| Partido nunhas Furnas que como sexa ali o partido ca previsión que hai veremos que pasa. Coma sempre ante estas previsions quenta a Trinidade na banda por se acaso.
Xuño e Cidade Ribeira B xogan un partido onde ambos equipos cambiaron algo as sensacións respecto de como viñan nos últimos partidos.
O Xuño colleitou unha nova derrota pero chegaron a ir 2 veces por diante e 2-3 mediado o segundo tempo na Tasca contra o Aguiño. Finalmente fincaron rodilla a terra co 5-3 final. Xa ten feito partidos parecidos como co Cordeiro B (3-4) o que indican que hai días que tamén lles entra todo.
O Cidade Ribeira B viña intratable pero voaronlle 2 puntos e 1 deles para Rianxo contra o Araño. Non o consideraría nin pinchazo porque o Araño é un rival moi competitivo.
Un 2 como pronóstico neste encontro. |
15 Nov 2022, 23:44 |
876.92 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo moi desigual en tendencia na Alta.
Crocha e Cures xogan un partido de parroquias que sempre ten a súa miga.
Catástrofe dos locais en Abanqueiro encaixando 3 goles nun espacio de 5 minutos e cun home mais no campo. Mentres non salan desa espiral e a desesperación e os nervios non os atallen vai ser peor que un parto o tema de sumar puntos.
O Cures todo o contrario, 2 victorias consecutivas e convencendo cun moi Bo traballo grupal e moita actitude. A última ante o Palmeira 3-1 na casa.
2 claro tal como veñen ambos ten toda a pinta. |
15 Nov 2022, 23:35 |
876.92 |
1 |
0 |
+info
|
| Outro bo partido completa o sábado na Lomba.
Araño e Artes disputan un duelo moi competido.
Os locais cortaron a racha de victorias do Cidade de Ribeira B cun empate a 1 que, tal como viñan os da Fieiteira lanzados é bo resultado. Temporada notable dos do Araño con toda a reconstrucción que tiveron que acometer.
O Artes sigue triunfal. Sufrindo un pelín nas últimas xornadas pero sacando todo finalmente adiante. Puxose o Porto do Son 1-2 pero no 87 culminaron a remontada e 3 novos puntos que recollen os de verde e blanco.
Quizá sexa 2 pero si o Araño se aplica duro pode haber sorpresa. |
15 Nov 2022, 23:29 |
876.92 |
1 |
0 |
+info
|
| Arranca a xornada 10 en Ventín.
Palmeira e Puebla B xogarán un duelo vecinal moi bo.
Os locais estanse desinflando de maneira notable. Nova derrota (é a 4° ou 5° nos últimos 6 partidos) no Monumental de Pomar do Río ante o Cures. Plantel moi corto (desta vez só 12 xogadores foron na última xornada) e expectativas de estancamento en liga.
O Puebla B no gran duelo da última xornada venceu no desconto ó Cordeiro B cun gol de Pablo Resúa. Gran victoria que os sube ó 3° posto da táboa. Gran temporada dos da Pobra.
Noutras épocas estaría mais igualado. Pero ten pinta de 2 moi claro e con moita suerte para os locais unha X como moito. |
15 Nov 2022, 23:26 |
876.92 |
1 |
0 |
+info
|
| Péchase a xornada nun Anexo da Fieiteira que, como dixemos no partido do Artes, está de bote en bote para coller sitio para xogar. Case que se hai que poñer a cola e coller número logo de que o rally non só trastoque as cousas en Ribeira sinon en algún concello veciño.
Cidade de Ribeira B e Araño loitarán nun bo partido polos 3 puntos.
O Cidade de Ribeira B é o mellor equipo actualmente xunto co Artes. 4 victorias seguidas e aplastante resultado nun campo difícil como o Emilio García do Son, 2-6 e merecido.
O Araño perdeu co Aguiño por 1-3 e leva 2 derrotas seguidas pero hai que dicir que foron contra 2 dos invictos como o Puebla B e o Aguiño polo que ata certo punto entra dentro das previsións.
