| Abanqueiro e Cordeiro B xogarán un duelo electrizante en Vista Alegre.
Os de laranxa queren comezar o ano borrando a imaxe da derrota nas Furnas facendo un bo papel ante os de Valga. Veremos qué cara mostra neste encontro.
O Cordeiro B volveu á actividade este primeiro fin de semana do ano xogando o partido aplazado ante o Noia B. Derrota por 4-3 nun partido moi disputado. Levaban máis dun mes sin xogar competición logo do feito que marcará este curso nesta categoría a todos. Ismael será unha motivación mais para os de Valga para lograr conseguir a gloria a final de curso.
Aposto por victoria do Cordeiro B. |
09 Ene 2023, 00:23 |
919.13 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido na zona baixa que pode ser unha moeda ó aire.
Crocha e Xuño xogarán na Alta un duelo no que pode pasar de todo.
Veremos si eso de "ano novo, vida nova" resulta no equipo da Pobra. 3 empates cómo único saldo positivo no que vai de liga. Un equipo con partidos para olvidar e outros onde o colmo da mala sorte tamén ten a súa presencia. Derrotas como as de Lousame ou a de Cures na Alta ou sobre todo a que comezou o pesadelo: ese 0-2 en Cadreche no derby co Puebla B que con 1 xogador máis se lles escapou co 3-2 final. Veremos de qué son capaces os de vermello con algunha fichaxe que debutou recentemente.
Enfrente un Xuño que cerrou o ano pasado da mellor maneira posible. Vencendo a un bo rival como o Abanqueiro por 4-2 nas Furnas. Un Xuño que a pesar de ter 7 puntos encadeou actuacións meritorias cos mellores equipos da liga. Tivo nun brete a 4 dos primeiros 5 clasificados e ó Noia B empatoulle nas Furnas. Veremos que cara mostra o Xuño neste encontro que pode alonxar a 7 puntos ó seu rival de domingo.
Pronóstico incerto. |
09 Ene 2023, 00:17 |
919.13 |
1 |
0 |
+info
|
| Interesante partido na Guía entre Carreira e Araño.
Un Carreira que nos últimos encontros parece que lle quitou a carbonilla ó coche e, quizáis sufrindo e a trancas e barrancas, empezan a sumar puntos. 2 victorias seguidas a última nun campo difícil como o Emilio Garcia do Son. Eso sí veremos si neste encontro fan borrar máis si cabe partidos como a última derrota na casa contra o Cures (5-8) e dan síntomas de ser o equipo que se esperaba a principio de ano.
Enfrente un Araño que, si ben non está na promoción, está moi preto dela e están xogando sin ningún tipo de complexos e sendo un dos equipos con maior unión de grupo e remando todos a unha. Na última xornada victoria 5-2 ante o Crocha nun exercicio de efectividade de cara a porta pero tamén xogando bastante ben.
Vamos poñer aquí un empate no pronóstico. |
09 Ene 2023, 00:03 |
919.13 |
1 |
0 |
+info
|
| Novo ano onde finaliza a primeira volta para Lousame e Porto do Son.
Os locais chegan con 2 victorias no casilleiro ante Palmeira e Crocha e sendo irregulares no resto de partidos que contan por derrotas. Tanto poden competir ata o final coma no seu último partido contra o Carreira eso sí logo de ir 3-0 ó descanso como facer augas cómo os días de Xuño ou da Fieiteira contra o Cidade Ribeira B. Buscarán neste encontro a terceira victoria da temporada.
O Porto do Son está nun interesante pelotón de equipos que a día de hoxe loitan por buscar as últimas prazas de promoción. Combinaron boas victorias e partidos competidos ainda que sin premio (Artes por exemplo) con actuacions menos afortunadas cómo a derrota abultada na casa contra o Cidade de Ribeira B ou a derrota no último partido 3-4 ante o Carreira no Emilio Garcia tamén logo de ir 1-0 e 2-1. Cada partido vai ser clave para ben ou para mal.
