| Un dos focos da última xornada estará en Cadreche.
Puebla B e Noia B xogan o partido que máis en xogo ten. Porque os 2 se xogan algo, máis o Puebla B pero ambos poden conseguir cousas importantes.
O Puebla B goleou 0-4 ó Artes nunha proba dificilísima. Golpe de autoridade dos de Óscar Iglesias que estarán pendentes de Aguiño.
O Noia B goleou 9-1 a un Palmeira con só 12 xogadores e que, polo minuto no que foi o cambio, tiveron que facer sustitución obligada.
Opcións de cada equipo na última xornada
PUEBLA B
- Si gaña o Puebla B e empata ou perde o Aguiño será CAMPEÓN o Puebla B. Si perde o Aguiño o Puebla B ascenderá directamente por 1 punto. Si empata o Aguiño a empate a puntos e a empate no Golaverage particular o campeón será o Puebla B porque antes desta última cita o Golaverage xeral está igualado (+39 para ambos equipos, máis igualado imposible). No caso dunha victoria do Puebla B e un empate do Aguiño esta igualdade no golaverage romperase xa que o Aguiño quedariase co +39 e aínda que so gañe por 1-0 o Puebla B este equipo terá minimo un +40 polo que o título iría para Cadreche.
- Si empata ou perde o Puebla B será campeón o Aguiño. E aquí ven o caramelo envenenado para o Puebla B: sendo enfrentamento directo unha derrota ante o Noia B farialle caer á 3° posición por golaverage particular perdido (2-1 en Noia na primeira volta).
NOIA B
- Si gañan serán 2° pase o que pase por golaverage particular gañado ó Puebla B.
- Si empatan ou perden quedarán no 3° posto.
O Puebla B irá con todo. Penso que leven a liga e ascendan directamente ou non esgotarán as opcións ata o último segundo. |
08 May 2023, 13:32 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Cordeiro B e Abanqueiro finalizan liga no Municipal de Campaña.
O Cordeiro B descansou na xornada pasada pero veñen dunha derrota na casa ante o Noia B por 0-2.
O Abanqueiro enganchou 2 victorias seguidas logo de golear 9-3 ó Xuño.
Opcións de cada un na última xornada
CORDEIRO B
- Si gañan e perden Porto do Son e Araño serán 7° xa que gañan no Golaverage particular ós 2.
- Si puntúan Araño e/ou Porto do Son non alcanzarán ó que puntúe. Polo que serían 8° ou quedarse 9°
- Si non gañan quedarán 9°. O Palmeira que está un punto por detrás rematou xa a competición e descansan na última xornada.
ABANQUEIRO
- Si gañan e empata ou perde o Cidade Ribeira B serán 11° ben sea por puntuación ou por Golaverage particular ganado.
- Si empatan serán 12° fagan o que fagan os rivales.
- Si perden serán 12° a menos que o Lousame gañe no Son xa que os superarían por golaverage particular dos da Silva gañado (2-1 en Vista Alegre e 4-2 na Silva).
Nada en xogo salvo subir 1-2 postos ou non perdelos. Pode pasar calquera cousa. |
08 May 2023, 13:21 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido máis claro de todos xa que pase o que pase ambos quedarán na clasificación donde están.
Partido triste para Xuño e Crocha que rematarán como os 2 últimos clasificados.
O Xuño caeu por 9-3 en Vista Alegre ante un Abanqueiro ó que lle había gañado nas Furnas 4-2 na primeira volta. A historia foi ben distinta.
O Crocha caeu 0-2 ante o Araño na Alta. Malas últimas xornadas onde a pesar de non ter resultados moi cantosos como outros equipos que encaixaron goleadas estrepitosas o non xogarse nada está facendo moi longo este final de tempada para os da Pobra.
Opcións de cada equipo na última xornada:
SD XUÑO
- Pase o que pase neste partido serán 15° e pecharán a clasificación.
CROCHA BALOMPÉ
- Ó igual que o seu rival nesta xornada fagan o que fagan serán 14° e penúltimo. Ainda gañando e perdendo o Lousame empatarían a puntos pero o Golaverage particular está perdido.
Me da a min que si se pode firmar no papel un empate e non ir xogar a maioría aplaudirían cas orellas. |
08 May 2023, 13:09 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Neste partido si hai algo en xogo.
Araño e Carreira xogan polos derradeiros puntos do curso.
