| Colista contra líder.
As Furnas vivirá un duelo bastante desigual por estados de forma, sensacións e balance xeral da tempada.
O Xuño quizá esté no peor momento do ano. Nova goleada esta vez en Cadreche ante o Puebla B por 7-0. 2 goles a favor e 19 encaixados nos últimos 3 encontros. Problemas si o que quere o Xuño é evitar o farolillo vermello e moito moito que mellorar.
O Aguiño despois de 2 empates e algunhas dudas volveron gañar na Tasca ante o Araño. 3-1 que os permiten manter o colchón de 1 partido de marxen cos perseguidores, máis ben perseguidor que é o Puebla B. O seguinte xa está a 6.
Ou moito se alinean os planetas ou é un 2 esto. |
21 Mar 2023, 17:18 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| Xa vexo que me algún me reclama por estos lares. O día que me paguen por esto acabo as actas de final de jornada o domingo as 9 da noite e o luns como un clavo as 8 da mañán xa monto o tenderete da siguiente.
Vamos co partido adiantado desta xornada 24 que será un duelo entre xogadores do antigo Cruido e o que derivou o Cruido co acordo de colaboración co Noia. Duelo parece que de certas rencillas.
O Lousame veu cortada a súa boa imaxen e tamén a unión de varios partidos puntuados perdendo co Artes na Fieiteira 2-0. Non se decideu a cousa ata o desconto co segundo tanto anotado de penalti por Parada.
O Noia B no partidazo da semana pasada encaixou probablemente a maior derrota na casa que se recorda desde que o Cruido pasou a ser filial dos noieses. Contundente 0-3 que está a punto de meter no saco polas peleas finales ó Carreira.
A Silva sempre é campo que se lle atraganta ós equipos que o visitan. Aínda que o Noia xa o ten usado nalgún partido como local.
Debería ser 2 pero veremos canto lle afectou o golpe da semana pasada ó Noia B. |
21 Mar 2023, 17:12 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| O tema dos árbitros ven moi de lexos. O nivel é mediocre en bastantes deles. Outros sálvanse mínimamente, todo sexa dito. Pero árbitros da zona son moi escasos e algún ten que pitar 2 partidos nunha mesma xornada. Non sei qué costa traer árbitros doutra delegación. Este que pitou hoxe neste encontro a semana pasada fixoo na Pobra e para o que suele ser pasou bastante desapercibido, milagro. |
19 Mar 2023, 21:43 |
989.60 |
1 |
0 |
+info
|
| Cadreche vivirá o duelo entre Puebla B e Xuño.
Os locais pincharon na visita a Taragoña na última xogada 3-3 ante o Araño. Os de arriba empezan a non sumar de 3 con tanta alegría polo que non hai un candidato totalmente claro. O Noia B aproveitou esta circunstancia para igualar a puntos ós da Pobra vencendo precisamente na Pobra pero na Alta ó Crocha.
O Xuño quizá esté nun dos peores momentos da temporada encaixando varias goleadas consecutivas, a última na casa 1-6 ante o Palmeira. Polo que as sensacións non son precisamente as mellores neste momento, habendo perdido fuelle con Crocha e Lousame que xa están a distancia dun partido de Abanqueiro e Cidade Ribeira B.
Penso que é o pronóstico máis claro da fin de semana. Un 1 claro para o Puebla B. |
15 Mar 2023, 17:13 |
987.27 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo en Ventín que de maneira excepcional xogarase en domingo.
Palmeira e Cordeiro B loitan a empuxóns por desbancar ó Carreira da útima plaza de promoción.
Os locais golearon en Xuño 1-6 e póñense a tiro de 3 puntos de optar a promoción cando non fai moito o tiñan moito máis complicado. Os de Adrián Domínguez darán o todo polo todo nestas últimas citas para intentar entrar nesa cotizada plaza.
