| Outro derby que nos deixa esta 18º xornada.
No Emilio García miden forzas Porto do Son e Xuño.
O Porto do Son sumou un puntiño en Rianxo contra o Araño e manteñen a última praza de promoción pero están Cures cos mesmos puntos, Cordeiro B a 1 e Carreira a 4 adiantando a todo Dios. Teñen que sumar de a 3 si non queren que algún lle robe a carteira.
O Xuño nun duelo vital e onde se xogaban moito gañaron 3-1 ó Lousame. E polo tanto eles, como Lousame a pesar da derrota e como o Crocha néganse a ser o que colla o farolillo vermello e van tirando uns por outros para achegarse ó seguinte grupo na táboa que son o que conforman igualados a 16 puntos Cidade de Ribeira B e Abanqueiro.
O Porto do Son ten que dar o do de peito no derby para non verse compostos e sen promoción. Un 1. |
31 Ene 2023, 12:36 |
946.12 |
1 |
0 |
+info
|
| O Derby do Concello da Pobra. Partidazo penso que só superado polo Noia B-Artes polo que se xogan ambos.
O Crocha pasará o que pasará no partido pero chega no mellor momento da temporada. 7 puntos dos últimos 9 e victoria importante a conseguida nun campo de onde non é fácil levar os puntos como Ventín. Complicáronse a vida de mala maneira porque estando con 2 homes máis deixaron que un 0-3 se puxera 2-3 pero a fin de contas sumaron 3 puntos co 2-4 final e parece que comeza a arrincar a maquinaria. Eso sí, os 2 compañeiros da última zona da táboa van sumando con eles e non se despegan da zona de abaixo, máis ben (aínda que a todavía certa distancia) comezan a achegarse ó Cidade Ribeira B e Abanqueiro que están a 6 puntos.
O Puebla B estará á expectativa do que pase no Noia B-Artes e si o Aguiño pode tropezar en Vista Alegre para poder auparse o liderado. Un derby sempre é un derby pero é a fin de semana axeitada para eles para facer a épica total: gañar contra o rival do pobo, adiantar a algún dos que ten diante ou a todos e poñerse 1º.
A primeira volta foi o comezo da maldición do Crocha deixando remontarse un 0-2 favorable con 1 máis e de ahí en picado. O Crocha ven con ganas e nun momento de forma moi bo. O Puebla B ten ante sí a opción de partir a baralla e subirse arriba de todo. Vai ser un duelo con moito e xogo e moi quente. Sin pronóstico claro. |
31 Ene 2023, 12:31 |
946.12 |
1 |
0 |
+info
|
| Abanqueiro e Aguiño xogarán polos 3 puntos en Vista Alegre.
O Abanqueiro caeu na última xornada en Cadreche por 4-1 ante o Puebla B. Chegaron a poñerse 2-1 pero ca disponibilidad de Balo xogando o Puebla A en domingo a cousa acabouse por decantar para os de branco e azul.
Pola súa parte o Aguiño ven de descansar e manteñen o liderado sin haber xogado. Todo gracias á victoria do Cures ante o Artes. Mentres Puebla B e Noia B péganse a 2 puntiños. Só o Puebla B foi o único que xa descansou. Ollo ó que poda pasar porque a pesar de que a xornada "beneficiou" bastante ós da Tasca segue sen haber marxe para errar.
2 claro si a dupla atacante do Aguiño está a full. |
31 Ene 2023, 12:16 |
946.12 |
1 |
0 |
+info
|
| Moi bo partido na Lomba.
Araño e Cures xogarán un partido vital para ambos.
O Araño "arañou" (nunca mellor dito) un empate na casa contra outro dos aspirantes á promoción como o Porto do Son. Empate xusto ainda que o Araño mandou unha ó longueiro no desconto.