O Araño venceu na Alta ó Crocha nun partido que se desequilibrou no segundo tempo e donde o Araño puxo máis gañas.
O Carreira venceu por 6-0 a un Porto do Son moi mermado en efectivos. Co empate do Cures en Lousame certifican a plaza de promoción. Pero teñen moito en xogo.
Opcións de cada equipo
SD ARAÑO
O Araño quedará en media taboa pero pode estar algo máis arriba na clasificación.
- Si gañan e o Porto do Son non o fai serán 7°.
- Si empatan e o Porto do Son perden serán 7°
- Si perden e o Cordeiro B gaña baixarían ata o 9° posto porque o golaverage particular o teñen gañado os de Valga (0-0 en Campaña e 0-1 na Lomba). En caso de derrota e que o Cordeiro B non gañen quedarán no 8° posto no que están.
CARREIRA CF
O Carreira ten plaza de promoción pero cos resultados dados poden ser 5° ou 4°.
- Si o Carreira gaña e o Artes non o fai, serán 4°
- Si o Carreira empata ou perde serán 5°. Ben por golaverage particular co Artes perdido (en caso de empate a puntos) ou por maior puntuación.
O Carreira seguirá indo con todo. O Araño loitará pero sin obxectivos. Pinta a 2. |
08 May 2023, 13:03 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Peche de liga no Emilio García.
Porto do Son e Lousame loitarán polos 3 últimos puntos do curso.
O Porto do Son encaixou un set na súa visita a Carreira. 13 xogadores só en convocatoria.
O Lousame empatou a 2 co Cures e con este empate o Cures xa non pode ser equipo de promoción. Polo que a lista dos 5 equipos que loitarán por subir queda pechada.
Opcións na última xornada para cada equipo:
PORTO DO SON
Sin opcións de promoción dende fai varias semanas.
- Si ganan quedarán 7° fagan o que fagan Araño e Cordeiro B.
- Si empatan e non gaña o Araño serán 7° igualmente, o Cordeiro B ainda gañando quedaría por detrás por 1 punto.
- Si perde e o Araño puntúa baixarían 1 posto. Si ademáis gaña o Cordeiro B con golaverage particular igualado o xeral téñeno moito mellor os de Valga e poderían perder posto co Cordeiro B (+1 do Cordeiro B por -7 do Porto do Son)
LOUSAME
Salvo unha única combinación quedarán no posto que están que é o 13°
- Si gaña e o Abanqueiro perde empatarían a puntos e os da Silva teñen o Golaverage particular ganado. Si non ganan ou o Abanqueiro puntúa quedarán 13°, o Crocha xa non os pode alcanzar por golaverage particular perdido.
Moitas ganas de vacacións e todo é posible. Ganará o que teña a mente menos lonxe do Emilio García. |
08 May 2023, 12:53 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O NOIA B TAMÉN PODERÍA SER CAMPEÓN SI...
- Aguiño perde 1 e empata o outro (no mellor dos casos), Puebla B perde co Noia B e gana ó Artes (no mellor dos casos) e Noia B gana todo.
1° Noia B 59*
2° Aguiño 59
3° Puebla B 59
*A resultados en enfrentamentos directos o Noia B sumaría 10 puntos nos enfrontamentos con Aguiño e Puebla B, o Aguiño sumaria 3 puntos e o Puebla B 2 puntos (sempre e cando se de a combinación que se especifica arriba).
Todo o que sea que se combine o gañar o Noia B os 2 partidos (Palmeira e Puebla B) que Aguiño empate + perda ou perda os 2 partidos e que Puebla B perda co Noia B na última xornada, si se da todo eso o campeonato sería para o Noia B. Opcións moi reducidas porque o Noia B non depende de sí mesmo pero todavía posibles.
No momento en que o Noia B non gane os 2 partidos ou o Aguiño gañe un quedará sin opcións.
Todavía habría máis combinacións que se reducirán ó final desta xornada.
|
03 May 2023, 13:58 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| OPCIONS DO PUEBLA B
- Gañan Aguiño e Puebla B o que quedan --> Campeón Aguiño
1° Aguiño 64
2° Puebla B 62
- Aguiño: Gaña e empata, Puebla B gaña todo.
