Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Noia B e Cures vivirán un duelo de necesidade importante pola victoria ainda que a diferentes alturas na taboa. Os locais perderon 4-1 contra o Artes nun partido que, de meter as 2 claras que tiveron nos primeiros minutos, a película hubese sido moi distinta. Pero ó igual que o día do Aguiño o perdoar pagase caro. O Cures é un dos 3 equipos que todavía non sumou puntos. Ben é certo que 2 dos partidos foron ante os líderes. Pero na última xornada caeron de maneira contundente ante o Araño por 0-3 e según lein por ahí fallando 2 penaltis. Buscarán neste encontro dar a sorpresa. Favorito parece que claramente o Noia B. Pero o ano pasado o Cures foi un dos poucos que no arranque intratable o ano pasado dos do Julio Mato plantaron e aguantaron mellor a este equipo saindo derrotados igualmente pero por 4-2 logo de moitas goleadas abultadas a outros equipos. 05 Oct 2022, 00:47 824.88
Partidazo no Emilio García entre 2 Bos equipos. Os locais quizá sin demasiado brillo pero con oficio levan pleno: 3 de 3. Victoria no Monumental moi apretada e polémica, victoria na casa co Araño que non quedou sentenciada ata o minuto 89 e victoria nas Furnas nun partido nada doado e que tiveron que pelear ata o último segundo co apretado 2-3 final. O Cordeiro B está invicto. Empate na casa contra o Crocha, victoria con exhibición na Guía e victoria non excesivamente brillante polo menos no resultado contra o Lousame. Creo que quizá sexa dos partidos máis imprevisibles en canto a resultado. Porque ambos teñen capacidade de gañarlle ó outro e con claridade dependendo do inspirado que teñan o día. 05 Oct 2022, 00:33 824.88
Partidazo na Guía. Carreira e Puebla B vense as caras nun partido de 2 equipos moi competitivos. Os locais logo de 2 derrotas seguidas necesitan ganar para non perder o tren dos líderes cuns de momento intratables Artes e Porto do Son encabezando a táboa e xa quedándose a 6 puntos deles. Non será nada fácil xa que o Puebla B ven reforzadisimo de gañar o Derby ante o Crocha con 1 xogador menos casi toda a segunda parte e remontando un 0-2. Veñen lanzados e buscarán seguir ca racha para tamén engancharse ó pelotón de cabeza. Partidazo de 2 equipazos. Polas 2 derrotas máis necesaria a victoria para os locais pero non será nada fácil para ningún dos 2 este partido. 05 Oct 2022, 00:26 824.88
Crocha e Aguiño enfrontanse na Alta na tarde do domingo. Golpe durísimo para o Crocha xa que perdeu o derby do Concello índose 0-2 ó descanso a favor e logo quedándose o Puebla B co 10 con 1-2. Patinazo importante e derrota merecida logo de 2 primeiros bos partidos ainda que sin premio de victoria en ambos pero sumando 1 punto en cada un deles. Veremos canto efecto psicolóxico ten o acontecido na última xornada de cara os próximos partidos e ás aspiracións na liga dos de vermello. O Xuventude Aguiño xa ca primeira xornada de descanso completada conta cun empate e unha victoria ante equipos a priori fortes como o Noia B e o Abanqueiro. E o partido ante o Crocha pode aupalos á posicións de honra. Todo parece indicar que pode haber victoria visitante. Veremos canta capacidade de reacción teñen os locais para facerlle o partido máis ou menos difícil para os da Tasca. 05 Oct 2022, 00:22 824.88
