| O partido tranquilo da xornada.
Dous ex-segundas o ano pasado como Araño e Abanqueiro xoganse 3 puntos so para subir na taboa pero non para obxectivos importantes.
O Araño ven de descansar logo de amolar un pouco ó Noia B na Lomba (3-3). Comparten puntuación co Porto do Son e co Cordeiro B pero a promoción queda a 7 puntos con 9 por disputarse (virtualmente están fora da loita pola promoción).
O Abanqueiro rascou un puntiño co Porto do Son pero levan tempo sin gañar. Última victoria na primeira xornada da segunda volta (12 xornadas sin sumar de a 3) ante o Palmeira en Vista Alegre 3-0.
A divertirse, que sea bo partido, que non se lesione ninguén e si é partido con goles, mellor. |
26 Abr 2023, 15:47 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Outro duelo de filiais onde o Noia B sigue xogandose cousas e o Cordeiro B xa fincou pe a terra admitindo nas Redes Sociais que quedan sin opcións (hainas pero remotas).
Os locais caeron por 5-0 na Fieiteira ante o Artes. Mala segunda volta dos de Valga onde se non contei mal so sumaron 10 puntos con respecto ós 26 da primeira.
O Noia B goleou fácilmente 6-0 a un Xuño afundido. Co empate entre Aguiño e Puebla B están a 3 puntos do Puebla B e enfréntase na última xornada en Cadreche. 2-1 en Noia na primeira volta para os do Julio Mato. Todavía teñen opcións para ser 2°. O ascenso directo está prácticamente imposible.
Outro dos que está obligado a non fallar, o Cordeiro non se xoga nada. Un 2 para o Noia.
Actualización: duelo adiantado a venres ás 9 da noite. |
26 Abr 2023, 15:41 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido sin nada en xogo prácticamente xa que virtualmente o Porto do Son quédase fora da promoción.
Porto do Son e Crocha xogan no Emilio García.
Os locais empataron en Vista Alegre 3-3 e para as aspiracións que tiñan un empate é case o mesmo que perder. A 7 puntos do Carreira con 9 por xogarse. Unha victoria do Carreira en Lousame sepulta totalmente as remotas opcións dos de Quintáns que o expulsaron na última xornada.
O Crocha sin nada que xogarse está dando goles por todos lados. Si perderon 6-4 en Carreira no último partido empataron 4-4 co Lousame. O Crocha sigue competindo e dando goles pero moi costa abaixo.
Sin prácticamente nada en xogo e cun 5-7 na Alta na primeira volta entre estos 2 equipos sabe Dios o que pode pasar ahí. |
26 Abr 2023, 15:33 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo de filiais na mañán de domingo.
Puebla B e Cidade Ribeira B xogarán cos locais xogandose algo. O Cidade ó igual que o Palmeira é o equipo con menos por xogarse nin sequera a efectos clasificatorios.
Os locais no partidazo da liga só empataron 2-2. Chegaron a ir 2-0 abaixo e quedou o Aguiño con 10 e empataron e ainda que non estuven no encontro supoño pola evolución do mesmo apretaron ata o final pero non foi suficiente e finalmente manteñense as distancias. Poderían decir adeus ó ascenso directo e haber alirón en Aguiño cunha derrota en Cadreche e a victoria dos locais na Tasca ante o Cures.
O Cidade Ribeira B gañou 4-3 ó Palmeira e quedan en terra de ninguén. A 5 puntos teñen ó Palmeira e salen vencedores desa liguiña de cola xa que o Lousame xa se queda a 6 puntos por detrás, o Abanqueiro e o Crocha a 8 e o Xuño hundido a 16 de distancia.
Un 1, non lles queda de outra ós de Óscar Iglesias. |
26 Abr 2023, 15:27 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido onde se xoga unha das cousas máis importantes que queda por decidir: a última plaza de promoción.
Lousame e Carreira xogan cos da Guía tendo que sumar todo a menos que o Cures falle.