Victoria visitante no pronóstico, necesítana. Porque un mal resultado deixaria moi tocado ó Son nas súas aspiracións. |
08 Ene 2023, 23:54 |
919.13 |
1 |
0 |
+info
|
| Cerrase o ano 2022 en Terceira Autonómica na Tasca.
Partido entre equipos do Concello de Ribeira.
Xuventude Aguiño e Cidade de Ribeira B loitarán por 3 puntos importantes para ambos.
O Xuventude Aguiño meteu o primeiro tropezón importante do ano en Cures. 3-2 que dentro de que o Artes perdeu "amortigua" algo este pinchazo pero veñen Puebla B e Cordeiro B con ganas de que o pastel esté para 4 candidatos en vez de 2 e á volta do Nadal un Artes-Aguiño. Ojito.
O Cidade de Ribeira B a pesar de estar 10° so está a 4 puntos de entrar en promoción polo que a victoria para que non se lle marche o tren é vital.
Fernando Millán e Carlos Fernández creo que farán das súas. Un 1. |
13 Dic 2022, 23:54 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo como regalo anticipado de Nadal.
Puebla B e Artes xoganse mais que 3 puntos. Xogan a opción de meter a mais equipos na pomada do campeonato ou escaparse.
O Puebla B logo da bofetada en Ventín fai unhas xornadas volveron a poñerse serios. Eso sí: a primeira parte na Fieiteira co Cidade de Ribeira B pintaba mal co 2-0 pero Unha segunda parte redonda deixou a cousa en 2-5.
O Artes chega no "peor" (por decir algo) momento da temporada. Primeira derrota e 1 punto dos últimos 6 e chega este encontro contra un rival que se lle pode poñer a 1 punto.
Xa houbo enfrentamento en pretemporada e a cousa quedou 2-4. ¿Cambiaría moito o conto desde aquela? Pronóstico incerto. Quizais unha X |
13 Dic 2022, 23:44 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
| Cures e Lousame contraprograman a final do Mundial sin medo a nada.
Os locais deron a outra das campanadas da xornada pasada vencendo ó outro dos últimos invictos da liga como é o Xuventude Aguiño. 3-2 final facendo do Monumental un fortín. Ollo a este Cures. Si teñen regularidade con todos os rivales e o que sacan cos de arriba non os perden cos da zona medio-baixa non sei si play off pero bordear non che digo eu que non...
O Lousame co dianteiro de porteiro iniciando o partido e logo xa volvendo ó seu sitio e marcando un gol na segunda parte. Deixaron Unha primeira parte para olvidar pero Unha segunda parte que paradóxicamente viviron o do Crocha contra eles na Silva: apretaron pero demasiado tarde. 3-2 insuficiente.
O Cures está a full. Un 1. |
13 Dic 2022, 23:39 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
| O Porto do Son, un abonado a xogar os domingos finca xeonllo ó chan e ante os acontecimentos destas datas ríndese a xogar en sábado.
Porto do Son e Carreira enfrentaranse antes de irse 2 semanas de vacacións.
O Porto do Son viviu unha montaña rusa na Alta. Coser e cantar nun cuarto de hora para poñerse 0-4 e 1-5 para logo sufrir chegando a estar 4-5 e 5-6. Finalmente con 2 balóns parados respiraron para o 5-7 final. Eso sí, así como a arbitraxe foi unha calamidade para o Crocha como puxemos no comentario do Araño-Crocha foi tres cuartos do mismo co Son. Algúns árbitros teñen que estar mais preparados para pitar. Porque si vale calquera (polo nivel que estou vendo) vou eu e para cobrar 90 pavos e facelo así tamén apúntome eu a arbitrar.
O Carreira gañou pero sufrindo máis do esperado. Todo parecía moi bonito co 3-0 ó descanso pero o Lousame apretou para poñerllo complicado ata o 3-2 final.
Un 1. O Emilio García non é campo fácil. |
13 Dic 2022, 23:27 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
| Cerrase o 2022 para Araño e Crocha na Lomba.
Os locais gañaron fora da casa ante un Abanqueiro que está armándose a conciencia. 2 veces por detrás no marcador para no 84 acabar gañando 2-3.