1° Puebla B 62 (+35)*
2° Aguiño 62 (+33)*
*A día de hoxe. As diferencias de goles cambiarán seguro. O Golaverage particular está igualado (3-3 e 2-2).
- Aguiño: Gaña 1 partido e non gaña o outro, Puebla gaña 1 partido e non gaña o outro. Campeón Aguiño
1° Aguiño 61 (no peor dos casos: o partido que non gaña é derrota).
2° Puebla B 60 (no mellor dos casos: o partido que non gaña é empate).
- Aguiño pincha nos 2 partidos e Puebla B gaña todo: Campeón Puebla B
1° Puebla B 62
2° Aguiño 60 (si pincha nos 2 partidos no mellor dos casos que serían 2 empates).
NESTA XORNADA
- Aguiño gaña este domingo e Puebla B empata ou perde. Campeón matemático Aguiño.
1° Aguiño 61
2° Puebla B 57 (si é empate) ou 56 (si é derrota).
- Aguiño perde e Puebla B gaña. Cambio de líder e todo para a última xornada.
1° Puebla B 59
2° Aguiño 58
- Aguiño empata e Puebla B gaña. Espadas en alto para a última xornada con ambos empatados a puntos.
1° Puebla B 59 (+35)*
2° Aguiño 59 (+33)
*Contando o Golaverage xeral actual.
- Ambos fan o mesmo resultado. Diferencias se manteñen en 2 puntos e todo para a última xornada.
1° Aguiño 61 ou 59 ou 58*
2° Puebla B 59 ou 57 ou 56
Puntuacións dependendo de si ambos fan victoria, empate ou derrota pero facendo ambos o mismo.
|
03 May 2023, 13:50 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| OPCIÓNS DO ARTES
- Artes gaña os 2 partidos, Puebla B perde os 2 e Noia B perde co Palmeira --> acabará 2° o Artes.
2° Artes 56*
3° Noia B 56
4° Puebla B 56
*(a triple empate iríamos ós resultados directos entre os 3. O Artes sumaria 7 puntos, o Noia B 7 puntos e o Puebla B 3, polo que no Golaverage particular entre Artes e Noia B sale gañador o Artes).
- Artes gaña os 2 partidos (ó Puebla B por 2 goles de diferencia) e Puebla B perde os 2 partidos e Noia B gaña os 2 partidos --> acabará 3° o Artes.
2° Noia B 59*
3° Artes 56
4° Puebla B 56
*(sería 1° si Aguiño pincha nos 2 partidos, perdendo un deles. E si o Artes non gaña por 2 ou máis goles ó Puebla B o Artes sería 4° xa que na primeira volta venceu o Puebla B 3-2 ó Artes en Cadreche).
- Artes gaña os 2 partidos, Puebla B gaña a Noia B e Noia B gaña a Palmeira --> o Artes será 3° por golaverage particular gañado ó Noia B
2° Puebla B 59*
3° Artes 56
4° Noia B 56
*(ou 1° si Aguiño pincha nos 2 partidos sendo un deles derrota).
- Artes empata os 2 partidos (no peor dos casos) --> será 4° faga o que faga o Carreira (golaverage particular gañado ós da Guía)
4° Artes 52
5° Carreira 52 (no mellor dos casos 3-1 para o Artes na Fieiteira e 2-1 para o Carreira na Guía).
- Artes perde os 2 partidos e Carreira gaña os 2 partidos --> Artes será 5°.
4° Carreira 52
5° Artes 50
Hai tamén outras opcións máis rocambolescas pero estas son as que saen a bote pronto.
|
03 May 2023, 13:24 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido que ten a chave de todo o que queda na liga.
Artes e Puebla B xogarán co Aguiño mirando o partido logo de xogar co Cidade Ribeira B e saber que opcións terá vendo o que pase neste encontro.
O Artes na última xornada quedou totalmente descabalgado do ascenso directo logo de caer 3-2 en Ventin ante o Palmeira que non se xogaba nada. Toca agora buscar a mellor posición na promoción. Poden tanto caer ó 5° posto cómo ser 2° ante tanto enfrentamento directo que haberá nestas 2 xornadas. Noutro post subimos as opcións de Artes e Puebla B de aquí ó final de liga.
