| Pois de aquí sale un ascenso directo. Ou vai para Boiro ou para Padrón.
Porto do Son e Abanqueiro xogan o partido máis electrizante, vibrante e decisivo desta tempada 2023-2024.
O Porto do Son noutro tolo partido dos que suele haber en Lousame venceu 4-5 ós da Silva. 4 goles de Adrián Santos que fai uns números espectaculares pero que parece non lle darán o título de pichichi da liga.
O Abanqueiro gañou pola mínima ó Carreira nun partido moi igualado e onde un gol de Alex Places a 15 do final fai depender de sí mesmo ós de laranxa na última cita do curso.
POSIBILIDADES NA ÚLTIMA XORNADA
Porto do Son
- Faga o que faga será 3° co que, polo menos, terá factor campo na Semifinal veremos si se clasifica para a Final polo ascenso. Xa ten rival que será o Artes, xa que o Carreira non o pode superar na clasificación. Semifinal primeiro na Fieiteira e volta no Emilio García.
Abanqueiro
* SE GAÑA: Campeón de liga e ascenso directo a Segunda Autonómica.
* SE EMPATA OU PERDE: Título ligueiro e ascenso para o CD Sar e Abanqueiro irá 2° á Fase de Ascenso contra o Carreira.
Moita sorte a Porto do Son e Abanqueiro no partido e moita sorte para o CD Sar no que este partido lles supoña para eles.
Pronóstico: 1X2. |
22 Abr 2024, 22:29 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Nin me vai nin me ven sinceramente o que suba, que o faga quen o merezca. Máis ben é un aviso porque aquel invencible Son que foi o último equipo en colleitar a súa primeira derrota nesta liga perdeu co Carreira que levaba só 2 suplentes e un porteiro que é xogador de campo. A partir de ahí con esa derrota e un par de empates entre medias veuse a remolque de Sar e Abanqueiro ca estocada final en Extramundi.
De feito o Sar sudou nos 2 partidos contra eles. En Extramundi 5-3 e parece ser que de maneira bastante polémica e na Guía 2-3, remontando un 2-1 e metendo o da victoria nos últimos minutos de encontro.
O Abanqueiro ten un fin de liga difícil e si saca os 3 encontros (contando que un deles xa o sacou como foi o do Artes na Fieiteira) é máis que xusto campeón. De feito o meu punto de vista e o que creo que vai pasar é que non vai fallar ningún dos 2, pero o Carreira cun plantel e convocatorias bastante xustas está dando o callo e de qué maneira.
Calqueira dos 2 merecerá ascender e por 2 vías Ben distintas: o Sar por ter 2 xogadores (xunto co traballo de equipo) que lle meteron máis da metade dos goles que levan en liga e o Abanqueiro por encaixar menos goles que partidos disputados, mérito de Jorge o porteiro habitual do Abanqueiro e o traballo tamén do equipo xunto cos goles de Óscar e compañía. No enfrentamento directo entre eles ambos levaron un partido (polo que lein na crónica do partido de Vista Alegre o Abanqueiro non mereceu perder aquel partido) pero a fin de contas os resultados para ben ou mal son os que mandan.
O dito: Eu penso que haberá un gran final de liga con ese Porto do Son - Abanqueiro que vai ser emocionante para calquera que lle guste este deporte. De Sar ou Abanqueiro pois quen o leve será máis que xusto campeón. |
16 Abr 2024, 13:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Carcacía e Artes xogan en Mirarríos outro partido sin prácticamente nada en xogo quitando a posición final do Artes na promoción, si será 4° ou 5°.
O Carcacía desfondouse totalmente no tramo final de curso e quedou sin opcións xa de promoción. Levan sin gañar desde finales de febreiro e tamén se ve no desánimo do plantel con convocatorias moi xustas de efectivos. 12-13 xogadores levan últimamente. Na última cita empate 1-1 contra o colista Crocha no que comezaron por detrás no marcador pero Xairo logrou empatar. Partido igualado pero no que quizá o Crocha mereceu un pouco de mellor sorte.
O Artes tiña máis siareiros dos normais o domingo pasado. Desde Extramundi o vermello mezclábase co verde dos de Ribeira para que lles botase unha man para vencer ó Abanqueiro pero os de Boiro levaron o gato á auga. 0-2 onde os laranxas principalmente nunha sólida defensa deixaron a súa portería a cero unha vez máis ante o equipo máis goleador do curso que ten meritazo.
