| As previas desta xornada cortitas y al pie que o tempo non da para nada.
Palmeira. Boa victoria para cortar a sangría das 2 últimas citas, o Sar será boa pedra de toque nun horario si se confirma como parece moi extrano.
Sar. Boa victoria contra un rival de igual nivel como o Araño cos seus 2 puntas sacando músculo goleador. O horario non lle resultará descoñecido: fai pouco xogou en Lousame ás 12.
Parece que chega mellor un pouco o Sar, pero é o partido perfecto para reivindicarse para o Palmeira. |
31 Oct 2023, 21:51 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo entre 2 equipos que obtiveron bos resultados na última xornada pero con tendencias un pouco distintas.
Cordeiro B e Carcacía xogarán un duelo bastante interesante.
Os locais van de menos a máis. Logo da derrota e ademáis facendo sudar ó Sar, venceron ó Lousame e sacaron un puntazo de Vista Alegre ante o Abanqueiro que gañara todo ata ese día.
O Carcacía logrou unha gran victoria no duelo local ante o Sar pero ten de asignatura pendente mellorar fora da casa polo que este partido é unha gran proba. Derrota no Son e empate en Xuño sudando tinta. Na casa pola minima ambas pero pleno de victorias.
Mais ou menos a historia do CD Sar - Araño. Quen gañe gran dosis de moral quen perda oportunidade estragada e quizáis entren as dúbidas. |
24 Oct 2023, 21:58 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Bo duelo entre 2 equipos que quizá non teñan tanto os focos enriba como outros conxuntos por historia ou palmarés ó longo do tempo pero que por bloque e plantel merecen a pena ver a ambos.
CD Sar e Araño buscan 3 puntos que os confirmen entre o grupo de cabeza.
Os de Padrón perderon pola mínima no Derby ante o Carcacía, unido á derrota ante o Abanqueiro buscarán recuperar o gran inicio cas 2 primeiras victorias na liga e non entrar nunha tendencia perigosa.
O Araño venceu 4-2 ó Xuño acompañando de sumar de a 3 as boas sensacións que deron en Carreira ou Cures e dónde ahí so puideron rascar un empate.
Partido de doble filo: quen gañe volverá a ter un chute de moral, quen perda entraranlle moito as dudas. |
24 Oct 2023, 21:51 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido adiantado a sábado que desafía ó Clásico. Onde a gran maioría move horarios para non contraprogramar o (por enésima vez) partido do século.
Lousame e Abanqueiro vense as caras na Silva onde un vai de máis a menos e o outro tivo un pinchazo inesperado na casa.
Os da Silva descansaron pero levan 2 derrotas seguidas: ante o Sar no escenario do sábado por 0-3 e ante o Cordeiro B por 2-1 no Municipal de Campaña.
O Abanqueiro logo dun inicio espectacular igualaron sin goles en Vista Alegre ante o Cordeiro B, con este resultado deixan líder en solitario ó Porto do Son.
Partido de moitas incógnitas. O Lousame a reivindicarse logo de iniciar con boas sensacións e logo colleitar 2 malos resultados. O Abanqueiro a demostrar que o da última xornada foi un pequeno accidente. |
24 Oct 2023, 21:42 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O partidazo da xornada. Líder contra un dos mellores equipos da liga.
Porto do Son e Artes chegan embalados a este choque de trens.
Os nesta xornada locais venceron 0-3 ó Crocha na Alta merecidamente nun partido que se lles puxo máis fácil tendo superioridade numérica pola expulsión do porteiro Pepe no minuto 8 da primeira parte.
O Artes meteulle todo un 5-0 ó Carreira, un partido coral de todo o conxunto fan dar un golpe na mesa e avisar ó resto dos rivales.
Partidazo que quen poda máis que recomendable poder ir disfrutalo acudindo ó Emilio García. |
24 Oct 2023, 21:33 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido de rivalidade pero á vez tamén de 2 grandes aficións e onde os 2 corpos técnicos se levan dpm.