O Cures está a punto de derrumbar a porta da promoción. Caeron os 2 primeiros clasificados no Monumental. Primeiro o Aguiño fai unhas semanas e este domingo pasado o Artes por 1-0. Un tanto de Pablo Santamaría bastou para sumar 3 puntos que os empatan ca última praza que ten o Son pero a Golaverage particular o teñen perdido (1-2 no Monumental e 4-0 no Emilio García). Pero á mínima sacarán as uñas para entrar no que sería unha histórica promoción.
0-3 engañoso no Monumental na primeira volta polo que din. Vai estar moi igualado pero o Cures pode facer saltar a banca. |
31 Ene 2023, 12:10 |
946.12 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo entre equipos que veñen ca moral baixa
O Lousame no duelo directisimo por eludir a última praza perdeu 3-1 nas Furnas. Un partido en que ambos demostraron porque están nas posicións que están. Grave o segundo gol do Xuño ca indecisión defensa-porteiro que aproveitou Kike para poñer terra de por medio co 2-0. Logo 2 tanganas saleulles cara ós de verde e branco ca expulsión por doble amarelo dun dos emblemas do equipo como é Boris. Baixa importante.
E a pesar da posición do Lousame o que peor chega é o Cordeiro B. Apeados da promoción caendo ó 7° lugar. Levan desde finales de novembro sen gañar e meteron a outro rival no seu vagón: o Carreira, co que caeron por 2-3 na casa. Desinfle importante que, de non gañar este encontro sería crisis importante para os de Valga.
Momentos críticos para ambos. Por urxencia e aspiracións ten que ser un 2 pero ollo ó que poda pasar. |
31 Ene 2023, 12:02 |
946.12 |
1 |
0 |
+info
|
| Carreira e Palmeira xogarán un bonito duelo na Guía.
O Carreira, qué dicir... Aclararon as ideas dende as Navidades e foi todo sumar de a 3. Nova victoria nun duelo para acabar de engancharse á pomada co Cordeiro B por 2-3 cun Hat-trick de Fran. A promoción a 4 puntos cando non fai moito estaba a 15 puntos tranquilamente... Lanzados a por todas.
O Palmeira claramente empeza a baixar enteiros. Derrota na casa contra o Crocha por 2-4 nun partido moi entretido e que van máis mermados á Guía si cabe cas expulsións de Amador e Jc. Pintan bastos para esta fin de semana. Eso sí con 9 foron capaces a poñer o 2-3 no marcador cando a cousa estaba 0-3 moi clara para os da Pobra.
Non sei si gañará todos os partidos da segunda volta, pero neste encontro ten todas as de levar os 3 puntos entre o estado de forma e as sensibles baixas do Palmeira. Un 1 claro. |
31 Ene 2023, 11:55 |
946.12 |
1 |
0 |
+info
|
| Cambio de hora sobre a prevista inicialmente. Pásase das 16:00 ás 16:30. |
27 Ene 2023, 00:18 |
937.87 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo de filiais novamente desta vez na Fieiteira.
Cidade de Ribeira B e Noia B enfróntanse no Anexo da Fieiteira.
Os locais empezan a ter serios problemas para confeccionar unha convocatoria de xeito. Hai xogadores do propio plantel B pero teñen que ir completando con Xuveniles e a veces teñen que facer números para non superar o número de xuveniles permitidos. Antes do partido ante o Artes contra o Cures xa solo foron con 12. A sanción do porteiro de 9 partidos ten que ser cuberta por un xogador de campo... Todo moi raro, raro, raro... No último partido plantaron guerra no inicio pero caeron claramente 6-2 ante o Artes.
O Noia B quizá teña unha situación similar actual á do Carreira. Non acababan de despegar de todo, combinaban algunha boa actuación cun petardazo pero parece que lle colleron as rendas ó cabalo e vai encamiñado ó seu obxectivo: ser inquilino fijo da promoción e si algún dos de arriba empeza a pinchar, intentar conseguir o máximo. O seu momento mellor do ano é agora logo de gañar a Puebla B e Aguiño consecutivamente.