O dito: o Artes será 4° ou 5° dependendo do que fagan eles e o Carreira nestes 2 encontros. A empate a puntos quedaría por encima o Artes por gañar o golaverage particular (5-0 na Fieiteira e 1-1 na Guía). O Carcacía preocupa polas sensacións, a tendencia e os poucos efectivos disponibles.
Pronóstico: X2. |
16 Abr 2024, 00:04 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Araño e Crocha xogan na Lomba un partido onde a distintos niveles e moito máis o local que o visitante están dando a súa mellor versión do curso.
O Araño tírase dos pelos ca discreta primeira volta realizada. 15 puntos nesta segunda que poden ser 21 e 12 na primeira máis os problemas internos no banquillo que houbo que fixeron que ese tramo intermedio de ano lastrase ó equipo de Rianxo neste curso. Victoria contundente no resultado (0-4) ante o Palmeira nunha Fieiteira onde deixaron puntos varios dos primeiros clasificados.
O Crocha pechará a tabla neste ano xa matemáticamente pero no último encontro ante o Carcacía xogaron un moi bo partido e só o non aproveitar as 3-4 ocasións claras que tiveron os privaron da victoria. O orde e a solidariedade de equipo que brillou pola súa ausencia na maior parte de liga apareceu dende o empate do Cures e aínda que non se ve traducido en puntos hai pequenos brotes verdes. Entre Xuveniles e xogadores clave que apenas puderon xogar por motivos de traballo vense cousas con reivindicación dalgúns xogadores que non contaron con moitas oportunidades no curso. Empate 1-1 ante un Carcacía que matemáticamente será equipo de 3° Autonómica un ano máis. A volta a Segunda Autonómica terá que esperar.
Nada en xogo simplemente que o Araño poida acabar 6°. O Crocha ten chispazos de mellora pero os da Lomba están acabando moi ben o curso.
Pronóstico: 1X. |
15 Abr 2024, 23:53 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Cordeiro B e Cures xogan un partido para intentar darse unha alegría nun ano moi difícil para ambos.
Os locais xa medio a levaron empatando na casa do 3° clasificado Porto do Son. Pequena alegría que por outra parte ese empate non desfai a racha de case 1 volta sen gañar (14 de Xaneiro frente o Xuño).
O Cures situación parecida ó seu rival. Perderon 0-5 ante o Sar e para colmo de males tivose que retirar o único porteiro que tiñan á media hora e o seu capitán Iván xogou de porteiro. Si o Cordeiro B leva casi 1 volta sin gañar o Cures neste partido leva a volta enteira. Última victoria ante o seu rival deste fin de semana por 2-0 no Monumental (17 de decembro). Non se sentarán nin adestrador nin delegado ambos expulsados no último partido. Veremos quen se pon no banquillo.
Todo é posible. Unha pequeña alegría para algún dos 2 ou que a lei de Murphy faga das súas e ambos prolonguen un partido máis a súa mala xeira.
Pronóstico: 1X2. |
15 Abr 2024, 23:41 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Lousame e Porto do Son chegan xa sin opcións de mellorar en liga regular (o Lousame pode ser 6° pero non poden optar a xogarse nada importante) e pasarán un partido de trámite tendo como único obxectivo as posibles probaturas do Porto do Son de cara á fase de ascenso.
O Lousame rematou o seu soño das remotas opcións de promoción caendo ante o último equipo que confirmou a súa plaza na mesma: o Carreira. Derrota 5-2 onde foron capaces de poñerse 1-2 mediado o segundo tempo pero non resistiron e acabaron caendo.
O Porto do Son nas tamén escasas opcións de ascenso directo que tiñan, pincharon sorprendentemente ante o Cordeiro B que leva sin gañar desde xaneiro. O KO da semana pasada en Extramundi acabou por terminar de levar á lona ós de Quintáns neste partido. O Son é o único dos de promoción que xa ten a súa posición confirmada. Será 3° e terá factor campo na Semifinal (veremos si accede á final si o ten ou non si se enfrentase do que caia de Abanqueiro ou Sar si pasase na outra semifinal), o rival tampouco está claro porque Carreira e Artes están agora empatados a puntos. Neste momento enfrontaríanse ó Artes que a empate a puntos o golaverage particular é para os verdiblancos (5-0 e 1-1).
