Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Bo partido na doble sesión continua de Terceira Autonómica que se vivirá na Fieiteira domingo á tarde. Na primeira das 2 funcións xogarán Artes e Crocha. Os locais veñen con 3 puntos importantes pero cun roto importante de Vista Alegre. 3 expulsados máis outra sanción por acumulación de amonestacións segundo contan (veremos as sancións que suben o mércores). Heroico 1-2 con 9 xogadores dende o final da primeira parte. Unha escabechina e unha arbitraxe calamitosa en xeral fixo que os 3 puntos poidan salir moi caros dependendo dos partidos que poidan caer. O Crocha empatou na Alta contra o Cidade de Ribeira B. Empate a 3 que sabe a pouco porque non sentenciaron cando o puideron facer e o baixón logo da boa actuación de Aguiño a pesar da derrota ten a súa importancia porque non conseguiron o principal: recortar puntos ó Cidade Ribeira B. Quedan a 6 puntos. O Artes ven non sei se en cuadro pero sí mermado. Ó Crocha volven as dúbidas por esa irregularidade dun día para outro. Por obxectivos debería ser un 1, veremos qué cara mostran os de vermello domingo. 01 Mar 2023, 17:41 971.21
Partidazo á mediodía en Cadreche nun horario que xa se empeza a facer habitual para os de blanquiazul. Puebla B e Porto do Son xogan por 3 puntos moi importantes para ambos conxuntos. O Puebla B pinchou en Lousame contra o equipo local. Xa avisaba do apretado 3-2 da ida pero entre iso e a mellora do Lousame e un Municipal da Silva donde están caendo bos equipos fixeron perder 2 puntos vitais ós de Óscar Iglesias. O Porto do Son perdeu a plaza de promoción en favor do Cures. Derrota 1-2 ante o Palmeira onde este partido se fai importantisimo. De gañar recuperan a plaza ante a xornada de descanso do Cures. Na primeira volta 2-2 e ambos non están de todo ben nos últimos partidos. Sin pronóstico. Veremos qué pasa... 01 Mar 2023, 17:29 971.21
O segundo dos partidos do sábado será no Anexo do Julio Mato. Noia B e Abanqueiro xogarán por obxectivos ben distintos. Os locais volven da xornada de descanso todavía co roto importante sufrido no Monumental de Cures (3-0) e dentro do malo a xornada non lles foi mala xa que o Puebla B pinchou en Lousame (1-1). O Abanqueiro perdeu un partido caótico e case que unha batalla campal contra un Artes con 9 (1-2). O árbitro (unha vez máis ese árbitro en concreto) partido que pita partido que se forma o escándalo. No Artes expulsou a 3 por vermella directa e no Abanqueiro expulsou ó míster que non se poderá sentar no banco esta xornada. Lío na grada, presencia dos municipales... De todo. Un 1. O Noia B ten bastante polo que loitar. O Abanqueiro co corte de 7 puntos que hai entre os últimos 5 postos e os demáis o único obxectivo (se non cambian as cousas) e ser o 11°. 01 Mar 2023, 17:16 971.21
O primeiro dos 2 partidos adiantados a sábado xógase en Ventín. Palmeira e Araño xogan por 3 puntos e quizáis incluso por posición dependendo de golaverage. O Palmeira asaltou o Emilio García (1-2) apartando ó Son da promoción en favor do Cures. Na parte negativa perden a Xota por doble cartón e Adrián non se poderá sentar no banco por ser expulsado por vermella directa á finalización do encontro. Final de partido quente xa que caeronlle unha chuvia de amarelas ós de Ribeira no minuto 90. Pola súa banda o Araño caeu derrotado na casa pola mínima ante o Cordeiro B. Un equipo o de Valga que volve gañar logo de 9 xornadas. O Araño ve frenada a progresión logo de 3 xornadas sen perder. A promoción quédalles agora a 5 puntos. Partido de difícil pronóstico. 5-4 na primeira volta para os da Lomba. De ahí que cunha victoria do Palmeira poida incluso sobrepasar ó seu rival. Impredecible o que pode pasar o sábado. 01 Mar 2023, 17:03 971.21
Duelo atractivo á vez que quente entre 2 equipos que o azar quixo que se vexan tamén na Copa do Sar o Xoves Santo pero en Ventin. O Porto do Son mantén o posto de promoción polos pelos gracias á victoria en Valga, hai moitos apretando e parece unha das loitas máis bonitas do que queda de liga. O Palmeira cando peor as tiña levou unha victoria no momento menos esperado. 2-1 sendo 11 xustos e poñendose o Lousame 0-1 por diante. Esperemos que este descanso lles faga recuperar efectivos tanto por sanción como por lesión. Duelo quente nas últimas ocasións. 5-6 e partido parado media hora por lío na grada na primeira volta... Sabe Dios... Todo é posible. 21 Feb 2023, 20:22 962.83
