Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Cures e Araño buscarán no Monumental 3 puntos que os fagan conseguir o primeiro triunfo da presente tempada. O Cures caeu pola mínima en Carcacía. Un gol de Edgar nunha xogada a balón parado deixou os 3 puntos no campo dos verdiblancos. O Araño perdeu tamén pola mínima pero na casa contra o Porto do Son. Brais Pouso a 20 minutos do final fan que o equipo de David Novo quede co punto acadado nun difícil campo como é o da Guía. O ano pasado no fortín que fora o Monumental o Araño saeu victorioso (0-3). Veremos si o factor de Pomar do Río e clave nesta xornada ou o Cures mantén esos arranques de liga onde lles costa despegar. 09 Oct 2023, 09:54 999.99
Entre medias vou seguir facendo as previas dos partidos porque gústame facelas e a quen non lle guste xa sabe onde ten a porta. CD Sar e Abanqueiro xogan en Extramundi para loitar polo pleno de victorias. O Sar venceu o domingo a mediodía ante un Lousame que viña ca moral polas nubes pero o 0-3 final reforza máis ós de Padrón nun campo que suele ser bastante difícil para os rivales. O Abanqueiro venceu 6-1 a un Xuño que aguantou o pulso polo partido durante 70 minutos indo 2-1 pero os 20 minutos finais desfondáronse e Óscar con 4 tantos en 41 minutos saindo desde o banquillo marcou as diferencias. O mellor gol da tarde sin duda o de Campai para o Xuño desde prácticamente o centro do campo. 2 equipos que están en gran momento de forma e onde quizá Extramundi sexa clave. Na última liga na que estuveron cos equipos do Barbanza (a que se suspendeu pola pandemia) so deixaron escapar un empate co Aguiño que acabara ascendendo ese ano. 09 Oct 2023, 09:48 999.99
Os comentarios non hai que poñelos positivos, sinon con un mínimo de sentido. Mira por donde que un dos últimos teus non cumpleu ese requisito e o que che deixei posto está bordeando o fora de xogo pero en línea co último defensa. Anda coño, si hasta me tomo con humor as cousas, quen o diría eh? 09 Oct 2023, 09:37 999.99
Si. Ti sigue que os comentarios seguiranse borrando. E conocer nótase que non me conoces de nada. Pero ti sigue comentando que como sigas despotricando de máis os comentarios aínda que eu os lea (e súdama bastante porque esto é fútbol, hai cousas máis importantes na vida) e a quen lle de tempo a leer antes de borrarlos pois seguireichos borrando, fenómeno. Que tamén é fácil falar sin dar a cara, crack. Para xerar mal rollo, botar bilis e tonterías varias tes "El Chiringuito" ás 12 da noite. Esta página pasado certo punto que ti o pasaste non é para eso. E insistoche: a página non vai para a casa, si non che gusta o que non ven para aquí deberías ser ti. Ahora volves contestar outra vez pasado de frenada si che parece. 09 Oct 2023, 09:29 999.99
O dito no comentario que che borrei do Sar - Abanqueiro da próxima xornada dígocho aquí: non che borro o comentario do fora de xogo porque efectivamente foi así: non nos saleu ben quitando que 2 dos goles son fora de xogo pero a victoria hoxe hubese sido igual para o Artes. Aínda que eu forme parte dun dos equipos da liga, neste caso o Crocha non me doen prendas reconocer cando se fan as cousas mal e son bastante objetivo en todo. Pero a tontería en certos comentarios chega ata certo punto. E vólvoche decir o mismo: esta competición en siguetuliga administroa eu, e si non che gusta entonces esta página non é a túa. Un saludo amigo. 09 Oct 2023, 01:06 999.99
Non nos pasemos de listos amigo murodelaslamentaciones. Cadra que volve ser así, mira por donde que é 1° contra 2° pero as coñitas e tonterías chegan a certo punto. E si non che gusta, a página esta entonces non é a túa. 09 Oct 2023, 00:58 999.99
Pois mira xa que me colles por aquí vamos a por ela e xa che quito o gusanillo. Carreira e Crocha xogan na Guía un partido onde ambos de momento non gañaron en liga. O Carreira sacou un punto do Anexo da Fieiteira ante un Palmeira que será correudo ante calquera rival en liga. O Crocha non tuvo o mellor comezo caendo de maneira clara 0-5 onde na última media hora e a partir do 0-2 foi bastante mal partido dos locales e onde hai que correxir bastantes cousas. Non chegan a 25 líneas pero para ser domingo a noite, chégalle. A disfrutala amigo murodelaslamentaciones. 09 Oct 2023, 00:40 999.99