Fin de curso na liga regular, menos tensións (ata que chegue maio para os do Emilio García) e maior probabilidade de que se de calquera resultado.
Pronóstico: X2. |
15 Abr 2024, 22:38 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido que pode dar un ascenso con bastante pensamento en Extramundi.
Abanqueiro e Carreira disputan un partido clave para decidir (ou non) o equipo que ascenderá directo e xogará o ano que ven con todas as da lei en Segunda Autonómica.
O Abanqueiro salvou unha papeleta moi moi complicada na súa visita á Fieiteira ante o Artes. 0-2 dun campo onde non escaparon moitos puntos. Cimentaron o triunfo nunha das súas armas principales que é o non encaixar e onde acabarán como o conxunto menos goleado cun Jorge Maroñas que pechou o candado en gran parte dos encontros da tempada e tamén con algunha participación de Yago Araujo aínda que o primeiro xogou a meirande parte dos encontros. O outro punto importante foi ter un bo ataque onde Óscar con 16 tantos destacou pero marcaron bastantes efectivos do equipo como Jano, Raúl ou Alex Places.
O Carreira certificou na última xornada a súa presenza na fase de ascenso. Victoria 5-2 ante o Lousame que tivo que remontar un 1-2 pero o Carreira é impredecible e un peligro en calquera momento. Tendencia moi similar á do ano pasado: unha primeira volta reguleira pero unha segunda impresionante e neste ano máis meritorio si cabe ca desbandada de principio de tempada que non auguraba nada bo pero confirmaron a plaza na fase de ascenso. Esperemos que non se vexan máis mermados xa que o ano pasado perderon moitos efectivos nese momento clave e caeron ante o Noia Cruido.
As cábalas detalladas quitando ó CD Sar que xoga o seu último partido de liga faranse na última xornada aquí nestas liñas, pero resumindo: a opción de proclamarse campeón do Abanqueiro pasa principalmente porque non gañe o CD Sar. Si os laranxas gañan e o Sar non o fai teremos título e ascenso para os de Boiro a falta dunha xornada. Sinon todo quedará para o definitivo Porto do Son - Abanqueiro da semana que ven.
Ollo que non todo está feito e o Carreira abriulle unha hemorraxia a aquel invencible Porto do Son alá non fai tanto no momento menos predecible e iso trastocou a liga. Así que o Abanqueiro debe estar totalmente a tope para evitar sorpresas e, no peor dos casos, xogarse o ascenso no Son.
Pronóstico: 1X2. |
15 Abr 2024, 22:20 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido clave onde pode haber ascenso directo.
CD Sar e Xuño xogan en Extramundi onde os locais xóganse facer os deberes e estar á expectativa na última xornada ou inclusive si o Carreira fai un favor proclamarse campeóns e ascender directamente neste último partido que xogan, xa que descansan na última xornada de liga.
Os blanquivermellos gañaron moi fácil 0-5 en Cures. Iban 0-2 xa ó descanso e aparte o porteiro do Cures foi sustituido á media hora de xogo polo que o capi tivose que poñer de porteiro. Dani Ramos e Teiga entre os máximos goleadores da liga con 16 e 22 goles sendo este último pichichi da competición.
O Xuño ven de descansar pero intentarán dar guerra máis aínda vindo de vencer ó Cures na xornada antes de que descansasen por 4-2.
Como nesta xornada un dos equipos acaba a súa participación en liga imos cas opcións que teñen neste último partido que xogan.
OPCIÓNS DO SAR EN LIGA:
- Si GAÑA:
* En caso de victoria e victoria do Abanqueiro fronte ó Carreira para ascender ten que empatar ou perder o Abanqueiro no Son na última xornada.
Outra opción de ascenso directo do Sar e que o Abanqueiro non gañe contra o Carreira co que na última xornada non se xogaria nada no Porto do Son - Abanqueiro.
Con calquera destas 2 combinacions ascenso directo para o CD Sar.
Si gaña o Abanqueiro os 2 partidos ascenso directo para o Abanqueiro.
