Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Derbi de veciños na Alta. Crocha e Palmeira disputarán un partidazo ca Alta como testigo. Os locais rascaron un bo punto en Valga nun partido que se lles puxo difícil co 1-0 no treito inicial do encontro. Un penalti bastante claro no segundo tempo devolveu a igualada durante uns 90 minutos con alternativas e bastante igualado como á postre reflexou o marcador. O Palmeira defenderá liderado ca moral polas nubes logo do 6-1 que lle endosou o Abanqueiro cunha demostración de bastante bo xogo, pegada e puntería. Partido igualado. A moral quizá dealle o cartel de favorito ós visitantes pero o Crocha é capaz de calquer cousa. 22 Sep 2022, 00:15 807.40
Moitos irán ca comida na boca para este partido. Artes e Cures xogarán no Anexo da Fieiteira ás 4 menos cuarto da tarde do domingo. Horario moi atípico pero xogando na Fieiteira e logo tocándolle xogar ó Cidade de Ribeira ás 6 e media non queda máis remedio. Os locais veñen en plena forma logo de gañar o duelo local contra o Cidade de Ribeira B remontando o 1-0 en contra inicial. O Cures deu moitísima guerra a un dos favoritos como é o Porto do Son e só un gol parece ser que en fora de xogo dos visitantes lles deixou sin sumar. Favorito parece o Artes pero o Cures pode dar sustos a máis de un. 22 Sep 2022, 00:09 807.40
Partidazo de filiais no Anexo de San Lázaro. Cruido Noia B e Cidade de Ribeira B loitarán pola victoria e ambos veñen con reveses da xornada inicial. Os locais logo de ir 0-2 e 1-3 na Tasca perderon 2 puntos no desconto. Os visitantes logo de ir 1-0 ó descanso ante o Artes nos 15 primeiros minutos do segundo acto os de verde e blanco meteron 3 goles facendo ir de vacío ós da Fieiteira. Favorito quizá o Noia B por ser local, pero todo é posible neste encontro. 22 Sep 2022, 00:04 807.40
Bo partido o que se poderá presenciar en Vista Alegre. Abanqueiro e Puebla B medirán forzas para sumar os 3 primeiros puntos ó casillero. Os locais levaron un duro revolcón na visita a Ventin. Entre a pouca finalización de xogadas en ataque e o xogo e pegada do Palmeira levaron un resultado que, quitando o desfonde dos últimos 10 minutos de partido sumado a que entrou casi todo o que se tirou ás porterías nese tempo (2-0 iba a cousa no minuto 75), o partido con un 3-1 ou un 4-1 quizáis sería máis axustado á realidade dentro do notable dominio dos locais. O Puebla B descansou e debuta na liga. Bastantes cambios no conxunto de Óscar Iglesias. Veremos canto se notan as baixas dos Isaías, Ventura e Joel que colleron rumbo para A Fieiteira aínda que tamén teñen boas incorporacións como a chegada de Subi que fixo o camiño inverso das 3 baixas citadas anteriormente ou a chegada de Óscar que xogou os primeiros partidos da liga pasada no Crocha. Tamén veremos o que ven desde Xuveniles que complementará á plantilla do B e veremos si o A leva xente do B como fixo con Balotelli nas 2 primeiras xornadas de liga habendo conseguido xa 1 gol. Veremos si os locales son capaces de levantarse do golpe e si os visitantes non acusan os cambios no plantel deste verán e os que poden surxir na temporada si o A chama á porta. Sin favorito para este encontro. 21 Sep 2022, 23:46 807.40
Abrese esta segunda xornada de liga no Municipal da Silva. Campo que foi feudo do Cruido e, en algunha ocasión é campo do Noia/Cruido, vivirá o debut como local do Tállara que recibirá ó Xuño. Debut máis que digno dos que serán locais. Derrota pola mínima ante un recén descendido como a SD Araño. Polo que contan as crónicas houbo ocasións para quizais rascar un punto pero non foi posible. O Xuño plantou cara a un dos favoritos como é o Carreira, chegando a ter o encontro igualado a 1 tanto mediado o segundo tempo. Unha expulsión polo bando local máis 2 penaltis no treito final decantaron a balanza para os da Guía. Partido sin pronóstico claro. Quizáis pode haber empate. 21 Sep 2022, 23:37 807.40