O Cordeiro B está en situación moi parecida ó seu rival. 2 puntos por diante deles e por tanto a 1 da promoción. Conseguiron un empate 1-1 ante o que era inquilino a xornada pasada da plaza de promoción: o Cures. Sendo locais non sei ata que punto é positivo ese empate. Misma situación que o Palmeira: a por todas para sumar todo o posible de aquí ó final.
Na primeira volta 3-1 para os de Valga. O ano pasado no mismo escenario 3-2 para o Palmeira. Partido igualadísimo. |
15 Mar 2023, 17:10 |
987.27 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido entre 2 equipos que a última vez que ascenderon fixérono xuntos naquela temporada inconclusa da pandemia.
Xuventude Aguiño e Araño buscan 3 puntos que, estando ás alturas de liga que estamos, fanse cruciais para ambos.
Os locais están pinchando últimamente. 2 empates seguidos ante Lousame e Porto do Son que fan que aínda manteñan o colchón dun partido cos rivais (4 puntos) pero aínda hai enfrontamentos directos (teñen que visitar a Tasca Artes e Puebla B) polo que non se poden despistar.
O Araño na última xogada obtivo un bo empate 3-3 ante un dos equipos fortes como o Puebla B. Siguen tendo a promoción non moi lexos (5 puntos). Cerran o pelotón de candidatos á promoción (10º posto) polo que calquera equipo (incluído o Araño) que enganche un bo rush final de resultados pode optar a entrar nesa ansiada promoción.
A pesar de que A Tasca flaquexou e sufreu algo cas 2 visitas de Crocha e Lousame. Téñense que facer fortes e ahora dar o todo polo todo. Un 1. |
15 Mar 2023, 17:05 |
987.27 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo boirense no Monumental.
Cures e Abanqueiro xogan por 3 puntos importantísimos.
Os locais perderon a plaza de promoción en favor do Carreira logo de empatar 1-1 nun campo difícil como é o Municipal de Campaña de Valga ante un rival directo como o Cordeiro B. Non é mal empate de todo sendo visitante.
O Abanqueiro descansou na última xornada e os de atrás están chegando a altura dos de Vista Alegre. Empatou a puntos o Lousame na táboa, o Crocha está a 2 e enfréntanse a semana que ven. Polo que hai que ir sumando para non quedarse atrás. O último partido foi unha derrota 5-1 ante o Noia B. Hai que mellorar moito.
Na primeira volta repaso 1-4 en Vista Alegre. E non creo que cambie moito o pronóstico e máis xogando no Monumental. Un 1. |
15 Mar 2023, 15:40 |
987.27 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido do vermú desta semana será no Anexo da Fieiteira.
Cidade de Ribeira B e Porto do Son xogan un partido importante para ambos.
Os locais caeron nun duelo directo co Lousame na Silva e si non queren verse totalmente engulidos polos que veñen da atrás deberían gañar sinon poden caer ás últimas posicións da táboa.
Os visitantes empataron a semana pasada no Emilio García 1-1 co líder Xuventude Aguiño. A accidentada anécdota do partido foi o choque dun xogador do Porto do Son co árbitro que lle causou a rotura do nariz, aínda así o colexiado (un dos mellores da categoría) fixo de tripas corazón e rematou o partido ca nariz como un tomate e cun dolor imaxino horrible. Desexámoslle a mellor das recuperacións a Don José Ramón Fernández Lado e que se recupere pronto.
Na primeira volta repaso do Cidade de Ribeira B 2-6 no Son, as cousas parece que pintan distintas nesta segunda volta. Un 2 no meu pronóstico. |
15 Mar 2023, 15:37 |
987.27 |
1 |
0 |
+info
|
| O partidazo da fin de semana sin dúbida terá lugar no Anexo do Julio Mato.
Noia B e Carreira xogan 3 puntos de moito valor este próximo sábado.
O Noia B venceu sin excesivo brillo por 0-2 na Alta ó Crocha. Un partido de moitas imprecisións por parte dos 2 conxuntos onde o Noia B mostrou oficio e aproveitou as concesións que outorgou o Crocha para sumar 3 puntos e poñerse en 2º posto. Partido correcto sen excesivos alardes pero a fin de contas efectivo que é o que se pide a estas alturas do curso.