Cures e Crocha enfréntanse no Monumental de Pomar do Río en situacións totalmente opostas.
Os locais logo de arrancar con 2 derrotas remontaron vuelo cun empate na casa ante o Araño e sobre todo cunha victoria fora da casa ante o Palmeira cunha segunda mitade de ensoño. Están no momento top e se non perderon as sensacions do ano pasado van ir cara arriba sen dúbida.
Do Crocha pois o colmo e un mal momento a tódolos niveles fan estar nun momento moi baixo. No último partido derrota 0-3 ante o Porto do Son marcada pola vermella directa a Pepe no minuto 8 por ser último home derribando ó dianteiro do Son. A partir de ahí a trancas e barrancas defendendo como se pudo, con nervios e con pouco caudal atacante. En resumo: de cu e costa arriba.
Favoritos os locais pero o ano pasado o Crocha foi un dos equipos que lles puxo as cousas máis complicadas ali (4-3). |
24 Oct 2023, 21:29 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Xuño e Palmeira xogarán nas Furnas a ver con qué climatoloxía porque pinta mal a cousa.
O Xuño caeu na súa visita á Lomba por 4-2 ante o Araño. Campai cos seus 2 goles ponse na cima da tabla de goleadores neste momento pero de momento os seus goles e as últimas incorporacións non son suficientes para sumar de a 3.
O Palmeira logo de un comezo bastante bo contra Artes e Carreira leva 2 tropezos serios no Son e na casa contra o Cures. Unha segunda parte para olvidar polo menos no tanteador fan que teñan que recuperar as sensacions dos 2 primeiros partidos.
Partido de necesidades para ambos para sumar vistos os últimos resultados.
|
24 Oct 2023, 21:20 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| A Alta acollerá o partido entre o pechacancelas e o colíder da competición.
Crocha e Porto do Son xogan un partido que nos últimos anos suele dar bastante espectáculo.
O Crocha caeu por 3-1 na Guía nun partido que tuveron que traballar arreo defensivamente e non xeraron moitas ocasións pero ata o minuto 80 o partido non se decideu co 3-1 final. Mellor imaxen que a do día de Artes onde hubera un descosido importante pero con bastante marxe de mellora por diante.
O Porto do Son venceu e convenceu 4-1 contra un Palmeira mermado na convocatoria e con baixas importantes como a de Carlos Queiruga. Adrián Santos cun hat-trick e Jamal de penalti manteñen o pleno de victorias para os do Emilio García.
O ano pasado este mismo encontro foi un espectáculo: 0-4 para o Son en 14 minutos, 1-5 no minuto 40, 4-5 ó cuarto de hora da segunda parte e 5-7 final. Veremos que nos encontramos ó abrir o melón nesta tempada. |
16 Oct 2023, 18:20 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido do actual líder da competición igualado co Porto do Son.
Abanqueiro e Cordeiro B xogan en Vista Alegre un partido onde os laranxas buscarán manter o pleno de victorias e o Cordeiro B lograr a segunda victoria consecutiva.
O Abanqueiro logrou un triunfo importante dun difícil campo como é Extramundi de donde pinta que poucos puntos voen de ahí. Victoria adicada a Samu Vilas que se lesionou de gravidade durante a semana.
O Cordeiro B logo da derrota precisamente en Extramundi e de pasar a xornada de descanso venceron ó Lousame no Municipal de Campaña. 2 goles no primeiro cuarto de hora puxeron as cousas de cara pero no cuarto de hora final o Lousame recortou distancias e mantivo a cousa con suspense ata o final quedando ademáis o Cordeiro B con 10 por expulsión por doble cartón de Moisés Barreiro.
Todo pode pasar pero vexo que o Abanqueiro colleu a boa ola e será moi difícil paralos. |
16 Oct 2023, 18:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo da xornada xunto co derby de Padrón.
Artes e Carreira, 2 grandes equipazos, miden forzas no Anexo da Fieiteira.
Os locales descansaron pero todavía teñen na retina a victoria contundente na Alta polo que aproveitarán esta moral para facer fronte a un duro rival.