Por momento de forma o filial ribeirense gañouno a pulso. Un 1 na quiniela. |
08 Nov 2022, 23:10 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
| Bo partido no Monumental de Pomar do Río.
Cures e Palmeira xogarán un partido interesante.
Os locais veñen de dar un golpe na mesa vencendo ó Abanqueiro por 1-4 en Vista Alegre. Resultado máis que xusto visto o encontro e onde dende o 1-3 e a expulsión de Andriiy o Abanqueiro estivo totalmente roto e a merced do que quería o Cures. Gran partido onde o Cures xogou con moita actitude e collóns.
O Palmeira caeu en Valga contra o Cordeiro B por 3-1. 13 xogadores so en convocatoria (segundo partido seguido que levan 13) e logo da victoria co Xuño volveron á cruda realidade dos 2-3 encontros anteriores onde de momento estáncanse na metade da táboa.
Tal como empezaron en liga o pronóstico sería distinto. Pero están máis por quedarse os 3 puntos no Monumental que que se vaian para Ventin. Aposto por unha X pero está mellor o Cures actualmente. |
08 Nov 2022, 23:02 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido moi desigual na Tasca nestas alturas da tempada e nos estados de forma de ambos conxuntos.
Xuventude Aguiño e Xuño loitan por 3 novos puntos.
O Aguiño venceu ó Araño na Lomba nun desplazamento que se antollaba bastante complicado pero que superon sacar con relativa solvencia.
O Xuño leva varios encontros bastante malos e nos 2 últimos encontros encaixou 14 goles. 7 en Palmeira e 7 na última xornada nas Furnas contra o Puebla B. Teñen que empezar a mellorar algo máis a imaxe.
Un 1 moi claro neste encontro. |
08 Nov 2022, 22:40 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
| Horario este bastante extrano. Ainda que xa non é a primeira vez que o Artes xoga en horario raro, xa xogaron contra o Cures ás 15:45. Eso sí os do Son cando cheguen á casa xa irán para merendar casi.
Artes e Porto do Son xogarán un bo partido nunha Fieiteira que esta semana co tema do rally ten que facer verdadeiro encaixe de bolillos cos horarios para meter tantos encontros na fin de semana.
Os locais siguen líderes e sumando todo de a 3 pero casi levan un sustiño en Lousame ganando so pola mínima e no último cuarto de hora de encontro.
O Porto do Son desinflouse nas 2 últimas citas do calendario. No último encontro 2-6 encaixado no Emilio Garcia contra o Cidade de Ribeira B. Chegan as dúbidas para os sonenses.
Polo visto nos últimos encontros pinta a octava do Artes, veremos... |
08 Nov 2022, 20:30 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo en Cadreche o domingo á mediodía á hora do vermú entre 2 dos 4 equipos desta Terceira Grupo 1 que aínda non coñecen a derrota.
Puebla B e Cordeiro B xogarán un partido de moitos kilates.
Os locais veñen de arrasar 0-7 nas Furnas ó Xuño. Un partido que, xa indo 0-5 ó descanso, parece foi máis un adestramento.
O Cordeiro B sigue forte e venceu 3-1 ó Palmeira. A traxectoria dos de Valga sigue impoluta e chega a hora da verdade cun partido dos que marcan quizáis o curso e as aspiracións de algo grande.
Calqueira cousa é posible neste encontro de Cadreche. |
08 Nov 2022, 20:25 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo inédito pero con certa carga "emotiva" entre o que foron varios membros do antigo ACD Cruido e o camiño que tomou ese ACD Cruido na actualidade.
Noia B e Lousame loitan polos 3 puntos no Anexo de San Lázaro.
Os locais veñen de caer en Carreira por 4-3. Partido polo seu desenrolo cun calco moi similar ó da primeira xornada co Xuventude Aguiño: partido que estaba encarrilado con 2 goles de vantaxe que non superon pechar e si daquela vez perderon 2 puntos, nesta ocasión perderon os 3. Asignatura pendente a correxir porque eses puntos nótanse a final de temporada.