Araño e Cordeiro B xogarán un igualado duelo no campo e na clasificación. Os locais logo de varios tropezóns importantes recuperaron a súa mellor versión ganando 0-3 nun campo difícil como é As Furnas. Victoria que pode darlles un pulo nunha promoción que non se foi de todo pero onde non poden perder máis puntos. O Cordeiro B segue costa abaixo e sin frenos. 8 xornadas sen coñecer a victoria e non ten boa pinta. Última xornada derrota 1-2 ante o Porto do Son na casa, lóxica ata certo punto comparada con caer na Silva por exemplo ante o Lousame. O último resultado do Araño podelle dar motivación, o Cordeiro B despertará algún día. Na ida 0-0. Con todo esto: 2+2 levo 5 máis 7 de resto... Ten pinta de un 1. 21 Feb 2023, 20:17 962.83
Duelo na Silva entre Lousame e Puebla B. Os locais non aproveitaron o poñerse 0-1 en Ventin e caeron 2-1 presentando o Palmeira 11 xustos. Tropezo importante porque visto como foi a xornada huberan dado un paso importante no grupo dos 3 últimos. O Puebla B foi capaz de cortar a racha do Carreira no minuto 88 para empatar a 2 tantos. Resultado que polo discurrir do encontro é bo pero a efectos globais de táboa fai que o Aguiño se escape xa que o Crocha por un pelo non puido axudar na visita á Tasca. Na ida en Cadreche foi un apurado 3-2 logo de aquel sorprendente 3-0 endosado do Lousame ó Palmeira. A Silva veu resultados de todo tipo varios favorables ós locais. Ten pinta de un 2 salvo cousa rara. 21 Feb 2023, 20:08 962.83
Bo duelo entre Xuño e Cures nas Furnas. O Xuño volve repetir partido como local pero terao que facer bastante mellor xa que caeu por un contundente 0-3 ante o Araño. Frenazo importante nun comezo de ano que non era para nada malo. Enfrente un Cures que fixo do Monumental a silla eléctrica para todos. Caeu Aguiño, caeu Artes e caeu desta vez o Noia B e cun contundente 3-0. Siguen flirteando cos postos de promoción pero sen acabar de rematar a xornada neses lugares. Duelo clave para moitos equipos e non é menos para o Cures. Un 2 se quere optar a eses postos que están moi competidos. 21 Feb 2023, 20:01 962.83
Duelo entre Crocha e Cidade de Ribeira B na Alta. Os locais caeron con honor na Tasca ante o líder Aguiño 2-1. Foron incluso capaces de poñerse por diante pero 2 goles nos minutos 44 e 88 remataron ca racha de 4 partidos sen perder. Partido moi serio dos da Pobra. Partido este importante porque si queren subir na taboa teñen que vencer ó Cidade Ribeira B que está a 6 puntos (bastantes ainda). De perder moito máis na táboa xa será difícil de subir. O Cidade Ribeira B no duelo directo deixou as cousas cómo estaban co Abanqueiro. 3-3 onde estuveron 1-0 ata o 75. Casi tiran todo pola borda co 1-3 visitante pero conseguiron empatar nos últimos minutos. Importante a victoria para eles para apartar ós de atrás e intentar coller ó Palmeira que está a 5 puntos. Por forma ven mellor o Crocha a pesar da derrota. Veremos que pasa. Penso que si o equipo non afecta o golpe da derrota no último partido o poden facer pero haberá que apretar duro. 4-1 para o filial ribeirense na primeira volta que supuxo a caída pouco a pouco ó pozo do Crocha. Un 1 pero haberá que curralo e moito. 21 Feb 2023, 19:10 962.83
Duelo precioso á vez que con morbo o do domingo á hora do vermú na Guía. Carreira e Aguiño buscan 3 puntos vitales para os obxectivos de ambos. O Carreira empatou en Cadreche 2-2 cedendo o empate no 88 logo de ir ganando gran parte do encontro co Puebla B. Punto non malo sendo rival de zona alta e sumando fora da casa. O Aguiño gañou con máis apuros dos esperados ó Crocha que lle puxo as cousas complicadas. 0-1 se puxo o Crocha pero 2 tantos un ó final de cada tempo certificaron 3 puntos vitais xa que abren oco de 6 puntos cos inmediatos perseguidores. Na primeira volta 4-1 para os da Tasca, habrá ganas por parte dos de vermello. Pronóstico incerto pero será dos poucos partidos que o Aguiño poda ceder puntos e incluso perder. Un "triple" na quiniela 21 Feb 2023, 19:00 962.83
