Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Duelo na Alta. Crocha e Porto do Son loitarán polos 3 puntos este domingo. O Crocha caeu na mañán do domingo na Silva contra o Lousame. 2 errores graves e 1 Lousame que defendeu a renta pois fai que os da Pobra leven 12 xornadas e 0 victorias. Pode haber mala sorte en ocasións pero cando en 12 xornadas non ganas non é só factor suerte. So lles queda quitar os nervios de enriba e velo como comezar de cero. Sinon a racha seguirá por tempo. O Porto do Son empatou a 2 co Abanqueiro na última xornada e perdeu 2 puntos que a final de curso nótanse e máis agora que están bordeando eses postos de promoción. Nun partido pode pasar de todo. Pero ou moito cambia a dinámica ou a cousa pinta a 2. 07 Dic 2022, 20:29 902.54
Bo duelo no Monumental e dura proba para un dos candidatos ó ascenso. Cures e Aguiño xogarán por 3 puntos que estarán moi disputados. Os locais veñen de darse un festín de goles na Guía clavando nin máis nin menos que 8 goles ó Carreira. Mario con 4 tantos xa está afinando a escopeta para igualar rexistros ou superalos de outras temporadas. Non sei ata qué punto é verídico o que di 1004 pero tendo a Mario os registros goleadores serán de récord. O Aguiño estuvo contra as cordas en Cadreche pero salvaron a papeleta empatando a 3 no último treito de partido. Como o Artes tamén pinchou as distancias siguen igual. Un 2 si a dupla atacante está como leva todo o ano pero ollo á trampa que sempre é o Monumental. 07 Dic 2022, 20:01 902.54
O partido da xornada. Artes e Palmeira miden forzas no Anexo da Fieiteira no primeiro dos 2 actos que terá o campo ribeirense xa que ó rematar este encontro xogarase o derby de filiais entre Cidade Ribeira B e Puebla B. O Artes pinchou logo de 12 xornadas. Empate a 1 no sempre difícil campo do Municipal de Campaña pero a xornada non lles perxudicou para nada porque os perseguidores xogaron entre sí e empataron 3-3 en Cadreche (Puebla B e Aguiño). E como o cuarto en discordia é o Cordeiro B mantivo as distancias con todos. O Palmeira fixo valer o efecto Ventín e remontaron un 0-2 contra o Cidade de Ribeira B para gañar 3-2. Campo onde se irán moi poucos puntos. Así como decimos que o Palmeira como local é garantía de 1 na quiniela como visitante non podemos decir o mesmo. Victoria do Artes o meu pronóstico. 07 Dic 2022, 19:55 902.54
Duelo na Guía entre Carreira e Lousame. Visto o visto un espectador neutral hai que recomendarlle ir ver partidos do Carreira. Si fai 2 semanas en Cadreche empataba 4-4 co Crocha desta vez foi derrota 5-8 contra o Cures. 9 goles a favor e 12 en contra que moitos equipos non chegan a eses rexistros nin en 5 xornadas. Equipo que por nomes optaban a altas cotas pero algo non vai ben na Guía. O Lousame ven exultante logo de gañar no duelo directo ó Crocha por 2-1. O aproveitar os errores do rival e logo unha sólida defensa do resultado fanlles xa estar con 6 puntos no casilleiro. Impredecible polo día que lle de por ter ó Carreira. Por potencial e o meu pronóstico é un 1, pero non descarto ver unha victoria visitante si se mostran serios como na última xornada e si o Carreira sigue así de inestable. 07 Dic 2022, 19:50 902.54
O partido adiantado da xornada 13 xogase en Vista Alegre. Abanqueiro e Araño vivirán un duelo onde 3 puntos os separan na taboa. Ollo ó Abanqueiro que está gañando enteiros e está facendo adquisicións máis que interesantes para subir na táboa. Á de Raúl Segade fai 2 xornadas (que marcou) únese outro ex do Lampón como Jano e a de Samuel Laíño. Todas estas adquisicións xa se traducen en goles e puntos porque Raul marcou no seu debut e Samuel marcou os 2 goles do Abanqueiro no Son para levar 1 punto do sempre difícil Emilio García. Ollo a como empasten estas pezas e algún as na manga a maiores quizais. O Araño ven de descansar con todavía a épica de sacar un punto de Noia con so 9 xogadores. Partido igualado pero o Abanqueiro comeza a subir enteiros. Empate. 07 Dic 2022, 19:45 902.54