- Si EMPATA:
* A cousa pode quedar vista para sentencia tamén. Si o Abanqueiro gaña ó Carreira empatarían a puntos e ascenden os laranxas por golaverage particular (2-4 en Extramundi dos de Boiro e 1-2 do Sar en Vista Alegre) e non faría falta a última xornada. Si empata ou perde o Abanqueiro queda todo para a última cita en liga onde teria que gañar si ou si o Abanqueiro no Son.
- Si PERDE:
* O CD Sar despediríase do ascenso directo si gana o Abanqueiro. Si empata valeríallle ó Abanqueiro a victoria e o empate no Son a semana que ven.
Todo pinta a que o Sar fará os deberes e obligará a facer os seus ó Abanqueiro.
Pronóstico: 1. |
15 Abr 2024, 19:29 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O partidazo da fin de semana e unha chave inesperada polo ascenso directo para 2 equipos e de maneira remota un terceiro.
Artes e Abanqueiro xogan na Fieiteira un partido que pode facer cantar o alirón a semana que ven ó CD Sar. Si vencen os verdiblancos e gana o Sar en Cures haberá punto de partido e de ascenso directo para os de Extramundi.
O Artes goleu con comodidade 0-4 a un Lousame que se xogaba as opcións de promoción. 0-2 en 7 minutos e 0-3 ó descanso. Certificaron matemáticamente un ano máis a súa presenza na promoción de ascenso. A dia de hoxe xogarán contra o Porto do Son.
O Abanqueiro costoulle un pouquiño abrir a lata ante o Crocha, tanto como 40 minutos pero 2 goles nos 5 ultimos minutos do primeiro tempo romperon a resistencia dos visitantes. A segunda parte de máis comodidad ata o definitivo 5-1.
O Artes xuiz do ascenso directo. O Abanqueiro necesita gañar para depender de si mismo na última cita.
Pronóstico: 1X2. |
09 Abr 2024, 14:54 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Crocha e Carcacía xogarán un partido na Alta tamén de baixo estado de ánimo.
O Crocha ven de encaixar un 5-1 contra o Abanqueiro. Aguantaron 40 minutos de encontro pero 2 tantos antes do descanso xa os desarmaron.
O Carcacía necesita un milagro casi imposible. 8 puntos de distancia do 5° posto con 9 por xogarse. Si puntúa o Carreira ante o Lousame serán equipo de 3° Autonómica un ano máis. Empate 2-2 ante o Palmeira que puido ser peor porque igualaron un 0-2 nos últimos minutos nun bo rush final.
O Crocha da sinais leves de que compite algo máis que fai unhas xornadas pero non lles da para puntuar. O Carcacía quererá acabar o mellor posible a tempada.
Pronóstico: X2. |
09 Abr 2024, 14:43 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido onde o único interés será quen queda por riba da clasificación dos 2 ó final desta xornada.
Palmeira e Araño xogan un partido que pode ser bastante atractivo, máis aínda si non se xogan nada porque irán sin miramentos.
O Palmeira perdeu 2 puntos nos últimos minutos en Mirarríos. Tiñan unha cómoda renta de 0-2 pero no espacio que vai do minuto 87 ó 88 viron como lles empataron o partido.
O Araño ven de descansar pero prometen seguir dando guerra para acabar a temporada con moi bo sabor de boca. Boa mostra disto é o 4-0 endosado ó Carcacía na Lomba no seu último encontro.
Pode pasar de todo e o Palmeira ven dun 7-5 non fai moito.
Pronóstico: 1X2. |
09 Abr 2024, 14:38 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Carreira e Lousame xogan un partido con menos alicientes dos que había antes de comenzar a xornada pasada.
O Carreira con escasos efectivos sigue encadeando triunfos. Victoria por 1-2 onde Piñeiro e Cadórniga remontaron o gol inicial de Hugo Varela. Con 1 empate certifican a súa presenza na fase de ascenso xa que manterían os 7 puntos de distancia quedando 6 en xogo.
O Lousame necesitaba sacar un bo resultado do seu partido ante o Artes na Silva pero caeron por un contundente 0-4. Con 0-3 ó descanso a cousa xa estaba vista para sentencia. Necesitan un milagro de gañar todo o que queda e que o Carreira teña unha debacle no que queda.
6-2 na primeira volta para o Lousame pero creo que o 0-4 ante o Artes deixou tocado ó Lousame. Victoria local.