O Puebla B tiña un pouco apagadas as esperanzas logo do empate a 2 da Tasca pero gracias ó 0-0 do Cures siguen tendo vida e o Aguiño xa non terá rede con so 2 puntos de vantaxe. Calqueira pinchazo será fatal para calquera dos rivais. Incluso a cousa se pode decidir por maior diferencia de goles ou goles marcados. Nun hipotético empate o Puebla B leva 2 goles de vantaxe na diferencia de goles (+35 o Puebla B por +33 do Aguiño). Estará todo nun puño.
O partido da alegría ou do drama para varios equipos. Que gañe o mellor. |
03 May 2023, 13:15 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Noia B e Palmeira xogan cos locais en modo caña preparada para ver se pescan en río revolto.
O Noia B xogando en venres gañou 0-2 ó Cordeiro B en Valga. Fixeron os deberes e a esperar acontecementos que desde Aguiño lles foron positivos polo menos.
O Palmeira axitou a cocteleira e fixolles a pascua ó Artes gañándolles 3-2 e deixando xa sin opcións de ascenso directo ó Artes. A promoción espera e casi seguro sin factor campo favorable.
Co 0-0 entre Aguiño e Cures, o Noia B ten opcións (non fáciles pero ten) de ascenso directo. Teñen que ganar os 2 partidos e que o Aguiño pinche nos 2 e un deles cunha derrota. Para a semana hai un Puebla B - Noia. Na ida en Noia 2-1 para os do Julio Mato. Polo que unha victoria en Cadreche fan que adianten ó Puebla B (si e que salen vivos e airosos do Artes - Puebla B desta xornada). Adiantaranos de todas todas sempre e cando venzan ó Palmeira e gañen en Cadreche.
Ollo a este Noia B que si collen o toro polos cornos e o Aguiño non gaña ó Cidade Ribeira B véñense curvas e das importantes. |
03 May 2023, 12:41 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| A primeira das 2 finais polo ascenso directo.
Cidade de Ribeira B e Aguiño xogan un encontro onde os visitantes se xogan o ascenso directo.
A efectos clasificatorios a verdadeira final e a complicada é a da xornada final ante o Artes, pero aquí non poden equivocarse porque nin un empate lles podría valer. O Puebla B estará vendo o partido e saberá o que pasou xa que xogarán ó rematar este encontro contra o Artes.
E a todo esto chegouse porque o Aguiño só sumou un punto tras empatar sen goles ante o Cures. Intentárono de todas formas pero foilles imposible. Cá victoria do Puebla B precisamente ante o seu rival desta xornada so hai 2 puntos. Polo que de partida teñen que gañar os 2 partidos para non vivir un posible drama.
O Cidade de Ribeira B cómo dixemos perdeu en Cadreche 3-1 un partido que estivo moi decantado co 3-0 ó descanso.
Pois poderia haber campeonato pero só se Aguiño gaña e Puebla empata ou perde. En caso de empate de Aguiño e derrota do Puebla haberia que ir a Golaverage xeral xa que o particular está empatado (3-3 en Cadreche e 2-2 na Tasca) e no xeral ten 2 goles máis o Puebla B que o Aguiño (+35 dos de Óscar Iglesias por +33 dos de Pedro Yugueros). Toda combinación que non sexa a primeiramente mencionada deixa todo para a xornada final.
Pronóstico: debería ser un 2 pero veremos cómo están os nervios dos de Aguiño.
|
03 May 2023, 12:32 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Outro partido de tranquilidade e casi que de recheo nestas xornadas finais.
Crocha e Araño xogan na Alta sin nada en xogo. So intentar subir un pelín na táboa pero sin cotas importantes.
O Crocha perdeu no Son 3-2 nun partido igualado pero un penalti que cometeron clarísimo e outro que se equivocou o árbitro viron remontado o 0-1 inicial e írselle un partido no que quizáis vooulles un punto.
Mesmo resultado de derrota polo mesmo tanteador pero sendo o Araño local ante o Abanqueiro (2-3). Chegou a poñerse o Abanqueiro 1-3 pero sin a tensión competitiva as cousas vense distintas.
Pode pasar calquera cousa. Non me extrañaría un empate e tan amigos ambos. Aínda que supoño que a calquera dos 2 gustarialles estar algo máis arriba na tabla, especialmente ós locais. |
03 May 2023, 12:19 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido sin absolutamente nada en xogo en Vista Alegre.