Moi bo partido no Municipal de Baño entre Cordeiro B e Crocha. 2 rivais que loitaron ata case a última xornada polo último posto de promoción que se levaron os de Valga. Os locais tiveron opcións para ascender na última xornada da fase de ascenso pero non dependían de si mesmos e foi o Galicia Bealo o que se levou esa codiciada plaza. Continuidade do bloque especialmente xoven con moito xogador en idade Xuvenil e xogando varios deles co A en Primeira Autonómica. Obtendo resultados moi bos en campos moi difíciles como en Dodro ou Oleiros. Nesta pretemporada tamén obtiveron bos resultados ante equipos de superior Categoría e son serio candidato a ocupar unha das 5 plazas que dan dereito a loitar polo ascenso. O Crocha sufreu certos cambios empezando polo banquillo onde Adolfo e Alberto toman as rendas do equipo e con altas e baixas salientables. Abandonaron a disciplina César, Kike Sobrido, Vieitez ou Pepe (este último sigue na parcela técnica) e entran varias fichaxes cómo Jhon procedente do Carreira ou Maneiro que logo dun ano sabático volve ó equipo. 16 xogadores siguen do ano pasado. Partido igualado onde quizá o Campo de Baño de un lixeiro favoritismo ós locais. 15 Sep 2022, 13:01 798.81
Derbi espectacular do Concello de Ribeira. Cidade de Ribeira B e Artes xogarán un dos partidazos da xornada. Ambos recén descendidos de Segunda que sufriron (especialmente os da Fieiteira) a escabechina dos arrastres. Dos locais empezamos todavía a coñecer cousas do plantel con xogadores con ficha no B pero que irán habitualmente co A cómo Anthony. 10 fichas confirmadas pero haberá moitas máis incorporacións. Hai certas baixas cómo a de Subi que foi para o Puebla B ou a de Dopico que foi para o Urdilde e veremos as novas incorporacións que teñen. Do Artes conservan gran parte do bloque cos Damián, Pichichi, Fandi, Bruno Rebelo... E contarán salvo sorpresa con David na porteria procedente do Palmeira ou Jonatan Fernández que abandona a parcela de fisioterapia no Boiro para volver a vestirse de corto. Un partidazo moi igualado que dependendo dos reforzos do Cidade de Ribeira B será igualadisimo. 15 Sep 2022, 12:49 798.81
Cures e Porto do Son inician o seu camiño no Monumental de Pomar do Rio. O Cures mostra un bloque de continuidade e determinados axustes. Ós Bruno, Cristian Suárez, Alex Muñiz ou Buli únense Chivas, Ulyses, Ruso ou Pablo Santamaría. Bloque moi unido ca dirección de David Abeijón e que intentarán facer de Pomar do Rio un fortín e o lugar onde moitos favoritos finquen rodilla a terra. O Porto do Son é outro dos favoritos ó ascenso. Si xa a segunda volta da liga pasada foi un vendaval os de Quintáns e so unha plaga de lesións nas últimas xornadas e fase de ascenso e un O Pino B intratable os fixeron quedar outro ano en Terceira. Ó plantel dos Jamal, Robert Lazarczuk, Abdul Thiaw únese Ángel Agraso procedente do Noia, Iván Mariño ou Samuel Alvariza e outros Xuveniles que rematan esa etapa para ser Seniors. Un equipo temible e que opta a todo. Partido incerto polo factor Monumental, o bo bloque que é o Cures e o temible que é o Porto do Son. 15 Sep 2022, 12:40 798.81
O partido das grandes incógnitas. Araño e o recén creado Tállara loitaran polos 3 primeiros puntos do curso. Do Araño temos información limitada. Co descenso dos da Lomba o equipo sufreu unha profunda remodelación. Moitas baixas pero algúns nomes importantes que siguen como Chopi ou Martín Nieto. A disolución do Unión B favorece o Araño que obtén xogadores bos cómo Viñas, Xabier, Saúl Cerqueiras ou Dani Pose. Do Tállara por moito que o intente non sabemos a día de hoxe nada de nada. Rumorease so que no plantel haberá ex-xogadores do Noia pero pouco máis. Non hai fichas subidas á web de futgal e pouco ou nada podemos comentar. Debido á remodelación de uns e ó total descoñecemento de outros, o pronóstico é incerto. 15 Sep 2022, 12:30 798.81
Duelo no sempre complicado Campo das Furnas. Xuño e Carreira miden forzas preto da praia para ver quen se estrea con bo pe. O Xuño ten moita pinta de seguir ca escalada ascendente que foron mostrando dende a Segunda volta da liga pasada. Para iso contan con reforzos cómo Eloy Chouza do Cruido-Noia B, César do Crocha, Saúl Pego ou Mehdi. O Carreira eríxese cómo un dos favoritos para o ascenso por nomes e por sensacións en pretemporada. José Millares, Container, Cadorniga, Adam e ata en total 15 reforzos fan do Carreira un dos principales favoritos ó ascenso. Manteñense Manuel Lema, Piñeiro ou Alberto entre outros. Aquí si darei un pronóstico e a pesar da boa mellora do Xuño o favorito é o Carreira para sumar os 3 primeiros puntos. 15 Sep 2022, 12:24 798.81