Pronóstico: 1. |
09 Abr 2024, 14:31 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Porto do Son e Cordeiro B xogan no Emilio García un partido con estado de baixón para ambos.
Os locais no duelo clave da liga caeron 4-0 ante o CD Sar. 0-0 cas espadas en alto ó descanso pero a segunda parte foi blanquivermella deixando casi fora da pelexa polo ascenso directo ós de Quintáns. Unha victoria en Cures dos de Padrón os relega á promoción que a día de hoxe xogarían contra o Artes.
O Cordeiro B leva tempo xa de costa abaixo na liga. Derrota por un apretado 1-2 ante o Carreira. Puxéronse 1-0 cun gol de Hugo Varela pero remontaron a 10 minutos do final os da Guía.
O Porto do Son quererá apurar tódalas opcións posibles, o Cordeiro B non se xoga nada quitando que ten ó Cures 2 puntos por detrás.
Pronóstico: 1 |
09 Abr 2024, 14:14 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Cures e Sar xogan no Monumental con miras moi distintas.
O Cures caeu na súa visita ás Furnas por 4-2 ante o Xuño. 2-0 en contra antes do descanso e pese a achegarse 2-1 e 3-2 Campai sentenciou no último minuto.
O Sar na primeira das chaves do ascenso directo goleou 4-0 ó Porto do Son. Con este resultado e gañando en Pomar do Río deixan sen opción de ascenso directo ós do Emilio García. 0-0 estivo a cousa igualada ó descanso pero na segunda impuxéronse os de Padrón. 2 goles de Nicolás Vázquez Xuvenil que está rompendo os rexistros goleadores en Segunda Xuvenil que anda na frioleira dos 40 goles en liga e cos 2 da ultima xornada leva 3 en Senior.
O Cures aínda sendo o Monumental non o vexo para inquedar a un Sar que se xogará a semana que ven na casa o ascenso directo, e que si o Artes lles fai un favor contra o Abanqueiro nesta xornada, a semana que ven poderían ser equipo de Segunda ante o Xuño en Extramundi.
Pronóstico: 2. |
09 Abr 2024, 14:07 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Abanqueiro e Crocha xogan en Vista Alegre un duelo bastante desequilibrado.
O Abanqueiro sacou os 3 puntos dun campo onde poucos venceron e onde os compañeiros de vagón na clasificación a excepción do Sar só sacaron 1 punto como moito. Victoria 0-1 e nesta xornada estarán moi pendentes do que pase en Extramundi entre o CD Sar e o Porto do Son.
O Crocha polo menos en marcador está un pouco mellor que fai un tempo e enganchou 2 empates nas últimas citas pero a cousa non da para moito máis. Casi consiguen outro empate ante o Lousame chegando a estar 1-1 mediado o segundo tempo pero a victoria foi xusta para os da Silva. Temporada negra e catastrófica para os da Pobra con só 5 puntos en liga.
Na primeira volta 0-8 para o Abanqueiro. Non sabemos si o potencial dos de Vista Alegre da para chegar a ese resultado de novo. Veremos si o Crocha mellorou algo defensivamente nas últimas citas que parece algo máis melloraron. O Abanqueiro ten 2 baixas por acumulación de 2 titulares como son Lois e Óscar. Pero con todo esto non ver unha victoria local sería a campanada do ano.
Pronóstico: 1 |
02 Abr 2024, 15:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Carcacía e Palmeira xogarán en Mirarríos nun duelo de bastantes frustracións.
O Carcacía levou un doloroso 4-0 da Lomba ante o Araño que casi lle pon as cousas en chino ós verdiblancos para entrar na promoción. Son 6 puntos de distancia e a pesar de que se enfrenta co que marca o último posto de promocion que e o Carreira xogan fora da casa e na ida xa perderon 3-5. Toca un milagro nestas 4 últimas xornadas ou o soño de volver de novo a segunda terá que esperar polo menos 1 ano.
O Palmeira polo menos no resultado fixo sufrir a un dos candidatos ó ascenso como é o Abanqueiro. Derrota pola mínima 0-1 e o Abanqueiro foi o único equipo xunto co Sar que levou os 3 puntos da Fieiteira dos equipos de arriba. De todas formas quédanse en terra de ninguén e sen obxectivos.