Os locais empataron nun tolo partido en Cadreche 4-4 contra o Crocha. Os nesta xornada locais non contarán con Iván Amboage e o mister por expulsión. O partido foi espectacular á vez que bastante irregular por parte dos 2 equipos.
O Carreira está sin marxen xa que perderon no Monumental 2-1 co Cures. O Cures ten unha dificilísima saida a Aguiño pero a estas alturas todo é posible e o Cures enfrentarase ó partido da súa historia. A Silva sempre da problemas a máis dun equipo.
A lóxica indícanos que será un 2 pero ollo porque todo é posible tanto en Lousame cómo en Aguiño.
|
26 Abr 2023, 15:17 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| 2 partidos adiantados a sábado.
E este é partidazo entre 2 Bos equipos onde so os visitantes se xogan algo e clave ademáis.
Palmeira e Artes xogan en Ventín por 3 puntos claves para o equipo verde e blanco.
O Palmeira perdeu na súa visita ó anexo da Fieiteira contra o Cidade de Ribeira B e tal como están as cousas a 3 do final é o equipo que pode quedar con máis probabilidade de quedar onde está. A 4 puntos están por diante o trio que forman Cordeiro B, Araño e Porto do Son e 5 por detrás o propio Cidade Ribeira B.
O Artes goleou ó Cordeiro B e unido ó empate na Tasca entre Aguiño e Puebla B dependen de si mesmos para conseguir a 2° plaza. Deben gañar en Ventín (campo difícil) e para a semana hai un enfrentamento directo na Fieiteira entre Artes e Puebla B. Si gañan ó Puebla B por 2 goles gañaranlles o golaverage particular. Si ganan por 1 haberá que ir á diferencia de goles xeral que o Puebla ten 6 goles de ventaxa (+33) dos da Pobra por (+27) dos da Fieiteira. O Artes é un dos que máis se xoga nestas 3 xornadas restantes. E para acabar van a Aguiño polo que teñen que dar o todo polo todo.
Difícil encontro pero quizá o Palmeira se deixe ir. O Artes non pode despistarse porque co Palmeira colleitaron a primeira derrota do curso. Un 2 en teoría. |
26 Abr 2023, 14:44 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido que na primeira volta ambos estaban na cresta da ola pero o paso da temporada non lles favoreceu demasiado a ningún. Si ben é certo que o Artes xogará a promoción a un 99%.
Artes e Cordeiro B xogarán un bo partido pero ante o duelo na cumbre e o duelo pola última plaza de promoción quedan relegados a un terceiro plano.
O Artes venceu 0-4 nas Furnas a un casi desahuciado Xuño. 3 puntos máis e buscando o mellor posicionamento de cara a promoción. O ascenso directo está casi que imposible. 9 puntos de distancia con 12 por xogarse.
O Cordeiro B caeu na casa contra o Cidade Ribeira B 2-3. Derrota inesperada e inoportuna porque con este resultado as portas á promoción están case pechadas. 7 puntos e aínda teñen que pasar a xornada de descanso. O teñen casi en chino para a promoción.
Na primeira volta 1-1 e primeiro pinchazo do Artes en toda á liga. A cousa cambiou e moito para ambos. Favorito polo factor local e polas sensacións recentes o Artes. |
19 Abr 2023, 16:40 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois estamos ante o partido da LIGA con maiúsculas.
Aguiño e Puebla B xóganse o todo polo todo.
O Aguiño chega de milagro cun colchón que estiveron a punto de non ter. Dura batalla en Ventín onde a pesar de quedar con un xogador menos 55 minutos foron capaces gracias á aciaga tarde do porteiro do Palmeira de levar os 3 puntos in extremis. Volveu a aparecer Fer no momento máis necesario e cos seus 2 tantos aparte de deixar sentenciada casi a táboa de goleadores con 31 dianas permiteu manter o colchón de 4 puntos sobre o Puebla B (de rematar en empate a cousa estaría nun puño de só 2 puntos).