O Noia B non debe despistarse e debería ganar. Na primeira volta foi un 5-1 claro para os de San Lázaro. Victoria visitante. |
25 Ene 2023, 23:42 |
937.86 |
1 |
0 |
+info
|
| Outro bo partido poderase presenciar en Valga.
Cordeiro B e Carreira miden forzas con traxectorias opostas.
Os locais empezan a perder fuelle. Levan 4 xornadas sin sumar de a 3 e perdendo puntos contra rivais que, en teoría, non deberían perder. Veremos onde se corta esta ferida pero xa Hai varios rivais a punto de caramelo de baixalos da poltrona da última plaza de promoción.
Situación totalmente oposta a do Carreira, que se encontra ante un partido vital para acabar de engancharse a esos obxectivos que moitos augurábamos que estarían indiscutiblemente. De gañar poñeríanse a 3 puntos do seu rival. Último partido goleada ante o Xuño 6-1. Nos últimos 6 encontros 27 goles a favor e 19 en contra. Se ustedes queren ver goles non o duden: vaian a ver un partido do Carreira.
Partido clave para ambos. Na primeira volta exhibición de escándalo en forma de bo xogo dos de Valga na Guía (0-2). Quizá a cousa invita a pensar que o Carreira acaba de coller a cola do tren. O Cordeiro B a reivindicar o seu bo traballo de gran parte da temporada. Pronóstico incerto. |
25 Ene 2023, 23:35 |
937.86 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois para mín o partido da xornada.
O campo onde os puntos sacanse con sudor e sangre. O implacable Monumental de Pomar do Rio enfrenta ó Cures co Artes.
Refacerse inmediatamente obxectivo dos locais logo dun contundente 4-0 no Son onde polo que comentan nin sequera puideron tirar a porta. Eso si, o Son non puido pechar o partido ata os últimos 10 minutos.
O Artes pola súa banda ven de superar o bache metendolle un 6-2 ós seus compañeiros de campo do Cidade de Ribeira B. Un partido que co paso dos minutos e ca dificultade que ten o Cidade B de combinar xogadores do plantel sin pasarse de número de xuveniles no 11 inicial (ou eso penso eu) teñen que facer máis números que para a declaración da renta. Esto está mermando moito ó filial ribeirense. Oportunidade dos de Ribeira para poñerse líderes provisionalmente.
3-1 na primeira volta onde o Artes queixouse da estopa do Cures. É difícil porque sería o primeiro que colleitase o Cures pero vexo reparto de puntos aquí. |
25 Ene 2023, 23:26 |
937.86 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo na zona baixa.
Xuño e Lousame prometen un partido entretido nas Furnas.
Os de abaixo comezan a arrancar pero o Xuño quedou estancado. Derrota no duelo directo co Crocha e derrota máis previsible co Carreira na Guía. 4 puntos do Crocha nas 2 últimas citas, 3 do Lousame e 0 do Xuño. Este partido antollase vital para eles.
Igual de vital que para o Lousame. Con moral veñen logo de golear inesperadamente ó Araño 6-2. Ollo a David Taboada que cascou 3 no seu primeiro partido así que haberá que seguilo de cerca.
Factor campo vs Momento de forma e novas fichaxes. Todo é posible este domingo. O 0-4 para o Xuño da primeira volta non será fácil que se repita. |
25 Ene 2023, 22:17 |
937.86 |
1 |
0 |
+info
|
| Araño e Porto do Son xogan na matinal do domingo. Coincido con sambinha que segundo a rumoroloxía o horario non foi para gusto de todos.
O Araño leva 2 labazadas serias nos últimos encontros: 5-1 en Carreira e sorprendente 6-2 en Lousame. Urxe recuperación inmediata pero o Son está chamando á porta da última praza de promoción.
O Son noutro duelo directo aplastou 4-0 ó Cures. 1-0 durante 80 minutos e en 10 minutos chegou a traca final dos do Emilio García con 3 tantos máis.