Duelo na Lomba de 2 equipos que puntuaron na primeira xornada de liga. SD Araño e Porto do Son loitarán por unha victoria, que no caso dos visitantes sería manter o pleno de puntos. A SD Araño consigueu puntuar nun moi difícil campo como é o da Guía. Empate a 1 cun gol de penalti de Martín Nieto no minuto 5 que igualaba o gol no primeiro minuto do Carreira. Equipo que pode dar que falar este ano si puntuando en campos difíciles o acompañan facendo da Lomba un fortín. O Porto do Son gañou no Emilio García ó recén descendido Carcacía pola mínima. Un gol de Jamal ós 20 minutos valeu para sumar 3 puntos, a pesar de que acabaron con 9 polas expulsións de Fonso e Pablo Montes. Partido interesante. O ano pasado no mesmo escenario reparto de puntos (1-1). 03 Oct 2023, 12:58 999.99
Partidazo no Anexo da Fieiteira. Botarase de menos (ou non según se vexa para quen xogaba ahí porque hai división de opinións) Ventín este ano. Palmeira e Carreira enfréntanse nun partido onde ambos optan a ser equipos do grupo de cabeza da clasificación. O Palmeira sacou un empate ante outro bo equipo como o Artes perdendo 2 puntos nos últimos minutos cun gol de Rocar no minuto 90 que deixou a cousa en tablas no marcador. O Carreira empatou na casa ante a SD Araño. 1-1 onde os goles foron nos 5 primeiros minutos de partido e onde o marcador xa non se moveu máis. Pronóstico incerto onde na tempada pasada cada equipo gañou un partido polo mesmo resultado: 3-2 03 Oct 2023, 12:52 999.99
O equipo que falta por comezar a liga iniciará na casa ante un dos candidatos a estar na zona alta da táboa. Crocha e Artes xogarán no Estadio da Alta para loitar pola primeira victoria do curso, xa que o Artes colleitou 1 punto na primeira xornada. No Crocha revolución absoluta no plantel de Adolfo e Alberto que repiten no banco ca axuda de Vicente Fiel. Só 8 xogadores repiten do plantel do ano pasado e fichan a unha decena de xogadores novos. Veremos como empasta este plantel de cara a esta liga onde tentarán non repetir o que lles pasou nestes 2 últimos cursos: primeira volta horrible, para levantar vuelo na segunda pero xa demasiado tarde para poder optar a nada. Iván será un dos protagonistas do equipo sendo referente para o resto do plantel. En canto a fichaxes chegan Ángel Pego, Kevin Otero, rapaces do Oleiros que ascenderon en Xuveniles o ano pasado como Celso ou Adrián Rey ou xogadores que xogaron en tempadas anteriores no Crocha e retornan como Marcos ou Jose Millán. Unha incógnita o que pode pasar que se empezará a resolver este domingo. O Artes arrancou a liga cun empate na casa ante o Palmeira. Equipo en certo modo como o Crocha bastante renovado respecto ó ano pasado que de momento comezou cun empate que non é malo de todo ante un Palmeira que tamén se postula á zona alta e animador da liga. Pronóstico incerto. 03 Oct 2023, 12:42 999.99
Mirarríos volve a acoller partidos de Terceira Autonómica logo de varios anos. Carcacía e Cures buscarán nunha superficie para nada descoñecida para os 2 como é a terra os 3 primeiros puntos do campeonato logo de caer ambos pola mínima na primeira xornada. Os locais nun partido bastante bronco a priori polo rosario de cartóns visto na acta (8 amarelas e 2 vermellas) e rematando en superioridade 10 contra 9 non puideron polo menos igualar o partido e un solitario gol de Jamal no primeiro treito de encontro deixou os puntos no Emilio García. Os de Mirarríos perden por sanción a Rafa Rosende. O Cures perdeu pola mínima na casa o derby ante o Abanqueiro e foiselles polo menos 1 punto a 3 do final do tempo reglamentario. De todas formas o ano pasado comezaron a liga perdendo (1-2 se non recordo mal ante o Porto do Son) e a temporada foi histórica. Polo que esto acaba de comezar e irán con tódalas ganas do mundo a polos puntos. Difícil pronóstico. Un empate podía ser bastante probable aquí. 03 Oct 2023, 12:29 999.99