O Puebla B sigueu co que tiña que facer que é sumar de a 3 e esperar un pinchazo do Aguiño que non sucedeu polo canto dun duro. Toca gañar a domicilio e esperar outro fallo posterior.
Si gana o Aguiño pódese proclamar campeón a semana que ven novamente na Tasca ante o Cures. Cun empate e sobre todo victoria do Puebla B haberá aínda moita tela que cortar.
Que sexa un bo partido para os aficionados e que gañe o que o mereza. |
19 Abr 2023, 16:33 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo opacado polo duelo entre os 2 primeiros.
A promoción pode abrirse ou acabar de sentenciarse neste encontro.
Cures e Carreira xogarán probablemente o encontro máis importante do ano para ambas escadras.
Os locais mantuveron a resistencia en Cadreche ante o Puebla B 75 minutos pero logo de que entrou o primeiro caeu a resistencia de maneira estrepitosa. 3-0 final nun Cures que está tendo baixas importantes no peor momento para telas.
O Carreira gañou 6-4 ó Crocha na mediodía do domingo na Guía. Partido que se lles puxo moi de cara con 2 goles en 10 minutos e chegaron a ter un 6-1 con 1 xogador de máis durante pouco máis de media hora. Logo baixaron o pistón e as pulsacións e en superioridade recibiron 3 goles en 25 minutos. Non foi o ideal pero tiveron marxe suficiente para asumir ese regular final de partido.
Todo é posible no Monumental de Pomar do Río. Racha como local do Cures VS Racha xeral do Carreira. Partido moi interesante de ir presenciar. |
19 Abr 2023, 16:26 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo interesante este do Anexo da Fieiteira.
Cidade Ribeira B e Palmeira xogan un partido onde ambos, ainda con resultados distintos, deixaron sensacións positivas.
Os locais asaltaron o Municipal de Campaña en Valga (2-3) nun dos resultados sorpresas da fin de semana. Destácanse sobre o pelotón de cola.
O Palmeira xogou un serio partido en Ventin ante o líder Aguiño pero caeron 1-2 con 1 xogador máis e cun porteiro que non tuvo o mellor partido da súa vida. Os 2 goles por desgraza para el tivo protagonismo. No primeiro por salir con medo e no segundo dando unha patada ó aire que si fas eso contra un xogador que con estes 2 tantos leva 31 pois é sentenza de morte.
Pronóstico nada claro este. |
19 Abr 2023, 16:19 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Noia B e Xuño xogarán un enfrentamento desigual no Anexo do Julio Mato.
Tropezón importante dos locais volvendo empatar (coma na primeira volta) 3-3 ante o Araño. 4 puntos que voaron ante este equipo vitais.
O Xuño sigue en estado depresivo. Derrota por 0-4 na casa ante o Artes que na primeira volta lle plantara máis cara (a pesar de obter o mesmo resultado de derrota).
Un dos pronósticos máis claros da fin de semana salvo sorpresón: un 1. |
19 Abr 2023, 16:15 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido do vermú e do horario súper raro (pero ten explicación).
Crocha e Lousame xogan un duelo na parte baixa onde hai disputa de posición ó estar separados ambos equipos por 2 puntos.
O horario queda establecido nese horario logo de xogar antes 2 das categorías base dos locais.
O Crocha caeu en Carreira nun partido moi irregular de ambos equipos, especialmente do Crocha, o Carreira deixouse ir na última media hora pero cos deberes feitos. Moitas baixas nos da Pobra e unha convocatoria collida con pinzas. Viviron o peor (estar 6-1 e cun Home menos por expulsión) e o mellor sacando orgullo (baixada de pistón do Carreira pero meter 3 goles en 20 minutos para maquillar o resultado). O seu dianteiro Piñeiro ponse nos postos altos do pichichi con 16 goles.