O Carreira venceu no duelo directísimo co Artes e asaltan a última plaza de promoción. Siguen cunha racha envexable e penso que será moi difícil baixalos de ahí. Última derrota 3 de decembro 5-8 contra o Cures. A partir de ahí 8 victorias e 2 empates (2-2 ante o Puebla B e 3-3 ante o Aguiño). Imparables e o equipo en mellor forma sen dúbida desta Terceira Autonómica Grupo 1.
O pronóstico máis incerto da fin de semana. 11 partidos puntuando dos últimos 12 os locais e 10 partidos seguidos sin perder o Carreira. Os que asistan o partido si todo vai ben que disfruten dun moi bo partido de 2 equipazos. |
15 Mar 2023, 15:30 |
987.27 |
1 |
0 |
+info
|
| 2 partidos adiantados para sábado. O primeiro deles no Anexo da Fieiteira.
CD Artes e Lousame enfréntanse cun estado de forma distinto ó que reflexa a táboa.
Os locais caeron por 2-1 na Guía ante o Carreira. 2º derrota consecutiva que os fan baixar ó 4º posto da clasificación. ¿Acéndense as alarmas no equipo verde e blanco? Como o resultado non sexa favorable (e o seu rival está facendo machadas contra equipos grandes) a cousa será preocupante e estará máis cerca de que se cheguen os perseguidores e de parecer a priori que as 4 primeiras plazas estaban asignadas a expensas de disputarse a 5º, quen sabe si o que se poden rifar son 2 plazas. Todo depende dun día clave para o CD Artes.
O Lousame sin complexos e poñendo toda a carne no asador foi o principal causante de que o grupo de 3 do final xa sexa grupo de 5. Venceron ó Cidade de Ribeira B por 5-4 e entre o 11º Cidade de Ribeira B e o 14º Crocha só hai 3 puntos, o Xuño parece que se descolga un pouco pero todavía siguen na loita.
Partido de moita responsabilidade para o CD Artes, terán que xogar cos nervios, cas baixas e co estado de forma. O Lousame entre o seu estado de forma e aproveitar calquer fallo do rival meterán o cazo á primera ocasión. Unha X me da o pálpito neste pronóstico. |
15 Mar 2023, 15:25 |
987.27 |
1 |
0 |
+info
|
| Pecha a xornada un partido do que estarán pendiente moitos equipos e duelo máis que directo por esa anhelada e escurridiza última praza de promoción.
Cordeiro B e Cures xogan por durmir en promoción.
Os locales engancharon 2 victorias seguidas e chegan a tempo para ser protagonistas do fin de festa de temporada a pesar da malísima racha que tiveron. Qué mellor que unha goleada (6-1 ante o Xuño) para olvidar malos momentos e reforzarse de moral.
O Cures descansou ca mellor das noticias posibles: seguir en posto de promoción a pesar de non xogar. O Porto do Son fracasou nese intento perdendo ante o Puebla B pero Cordeiro B, Carreira e Palmeira (ou era Araño ou era Palmeira) fixeron os deberes para que os 2 primeiros se poñan a 2 puntos e o terceiro a 5.
Para mín o pronóstico máis incerto dos partidos da fin de semana. |
08 Mar 2023, 22:07 |
978.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido da xornada vivirase na Guía.
Carreira e Artes xogarán un partidazo con moito en xogo.
Os locais gañaron 2-4 na Fieiteira ante o Cidade Ribeira B, o partido complicouse un pouco poñendose por diante o Cidade e logo tendo un 1-1 e 2-2 ata o minuto 80 pero dous zarpazos finales fan que os puntos viaxen ata a Guía. Non sei ata que punto ten baixas o Carreira como di pongosetas.
O Artes caeu sorprendentemente pero merecidamente ante o Crocha. Non excesivamente por deméritos dos de verde e blanco sinon que ó Crocha saleulle o mellor partido do ano precisamente o domingo pasado.