Favorito penso que o Son por pouco. Na quiniela eu meterialle un doble: X2. Na primeira volta 3-1 no Emilio García. |
25 Ene 2023, 22:09 |
937.86 |
1 |
0 |
+info
|
| O cuasi-derby que comenta o amigo sambinha ten lugar en Ventin.
Palmeira e Crocha xogan un partido que vistos os últimos encontros poden chegar bastante igualados.
Os locais caeron por un contundente 3-0 en Vista Alegre ante o Abanqueiro. Bastante mala primeira parte que se fixo xa imposible de arreglar no segundo tempo onde tiveron opcions para meter un par de tantos.
Os visitantes están no momento máis dulce da temporada. Si en 13 partidos so sumaron 3 puntos, nos 2 seguintes sacaron 4. Non sabemos si esta mellora terá continuidade, pero que é o mellor momento do curso sen dúbida. Último partido empate 2-2 ante un dos fortes da categoría como o Cordeiro B.
Factor Ventin pode ser clave. Por sensacións inmediatas o Crocha algo mellor, por campo o Palmeira. Como ben dixo Sambinha 0-0 na Alta na primeira volta. Veremos... |
25 Ene 2023, 22:05 |
937.86 |
1 |
0 |
+info
|
| 2 partidazos para sábado.
O primeiro en Cadreche enfrente a Puebla B e Abanqueiro.
Os locais veñen de descansar pero tendo un partido menos o Noia B alcanzounos e derrotounos no último encontro que disputaron. Parece que os de Noia amarraron o tren bo (e casi que dos últimos) para optar polos premios gordos.
O Abanqueiro leva 2 bos resultados. Empate cun dos da zona alta como o Cordeiro B e convincente victoria ante o Palmeira 3-0 en Vista Alegre. Día este do sábado para borrar de todo derrotas coma a de Xuño antes do Nadal.
Ten pinta dun 1 a pesar da melloría dos de laranxa. 3-3 bastante enganoso na primeira volta onde o Puebla B a pesar de ir 3-1 abaixo puido gañar Ben. |
25 Ene 2023, 20:32 |
937.86 |
1 |
0 |
+info
|
| O partidazo da xornada sen dúbida algunha.
Noia B e Xuventude Aguiño cítanse no Anexo do Julio Mato.
O Xuventude Aguiño chega como flamante Campeón de Inverno logo de destrozar a domicilio ó seu rival directo Artes 1-4. Nivel de xogo e confianza polas nubes. ¿Quen os poderá parar?
Pois quizá sexa o Noia B que nun duelo vital gañou ó Puebla B 2-1 e colocase a 3 puntos deles. De gañar este domingo poñeríanse relativamente cerca do neste momento líder, a 5 puntos.
Na primeira volta vibrante 3-3 que salvou de maneira espectacular o Aguiño logo dun 1-3 que estivo campeando todo o partido pero que o Noia B non supo pechar. O Aguiño ten colchón de 4 puntos sobre o segundo clasificado. O Noia B ten que ir con todo. ¿Estacazo vital á liga ou metemos a máis xente na festa? Veremos... |
18 Ene 2023, 20:00 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo entre os 2 equipos que comparten casa.
Artes e Cidade de Ribeira B miden forzas en situación de necesidade imperiosa de puntos para ambos.
O Artes perdeu o título honorífico de Campeón de Inverno no duelo directo co Aguiño e de forma contundente. 1-4 na casa e co favor do Noia B gañando ó Puebla B manteñen polos pelos a segunda posición. 1 punto de 12 posibles. Bache importante que teñen que frear xa.
Enfrente un Cidade de Ribeira B que se presentou moi mermado ó seu último encontro co Cures. So 12 xogadores e para máis desgracia expulsión por doble amarilla do porteiro (9 partidos lle caeron pola liada posterior co árbitro). Derrota pola mínima que para o que pintaba o tema non e que haxa que dar gracias pero si evitouse unha debacle por como viña e cómo se foi desenrolando o partido.