O Lousame logrou unha boa victoria noutro enfrentamento directo co Abanqueiro (4-2). Temporada máis que meritoria o do equipo debutante na categoría este ano.
Ambos equipos seguiron unha progresión similar ó longo do ano. Cunha primeira volta moi discreta e unha segunda bastante mellor. Na primeira volta 2-1 para o Lousame. Veremos qué sale de aquí. Sin pronóstico claro. |
19 Abr 2023, 15:28 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido adiantado da xornada terá lugar en Vista Alegre.
Abanqueiro e Porto do Son xogarán prácticamente sin nada en xogo.
Os locais caeron por 4-2 nun duelo directo por posición en Lousame. Continua a progresión negativa do equipo boirense nesta segunda volta.
O Porto do Son descansou na última xornada pero tamén ven con malos resultados nos seus últimos encontros. Derrota no último encontro en liga ante o Noia B e en Copa do Sar derrota e eliminacion con poucos efectivos en Palmeira 5-1.
Non é o mellor momento para ningún dos 2. Pero só un dos equipos se xoga algo e de maneira case que quimérica. O Porto do Son ten 8 puntos de desventaxa con 12 en xogo sobre o Carreira ainda que hai un enfrontamento directo. Victoria para o Son pero non está ningún dos 2 fino. |
19 Abr 2023, 15:19 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Pecha a xornada un bo duelo en Cadreche.
Puebla B e Cures loitarán cun ollo esperando fallos de rivais directos.
Os locais venceron cómodamente ó Palmeira 4-0 na última xornada de liga. Siguen á expensas dun fallo do Aguiño que, curiosamente, poden recibilo precisamente do Palmeira en Ventín e recordemos queda un Aguiño-Puebla B. Coidadiño a esta xornada que pode ser clave.
O Cures está en forma e nos 2 últimos partidos levaron merecido premio. En liga victoria 4-3 ante o Crocha onde loitaron e aproveitaron as opcións disponibles e tamén foron constantes durante os 90 minutos. Na Copa goleada ante o Abanqueiro 4-1 e a soñar e disfrutar con Noia ou Dubra de Preferente visitando o Monumental de Pomar de Río. Xogarán sabendo o que pasou a mediodía co Carreira ante o Crocha.
Cadreche pode ser determinante. A cousa casi 50-50 pero un pelín favorito o Puebla B pola condición de local. |
11 Abr 2023, 23:25 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo interesante o da Lomba.
Araño e Noia B xogan un duelo casi que de última chamada para ambos nos obxectivos máximos que teñen.
Os locais deron a campanada na Fieiteira vencendo ó Artes no desconto. A promoción queda a 5 puntos e gañar seguirialles dando vida ainda que o teñen sumamente complicado porque teñen que descansar. Deben esperar un fallo do Carreira e depender de terceiros e na última xornada hai un Carreira-Araño. Non imposible pero difícil. Na Copa venceron nos penaltis ó Rois logo dun 2-2 ó remate da prórroga.
O Noia B todavía loitan por subir directos, ainda que hai 7 puntos que parecen insalvables. Queda un duelo co Puebla B de por medio que pode decidir o subcampeonato e o factor campo para a promoción. Na última cita en liga 4-1 victoria na casa ante o Porto do Son.
Un dos 2 dirá adeus (si non o dixo xa) as súas máximas opcións en liga. Si o Araño ten o día podelle facer a faena a calquera. Sin pronostico para este encontro. |
11 Abr 2023, 23:20 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo nas Furnas.
Xuño e Artes xogan por obxectivos ben distintos.
Os locais nun duelo directo por decilo de algunha forma xa que se están quedando aislados dos outros 4 compañeiros de vagón caeron por 4-3 ante o Cidade Ribeira B. Era boa oportunidade para buscar as señas de identidade que, desde que comezou o 2023 perderon case que por completo.