Arranca a segunda xornada aquí e de maneira anecdótica quizais pero líder recibe a 2º clasificado. O Municipal da Silva presenciará un bo duelo entre 2 equipos que arrancaron ben o campeonato. O Lousame inaugurou a liga vencendo de maneira contundente nas Furnas 2-7. Fabio Lado e Diego Hermo con 2 goles cada un encóntranse entre os xogadores destacados da primeira xornada de liga. O CD Sar venceu con máis dificultades ó Cordeiro B en Extramundi 3-2 pero sacaron da manga unha gran fichaxe a poucos días de iniciar a liga como a de Sergio Manteiga: o máximo goleador o ano pasado co Carcacía en 2º Autonómica con 28 tantos, reforzando a dianteira dos de Padrón e uníndose a outro bo dianteiro como é Dani Ramos, dupla temible. Choque de boas sensacións por parte de ambos conxuntos polo que se antolla un partido atractivo e entretenido. 03 Oct 2023, 12:20 999.99
O partido adiantado da xornada. Abanqueiro e Xuño loitarán en Vista Alegre pola victoria. O Abanqueiro arrancou con bo pe a competición vencendo pola mínima nun campo do que presumiblemente sairán poucos puntos de alí: o Monumental de Cures. Un gol no 87 de Ezequiel fai que o equipo de Boiro inicie de boa maneira o curso. O Xuño por desgracia tivo o comezo totalmente contrario: derrota abultada na casa ante o Lousame que, vendo que tódolos resultados restantes foron victorias por 1 gol de diferencia ou empates, caen de momento de maneira anecdótica ó último posto da táboa. Partido marcado en boa medida pola expulsión de Rubén Brión á media hora polo que o equipo das Furnas estivo máis de 1 hora en inferioridade numérica. Veremos si o Abanqueiro mantén o pleno de puntos ou si o do Xuño foi un accidente e esa expulsión influeu definitivamente no partido das Furnas. 03 Oct 2023, 12:13 999.99
Para mín o partido con máis chicha da xornada 1. Artes e Palmeira enfróntanse no Anexo da Fieiteira nunha temporada ilusionante para ambos. Os locais na tempada do seu 50 aniversario fixeron unha revolución no equipo e aínda que seguen no club xogadores como Damián Sampedro, Guerguich ou Alberto Gude apostan por xente xoven como Alex Castro, Sergio Rey ou Miguel González "Lesmes" e xogadores contrastados como Beto ou Javi London. No banquillo hai cambio tamén e chega David Cameán "Peri". O Palmeira logo de pender a continuidade na competición nun fío na primeira metade do verán tamén cambia de adestrador e volve de novo David "O Pedreiro" que xa dirixeu en tempos anteriores ó conxunto palmeirán no sitio de Adrián Vázquez. O bloque a gran maioría repite: Falamos de 13 dos 19 inscritos que se completan cas chegadas de Xabier Barreiro, Pulgui ou Manuel Parada por exemplo. Ó igual que no Cures - Abanqueiro xa se viron as caras tamén en pretempada no Torneo 50 aniversario do CD Artes onde saleu victorioso o Palmeira. Equipo que sempre pon en problemas ós verdiblancos: o ano pasado foi o primeiro equipo co que perdeu en liga logo de 12 partidos invictos. Duelo bonito e moi interesante. 26 Sep 2023, 01:56 999.99
Partidazo no Monumental e Derby para comezar o curso. Cures e Abanqueiro comezan no fortín de Pomar do Río a competición. O Cures logo dunha tempada inolvidable onde soñaron ata case o final ca promoción onde quedaron nun histórico 6° posto e onde fixeron unha tempada sobresaliente repiten o que lles levou a conseguir ese éxito: renovan corpo técnico e 19 dos 22 xogadores inscritos. Poucas pezas ou ningunha tocan da maquinaria e con razón. Baixa sensible a de Mario Castro que se perderá de partida toda a temporada ou gran parte dela por unha complicada lesión. O Abanqueiro quere facer borrón e conta nova nun curso pasado onde viñan de Segunda Autonómica e casi de seguro non acabaron dónde quixeran e esperaban estar. Para iso moven pezas e aínda que sigue boa parte do bloque chegan xogadores importantes como Óscar Medina, Eloy Silva ou Abrahan Laíño. Sigue Jorge Fajardo no banquillo naranxa. Baixa sensible do que foi o seu xogador Samuel Laiño que retornou ó Cabo de Cruz para xogar en Primeira Autonómica. Houbo xa un amistoso entre eles en pretempada no mismo escenario onde saiu victorioso o Cures e os 2 partidos en liga na 22-23 tamén os gañaron os do Monumental. ¿Poderá parar esta xeira o Abanqueiro con este novo conxunto formado ou soñará o Cures con outra tempada para enmarcar? 26 Sep 2023, 01:43 999.99