Si non hai un 1 neste encontro a situación será grave para o Artes. Un 1 aposto pola gran necesidade que teñen os de verde e branco. |
18 Ene 2023, 19:54 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
| Moi bo partido no Emilio García. Para mín so o supera o Noia B-Aguiño.
Porto do Son e Cures enfréntanse no Emilio García nun duelo clave para ambos conxuntos.
O Porto do Son gañou con máis apuros dos previstos ó Lousame. A cousa prometiase moi feliz cun 0-3 no 75 pero 2 goles dos da Silva nos minutos finais fixeron que os de blanco tivéranse que curar en salud do posible susto final.
O Cures sigue de dulce e gañou pola mínima na Fieiteira ante un Cidade Ribeira B que so se presentou con 12 xogadores. A expulsión por doble amonestación do porteiro no minuto 70 e un penalti transformado por Mario no 83 fan sacar 3 puntos que son dos que valen moito a final de curso.
O pronóstico máis incerto dos partidos desta xornada. Depende de cómo teñan o día ambos equipos pódese producir calquera resultado. |
18 Ene 2023, 19:49 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
| Lousame e Araño vense as caras na Silva.
O Lousame a pouco estivo de dar a campanada e da maneira máis épica. Cun 0-3 en contra chegaronse a poñer 2-3 contra o Porto do Son e dando algún susto final que non chegou a culminar ese posible como mínimo empate. Caen a última posición empatados a puntos co Crocha.
O Araño comezou ben en Carreira chegando 0-1 ó descanso pero unha exhibición dos de vermello enchufando 5 tantos en 20 minutos supuxo un duro golpe para os de Rianxo. Fai moito parecía un mundo pero o Carreira ponse a 4 puntos do Araño.
Un 2 en principio para este encontro. Pero na xornada inaugural de liga a cousa só quedou 1-0 na Lomba. Veremos... |
18 Ene 2023, 19:40 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
| Carreira e Xuño vense as caras na Guía.
Ollo ó Carreira que ahora sí que se encontrou e a pesar dun primeiro tempo por detrás no marcador, bastoulles 20 minutos no segundo periodo para meter 5 tantos e gañar a un difícil Araño. Parece que agora sí van na boa dirección.
Enfrente un Xuño que nun duelo directo podían deixar a un rival a 7 puntos se lles puxo a 1. Derrota 3-1 na Alta ante un Crocha que logrou a súa primeira victoria do ano. Partido a pesar de ser de 2 equipos de zona baixa moi entretido de ver e que puido ser para calquera ainda que o Xuño deixou ir un 0-1 favorable.
Ten pinta de que si xa están enfocados é un 1 claro para os da Guía. |
18 Ene 2023, 16:40 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
| Crocha e Cordeiro B xogan nunha Alta que anda entre algodóns e que o andará máis logo de que Puebla e Flavia en Primeira Autonómica xoguen o sábado.
Chegou por fin a primeira do Crocha. Parecía que nunca sería o día pero romperon o maleficio ante un gran Xuño. 3-1 onde tiveron que remontar e 3 puntos que veremos si os fan despegarse desa parálisis e desos medos.
Enfrente un Cordeiro B que leva 3 partidos sin gañar eso sí con tantas circunstancias polo medio e ante rivais dos de zona alta. Último partido empate en Vista Alegre 1-1 (quizáis desta racha sen gañar o menos previsible). Última victoria finais de novembro 1-2 na Fieiteira ante o Cidade Ribeira B.
Na ida en Valga foi un 1-1 que visto o camiño que tomaron uns e outros nadie apostaría por el. Veremos que Crocha encontramos este domingo logo desa victoria. Ó Cordeiro B empezan a facerlle falta os puntos. A lóxica nos di que 2 pero este partido ó mellor da máis voltas das que pensamos. |
18 Ene 2023, 12:54 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|