O Lousame sigue en racha de derrotas pero polo menos no resultado fixeron sudar ó líder Artes que venceron pola mínima e no último cuarto de hora de encontro. Racha de derrotas pero dan unha de cal e unha de area nos encontros: tanto perden estrepitosamente en Ribeira 8-2 como perden competindo ata o final como contra o Artes.
Pinta a 1 na quiniela. |
08 Nov 2022, 20:17 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo en Vista Alegre en zona baixa inaugurando a xornada 9 á vez que o Noia B - Lousame.
Abanqueiro e Crocha miden forzas buscando 3 puntos moi necesarios para os 2 conxuntos.
Os locais caeron de maneira clara 1-4 no encontro de rivalidade local contra o Cures. Resultado máis que xusto. O Cures botoulle moitos máis arrestos e o Abanqueiro foise diluindo co paso dos minutos. De feito o gol do Abanqueiro foi de moita fortuna tras un erro grave do porteiro do Cures que se meteu o balón nun centro bastante normaliño. Acabaron o partido con 10 pola expulsión de Andriiy por doble amarela.
O Crocha volve da xornada de descanso pero en situación moi complicada sendo o único equipo que todavía non gañou. No último encontro derrota por 5-2 en Noia condicionada por unha expulsión por doble amarela por protestas ó cuarto de hora de comezar. A partir de ahí 4-0 ó descanso e medio se maquillou a cousa con 2 goles despois de quedar o Noia B con 10.
Difícil pronóstico. Os 2 veñen en horas baixas. |
08 Nov 2022, 20:03 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
| Moi bo partido o que se verá en Valga.
Cordeiro B e Palmeira xogarán domingo no Municipal de Campaña.
Os locais siguen invictos logo de 8 partidos e siguen sendo das sensacións deste Grupo 1. No último encontro victoria moi traballada no infernal Monumental de Cures pola mínima 0-1.
O Palmeira conseguiu unha victoria balsámica e con goles ante o Xuño (7-3). Victoria de doble filo: Pode ser o inicio dun cambio de tendencia logo de 2-3 malos resultados consecutivos ou so un espexismo e volver ás andadas. Proba psicolóxica e importante cun rival de entidade.
Favorito o Cordeiro B nun 70%-30%. O ano pasado 5-3 para os de Valga pero o Palmeira si ten o día tamén podería dar un disgusto. |
04 Nov 2022, 15:07 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Probablemente o partido con máis chicha de toda a fin de semana.
Porto do Son e Cidade de Ribeira B vense as caras no Emilio García.
Os do Son nun exame importante "suspenderon" 4-2 na Tasca. 3-0 en 20 minutos e costa arriba. Pase o que pase no peor dos casos no seu encontro o rival deste domingo achegarase a 1 punto pero os de Quintáns quererán agarrarse á zaga dos Artes, Cordeiro B ou Aguiño
O Cidade de Ribeira vai lanzado como un obús e sumaron a terceira seguida ante o Lousame cun aplastante 8-2. Tendencia inicial revertida e van sin medo ningún a subirse ás barbas dos sonenses.
O pronóstico máis incerto desta xornada 8 en Terceira Autonómica. |
04 Nov 2022, 15:02 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo na Guía.
Carreira e Noia B miden forzas con ambas escuadras moi potentes.
Os locais levan 6 derrotas seguidas, nalgún momento atoparán a luz ó final do túnel. Nesta xornada pode ser o día. Veremos a dinámica e a resistencia que poña o Noia B.
Os de Noia venceron ó pechacancelas Crocha nun partido moi raro con 3 expulsados: Mario o porteiro do Noia B por coller o balón ca man fora da area en ocasión manifesta de gol. Por parte do Crocha o camiño para os de Pincho allanouse ca expulsión ós 15 minutos de Neira por doble amarilla logo dun penalti, e no desconto tamén foi expulsado Ángel. Partido moi a favor, 4-0 ó descanso e logo maquillou o Crocha o resultado para o 5-2 final.