Duelo de equipos procedentes da Segunda Autonómica en horas baixas. Abanqueiro e Cidade de Ribeira B xogan en Vista Alegre na parte baixa da taboa. Os locais perderon na Tasca pero dando bastante boa imaxen e cun xogador de campo de porteiro 40 minutos xa que o porteiro que estivo foi expulsado e o outro estaba cumplindo partido de sanción por ser expulsado na xornada anterior segundo a acta do encontro. De todas formas e con esas dificultades un 2-1 nun difícil campo que quizáis albergue esperanzas de cara a este encontro. Os visitantes volven da xornada de descanso con todo por facer. 2 derrotas e 8 goles en contra non é un bo comezo para os da Fieiteira e urxe sacar un bo resultado. O que gañe complicaralle moito a película ó outro e seralle moi difícil ó derrotado recuperar o terreo perdido. Calqueira resultado é posible. 05 Oct 2022, 00:14 824.88
Araño e Xuño vense as caras na Lomba nun duelo bastante interesante para ver. Os da Lomba veñen de gañar 0-3 no difícil Monumental de Pomar do Río, Farrah con 2 tantos erixiuse como un dos protagonistas do encontro. E non teñen un partido sinxelo precisamente, pero de gañalo, empezarán a subir como a espuma. Os visitantes plantaronlle cara ó imbatido Porto do Son indo por diante mediada a segunda parte. Pero un tramo final do Porto do Son onde apretaron os dentes deixoulles sin sumar ós das Furnas, pero sudaron tinta. Quizá sexa un 1 polo factor local dos de Rianxo, pero o pronóstico non é nada claro. 05 Oct 2022, 00:06 824.88
Abrese a cuarta xornada no Municipal da Silva. Lousame e Palmeira loitarán polos puntos en traxectorias ben distintas. Os locais todavía non lograron puntuar pero veñen con sensacións distintas e irregulares. No primeiro partido perderon pola mínima co Araño, no segundo claramente o peor dos 3 disputados cunha contundente derrota na casa por 0-4 ante un Xuño á alza. E no último ainda sin seguir sumando perderon 2-0 aguantando un tempo a un dos equipos fortes da categoría como o Cordeiro B. O Palmeira sigue de dulce e logo do empate na Alta fixeron un bastante bo partido ante un dos favoritos como o Carreira gañando 3-2. O 2-1 que fixo Pablo Viturro xa mereceu pasar toda a tarde en Ventín. Que recurso de crack e que golazo. Todo pinta a victoria visitante. Veremos... 05 Oct 2022, 00:01 824.88
O Monumental vivirá un duelo de concellos veciños. Cures e Araño xogarán en Pomar do Río un partido interesante. Os locais non sumaron nas 2 primeiras xornadas pero quizáis mereceron sacar algún punto, especialmente na primeira xornada contra o Son onde os do Emilio García sufriron moito. Os visitantes logo de gañar na primeira xornada, caeron na súa visita precisamente ante o Porto do Son. Partido que foi sentenciado co 3-1 final no último minuto do tempo reglamentario. Partido igualado, con maior urxencia para sumar dos locais. 29 Sep 2022, 16:27 815.91
Duelo de equipos que o ano pasado estiveron na Segunda Autonómica. Xuventude Aguiño e Abanqueiro xogan na Tasca un partido no que ambos equipos chegan con sensacións un tanto distintas. Os locais descansaron pero siguen co regustillo de igualar no desconto un 1-3 ante ademáis un equipo moi forte como o Noia B. O Abanqueiro suma un punto en 2 partidos pero levan xa 9 goles encaixados. No partido en Ventin o resultado quizáis foi un pouco abultado para o visto no partido. Pero na casa contra o Puebla B logo de ir 3-1, empataron e acabaron pedindo a hora logo da expulsión do seu porteiro. Logo de ver ambos partidos dos de Vista Alegre peores sensacións do segundo partido respecto ó primeiro. Favorito o Aguiño, equipo que xa tendo calidad de por sí faise máis forte como local. 29 Sep 2022, 16:20 815.91
Outro derby. Neste caso no Concello de Porto do Son. Xuño e Porto do Son chegan en plena forma a este encontro. Os locais acabaron de descubrirse ca súa progresiva mellora endosando un aplastante 0-4 en Lousame e chegan nun momento moi dulce. Os visitantes levan pleno de victorias xunto co Artes e buscarán manter esta posición de privilexio. O ano pasado fora 0-10. Este ano ten toda a pinta que nin de broma se producirá este resultado. Favorito o Son pero o Xuño venderá cara a súa pel. 29 Sep 2022, 16:15 815.91