Partido interesante o que se vivirá na Guía para inaugurar temporada. Carreira e Araño comezarán a mostrar as cartas sobre o tapete verde da parroquia ribeirense. O Carreira é un dos equipos que menos cambios ten respecto ó ano pasado. Sigue o seu adestrador e repiten do curso pasado 14 dos 19 xogadores que teñen inscritos. Si a fórmula da bos resultados como o ano pasado que xogaron promoción ¿para qué tocalo? O Araño película moi similar á do seu rival. Repite máis de media plantilla con respecto á pasada campaña e incorporan no banco a David Novo que a súa última experiencia en Terceira Autonómica Senior foi fai 2 cursos co Unión B e contará como segundo con Abel Vicente que foi o cabeza visible no banco o ano pasado. Veremos qué pasa nun partido onde moitos repiten respecto a última vez que se viron as caras: última xornada de liga da 22-23 pero na Lomba (1-2). 26 Sep 2023, 01:31 999.99
Encontro de proximidade entre un equipo que cambia de grupo novamente para volver á zona de Barbanza e un filial que o ano pasado tivo altos e baixos. O CD Sar regresa a este grupo dende a tempada interruptus pola pandemia. Seguen nomes de aquela época no clube: Iván Pesado, Tomás Bello, Raúl Barreiro, Dani Ramos... Ós cales se unen novos xogadores como Brais Carballal ou Iván Castro. Dirixe o equipo neste curso José Luis Vázquez Amado. Veremos qué papel pode facer o equipo de Extramundi nunha tempada pasada onde rematou sexto a moita distancia dos 5 primeiros (17 puntos entre o 5° e o 6° clasificado). O Cordeiro B chega a unha tempada pinta que de bastantes cambios. Marchou o que foi o seu adestrador Rubén Castromán ó Carcacía e hai varias baixas do curso pasado como Abel Lorenzo que se vai ata a SD Araño e chegan novos nomes como Moisés Barreiro, Óscar Creo ou Rubén Bodaño. E ó frente do equipo estará Isaac Castiñeiras como adestrador. Partido nun campazo como Extramundi e onde ambos equipos querrán comezar con bo pe o curso. 26 Sep 2023, 01:22 999.99
Comeza a liga no Emilio García para Porto do Son e Carcacía. Partido atractivo dun equipo dos que suelen facelo ben en Terceira Autonómica nos últimos anos e outro conxunto que despois de bastantes tempadas en Segunda regresa á Terceira Autonómica. O Porto do Son viveu varias baixas de xogadores importantes e que destacaron na tempada pasada: Robert ou Abdoul que suben unha categoría para xogar no Queiruga, Ángel Agraso que retorna ó Noia Cruido ou o porteiro Rafa Alvite que tamén recala no Anexo do Julio Mato. Recalan no equipo facendo o camiño inverso Borja Carreño e Ángel Bifano, volve Hugo Agraso como porteiro do equipo dende o Vista Alegre e todavía quedan cousas que anunciar porque so presentan 7 fichas a día de hoxe luns. O Carcacía como principal baixa a menos que haxa cambios nestos días e a do que era o seu home gol Sergio Manteiga que consigueu 28 tantos sendo o pichichi da Segunda Autonómica no curso pasado. Continua un bo número de xogadores do ano pasado e aparte de varias fichaxes que se estrean neste ano chega ó banquillo Rubén Castromán ex entrenador do Cordeiro B. Hai varios partidazos pero este pode resultar bastante atractivo para o espectador que poida ir ata o Preguntoiro. 26 Sep 2023, 01:07 999.99
Arranca a liga 2023-2024 en Terceira Autonómica e á espera de horarios definitivos noutros encontros este pode ser o partido inaugural do campeonato. Xuño e Lousame xogarán polos 3 primeiros puntos do campeonato nas Furnas. O Xuño estrea cara Nova no banco ca chegada de José Antonio como inquilino procedente do Atlético Oleiros onde estivo nos últimos anos. En canto ó plantel hai mestura de continuidade e novas caras. Seguen xogadores como Campai, Quique Varela, Rubén Brión ou José Olveira. E chegan novas caras xuntadas a Xuveniles que pasan a formar parte do primeiro equipo. O Lousame ó igual que o ano pasado garda as súas cartas para o último momento. Subiron só 4 fichas no momento en que se sube esta previa pero son xogadores que siguen do ano pasado como Berto ou Boris. Dunha temporada a outra hai moitos cambios e tanto neste como no resto de encontros o pronóstico é unha incógnita total e absoluta. Sorte a ambos na tempada. 26 Sep 2023, 00:53 999.99
Para seguir a fase de ascenso creouse nova competición en siguetuliga: https://www.siguetuliga.com/liga/galicia-tercera-galicia-fase-de-ascenso-a-segunda-autonomica-tercera-galicia---grupo-1 15 May 2023, 14:21 999.99