Partidazo en Campaña. Cordeiro B e Artes vivirán o duelo da xornada con permiso do Puebla B - Aguiño. Volve ter outra reválida os de Valga na casa. Poden frenar e teñen capacidade de facer pinchar ó imbatible Artes. Co Aguiño en situación moi parecida non puideron facer nada, teñen na man que a cousa se active algo si consiguen derrotar ós de Ribeira e poñerse a 4 puntos. Último resultado: victoria ante o Cidade de Ribeira B no Anexo da Fieiteira, campo no que tamén xoga o Artes. O Artes siguen co camiño triunfal e non vai frenar contra nada nin nadie. Última victoria 3-1 contra o Xuño. Todo pode pasar. Pero me ten pinta a un calco do día de Aguiño. Victoria do Artes. 29 Nov 2022, 19:34 893.71
Duelo na Guía interesante. Carreira e Cures xogarán un duelo como din os compañeiros sambinha e 1004 que ten pinta a estar quente. Os locais viviron un partido de montaña rusa en Cadreche contra o Crocha. Tiverono moi de cara ó principio co 0-2, tiverono moi negro con 4-2 que se puxo o Crocha e ó final lograron empatar con doblete de Carlitos, o último no desconto. O Cures logo de dar boa imaxe nas últimas xornadas pincharon en oso contra o Puebla B no Monumental. Un partido que parece polo menos no discorrer do mesmo estivo controlado polo Puebla B. Entre sachadas, empuxóns e levantar en peso a contrarios a cousa pode quedar de calquer maneira. Quizá unha X: partido non recomendado para menores de edad, eso fijo. 29 Nov 2022, 19:29 893.71
O Emilio García albergará o encontro entre Porto do Son e Abanqueiro. Os locais volven da xornada de descanso aínda cun bo regusto de gañar 4-3 ó Noia "B" no derby de pobos veciños. O Abanqueiro gañou 3 puntos no desconto nos 2 últimos encontros disputados. 1 en Carreira para empatar a 1 e 2 en Vista Alegre para gañarlle 2-1 ó Lousame. Eses 3 puntos levan a firma de Lois Calo. Aposto por un 1 sempre e cando o Abanqueiro e Lois Calo non estén afinados cando o tempo do partido se esté esgotando. 29 Nov 2022, 19:22 893.71
Lousame e Crocha xogarán "madrugando" domingo. Ambos equipos veñen de perder puntos no desconto dos seus respectivos partidos. Os locais perderon 1 punto en Vista Alegre co gol de Lois do Abanqueiro no 90. Os visitantes perderon 2 puntos logo de ir 4-2 a 15 minutos do final contra o Carreira. Algún volverá a gañar logo de moito tempo ou ambos sumarán si é empate. Ojalá sea o Crocha o que sume sendo un pelín subxectivo por unha vez... 29 Nov 2022, 19:18 893.71
Xuño e Noia B xogarán nas Furnas si todo vai sobre o previsto. O Xuño sigue en racha de derrotas pero está plantando cara ou competindo en resultado ós mellores da categoría. 3-1 ante o líder Artes pero chegaron a estar 2-1 no 65 co gol de Eloy. O Noia B perdeu 2 puntos no desconto contra un Araño que estivo casi todo o partido con 10 e que lles empatou con 9 cunha expulsión instantes antes do gol. O ano pasado na época que o Noia B collía por banda a todos e daba malleiras a cousa solo quedara 1-3. En principio un 2 na quiniela pero veremos... 29 Nov 2022, 19:14 893.71