Abanqueiro e Xuño vense as caras intentando sumar 3 puntos de honra.
O Abanqueiro logo de casi 4 meses volveu gañar e nun campo que non suele ser sinxelo cómo é A Lomba ante o Araño 2-3.
O Xuño ven de descansar pero sigue en racha de malos resultados logo de caer no último encontro xogado 6-0 en Noia.
O Xuño matemáticamente xa será o equipo que peche a táboa. O Abanqueiro intentara sumar os 3 puntos para quedar por riba de Lousame e Crocha. O Cidade de Ribeira B está a 5 puntos con 6 en xogo. Penso que engancharán a segunda seguida os de Jorge Fajardo máis ainda vengando o 4-2 das Furnas da primeira volta. |
03 May 2023, 12:15 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Outro partido donde se xogan cousas importantes e total igualdade xogando Carreira e Cures á mesma hora.
Carreira e Porto do Son xogan un partido importante onde os locais poderían certificar a súa presenza na Promoción. Para iso deben sacar mellor resultado que o Cures na Silva: Victoria e que o Cures non gañe ou empate e que o Cures perda. Co mesmo resultado non serían equipo de promoción aínda porque o Cures ten gañado o Golaverage particular.
Os locais sufriron polo menos a efectos de marcador gañando a domicilio 2-3 ó Lousame. Chegaron a estar 1-3 pero durante media hora mantívose o 2-3 aparte de tamén estar 1-1.
O Porto do Son logo de quedar sin opcións ganaron no Emilio García 3-2 ó Crocha. Partido bastante equilibrado que se decideu desde o penalti. 2 penaltis para o Son (un no que o árbitro se equivocou) e outro para o Crocha fixeron sumar 3 puntos ós de Quintáns para intentar acabar da mellor forma posible.
Dende Cures os que non vaian ó Municipal da Silva e os que vaian a apoiar o equipo rezarán para que o Porto do Son bote unha man.
O Carreira e máis na casa irá con todo e dudo que falle. Un 1 para o Carreira. |
03 May 2023, 12:10 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Penúltima xornada de liga con varias cousas en xogo.
3 partidos adiantanse a xogar en sábado.
E neste primeiro síguense xogando cousas.
Lousame e Cures xogarán no Municipal da Silva outra final para os do Monumental.
O Lousame na última xornada precisamente ante o rival polo posto de promoción que é o Carreira caeu 2-3. Partido que tivo pinta de non ser moi cómodo xa que a pesar de poñerse 1-3 os da Guía o 2-3 anotouse a media hora para o final e a cousa non estivo tranquila (polo menos a efectos de marcador) ata o final.
O Cures na finalísima de Aguiño consigueu un empate sen goles pero a pesar da heroicidade de rascar un punto na Tasca perden 2 puntos con respecto ó Carreira. Eso sí, o Puebla B aplaude cas orellas de que gracias a este 0-0 xa non hai rede e so conta o Aguiño con 2 puntos de vantaxe. O Artes total e absoluto xuiz do ascenso xa que se enfrentan a Aguiño e Puebla B.
Lousame no se xoga nada e Cures a por todas. Debería ser un 2 pero o Lousame non lle porá as cousas fáciles e aparte hai varias baixas no Cures. Dura proba. |
03 May 2023, 11:54 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois o partido da xornada onde se xogan as 2 cousas máis importantes do que queda por decidir: Ascenso directo e última praza de promoción.
Xuventude Aguiño e Cures xogan uns o partido do ano e outros o partido da súa vida.
Os locais logo de salvarse de problemas mantendo distancias co Puebla B (4 puntos) o seguinte partido do ano é este onde se poderían proclamar campeóns e ascender directamente. Teñen que gañar e que o Puebla B perda en Cadreche co Cidade Ribeira B. Un pinchazo complica as cousas xa que hai un Aguiño-Artes na xornada final e os nervios poden xogar unha mala pasada.