Cordeiro B e Lousame vense as caras no Municipal de Campaña. O Cordeiro B ven de gañar dando unha cátedra de fútbol na parte final do encontro contra un dos favoritos ó ascenso como o Carreira e vai claramente á alza. O Lousame sufriu un malísimo resultado na casa contra o Xuño. Contundente 0-4 dos das Furnas que deixa malas sensacións nos de Lousame logo da axustada derrota contra o Araño. Polo visto nas 2 primeiras xornadas, claro favorito ós de Valga. 29 Sep 2022, 16:11 815.91
Derby do Concello da Pobra para o mediodía do domingo. Puebla B e Crocha xogarán un duelo electrizante. Os que serán locais veñen de debutar (xa que descansaron na primeira xornada) cun empate a 3 contra o Abanqueiro. Moitas imprecisións de ambos conxuntos con goles de erros moi evitables. Na segunda parte o Puebla B a pesar de ir 3-1 abaixo foron comendo terreo e OS locais condicionados máis si cabe pola expulsión do seu porteiro acabaron pedindo a hora e sufrindo unha barbaridade. Punto que sabe a pouco ós pobrenses sumados a un penalti non pitado e un gol anulado que non era que a árbitro non apreciou. O Crocha está facendo bastante bo papel. 2 empates facendoo moi ben ante 2 moi bos equipos como o Cordeiro B (que venlle de dar un repaso ó Carreira no seu campo) e ante o Palmeira (que arrasou ó Abanqueiro en Ventin na xornada inaugural). O equipo está rendindo bastante ben e buscara un bo resultado no derby do Concello. Un derby nunca ten favoritos polo tanto todo é posible este domingo en Cadreche. 29 Sep 2022, 16:06 815.91
Outro dos partidazos da xornada. Palmeira e Carreira xogan no campo de Ventin. Os locais veñen de colleitar un empate na Alta contra un Crocha que non lle puxo as cousas nada fáciles. Os visitantes sufriron ainda un resultado peor que o seu rival desta xornada. Derrota na súa casa da Guía por 0-2 ante un Cordeiro B que parece ser na última media hora deu unha exhibición de fútbol. Ambos equipos buscan reacción. Partido que será moi entretido de ver. Ainda que so están separados 1 punto na taboa, o mal sabor de boca do partido de Guía parece que esixe rápida resposta dos de Carreira para olvidar ese borrón. Calqueira resultado se pode dar neste partido. 29 Sep 2022, 15:56 815.91
Partidazo para abrir a xornada o sábado pola mañán. Artes e Noia B vense as caras novamente no Anexo da Fieiteira. Os locais xunto co Porto do Son únicos equipos que sumaron todo. Cun bloque en gran medida dos últimos anos tanto en Segunda como incluso do ano do ascenso a Segunda son dos equipos favoritos a conseguir ese ascenso. Victoria na última xornada contra un combativo Cures. O Noia B é outro dos equipos moi fortes. O Cidade de Ribeira B sufreu nas súas carnes o infernal ritmo que imprimen os do Anexo de San Lázaro. Partido moi difícil para ambos conxuntos. Sin pronóstico claro. 29 Sep 2022, 15:52 815.91
Péchase a xornada na Guía. Carreira e Cordeiro B xogarán un dos partidazos da xornada. Os locais volveron vencedores do difícil campo das Furnas. Millares e Container sumaron sendos dobletes. Os visitantes empataron no Municipal de Baño ante o Crocha. Puxeronse por diante no treito inicial de encontro pero un penalti devolveu a igualada. Partido moi equilibrado que pudo levar calquera aínda que tiveron máis ocasións os de Valga. Favorito o Carreira pero o Cordeiro B xa demostrou o ano pasado que é capaz de sacar bos resultados de calquera sitio. 22 Sep 2022, 00:28 807.40