Partidazo en Cadreche entre 2° e 3° clasificado. Puebla B e Aguiño vivirán un partido que pode definir si a cousa se abre a máis candidatos (con permiso do Artes por suposto) ou a cousa encárase a un man a man entre Artes e Aguiño. O Puebla B venceu en Pomar do Río por 1-3 onde encarrilaron o partido bastante ben cun 0-2 xa ó descanso. O Aguiño venceu pero tivo que traballalo contra o Palmeira ó que venceu 3-2 a 6 minutos do final. Calquera resultado é posible. Polo ben da liga (sempre que o Artes pinche algún día) unha victoria do Puebla B darialle picante ó asunto. 29 Nov 2022, 19:11 893.71
Ábrese a xornada en Ventín. Palmeira e Cidade de Ribeira "B" xogarán un vibrante partido. Os locais veñen de caer loitando a brazo partido na Tasca. 3-2 final sen premio pero onde plantaron cara logo de non mostrar excesivamente unha boa imaxe nas últimas salidas. O Cidade de Ribeira "B" caeu logo de bastantes xornadas na casa contra o Cordeiro "B". Apretado 1-2 onde se lles escapou o encontro a 2 minutos do final. Factor Ventín suele ser bastante definitorio. Victoria do Palmeira diría eu. 29 Nov 2022, 19:07 893.71
El resultado fue 1-2 para el Cordeiro B 27 Nov 2022, 15:37 887.95
Pechamos rapidiño a xornada. Artes. Pleno ó 9 de momento e non ten pinta que esto vaia a cambiar ata se supón o duelo co Aguiño. En Araño 0-2 en 15 minutos e xogar con colchón. Xuño. Leva 2 partidos rozando o aprobado en forma de puntos ante 2 bos rivais como Aguiño e Cidade Ribeira B pero de momento siguen desde o día de Lousame sin sumar. Todo o que non fose un 1 sería a gran sorpresa do que vai de liga. 23 Nov 2022, 02:15 885.33
Rápido e furioso. Aguiño. Quedase no man a man co Artes pola liga. 16 goles de Fernando Millán e un equipo pletórico, proba superada con nota no campo do Cordeiro B. Palmeira. Bo bálsamo a manita a un Puebla B que viña invicto. Pero hai que acompañar o fortín de Ventín con algúns puntiños fora da casa, e non está sendo o caso últimamente. Un 1 porque ó Aguiño non lle tose nadie neste momento. 23 Nov 2022, 02:12 885.33
Rayo McQueen versión previa. Crocha. O pozo sen fondo. Derrota por 1-2 ante o Cures. Desta vez mereceron polo menos sacar un puntiño ante un rival que viña forte. 2 balóns parados en contra e marramiau. Carreira. Punto na casa contra o Abanqueiro pero marcaron moi pronto e logo foi todo apretar o Abanqueiro según din. Xogarase en Cadreche en vez de na Alta. Sabe Dios... Ningún chega ben. Máis cerca do 2 pero veremos. 23 Nov 2022, 02:10 885.33
Como un raio ahí vai a previa. Cures. Venceu nun moi disputado duelo ó Crocha. Siguen á alza e Pomar do Río faise clave para quizá estar a tiro de pedra dese pelotón que irá do 4°-5° ata o 8° posto. Puebla B. Derrota contundente e merecida cando nadie o esperaba en Palmeira pero a veces un aviso así venlle ben a calquera para non durmirse nos laureles. Máis igualado do que parece o asunto. Outra X quizá. 23 Nov 2022, 02:06 885.33
Raudo e veloz no resumo. Cidade de Ribeira B. Gañou axustado nas Furnas pero sigue sumando, proba de nivel a visita do Cordeiro B. Cordeiro B. 2 duelos directos e 2 derrotas seguidas ante Puebla B e Aguiño no último partido e este na casa. Pode pasar de todo. Pero empeza a urxirlle ó Cordeiro B volver á boa senda. 23 Nov 2022, 02:03 885.33
Cortita y al pie. Noia B. Derrota no Son 4-3 e empezase a acumular o pelotón de candidatos á promoción. Araño. Derrota na casa contra o líder 0-2 con ese marcador xa campeando dende o minuto 16. Aquí aposto a empate. 23 Nov 2022, 02:01 885.33
Esta semana previa cortiña que ando moi liado. Abanqueiro apañou 1 punto no desconto na Guía según as crónicas merecendo máis. Lousame volve da xornada de descanso pero en mala dinámica último partido xogado 5-1 en Noia. Pinta a 1, pero depende o día que teña o Abanqueiro. 23 Nov 2022, 01:59 885.33