O partido adiantado da xornada vivirase en Vista Alegre. Abanqueiro e Artes loitarán por 3 puntos en alturas da táboa ben distintas. Os locais no duelo directo por posición empataron 3-3 co Cidade de Ribeira B. E máis ben perderon 2 puntos xa que tiña ben amarrada a victoria no 80 co 1-3 cun Hat-trick casi de record de Samuel Laíño (3 tantos en 6 minutos) logo de ir 1-0 durante 75 minutos. Finalmente outros 2 goles do rival deixan o empate que non sirve de moito pero os 3 de atrás perderon e non se achegan. O Artes ven de descansar unha semana máis que o resto pero o Aguiño xa se escapa a 6. Difícil diferencia para remontar. Debería ser un 2 si o Artes quere seguir mantendo certas posibilidades do ascenso directo. Veremos... 21 Feb 2023, 18:55 962.83
A veces os árbitros super exigentes para unhas cousas e para outras pasotismo total. Increíble que hoxe Palmeira e Lousame xogasen ca misma equipación solo diferenciando as 3 raias verdes da camiseta do Lousame respecto a franxa azul do Palmeira. Ambos fondo de camiseta blanco e pantalón e medias azules. E logo se poñen exquisitos por unha térmica que nin se confunde ca equipación rival. Este ano o arbitraje anda bastante de capa caída. 11 Feb 2023, 20:30 954.76
No Municipal de Campaña xogarán Cordeiro B e Porto do Son. 2 bos equipos pero que non están na súa mellor época. O Cordeiro B está en crisis e en caída libre. A súa última victoria data de finales de novembro e non encontran ese punto de equipo temible co que comezaron o campeonato. Esta crisis agudizouse máis ca derrota en Lousame contra o que era último clasificado (3-2). O Porto do Son máis do mismo na última xornada. Polo menos foi un punto pero tropezón na casa importante ante outro dos equipos da zona baixa cómo o Xuño no Derby Local (2-2). Andan irregulares e si non se mostran serios a última plaza pode caer para calqueira lado. Difícil pronóstico porque non andan ningún dos 2 ben. Máis opcións para o Son mentres o Cordeiro B non sala do pozo. Un 2. 07 Feb 2023, 19:56 954.68
Partido interesante nas Furnas. Xuño e Araño buscan 3 puntos necesarios para seguir escalando na táboa. Os locais levan 2 xornadas moi boas. Victoria ante un rival directo como o Lousame e empate no dificilísimo Emilio García no Derby ante o Son. Ó igual que o Lousame e o Crocha logo dunha primeira volta bastante mala empezan a despertar estes 3 conxuntos e amenazar rivais que están por diante. O Araño gañou un importantísimo encontro ante un rival directo como o Cures e péganse a 2 puntos volvendo a ser candidato entre un pelotón de equipos á 5° e última plaza que da dereito a xogar a promoción. Pois vexo victoria do Xuño en principio, están con chispa. O Araño si olvidan os fantasmas do 6-2 de Lousame poden rascar algo positivo pero vexo mellor ó Xuño. 07 Feb 2023, 19:52 954.68
O Noia B tócalle o turno de pasar polo potro de tortura do Monumental. Caeron os 2 primeiros e amenazan os de Boiro con facer caer ó 3° clasificado. Os locais na última xornada caeron na matinal do domingo por 2-0 ante o Araño, a promoción vólvelles ser esquiva unha semana máis. O Noia B consigueu agarrar ó Artes e logo de poñerse 0-2 abaixo foron capaces de igualar o partido a 2 cos goles de Costi e Damián Filgueira. Partido vibrante e de moito ritmo. Pois visto o que está pasando en Pomar do Rio eu vexo un 1. Aparte o Noia B perdeu xa en liga o ano pasado alí e gañou polos pelos en enfrentamento que hubo tamén en Copa do Sar. 07 Feb 2023, 19:47 954.68