Bo partido no Emilio García. Porto do Son e Araño iniciaron a liga gañando e procurarán seguir mantendo esa racha. Os locais sairon vivos do Monumental de Pomar do Rio cun 1-2 que lles fixo sudar tinta. O Cures deu moitísima guerra e un gol bastante dudoso por fora de xogo fixo respirar de alivio ós do Son nunha proba das de nivel. O Araño logo da resaca da Guadalupe como eles mismos puxeron na súas redes sociais conseguiron iniciar a liga sumando 3 puntos que, de non habelos conseguido, logo podían habelos botado de menos máis adiante na competición. Favorito o Son en principio pero o Araño venderá cara a súa pel seguro. 22 Sep 2022, 00:20 807.40
Derbi de veciños na Alta. Crocha e Palmeira disputarán un partidazo ca Alta como testigo. Os locais rascaron un bo punto en Valga nun partido que se lles puxo difícil co 1-0 no treito inicial do encontro. Un penalti bastante claro no segundo tempo devolveu a igualada durante uns 90 minutos con alternativas e bastante igualado como á postre reflexou o marcador. O Palmeira defenderá liderado ca moral polas nubes logo do 6-1 que lle endosou o Abanqueiro cunha demostración de bastante bo xogo, pegada e puntería. Partido igualado. A moral quizá dealle o cartel de favorito ós visitantes pero o Crocha é capaz de calquer cousa. 22 Sep 2022, 00:15 807.40
Moitos irán ca comida na boca para este partido. Artes e Cures xogarán no Anexo da Fieiteira ás 4 menos cuarto da tarde do domingo. Horario moi atípico pero xogando na Fieiteira e logo tocándolle xogar ó Cidade de Ribeira ás 6 e media non queda máis remedio. Os locais veñen en plena forma logo de gañar o duelo local contra o Cidade de Ribeira B remontando o 1-0 en contra inicial. O Cures deu moitísima guerra a un dos favoritos como é o Porto do Son e só un gol parece ser que en fora de xogo dos visitantes lles deixou sin sumar. Favorito parece o Artes pero o Cures pode dar sustos a máis de un. 22 Sep 2022, 00:09 807.40
Partidazo de filiais no Anexo de San Lázaro. Cruido Noia B e Cidade de Ribeira B loitarán pola victoria e ambos veñen con reveses da xornada inicial. Os locais logo de ir 0-2 e 1-3 na Tasca perderon 2 puntos no desconto. Os visitantes logo de ir 1-0 ó descanso ante o Artes nos 15 primeiros minutos do segundo acto os de verde e blanco meteron 3 goles facendo ir de vacío ós da Fieiteira. Favorito quizá o Noia B por ser local, pero todo é posible neste encontro. 22 Sep 2022, 00:04 807.40
Bo partido o que se poderá presenciar en Vista Alegre. Abanqueiro e Puebla B medirán forzas para sumar os 3 primeiros puntos ó casillero. Os locais levaron un duro revolcón na visita a Ventin. Entre a pouca finalización de xogadas en ataque e o xogo e pegada do Palmeira levaron un resultado que, quitando o desfonde dos últimos 10 minutos de partido sumado a que entrou casi todo o que se tirou ás porterías nese tempo (2-0 iba a cousa no minuto 75), o partido con un 3-1 ou un 4-1 quizáis sería máis axustado á realidade dentro do notable dominio dos locais. O Puebla B descansou e debuta na liga. Bastantes cambios no conxunto de Óscar Iglesias. Veremos canto se notan as baixas dos Isaías, Ventura e Joel que colleron rumbo para A Fieiteira aínda que tamén teñen boas incorporacións como a chegada de Subi que fixo o camiño inverso das 3 baixas citadas anteriormente ou a chegada de Óscar que xogou os primeiros partidos da liga pasada no Crocha. Tamén veremos o que ven desde Xuveniles que complementará á plantilla do B e veremos si o A leva xente do B como fixo con Balotelli nas 2 primeiras xornadas de liga habendo conseguido xa 1 gol. Veremos si os locales son capaces de levantarse do golpe e si os visitantes non acusan os cambios no plantel deste verán e os que poden surxir na temporada si o A chama á porta. Sin favorito para este encontro. 21 Sep 2022, 23:46 807.40