O Artes na liga volveu sufrir un revés. Desta vez na casa ante o Araño 1-2 e están mais cerca de perder a plaza de promoción (a 5 está o Cures) que do ascenso directo (a 9 vaise o Aguiño). Eso sí, déronse a alegría en Copa vencendo a un dos primeiros da Segunda Autonómica como é o Praíña por 2-1. Artes-Aguiño en seguinte ronda de copa: casi nada.
Xógase as castañas o Artes. Victoria se non queren meterse en problemas. |
11 Abr 2023, 23:11 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo en zona baixa por posición en liga.
Lousame e Abanqueiro vense as caras no Municipal da Silva.
Os locais en liga veñen de descansar pero o último encontro que disputaron foi en copa ante o Vea dos primeiros clasificados do grupo de Santiago e caeron 3-6.
O Abanqueiro sigue en tendencia negativa e con poucas alegrías que levar á boca. Caeu en liga posiblemente merecendo máis ante o Carreira 2-3 e perdeu na Copa ante o Cures goleado por 4-1. Malos tempos para o equipo do antigo Campo da Charca.
Sin pronóstico claro. Pode pasar calquera cousa. |
11 Abr 2023, 23:04 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido do horario do vermú na Guía.
Carreira e Crocha xogarán con moitos equipos poñendo os seus ollos no Campo da Guía.
Os locais gañaron contra o Abanqueiro con moitos máis atrancos dos esperados (2-3) e según contan persoas que asistiron ó encontro o Abanqueiro perdonou o indecible. En Copa do Sar que están en competición non se presentou o seu rival o Estradense "B" polo que pasarán de rolda sen xogar.
O Crocha ven de perder en liga en Cures 4-3 nun partido en que puideron haber sacado un mellor resultado si mantuveran a actitude do arranque de encontro. Logo varios regalos e non meter as disponibles fixeron o resto. Na Copa sen embargo boa victoria ante o Atlético Orosino por 3-1 nun partido igualado que na última media hora se desequilibrou con merecimiento para os da Pobra.
Mismo caso que o partido de Valga. Os locais xoganse a promoción, os visitantes nada so ser como moito 11°. Favorito e victoria para o Carreira en principio. |
11 Abr 2023, 22:22 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O outro partido do sábado será un duelo de filiais en Valga.
Cordeiro B e Cidade de Ribeira B xogarán un duelo onde so un dos 2 ten algo que facer e a cousa non a ten nada sinxela.
Os locais caeron en Aguiño no treito final de partido e a promoción vaiselle a 4 puntos (intentarán aferrarse ó Golaverage particular co Carreira ganado, un dos poucos que o ten favorable contra os da Guía). Vital gañar este sábado.
O Cidade Ribeira B pois está en terra de ninguén so "loitando" por ser do grupillo dos 5 últimos o primeiro deles. Último encontro victoria ante o Xuño apretada por 4-3.
Victoria do Cordeiro B sinon adeus ás aspiracións de promoción. |
11 Abr 2023, 22:16 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Volve a liga. Últimas 5 citas da temporada.
2 partidos en sabado e este de Ventín partidazo.
Palmeira e Aguiño loitan por 3 puntos cruciais.
Os locais si nos vamos á liga caeron por 4-0 en Cadreche ante o Puebla B levando 11 xustos e sin cambios. Na Copa do Sar mellor cara vencendo 5-1 ó Porto do Son ainda que os visitantes con moitas baixas.
O Xuventude Aguiño na Copa do Sar venceron ó Nicrariense de Segunda por 5-3 e pasan de ronda e na liga a última cita foi ante o Cordeiro B levando o partido ó seu favor nos últimos 10 minutos de encontro.
Partido trampa este para o líder. Caeu sin ir máis lexos o Puebla B por goleada. Coma sempre Ventín pode truncar pronósticos. O Palmeira está virtualmente fora de aspiracións (8 puntos de promoción con 12 en xogo xa que descansan) e o Aguiño síguese xogando todo co Puebla B esperando un fallo. Victoria do Aguiño penso que será. |
11 Abr 2023, 22:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|