O do Crocha o domingo pasado co Porto do Son tivo de todo. 0-4 en contra en 14 minutos, poñerse logo 4-5 a punto de levantarlle o partido ós do Son e logo o árbitro que foi unha auténtica calamidad. Este ano os arbitraxes e o nivel que hai polo general está sendo malo en moitos encontros (non só do Crocha) sinon en outros que vou mirar pero o do domingo pasado na Alta foi unha auténtica vergonza. 3 empates sólo para o Crocha en toda a liga está claro que non é cuestión de árbitros pero como di sambinha "un pouco de suerte" polo menos en algún arbitraxe e en momentos puntuales non viña mal.
Posiblemente sea un 1 pero a ver si Papá Noel ven antes de tempo e hai sorpresa. |
13 Dic 2022, 23:19 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo en Ventín.
Palmeira e Noia B loitan polos últimos 3 puntos do 2022.
O Palmeira deu a campanada ganando ó Artes no desconto e fora da casa. Moi poucos poñerían os chícharos nas casas de apuestas ó da semana pasada. Traxectoria moi parecida á do Cures con heroicas ante equipos da zona alta e logo algún petardazo con equipos da zona media-baixa.
O Noia B ven desgraciadamente de descansar polo motivo tristemente coñecido.
Factor Ventín clave coma sempre. O ano pasado sendo o Noia B das choscas a todos de principio de temporada xa perdera 2-0. Un 1 para sábado. |
13 Dic 2022, 23:11 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
| Iba a decir un dos partidos adiantados da xornada. Pero hai mais partidos sábado que domingo. ¡Ay! as cenas de empresa e a final do mundial...
Xuño e Abanqueiro xogan nas Furnas pero veremos as condicions climatoloxicas...
O Xuño volve da xornada de descanso pero sigue degustando o punto colleitado ante o Noia B na última xornada.
O Abanqueiro caeu nun moi disputado partido co Araño. Ollo a Samuel Laíño que leva 4 goles en 2 partidos. Suben como a espuma cas fichaxes novas a pesar de perder na última xornada.
Pronóstico incerto. Veremos si o Xuño é capaz de manter esas boas sensacións das últimas xornadas e si o Abanqueiro sigue picha arriba.
Quizá unha X. |
13 Dic 2022, 23:07 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
| Ánimo e forza á familia do Cordeiro B. Oxalá aparezca o chaval. Moito ánimo. |
10 Dic 2022, 21:26 |
902.71 |
1 |
0 |
+info
|
| Ojalá non sea polo que estou vendo na Voz de Galicia, por favor... |
10 Dic 2022, 21:19 |
902.71 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido aplazado segundo o que pon futgal. |
10 Dic 2022, 18:58 |
902.71 |
1 |
0 |
+info
|
| Derby de filiais e veciños.
Cidade Ribeira B e Puebla B collen o testigo de Artes e Palmeira na Fieiteira xa que xogarán ó acabar éstos.
O Cidade Ribeira B perdeu unha oportunidade de ouro de sumar e enriba nun casi inexpugnable campo como é Ventín. 0-2 se puxeron por diante pero acabaron derrotados por 3-2. De haber gañado tal como foron os resultados ocuparían o último posto de promoción de ascenso ó final da xornada.
O Puebla B puxo en serios apretos ó Aguiño. 3-1 se puxeron por diante pero o Aguiño non morre ata que se pita o final e 2 goles de Fernando Millán e Carlos deixan as tablas no marcador e as diferencias na taboa cos da Tasca.
Todo é posible. Pero penso que os "irmáns pequenos" vengarán o 0-4 sufrido polos "irmáns maiores" en Primeira Autonómica. Un 2 na quiniela pero apretado resultado. |
07 Dic 2022, 20:52 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo de filiais en Noia.
Noia B e Cordeiro B xogarán por 3 puntos con 2 equipos que cando están ó 100% prometen espectáculo.
O Noia B non está precisamente no seu mellor momento. 2 pinchazos, un na casa contra un Araño con 9 xogadores e outro ante o Xuño nas Furnas failles volver a pasar outro bache pero siguen estando en posto de privilexio de promoción.
