O Palmeira venceu ó Cordeiro B cun hat-trick de Pablo Viturro. Irregular tendencia con resultados dispares e variados que non dan de momento e moi probablemente non darán para optar ó grupo de promoción. Os camiños do fútbol son impredecibles pero veremos qué pasa. O ano pasado este partido foi a primeira victoria na historia do Lousame e por un contundente 3-0. Veremos qué pasa neste curso. Tamén está presente o 1-5 na Fieiteira da primeira volta. Pronóstico: X. 12 Mar 2024, 14:20 999.99
Duelo nas Furnas entre 2 equipos impredecibles para o bo e o malo aínda que últimamente máis para o bo. Xuño e Carreira buscan 3 puntos nun partido que pode ser interesante e vistoso. O Xuño caeu na Fieiteira ante o Artes por 2-0. 2 goles antes do descanso fixeron que non sumasen os de José Antonio. O Carreira entra en promoción en detrimento do Carcacía que caeu co Abanqueiro e que pase o que pase nesta xornada seguirá ahí porque os verdiblancos descansan. Partido para meter terra de por medio e clarificar máis os inquilinos das plazas que se xogarán o ascenso. Victoria 3-1 ante o Cures. 2 goles nos primeiros 7 minutos puxeron en franquía a victoria para os da Guía. Partido que creo pode ser un triple na quiniela perfectamente. Pronóstico: 1X2. 12 Mar 2024, 14:09 999.99
O Monumental pasa examen ó Porto do Son. Duelo entre o Cures e os do Emilio García con moitas turbulencias. O Cures caeu en Carreira por 3-1 pero no aspecto positivo plantou unha dura batalla ó Artes a pesar da derrota no seu último partido en casa. Polo que o partido preséntase máis incógnita do que parece. O Porto do Son ven de descansar pero todavía sigue presente a primeira derrota do curso ante o Carreira na casa por 3-4. Carreira cun xogador de campo de porteiro e so 2 suplentes polo que a magnífica temporada ata o momento chega neste encontro a un punto de dúbida e incógnita xa que Sar e Abanqueiro non fallan e ahora hai que dar o todo polo todo. Partido moi moi trampa. Pero o que se xoga os chícharos é o equipo de Quintáns. Pronóstico: 2. 12 Mar 2024, 14:04 999.99
Duelo en Vista Alegre. Abanqueiro e Araño buscan os 3 puntos con ambos en bo momento de forma. Os locais sacaron un dificilísimo e tolo partido en Mirarríos ante o Carcacía (3-4). Partido no que se adiantaron, logo víronse 2 veces por detrás no marcador e lograron o gol da victoria no desconto cun gol de Abrahan. Partido clave onde o Son descansou e a mismos partidos xa está 2 puntos por diante e á espera de que o Sar descanse na última cita. O Araño logo dunha tempada difícil levan 2 victorias consecutivas e ante rivales respetables. Gañaron ó Cordeiro B fora e na última cita venceron por un claro 3-0 ó Lousame e xa con este marcador ó descanso. Boa alegría dos de Rianxo que intentarán acabar con boa imaxe o curso. 9 puntos ca promoción que parecen xa inalcanzables. O Abanqueiro está en modo ascenso directo e todo o que non sea gañar sería unha sorpresa. Eso sí, o ano pasado foi 2-3 para o Araño este encontro. Pronóstico: 1 12 Mar 2024, 13:59 999.99
Carreira e Cures xogan na Guía un partido importante para os locais que veñen acaparando os focos de atención logo de batir ó Porto do Son. Un partido que a pesar dos hándicaps xa que foron sin porteiro e Antonio Campaña tivo que poñerse baixo paus e con só 2 suplentes puxéronse nin máis nin menos que 0-4 no marcador mediado o segundo tempo. O Son no desconto chegouse a poñer 3-4 pero quedáronse sen tempo. Hat-trick de Dani Sieira. O Cures logo do empate co Crocha plantexaron un difícil partido ó Artes e so deron o brazo a torcer no desconto. 3-4 final que os deixan sen premio, estancados e únense a ese grupo de 4-5 equipos que xa se queren ir de vacacions canto antes. O efecto Carreira penso terá a súa continuidade desta vez e distará moito daquel surrealista 5-8 da temporada pasada. Pronóstico: 1. 04 Mar 2024, 15:31 999.99
Artes e Xuño xogarán un partido que ten pinta a bastante vistoso e atractivo. Uns pola notable liga que están facendo e outros polo punch que están tendo nas últimas citas. O Artes venceu no desconto ó Cures no Monumental 3-4. Partido moi disputado e onde o Cures puxo as cousas complicadas. 3-2 ó descanso pero un hat-trick de Alex Castro mete distancia de 3 puntos ó Carcacía ainda que o Carreira sigue á expectativa ca campanada Dada no Son. 3 puntos e golaverage igualado co Artes. 2 plazas de promoción para 3 equipos. O Xuño venceu ó Crocha 4-1. Maior presencia en ataque dos das Furnas e só o porteiro do Crocha impideu máis goles dos amarelos. Favoritismo do Artes pero o Xuño, igual que o Carreira no partido do Son vai sin nada que perder e vexo que poden dar un susto. Pronóstico: 1X. 04 Mar 2024, 15:23 999.99
