| Logo da comida e na segunda sesión de Terceira Autonómica do día enfrentanse Cidade Ribeira B e Xuño.
Os locais caeron no desconto logo de ir cunha renta de 1-3 ó descanso en Taragoña ante o Araño. Isaías achégase a 4 tantos na táboa de máximos goleadores a Fernando Millán (25 tantos do ariete do filial ribeirense por 29 do punta do Aguiño). Ademáis do Abanqueiro o Crocha empata con eles a puntos pero dese grupo de 3 sae vencedor o Cidade polos golaverages.
O Xuño volveu a perder pero parece que cunha mellor imaxe. Derrota 1-2 ante o líder Aguiño. Punto positivo, adiantáronse no marcador, punto negativo o Aguiño estuvo toda a segunda parte cun xogador menos cando a cousa iba 1-1. Buscarán facer algún resultado positivo de aquí a final de ano.
Non están ambos no seu mellor momento. Pero penso que o Cidade fará valer a condición de local. Un 1. |
28 Mar 2023, 23:28 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Logo das procesions de Domingo de Ramos un vermú sempre lle caeu ben na Fieiteira.
Artes e Araño xogan un partido entre 2 equipos que veñen de vencer no desconto.
O Artes venceu no Emilio García no 95 cun gol de Miguel 1-2 ó Porto do Son. Perden a Bruno un dos habituales en defensa para este partido.
O Araño cun gol de Buko no desconto remontaron de maneira épica un 1-3 que campeaba ó descanso. A promoción quedalles a 5 puntos pero irán sin complexos nas citas que quedan.
Ambos apuran opcións pero as opcións máis realistas e para posicionarse o mellor posible no playofff no seu defecto son para o Artes. Victoria local pronostico. |
28 Mar 2023, 23:22 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo de veciños no Anexo do Julio Mato no segundo dos partidos adiantados do sábado.
Noia B e Porto do Son xogan por obxectivos importantes pero a escalas distintas.
Os locais gañaron no duelo de rivalidade co Lousame 1-3 onde, polo visto na acta, o partido o tuveron en franquía a maioria do partido anotando o Lousame a 10 minutos co partido máis que decidido. Buscarán posicionarse o mellor posible de cara ó playoff ou, si o Aguiño pincha, acercarse ó liderato pero está a 7 puntos, bastante distancia.
O Porto do Son estuvo co partido abaixo ante o Artes desde o minuto 40 e cando parecía bo o punto que tiñan no 88 co gol de Oliver, no 95 perderon ese punto. A promoción sigue a 2 puntos pero na próxima xornada descansarán.
Igualado. Na primeira volta foi 4-3 para os do Emilio García, pero penso que favorito un pouco máis o Noia B. |
28 Mar 2023, 23:16 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| 2 duelos para sábado á misma hora. Un deles este de Vista Alegre.
Abanqueiro e Carreira enfrentanse por 3 puntos que os visitantes o siguen necesitando para defenderse de atrás e intentar achegarse adiante, ainda que ca segunda volta que levan loitan máis polo segundo que polo primeiro.
Os locais caeron na Alta ante o Crocha nun partido en que ningún dos 2 equipos xogou nin moito menos ben e ganou o que fallou menos e o que tuvo un pelín máis de sorte de cara a gol.
O Carreira volve da xornada de descanso mentalizados de seguir invictos de aquí a final de liga.
Un 2 neste partido. |
28 Mar 2023, 22:56 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Ahora ainda non, pero si me das unha horiña de margen co colacao caen cojonudas. |
22 Mar 2023, 13:03 |
995.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Ben se nota que non me conoces, amigo 1004. Ó mellor hasta fas un favor e todo si non che apetece volver. |
22 Mar 2023, 00:12 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| E que ben xogaba o cabrón o tempo que durou. |
22 Mar 2023, 00:06 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| Evidentemente. Entre que varios partidos xóganse á vez e que eu teño máis vida que o fútbol tes toda a razón. |
22 Mar 2023, 00:04 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| 1004 ¿sentouche a cena mal ou algo? Si non che gustan as miñas previas e tan fácil como pasar delas. Fácil. |
21 Mar 2023, 23:56 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| Xa me gustaría ser Jesucristo para estar en tódolos partidos á vez, pero vai ser que non é posible. A menos que a Federación poña os partidos soltos ó largo da fin de semana como a Primeira división.
A falta de pan (estar nos partidos), boas son tortas (as actas en bastantes ocasións). |
21 Mar 2023, 23:54 |
999.99 |
2 |
0 |
+info
|
| Menos mal que non me tomo as cousas tan a tremenda e as vexo ca suficiente "cordura" e non como un hooligan.