Na primeira volta victoria do Artes. En pretemporada no mismo escenario do domingo goleada 5-1 do Carreira. Todo é posible neste encontro pero o Artes seguirá arrastrando certas limitacions cas baixas das expulsións máis algunha por lesión. A ver qué convocatoria leva o Carreira. As sensacións últimas invitan ó 1. Pero veremos qué pasa... |
08 Mar 2023, 21:50 |
978.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Crocha e Noia B miden forzas na Alta.
Os locais volveron recuperar a súa mellor versión e deron a sorpresa no Anexo da Fieiteira ante un Artes mermado por bastantes baixas, ainda que ambos equipos presentaron os mesmos xogadores ó partido: 14. Tendo que xogar o porteiro suplente Pepe de porteiro e casi enchufando unha. Boa imaxe dos da Pobra que suben unha plaza en detrimento do Lousame que casi obra outra milagre na Tasca. Xornada importante esta: o Abanqueiro descansa e o Cidade Ribeira B xoga en Lousame. Os de Vista Alegre están a 2 e os da Fieiteira a 3 do Crocha. Parece que ese grupo do final xa contactou con ese segundo grupo. Partido vital para mellorar na tabla. Pero non será nada fácil.
Enfrente o Noia B, veñen de golear ó Abanqueiro. Xogando domingo é probable que perdan algún efectivo si o equipo A bota man dalgún. Pero o Noia B ten efectivos suficientes para rendir igual que co plantel ó completo.
De partida cóntase con victoria do Noia B, sobre todo porque están na loita de mínimo a 2° posición. Eso sí, deberían non despistarse cun Crocha que só perdeu 1 (e ante o Aguiño casi no último minuto) dos últimos 7 encontros. |
08 Mar 2023, 21:43 |
978.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Veremos como está a cousa climatoloxicamente para domingo para xogar nas Furnas. Cambio a A Trinidade? Todo é posible.
Xuño e Palmeira xogarán uns por recuperar sensacións que nas últimas semanas foron perdendo fuelle e os outros por intentar engancharse á promoción que non é imposible todavía.
Os locais caeron 6-1 en Valga ante o Cordeiro. Novo bache que comezan a atravesar e empezan a non seguirlle o pulso ós compañeiros de aventura Crocha e Lousame que siguen sumando.
O Palmeira cunha genialidade de Pablo Viturro en forma de libre directo gañaron pola mínima ó Araño. Empatalles a puntos, golaverage particular igualado e por un só gol no general adiantan momentáneamente ó seu rival da semana pasada. A promoción a 5 puntos, non lexos pero teñen que pasar ainda a xornada de descanso da segunda volta.
Si queren engancharse a un dos últimos trens, o do domingo ten que ser victoria visitante. |
08 Mar 2023, 21:37 |
978.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo no Son.
Porto do Son e Aguiño xoganse bastante neste encontro de domingo.
Os locais caeron 6-3 en Cadreche ante o Puebla B. A pesar da derrota o máis importante é que Sergio Lado esté ben despois de semejante golpe (fortuito evidentemente). Eso sí unha pena o resultado logo de conseguir empatar un 1-3 adverso.
O Aguiño veu moi de preto o perder a imbatibilidade na casa. So un gol de Costids no 97 consigueu facer o milagro de empatar a 3 un partido que iba 1-3 ó descanso. Sorprendente e meritorio Lousame o que pasou pola Tasca.
Pode ser un campo difícil e o Aguiño ten colchón de 4 puntos pero penso que tomaron boa nota do domingo pasado. Victoria visitante. |
08 Mar 2023, 20:41 |
978.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido a mediodía en Taragoña.
Araño e Puebla B vivirán un duelo onde ambos se están xogando moitas cousas.
Os de Abel Vicente caeron pola mínima en Ventín nun disputado e a pesar de so ter un gol bastante bo partido. Unha xenialidade de lanzamento de falta de Pablo Viturro deixou sin sumar ó Araño.