O Carreira tamén tivo como último rival ó Crocha ó que venceron 3-1 na Guía nun partido que dominaron pero que non acabaron de concretar no marcador ata o minuto 80. O Crocha tivo que facer un exercicio defensivo esixente pero non foi suficiente. Un gol no primeiro minuto de Marcelo puxo as cousas de cara, un penalti que marcou Carlos e un lanzamento de Cadórniga desde o medio do campo que se comeu o porteiro deixaron a primeira victoria para o Carreira.
Varios amigables entre eles en pretempada polo que se conocen máis que de sobra. E esperemos que sexa un partido emocionante para o espectador que vaia á Fieiteira. |
16 Oct 2023, 18:05 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Derby padronés en Mirarríos de 2 conxuntos que este ano chegaron ó grupo de Barbanza.
Carcacía e Sar buscan 3 puntos que lles fagan situarse e acomodarse na zona alta.
O Carcacía sacou un punto das Furnas nun día desapacible e seguramente complicado en Xuño. Un Xuño reforzado cas últimas fichaxes e un 3-1 en contra que foron capaces de igualar os verdiblancos. Penso que aínda que o Xuño non había sumado puntos este empate, visto como se desenrolou o encontro, poden dalo por bo.
O CD Sar no duelo directo na zona alta da táboa caeu 2-4 ante o Abanqueiro. A pesar do gol de Sergio Manteiga (probable protagonista do encontro xa que volve á que foi a súa casa estas últimas tempadas) o Abanqueiro remontou deixando o 1-3 no descanso e puxeron a puntilla a 10 do final. Recortaron distancias nos últimos minutos pero con todo decidido.
Bonito duelo local que será moi atractivo. |
16 Oct 2023, 17:57 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo na Fieiteira entre 2 conxuntos con bloques fortes e grandes aficións.
Palmeira e Cures tamén buscan sumar de a 3 aínda que o Palmeira ven en peor situación atendendo ó último encontro xogado.
Os nesta xornada locais cun equipo de circunstancias, baixas importantes e pouco fondo de armario no banquillo caeron 4-1 no Emilio García. Quédanse con 2 puntos na táboa e frenazo ás boas sensacións dos 2 primeiros encontros.
O Cures sumou o seu primeiro punto da tempada ante o Araño no Monumental. Un penalti transformado por Bruno fan que ese empate probablemente lles de máis ánimos respecto ás 2 derrotas iniciais.
Os últimos 2 Palmeira-Cures acabaron en empate si non recordo mal. Veremos que pasa este fin de semana. |
16 Oct 2023, 17:49 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido adiantado a sábado na Lomba onde ambos veñen de experiencias agridulces.
Araño e Xuño siguen buscando a primeira victoria do curso.
Os locais sacaron un punto bastante bo dun campo como o Monumental de Pomar do Río pero chegaron a ir 1-2 e un penalti anotado por Bruno a 12 minutos do final fan que se teñan que conformar con empate.
O Xuño sumou o seu primer punto da tempada ante un moi bo rival como o Carcacía pero ó igual que o Araño a 10 minutos do final perderon unha ventaxa de 3-1 tamén con outro penalti transformado por Kiko. Diego Montaos xa deixou a súa firma nada máis chegar anotando o que era o 3-1 no minuto 55.
Equipo correudo tanto na casa coma fora que leva menos puntos que sensacións está deixando contra conxunto que recibe un plus cas últimas fichaxes e que penso plantará cara a calquera.
Pronóstico nada claro.
|
16 Oct 2023, 17:43 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Por certo Quintáns, que xa falamos agora á mañán. Fe de erratas. Corrixo o da primeira xornada: non quedastes 9 contra 10 contra o Carcacía, que como me fixestes caer da burra un do que vos expulsaron estaba quentando. Que conste en acta.