O do Infantil coma sempre quedámonos co resultado a ver "quen a ten máis grande" e moitos non teñen nin idea do que pasou no partido, e si, a verdad é mellor absterse eu seino e cádrame co que pasou na primeira volta que foi un resultado parecido e hubo moi bo rollo co equipo rival. Eu prefiero un resultado así (que o Crocha tampouco se librou de levar algunha parecida) que non un 8-0 que levou o rival a semana anterior e, en palabras do propio equipo contra o que xogamos burlas, cánticos e intimidacions ós rapaces. Eso sí, seguide mirando o resultado numérico e non as formas. Resultados así hai a patadas máis dos que pensamos, outra cousa e que se publiquen. Pero bueno tocoulle esta semana ós Infantiles e todos estamos ca conciencia ben tranquila e polo que me din si falas co rival co que se xogou non hubo problemas de ningún tipo.
En canto ó "partidazo" deste domingo si vas sin objetivo de nada nin o objetivo de intentar superar a un rival que tes a 3 puntos e mellor coller os bártulos e irse para a casa. Ojalá hubese objetivos mellores pero é o que tocou e o que buscamos é que o Crocha quede o máis arriba na tabla posible de aquí a final de liga. ¿Partidazo? Depende quen cho diga. Fun ver uns cuántos partidos desta liga e a veces o menos pensado foi o que máis me entretuvo.
Moito trauma debes ter co Crocha para despacharte así de a gusto. |
21 Mar 2023, 23:20 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| Unha pena que o Crocha xogue as 5, sinon facia doblete o domingo. Aparte hai amigos e conocidos en ambos conxuntos.
Bo partido para pechar a xornada entre Porto do Son e Artes.
Os locais siguen nesa loita pola última plaza de promoción que parece ten ben agarrada o Carreira, pero poderian alcanzala si gañan ó Artes xa que os da Guía descansan pero tamén os do Emilio García son dos conxuntos que aínda teñen que descansar. Na última xornada apretada victoria ante o Cidade Ribeira B 3-4.
O Artes sacou a cabeza a flote logo de varios malos resultados seguidos e venceron nun importante partido ante o Lousame por 2-0. Non o sentenciaron ata o desconto cun penalti pero sumaron 3 puntos que a estas alturas da igual da forma en que se sumen, o tema é sumalos.
Na primeira volta o Son puxo contra as cordas ó Artes cando ainda estaba invicto (3-2 apretado para o Artes con polémica). Outro pronóstico incerto. Xornada con moitos partidos igualados. |
21 Mar 2023, 18:17 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo na Lomba entre 2 equipos que caeron na última xornada.
O Araño perdeu na Tasca co Aguiño, conseguiron igualar a 1 antes do descanso pero os de azul marino impuxeron a súa lei. A promoción está moi lexos, teñen que pasar todavía a xornada de descanso. Si é que non quedaron xa en terra de nadie este e a ultimísima oportunidade para optar remotamente a algo.
O Cidade de Ribeira B caeu na mañán do domingo ante o Porto do Son por 3-4. Equipo moi goleador pero equipo que tamén encaixa moito. E de momento o déficit defensivo estase impoñendo ó potencial ofensivo que dispoñen.
Aposto por victoria local. |
21 Mar 2023, 18:10 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo entre Palmeira e Cures en Ventin.
Complicouselle moito a película ós locais logo da derrota no duelo directo co Cordeiro B. Unha derrota suporía quedar a 7 puntos da promoción con 5 partidos por diante xa que descansarían na última cita de liga. Un adeus virtual atreveríame a dicir para os de Adrián Domínguez que unha vez máis andará pola grada logo de ser expulsado por terceira ou cuarta vez en liga.
O Cures pinchou na casa no derby boirense co Abanqueiro. Segundo empate en liga e segundo consecutivo. A promoción sigue a 2 puntos e é un dos candidatos a dormir en promoción ca xornada de descanso do Carreira xunto con Cordeiro B e Porto do Son.
Outro duelo bastante igualado. Quizá un empate pero sin pronóstico moi claro. |
21 Mar 2023, 17:45 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo de bos filiales en Campaña.
Cordeiro B e Puebla B xogan un partido de moita importancia para ambos.
O Cordeiro B volve a ser o de principio de temporada. Victoria contundente en Ventin por 0-3. A 1 punto da promoción pero estando o Carreira cómo está de forma e os demáis a máis de 1 partido de distancia terán que empregarse a fondo. Si gañan adiantan momentáneamente ó Carreira e durmirían en promoción, xa que os da Guía descansan pero creo que os de Valga tamén teñen que descansar.
O Puebla B loitará por seguir ganando e non fallar a expensas dun tropezo do Aguiño e o duelo directo que os enfrentará na Tasca nas últimas xornadas. Para seguir afinando un 7-0 sinxelo ante o Xuño con xa o 6-0 no marcador ó descanso.