Duelo que por nombre sona ben pero onde ambos rendiron probablemente por debaixo do que se esperaba a principio de liga
Pronóstico: 1X. |
02 Abr 2024, 14:45 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois xunto co Porto do Son - Abanqueiro da última xornada as 2 chaves que abren a porta da Segunda Autonómica directamente a 1 dos 3 candidatos.
CD Sar e Porto do Son xóganse media liga neste encontro e casi que solo lles vale gañar porque o empate faría depender de si mesmo ó Abanqueiro a expensas de como cheguen á última xornada habendo un pinchazo con algún outro rival que antóllase bastante difícil.
O CD Sar xa safou dunha boa no seu desplazamento ata a Guia en Carreira. Victoria por 2-3 onde tiveron que remontar un 2-1 e onde Sergio Manteiga con 2 tantos se pon ademáis pichichi da competición con 19 goles. Moi probablemente salvaron o encontro máis difícil do que lle quedaba de curso. Recordemos que na última xornada descansan e teñen que ir cos deberes feitos ou casi feitos.
O Porto do Son no derby ante o Xuño que tanto recelo tiñan de como había mellorado o seu veciño desfixéronse con moitos menos atrancos dos previstos. 6-0 onde con 4-0 ó descanso xa deixaron todo máis que finiquitado.
Pois a metade da liga xógase acá. 1-1 no Emilio García e o que sala de aquí orientará bastantes das cábalas a ese Porto do Son - Abanqueiro que pon o punto e final á liga e dará o ascenso a un destes 2 equipos ou ó Abanqueiro que estará moi pendente do que pase.
Sorte ós 2 equipos.
Pronóstico: 1X2. |
02 Abr 2024, 14:37 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Cordeiro B e Carreira xogan no Municipal de Campaña con pouco que xogarse os locais e onde os visitantes teñen que empezar a non relaxarse máis se cabe de cara a semana que ven.
O Cordeiro B caeu por 5-1 na Fieiteira ante o Artes. Partido onde os blanquiverdes foronse impoñendo co paso dos minutos.
O Carreira no que se presumía un dos partidos máis difíciles para o líder CD Sar caeu por 2-3 nun partido que non se decideu ata case o final. 2-1 púxose o Carreira iniciado o segundo tempo pero no treito final un doblete do actual máximo goleador da liga Sergio Manteiga fixo que o Carreira quédese a 4 puntos do primeiro que estaría fora da zona de promoción que é o Lousame co cal se enfrenta a semana que ven.
Por este motivo o Carreira non debe relaxarse para, no peor dos casos, ter ese colchón de 4 puntos para a próxima cita ligueira.
Pronóstico: 2. |
02 Abr 2024, 14:23 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo nas Furnas de 2 clásicos da Terceira Autonómica.
Xuño e Cures vivirán un duelo dos xenuinos de terra e loita.
O Xuño nas últimas xornadas parece que se desinflou desde a victoria ante o Crocha. Derrota contundente por 6-0 no derby ante o Porto do Son.
O Cures descansou na última xornada pero tamén levou un 0-3 ante o mesmo Porto do Son no Monumental se ben os 3 goles caeron nos últimos 10 minutos de encontro.
Entre o desinfle de uns e o irregular de outros onde un día desaparecen e outro dia a pesar do 0-3 manteñen batalla ata case o final todo é posible neste encontro.
Pronóstico: 1X2. |
02 Abr 2024, 14:18 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
|
Duelo na Silva onde os locais siguen apurando as opcións de promoción e os visitantes buscan a mellor posición posible nela.
O Lousame venceu na Alta ó Crocha por 1-2. Partido con máis dominio do Lousame pero que o Crocha logrou igualar a 1 pero un doblete de Diego Hermo que se pon nas plazas altas de goleadores da liga mantén as opcións de promoción.
O Artes goleou 5-1 ó Cordeiro B, partido no cal foron impoñendo o seu dominio e os goles foron chegando igualmente co paso dos minutos.
Xógase máis o Lousame: 4 puntos da promoción e hai un Carreira - Lousame na próxima xornada. O Artes xógase algo menos que o seu rival pero sempre é un rival perigoso. O ano pasado neste escenario victoria pola mínima 0-1 si non recordo mal.
Pronóstico: 1X2. |
02 Abr 2024, 14:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|