Vémonos para a semana na Alta. |
11 Oct 2023, 14:26 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Borrar non se borra nada compañeiro 😊👍. As actas non engañan e neso somos estrictamente rigurosos. A menos que se equivoquen de autor de gol e estando eu no campo esté seguro de que non foi o que puxo o árbitro. Que desas houbo 2-3 o ano pasado. Nos partidos onde non puden estar non me queda máis que fiarme das actas de futgal. |
09 Oct 2023, 17:14 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| E gracias polo comentario Miline, pódese criticar de maneira educada e ademáis con razón. |
09 Oct 2023, 15:32 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Estou de acordo Miline. Un dos nosos tiña que estar expulsado e digoche máis: un penalti clamoroso para o Artes con 0-1 que non veu e que o propio xogador mo reconoce. Polo que o árbitro luceuse para os 2 lados. Os goles en fora de xogo son o 3° e o 5°, o 4° efectivamente como dis tiramos fatal o fora de xogo. E polo que me contan da expulsión por doble cartón do xogador do Crocha é o xogador do Artes o que agarra e caen os 2. Por eso digo que a pesar dos foras de xogo que eran o partido o hubese levado o Artes.
Unha cousa é ser dun equipo e outra non reconocer as cousas e ver o que foi evidente. E aínda que algún non crea que son objetivo intento ver as cousas creo que o mellor posible. Dominou o Artes pero o partido estuvo ahí ata o 0-2. Desde ahí foi todo costa abaixo. |
09 Oct 2023, 15:23 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Para mín o partidazo da xornada.
No Emilio García enfróntanse 2 equipos en bastante boa forma.
Porto do Son e Palmeira xogarán un partido que nos últimos anos suele ser bastante quente.
O Porto do Son leva pleno de victorias. Volveu gañar pola mínima neste caso a domicilio á SD Araño. Campo complicado e onde de momento están rentabilizando ben os goles ata o de agora.
O Palmeira aínda que só leve 2 empates está sendo tamén un dos equipos que está dando que falar. Empates ante Artes e Carreira que son favoritos ó ascenso directo. Polo que a priori logo terán un calendario máis asequible.
Calquera dos 2 pode gañar. O ano pasado nos 2 partidos entre eles ambos gañaron a domicilio si non recordo mal. |
09 Oct 2023, 10:17 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Volve o Cordeiro B da xornada de descanso onde xogará en Campaña ante o Lousame.
Os locais logo do primer partido xogaron onde caeron co Sar en Extramundi buscarán gañar e veremos en qué punto están. Porque o Sar de momento logrou 2 victorias e o Cordeiro B polo menos en resultado puxolles moitas dificultades ós de Padrón.
O Lousame logo do subidón de gañar en Xuño caeron na casa ante o Sar por un claro 0-3 e veremos qué poden facer neste terceiro partido e qué cara veremos, si a boa do primer partido ou a de máis dificultade do segundo.
Pinta que este partido pode estar igualado pero cada partido é un mundo. |
09 Oct 2023, 10:11 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Xuño e Carcacía xogarán na terra das Furnas un partido que consultando páxinas de resultados históricos que circulan pola web e a falta de mirar con máis detalle sexa o seu primer enfrentamento en competición oficial.
O Xuño de José Antonio non comezou moi ben a liga. 13 goles en 2 partidos e no último encaixaron 6 aínda que o partido gran parte del o competiron plantando certa cara ó Abanqueiro ata o minuto 75 onde iban 2-1 e onde nesos 15 minutos finais encaixaron 4 goles e baixaron os brazos.
O Carcacía venceu pola mínima ó Cures nun partido que se decidiu cun gol de Edgar. O ano pasado os equipos que viñan de Segunda non o tiveron nada fácil e só o Aguiño puido triunfar dos 5 que baixaron, polo que o Carcacía terá que sudar bastante cada encontro si quere retornar ó primeiro intento.
Si non paran a sangría de goles os das Furnas terano complicado neste encontro.
Actualización: o Xuño incorpora a Manuel Mariño e Diego Montaos do Queiruga. O Xuño pode mellorar bastante con estas 2 incorporacións |
09 Oct 2023, 10:06 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|