Dura proba para ambos. Partido no que valerá a pena invertir 2 horas da túa vida. Quizá un 2 pero é unha oportunidade de ouro para o Cordeiro para dar un golpe na mesa. |
21 Mar 2023, 17:36 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| Moi bo xogo de palabras co de cotizarse á Alta, amigo 1004. Apúntoma, apúntoma.
Non é para cambiar o día de mercadillo (Noia e Padrón levan moita xente ese día) pero é un duelo ca súa miga na parte baixa.
Crocha e Abanqueiro loitarán por 3 puntos especialmente importantes para os da Pobra.
Os locais desconectaron por unha semaniña ca xornada de descanso. Pero no último encontro caeron 0-2 ante o Noia B. Nun partido de moitas imprecisións onde o levou o que aproveitou unha das poucas ocasións claras que se xerou no partido.
O Abanqueiro arrancou un bastante bo punto do Monumental de Pomar do Rio onde caeron equipos dos potentes da liga. Non suman de a 3 pero polo menos suman un punto onde probablemente non se esperaba sumar.
Non poderán xogar por caviar na clasificación. Pero mellor un bocata de chourizo e queixo que entra a Dios que quedar a velas vir, mellor ser 11° que último.
Na primeira volta partido moi duro e 3-0 para os de Boiro onde o Abanqueiro reparteu máis que os da mensajería. Veremos canto tarda en enchufarse o Crocha logo de descansar. Pronóstico incerto ou quizá empate. |
21 Mar 2023, 17:28 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| Colista contra líder.
As Furnas vivirá un duelo bastante desigual por estados de forma, sensacións e balance xeral da tempada.
O Xuño quizá esté no peor momento do ano. Nova goleada esta vez en Cadreche ante o Puebla B por 7-0. 2 goles a favor e 19 encaixados nos últimos 3 encontros. Problemas si o que quere o Xuño é evitar o farolillo vermello e moito moito que mellorar.
O Aguiño despois de 2 empates e algunhas dudas volveron gañar na Tasca ante o Araño. 3-1 que os permiten manter o colchón de 1 partido de marxen cos perseguidores, máis ben perseguidor que é o Puebla B. O seguinte xa está a 6.
Ou moito se alinean os planetas ou é un 2 esto. |
21 Mar 2023, 17:18 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| Xa vexo que me algún me reclama por estos lares. O día que me paguen por esto acabo as actas de final de jornada o domingo as 9 da noite e o luns como un clavo as 8 da mañán xa monto o tenderete da siguiente.
Vamos co partido adiantado desta xornada 24 que será un duelo entre xogadores do antigo Cruido e o que derivou o Cruido co acordo de colaboración co Noia. Duelo parece que de certas rencillas.
O Lousame veu cortada a súa boa imaxen e tamén a unión de varios partidos puntuados perdendo co Artes na Fieiteira 2-0. Non se decideu a cousa ata o desconto co segundo tanto anotado de penalti por Parada.
O Noia B no partidazo da semana pasada encaixou probablemente a maior derrota na casa que se recorda desde que o Cruido pasou a ser filial dos noieses. Contundente 0-3 que está a punto de meter no saco polas peleas finales ó Carreira.
A Silva sempre é campo que se lle atraganta ós equipos que o visitan. Aínda que o Noia xa o ten usado nalgún partido como local.
Debería ser 2 pero veremos canto lle afectou o golpe da semana pasada ó Noia B. |
21 Mar 2023, 17:12 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
| O tema dos árbitros ven moi de lexos. O nivel é mediocre en bastantes deles. Outros sálvanse mínimamente, todo sexa dito. Pero árbitros da zona son moi escasos e algún ten que pitar 2 partidos nunha mesma xornada. Non sei qué costa traer árbitros doutra delegación. Este que pitou hoxe neste encontro a semana pasada fixoo na Pobra e para o que suele ser pasou bastante desapercibido, milagro. |
19 Mar 2023, 21:43 |
989.60 |
1 |
0 |
+info
|
| Cadreche vivirá o duelo entre Puebla B e Xuño.
Os locais pincharon na visita a Taragoña na última xogada 3-3 ante o Araño. Os de arriba empezan a non sumar de 3 con tanta alegría polo que non hai un candidato totalmente claro. O Noia B aproveitou esta circunstancia para igualar a puntos ós da Pobra vencendo precisamente na Pobra pero na Alta ó Crocha.
O Xuño quizá esté nun dos peores momentos da temporada encaixando varias goleadas consecutivas, a última na casa 1-6 ante o Palmeira. Polo que as sensacións non son precisamente as mellores neste momento, habendo perdido fuelle con Crocha e Lousame que xa están a distancia dun partido de Abanqueiro e Cidade Ribeira B.
Penso que é o pronóstico máis claro da fin de semana. Un 1 claro para o Puebla B. |
15 Mar 2023, 17:13 |
987.27 |
1 |
0 |
+info
|