O Puebla B venceu nun vistoso partido ó Porto do Son por 6-3. Logo do 3-1 ó descanso o Porto do Son conseguir empatar para, nos últimos 25 minutos deixar 3 puntos na casa e ascender á segunda posición na táboa gracias á axudiña dos seus veciños do Crocha ante o Artes.
Afortunadamente a imaxe que deixou co corazón nun puño ó público de Cadreche que foi o choque do porteiro do Puebla B con Sergio Lado salindo mal parado este último quedou nun susto co chaval xa o mismo domingo descansando na casa logo de pasar polo hospital.
Mais igualado do que pode parecer pero penso que o Puebla B xa ten que ir hacia diante sin mirar atrás nin a nadie. Un 2. |
08 Mar 2023, 20:04 |
978.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido do sábado será en Lousame no Municipal da Silva.
Lousame e Cidade de Ribeira B xogarán un partido con máis alicientes dos que creemos.
Os locais casi dan a campanada da liga en Aguiño. 1-3 ó descanso e solo un gol no 97' impediu saltar a banca por parte dos de verde e blanco conseguindo "só" un súper meritorio empate. A pesar da proeza perden posición co Crocha que venceu non moi lexos de Aguiño na Fieiteira ó segundo clasificado Artes.
O Cidade de Ribeira B na segunda función do domingo pasado de Terceira Autonómica no Anexo da Fieiteira caeu por 2-4 ante o Carreira. A cousa foise con 1-1 ó descanso pero 2 zarpazos dos da Guía nos minutos 80 e 82 inclinou a balanza do lado vermello.
Pois un non sabe que decir cas actuacions que nos está acostumbrando o Lousame nesta segunda volta. A Silva segue sendo unha trampa para calquera. Inclínome polo 1 neste partido. |
08 Mar 2023, 19:57 |
978.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Péchase a xornada ca segunda e última función de fútbol no Anexo da Fieiteira.
Logo do Artes-Crocha, Cidade de Ribeira B e Carreira enfrentaranse.
Os locais veñen de empatar 3-3 na Alta. Partido que incluso no treito final puideron levar logo de que o Crocha perdonase varias clarísimas. Pero que nos últimos 10 minutos puido ter calquera dos 3 signos posibles.
O Carreira nun partidazo mantén a racha sen perder logo de empatar polo mesmo resultado de 3-3 ante o Xuventude Aguiño.
Un 2 para o Carreira porque non hai quen frene en seco ós da Guía. |
01 Mar 2023, 18:02 |
971.21 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo en Campaña entre Cordeiro B e Xuño.
O Cordeiro B logo de 8 xornadas volveron gañar. 0-1 nun campo difícil como A Lomba ante o Araño. Ainda con tanto tempo sen gañar a promoción a siguen tendo relativamente cerca: a 4 puntos que poden ser 1 ou 2 puntos en caso de victoria (descansa o Cures e xoga o Son en Cadreche) polo que a xornada esta é a propicia para volver a engancharse neste tramo final.
O Xuño pola súa parte perdeu nas Furnas 2-3 co Cures logo de poñerse 2-0 nos 10 primeiros minutos. Revés importante polo discorrer do encontro e Lousame e Crocha escápanse 1 punto máis, lentamente pero van sumando.
Confío en que volver a gañar volvan as boas sensacións ós de Valga: un 1. |
01 Mar 2023, 17:56 |
971.21 |
1 |
0 |
+info
|
| Xuventude Aguiño e Lousame vense as caras na Tasca.
Os locais no duelo veciñal contra o Carreira colleitaron un punto. Segundo os presentes partidazo de ambos equipos e resultado xusto. Xa dixemos que de perder puntos esta podía ser a xornada e así foi.
O Lousame tamén empatou e ante un dos de arriba como o Puebla B. Bo punto que pode dar confianza ós do Municipal da Silva sobre todo cos rivais da súa zona da táboa: so xogou xa ante o Xuño e ten que xogar contra os outros 4.
Debería ser un 1 a pesar deses chispazos do Lousame. |
01 Mar 2023, 17:47 |
971.21 |
1 |
0 |
+info
|