Sin pronóstico claro. |
04 Nov 2022, 14:56 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo boirense en Vista Alegre.
Abanqueiro e Cures loitan polos 3 puntos moi próximos na taboa, 1 punto os separan.
Os locais volven de xornada de descanso logo de apretar as clavijas ó Noia B no mismo escenario do domingo 2-3 que non foi suficiente para sumar e ascender na taboa.
O Cures perdeu pola mínima no Monumental ante o Cordeiro B. 0-1 que puido ser un resultado ben distinto según contan as cronicas. Calqueira resultado pudose dar.
Sin pronóstico claro, quizais un pelín mellor o Abanqueiro. |
04 Nov 2022, 14:51 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo nas Furnas en principio aínda que cando chega o inverno hai cambios de campos dependendo do duro da climatoloxía. Quenta na banda a Trinidade por se acaso.
Xuño e Puebla B loitarán por 3 novos puntos na competición.
Os locais veñen de recibir un duro correctivo en Palmeira 7-3 na que en principio a única boa noticia foi a capacidade de ver porta con facilidade.
O Puebla B nun duelo igualado venceu ó Araño por 2-1 postulandose claramente á promoción.
2 claro na quiniela. |
04 Nov 2022, 11:48 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido matinal do domingo.
Un dos equipos de abaixo contra o líder.
O Lousame logo da sorpresa co Palmeira polo resultado mellorou competitividad con algún resultado axustado pero descarrilou de mala maneira na Fieiteira ante o Cidade Ribeira B. 8-2 ainda que comezaron ganando.
O Artes no duelo de Bos equipos ante o Carreira saeu vencedor por 3-1 mantendo o liderato e a imbatibilidad e poñendo terra de por medio con rivais como o Porto do Son por exemplo.
Pinta a 2 claro.
|
04 Nov 2022, 11:44 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Boas crónicas do amigo santalla16.
O partido adiantado da xornada 8. Raro cando suele haber 2 ou 3 nesta temporada
Araño e Aguiño enfrentanse na Lomba.
Os locais veñen de caer co Puebla B nun partido parece que moi apretado. Equipos candidatos a rascar plaza de promoción.
Polo estado de forma do Aguiño ten pinta de, si manteñen este ritmo ó longo do curso, ser poseedor fijo dunha das plazas de promoción ou veremos sinon da plaza de ascenso automático nos enfrontamentos directos. A dupla en ataque Carlos Fernández e Fernando Millán aseguran goles por un tubo.
Partido difícil para o Aguiño que ten na Lomba un dos campos perigosos para perder puntos. De todas formas aposto por un 2 na quiniela non sin apuros. |
04 Nov 2022, 11:32 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Cerran a xornada Noia Cruido e Crocha no Anexo de San Lázaro.
Os locais gañaron con dificultades ó Abanqueiro en Vista Alegre. Boa racha dos noieses que siguen á caza do grupo de promoción.
O Crocha mellorou a súa imaxe a pesar da derrota ante o líder pero terán outro duro desafío nun horario que non lles suele sentar ben ós da Pobra.
Favorito por bastantes circunstancias o Cruido Noia. Un 1 na quiniela. |
26 Oct 2022, 23:24 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo na segunda sesión do Anexo da Fieiteira logo de que xoguen Cidade de Ribeira B e Lousame.
Partidazo entre 2 grandes da liga ainda que en posicions moi distintas da taboa.
O Artes ven de gañar na Alta un partido que a pesar do resultado foi algo máis complicado de levar a pesar de ser último contra primeiro na taboa. Perden a Alex Rivas por acumulación de cartóns amarelos.
O Carreira siguen no buraco negro e encadean a quinta derrota consecutiva. O Derbi ante o Cidade de Ribeira B se lles puxo moi costa arriba con un 1-3 ó descanso. Non deu tempo suficiente no segundo acto e o 2-3 prolonga a mala xeira na taboa.
Un 1 visto o visto para a quiniela. |
26 Oct 2022, 23:21 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|