O Cures si que é o partido dos seus 27 anos de historia. Poucas ou ningunha vez se viron ca opción de xogar unha promoción para ascender. Venceron 2-1 e non fallaron no partido clave ante o Carreira e o soño está a 1 só punto. Xogarán sabendo o que fixo o Carreira en Lousame o día anterior. Irán con todo e xogarán ca alma. Nadie foi capaz de sacar os 3 puntos da Tasca. ¿Será capaz de sacalos o Cures? Na ida ganaron 3-2 ó Aguiño provocando a primeira derrota do implacable líder. O último precedente na Tasca entre eles 3-3 na primeira xornada da inconclusa temporada 19-20 pola pandemia.
O partido das emocións para estes 2 equipos. Que gañe o mellor. |
26 Abr 2023, 15:56 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido tranquilo da xornada.
Dous ex-segundas o ano pasado como Araño e Abanqueiro xoganse 3 puntos so para subir na taboa pero non para obxectivos importantes.
O Araño ven de descansar logo de amolar un pouco ó Noia B na Lomba (3-3). Comparten puntuación co Porto do Son e co Cordeiro B pero a promoción queda a 7 puntos con 9 por disputarse (virtualmente están fora da loita pola promoción).
O Abanqueiro rascou un puntiño co Porto do Son pero levan tempo sin gañar. Última victoria na primeira xornada da segunda volta (12 xornadas sin sumar de a 3) ante o Palmeira en Vista Alegre 3-0.
A divertirse, que sea bo partido, que non se lesione ninguén e si é partido con goles, mellor. |
26 Abr 2023, 15:47 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Outro duelo de filiais onde o Noia B sigue xogandose cousas e o Cordeiro B xa fincou pe a terra admitindo nas Redes Sociais que quedan sin opcións (hainas pero remotas).
Os locais caeron por 5-0 na Fieiteira ante o Artes. Mala segunda volta dos de Valga onde se non contei mal so sumaron 10 puntos con respecto ós 26 da primeira.
O Noia B goleou fácilmente 6-0 a un Xuño afundido. Co empate entre Aguiño e Puebla B están a 3 puntos do Puebla B e enfréntase na última xornada en Cadreche. 2-1 en Noia na primeira volta para os do Julio Mato. Todavía teñen opcións para ser 2°. O ascenso directo está prácticamente imposible.
Outro dos que está obligado a non fallar, o Cordeiro non se xoga nada. Un 2 para o Noia.
Actualización: duelo adiantado a venres ás 9 da noite. |
26 Abr 2023, 15:41 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido sin nada en xogo prácticamente xa que virtualmente o Porto do Son quédase fora da promoción.
Porto do Son e Crocha xogan no Emilio García.
Os locais empataron en Vista Alegre 3-3 e para as aspiracións que tiñan un empate é case o mesmo que perder. A 7 puntos do Carreira con 9 por xogarse. Unha victoria do Carreira en Lousame sepulta totalmente as remotas opcións dos de Quintáns que o expulsaron na última xornada.
O Crocha sin nada que xogarse está dando goles por todos lados. Si perderon 6-4 en Carreira no último partido empataron 4-4 co Lousame. O Crocha sigue competindo e dando goles pero moi costa abaixo.
Sin prácticamente nada en xogo e cun 5-7 na Alta na primeira volta entre estos 2 equipos sabe Dios o que pode pasar ahí. |
26 Abr 2023, 15:33 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo de filiais na mañán de domingo.
Puebla B e Cidade Ribeira B xogarán cos locais xogandose algo. O Cidade ó igual que o Palmeira é o equipo con menos por xogarse nin sequera a efectos clasificatorios.
Os locais no partidazo da liga só empataron 2-2. Chegaron a ir 2-0 abaixo e quedou o Aguiño con 10 e empataron e ainda que non estuven no encontro supoño pola evolución do mesmo apretaron ata o final pero non foi suficiente e finalmente manteñense as distancias. Poderían decir adeus ó ascenso directo e haber alirón en Aguiño cunha derrota en Cadreche e a victoria dos locais na Tasca ante o Cures.
O Cidade Ribeira B gañou 4-3 ó Palmeira e quedan en terra de ninguén. A 5 puntos teñen ó Palmeira e salen vencedores desa liguiña de cola xa que o Lousame xa se queda a 6 puntos por detrás, o Abanqueiro e o Crocha a 8 e o Xuño hundido a 16 de distancia.
Un 1, non lles queda de outra ós de Óscar Iglesias. |
26 Abr 2023, 15:27 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|