O Cordeiro B foi o primeiro equipo en rascarlle algún punto ó intratable líder Artes. 1-1 onde se lograron poñer por diante ó pouco de comezar pero o Artes empatou pouco antes do descanso. A heroicidade de empatar co líder non lles deu un extra xa que Aguiño e Puebla B próximos na taboa empataron e non recortan a ningún dos 2.
Por forma o Cordeiro B deberia gañar. Pero o Noia si está inspirado pode gañarlle a calquera. Unha X o meu pronóstico. |
07 Dic 2022, 20:47 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo na Alta.
Crocha e Porto do Son loitarán polos 3 puntos este domingo.
O Crocha caeu na mañán do domingo na Silva contra o Lousame. 2 errores graves e 1 Lousame que defendeu a renta pois fai que os da Pobra leven 12 xornadas e 0 victorias. Pode haber mala sorte en ocasións pero cando en 12 xornadas non ganas non é só factor suerte. So lles queda quitar os nervios de enriba e velo como comezar de cero. Sinon a racha seguirá por tempo.
O Porto do Son empatou a 2 co Abanqueiro na última xornada e perdeu 2 puntos que a final de curso nótanse e máis agora que están bordeando eses postos de promoción.
Nun partido pode pasar de todo. Pero ou moito cambia a dinámica ou a cousa pinta a 2. |
07 Dic 2022, 20:29 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
| Bo duelo no Monumental e dura proba para un dos candidatos ó ascenso.
Cures e Aguiño xogarán por 3 puntos que estarán moi disputados.
Os locais veñen de darse un festín de goles na Guía clavando nin máis nin menos que 8 goles ó Carreira. Mario con 4 tantos xa está afinando a escopeta para igualar rexistros ou superalos de outras temporadas. Non sei ata qué punto é verídico o que di 1004 pero tendo a Mario os registros goleadores serán de récord.
O Aguiño estuvo contra as cordas en Cadreche pero salvaron a papeleta empatando a 3 no último treito de partido. Como o Artes tamén pinchou as distancias siguen igual.
Un 2 si a dupla atacante está como leva todo o ano pero ollo á trampa que sempre é o Monumental. |
07 Dic 2022, 20:01 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido da xornada.
Artes e Palmeira miden forzas no Anexo da Fieiteira no primeiro dos 2 actos que terá o campo ribeirense xa que ó rematar este encontro xogarase o derby de filiais entre Cidade Ribeira B e Puebla B.
O Artes pinchou logo de 12 xornadas. Empate a 1 no sempre difícil campo do Municipal de Campaña pero a xornada non lles perxudicou para nada porque os perseguidores xogaron entre sí e empataron 3-3 en Cadreche (Puebla B e Aguiño). E como o cuarto en discordia é o Cordeiro B mantivo as distancias con todos.
O Palmeira fixo valer o efecto Ventín e remontaron un 0-2 contra o Cidade de Ribeira B para gañar 3-2. Campo onde se irán moi poucos puntos.
Así como decimos que o Palmeira como local é garantía de 1 na quiniela como visitante non podemos decir o mesmo. Victoria do Artes o meu pronóstico. |
07 Dic 2022, 19:55 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo na Guía entre Carreira e Lousame.
Visto o visto un espectador neutral hai que recomendarlle ir ver partidos do Carreira. Si fai 2 semanas en Cadreche empataba 4-4 co Crocha desta vez foi derrota 5-8 contra o Cures. 9 goles a favor e 12 en contra que moitos equipos non chegan a eses rexistros nin en 5 xornadas. Equipo que por nomes optaban a altas cotas pero algo non vai ben na Guía.
O Lousame ven exultante logo de gañar no duelo directo ó Crocha por 2-1. O aproveitar os errores do rival e logo unha sólida defensa do resultado fanlles xa estar con 6 puntos no casilleiro.
Impredecible polo día que lle de por ter ó Carreira. Por potencial e o meu pronóstico é un 1, pero non descarto ver unha victoria visitante si se mostran serios como na última xornada e si o Carreira sigue así de inestable. |
07 Dic 2022, 19:50 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|