Síntome observado... xD. A ver cómo poño as cousas. O indiscutible líder Xuventude Aguiño recibe ó Crocha este domingo na Tasca. O Aguiño sigue o seu camiño imperial. Venceu 1-4 en Vista Alegre casi sin despeinarse e xa descansou, cousa que menos o Puebla B os outros 2 rivais aínda están pendientes de descansar (empezando polo Artes nesta xornada). O Crocha en parte e indirectamente fíxolle un pequeno favor ó Aguiño rascando un punto no derby da Pobra onde sinceramente a virgen e os santos baixaron para que o partido acabase 1-1 logo da infinidade de ocasións que tiveron os blanquiazules. Aguantaron ata o minuto 80 co 1-0 por diante pero cederon o empate. Bo punto pero que non lle sirve para despegarse do furgón de cola xa que Xuño e Lousame tamén se están animando e sumando achegándose cada vez máis ó grupo formado por Cidade Ribeira B e Abanqueiro. Van faltar xente nos 2 equipos por acumulación de cartóns, polo menos 2 por bando. A lóxica e a dinámica indican victoria local aínda con esas baixas. O Crocha tense que encomendar á racha, tamén ás armas das que dispoñen e ó momento de confianza actual e si cadra si hai o día de sorte que tiveron o domingo pasado quen sabe. Pero non poñer favorito claro ó Aguiño neste encontro non sería falar da realidade. Pero intentaremos dar guerra a ver si somos capaces de sacar algo positivo. 07 Feb 2023, 19:37 954.68
Partidazo en Cadreche. Puebla B e Carreira van con todo a este partido. Os locais no Derby do Concello non puideron pasar do empate ante o Crocha. Tivéronas de tódolos colores pero estivo o día de non querer entrar a pelota. Os visitantes ganaron na Guía no último minuto ó Palmeira e están entrando a empuxóns e derrubando portas para coller plaza na promoción á que parece chegarán máis que de sobra. Si o día do Puebla B é de non entrar o balón coma na Alta será un 2. Pero vai a estar moi moi disputado. 07 Feb 2023, 19:26 954.68
Cidade de Ribeira B e Abanqueiro xogan un partido onde ambos empezan a ver ós lobos por detrás. O Cidade Ribeira B descansou pero leva tempo sin colleitar bos resultados. Último encontro derrota 4-5 nun rocambolesco partido ante o Noia B. O Abanqueiro está igualado a puntos co seu rival pero o arranque positivo que tivo cas novas incorporacións parece que se frenou. Neste 2023 colleitou so 1 empate en 3 partidos (vs Cordeiro B). Quizáis sexa un empate. 07 Feb 2023, 19:21 954.68
Á espera na redacción desta previa de poñer horarios a 2 partidos máis. O partido adiantado a sábado (e casi seguro o Puebla B - Carreira aposto que irá tamén) é este de Ventín. ACTUALIZACIÓN (só o Palmeira - Lousame vai para sábado). Palmeira e Lousame xogan por 3 puntos bastante importantes para os 2 conxuntos. Os locais levan unha mala racha e desta vez caeron no 89 na Guía ante o Carreira por 3-2. Plantel bastante mermado sen case relevo no banquillo volveron sacar casta e morreron de novo cas botas postas. Pero a necesidade de sumar empeza a facerse importante. O Lousame que forma o trío de cola xunto co Xuño e co Crocha empezan a ter unha tendencia xoguetona de empezar a sumar ou ben de a 1 ou ben de a 3 jodendo quiniela día sí e día tamén. A última do Lousame gañar na casa a un Cordeiro B en caída libre (3-2). Visto como o trío de atrás as está gastando un xa non sabe que pensar. Si a eso sumamos un contundente 3-0 no partido da primeira volta máis alicientes todavía. Pronóstico incerto. 07 Feb 2023, 18:59 954.68
O partidazo da Xornada. Noia B e Artes mídense nun duelo con moitísimo en xogo e onde o Aguiño sacará as palomitas para, de gañar en Vista Alegre, ver quen é o que se descolga algo máis deles, e o Puebla B mirará desde atrás para ver si pode meter o cazo e sacar petróleo. O Noia B xogou con lume na súa visita ó Anexo da Fieiteira e logo dun 3-0 en contra en media hora xogando horrible consigueu vencer non sin sufrimento 4-5 ó Cidade Ribeira B. Partido "tonto" onde as opcións de ser campión e a mellor ventaxa de cara a promoción pérdense de maneira moi fácil dando o cante en citas así. O Artes sigue nese bache difícil de salir onde a victoria da semana pasada ante o Cidade de Ribeira B foi un espexismo. Derrota no sempre difícil Pomar do Río, o Monumental que poucos equipos puderon salir indemnes de ahí e onde o Artes correu a misma sorte que o Aguiño. Duelo vital fora da casa e o Noia B con gañas de vengar o 4-1 da ida. Sin favorito. Porque a posta en escena da última xornada do Noia B non foi a mellor precisamente a pesar da victoria e o Artes estalle gripando a maquinaria e ten que espabilar xa. Veremos que sale de ahí ó abrir o melón. 31 Ene 2023, 12:41 946.12