Duelo moi desigual este da Alta. Crocha e Sar xogan un enfrentamento por 3 puntos que son importantes para os locais para intentar revivir o máis que tocado estado de ánimo e para o Sar para non fallar e esperar erros dos rivales para na última xornada que descansan ter cerrado o ascenso directo na penúltima. O Crocha caeu nas Furnas 4-1. Un partido disputado 15 minutos que foi deixando de ter historia co paso do encontro. O Sar tamén tivo un partido sen historia no segundo tempo pero para ben. 0-0 igualado ó descanso pero no segundo comezaron a caer os goles un tras outro. Ambos a esperar que acabe a liga. Uns para olvidar e outros para a gloria. Pronóstico: 2. 04 Mar 2024, 15:10 999.99
Encontro de 2 equipos que veñen ca moral bastante baixa logo do último partido. Palmeira e Cordeiro B buscarán darse unha alegría. O Cordeiro B xa case queda en terra de ninguén e o Palmeira ten a 7 puntos a promoción. O Palmeira aguantou ata o descanso o marcador sin goles en Extramundi pero na segunda viñeronse abaixo ata o 4-0 definitivo. A promoción está a 7 puntos pero teñen que facer un bo rush final se queren chegar ali. A día de hoxe parece unha quimera. O Cordeiro B está 3 puntos por detrás e xa parece que pouco lle queda importante polo que loitar. Derrota 0-2 na casa ante o Araño que os supera na clasificación. O xogar na casa debería favorecer ó Palmeira, veremos... Pronóstico: 1 04 Mar 2024, 13:05 999.99
Partido de 2 equipos que veñen cun sorriso da última cita ligueira. Araño e Lousame xogarán na Lomba un partido onde quen se xoga máis é o Lousame que se pon a 4 puntos da promoción. O Araño deuse unha alegría vencendo ó Cordeiro B en Valga. 2 goles no tramo final do primeiro tempo deron 3 puntos que animan un pouco ós de Rianxo. O Lousame venceu nun duelo clave ó Carcacía que marca a promoción. Diego Hermo pon a 4 puntos a promoción con 7 citas por diante. Xógase máis o Lousame. Este partido foi o de debut do equipo na tempada pasada, victoria pola mínima 1-0 para os locais, pero de alá a acá cambiaron bastantes cousas. Pronóstico: X2 04 Mar 2024, 10:03 999.99
Duelo moi disputado o que se vivirá en Mirarríos. Carcacía e Abanqueiro xóganse 3 puntos cruciais. O Carcacía xógase o seguir en promoción ou non. Derrota pola mínima no Municipal da Silva ante o Lousame. Un gol de Diego Hermo xusto antes do descanso decantou o partido e que o Carreira ca campanada no Son o iguale a puntos. E hai un Carreira-Carcacía no final de liga con victoria na primeira volta para o Carreira. Non hai marxe xa para errar máis. O Abanqueiro ven de descansar e a xornada favoreceulle en gran parte por esa primeira derrota do Porto do Son. Líder o Sar pero descansa na última xornada polo que todo está nun puño. Partido vital para ambos pode pasar de todo pero o Abanqueiro ven en mellor dinámica. Pronóstico: X2 04 Mar 2024, 09:58 999.99
Sar e Palmeira pechan a xornada en Extramundi. O Sar logrou unha victoria máis traballada do previsto vista a clasificación na Lomba ante o Araño (3-4). O partido parecía cómodo cun 1-3 á media hora de encontro pero o Araño logrou empatar a 10 minutos do final. Reacción rápida dos blanquivermellos que ó minuto do 3-3 meteron o gol da victoria. O Palmeira fixo a heroica logo de que o Xuño o superase ata o desconto, 1-4 se poñían os das Furnas. Pero un gol de Xota e un doblete de Canosa igualaron un partido que estaba perdido a un 99%. Veremos si esta fazaña lles da aire e ánimo na difícil visita a Padrón. Do campo do Sar só escaparon os puntos da derrota ante o Abanqueiro si non estou equivocado. O resto todo victorias polo que se antolla un desafío moi duro para o Palmeira. Pronóstico: 1. 27 Feb 2024, 21:33 999.99
Probablemente o partido da fin de semana. Porto do Son e Carreira xogan un partido onde un sigue defendendo liderado e invicto e o outro é o principal candidato a apear da promoción ó Artes ou Carcacía. Equipo sempre impredecible que tanto pode dar un petardazo cando menos se pensa como pode sair pola porta grande. O Porto do Son solventou con boa nota unha das saidas máis complicadas que lle quedaban de aquí a final de liga. Igualada 2-2 co Artes na Fieiteira onde foron capaces de remontar un 1-0 adverso. Finalmente reparto de puntos e tangana fuerte ó final do encontro con varios implicados de ambos conxuntos. O Carreira ven de descansar na última xornada pero sacaran un bo punto na casa ante o Artes (1-1). Rival complicado para calquera. De ahí que co Carreira todo é posible. 2-4 para o Son na primeira volta. Todo pinta a 1 pero o Carreira pode dar a sorpresa si o Son non está ó 100% centrado. Pronóstico: 1. 27 Feb 2024, 21:28 999.99