Outro partidazo á vista nesta xornada inaugural. Xuventude Aguiño e Cruido-Noia B enfréntanse na Tasca. O Xuventude Aguiño foi outro dos que sufreu a cascada de descensos de Segunda. Plantel que mestura continuidade e fichaxes cun curioso trasvase entre parroquias: Carreira e Aguiño, Aguiño e Carreira fixeron varios cambios de cromos. Matías e Carlos recalan en Aguiño e Cadorniga, Joaquín ou Carlos Pérez entre outros pasan a xogar na Guía. Campo que se prevee voen poucos puntos de ali. O Cruido-Noia B logo de perder o pulso co Milladoiro na fase de ascenso intentarán facerse un oco para lograr ese ansiado ascenso. Continuidade de xogadores e saidas importantes tamén: Ángel Agraso rumbo ó Son, ou Eloy Chouza ó Xuño por exemplo. E incorporacións importantes como Javi Regueiro logo de ser dos maximos goleadores de Terceira a pesar de xogar media temporada soamente e logo intentar manter ó Artes en Segunda ou as incorporacións de Ryan ou Roberto Solis do Outes. Choque tamén moi igualado e veremos quen gaña 3 puntos. 2 rivais que se presume andarán preto na clasificación durante toda a liga. 15 Sep 2022, 12:17 798.81
O partido inaugural da liga. Palmeira e Abanqueiro vense as caras en Ventin nun partidazo (dos moitos emparellamentos que habrá na liga). O Palmeira conta con varios cambios á vista das fichas presentadas a día de hoxe: Volven Manu Fernández que estivo no Aguiño o ano pasado ou Dario que abandona a parcela técnica do Puebla e a futbolística do Puebla B. Logo hai nomes novos como David Sineiro, Diego Pardavila ou Luis García. O Abanqueiro foi un dos grandes perxudicados do sistema liguero da tempada pasada. Baixando por arrastres e reestructuración da liga. Non sabemos moito do plantel que estará este ano pero antóllase bastante continuidade do bloque e buscarán volver o antes posible a Segunda. Tarefa nada fácil: Xa que baixaron 5 equipos e, no mellor dos casos, so 2 dos descendidos recuperarán o seu posto en Segunda. Pronóstico incerto. 15 Sep 2022, 12:05 798.81
Graciñas pola explicación :) 19 Abr 2022, 21:14 714.66
Boas. ¿Que pasou co cambio este de última hora? ¿Por qué entrou o Campo da Angustia e non o Brión? Curiosidad simplemente que eu solo manejo o grupo da zona de Barbanza. Saludos. 19 Abr 2022, 19:48 714.66
Partidazo clave para o Noia B ante o flamante campeón de liga na casa. Noia B e Galicia Bealo pechan liga con moito por xogarse pola parte local. O Noia B gañou un partido vital por todos os deberes que deixaron por facer na Guía ante o Carreira. 1-4 no marcador pero o electrónico sinalaba empate sin goles ó descanso. O Galicia Bealo proclamouse campeón con honores e da mellor maneira: goleando ó 2° clasificado Dodro por 4-1. Posibilidades de ambos equipos: - Noia B: Van depender de varios resultados alleos. Gañando pasan seguro por un punto ó Puebla B que descansa e dependendo de resultados poderian pasar ó Dodro si pincha na casa co Xuño (dificil pero é unha posibilidade) e poderian pasar ó Oleiros si perde co Cures (difícil tamén pero é outra posibilidade) por Golaverage particular gañado (1-4 na Trinidade e 2-2 en Noia). Como empaten se lles complica a pelicula e moito. Nin alcanzarían a Oleiros, nin a Puebla B e poderían empatar co Dodro a puntos pero teñen o Golaverage particular perdido (2-1 en Chenlo e 2-2 en Noia) e como o Porto do Son gañe o seu partido tamén poderian perder o 5° posto. Perdendo é casi o mesmo que empatar: dependeria de que o Porto do Son ganase o encontro que queda, si non o logran quedarán 5°. - Galicia Bealo: Campeóns, cabeza de serie en fase de ascenso pase o que pase e terán como rival de liguilla ó Cordeiro B que quedan pase o que pase 8° en liga. Veremos o nivel de nervios do Noia B e as gañas de competir do Bealo. 6-1 na primeira volta na Lomba. Por necesidade debería gañar o Noia B pero veremos... 11 Abr 2022, 19:44 703.54
CD Dodro e Xuño cerran liga en Chenlo. Os locais caeron goleados na Lomba e perden a falta da última xornada a segunda plaza caendo ó 4° posto, e perden o ser cabeza de serie na fase de ascenso que pasa a ocupar o Atlético Oleiros. Mal momento para perder ese posto de privilexio. En teoría teñen un encontro fácil para amarrar o 3° posto xa que o Puebla B ten que descansar e quizáis esperar un milagro da Trinidade e un favor do Cures para recuperar o 2° posto ainda que non será nada facil. O Xuño intentará domingo sumar para evitar a última posición da táboa que, non obstante, non empaña a melloría e a subida en competitividade dos das Furnas ainda que este xoves santo o 1-10 na casa contra o Son é dos duros. Posibilidades de ambos equipos: - CD Dodro: Si gañan serán mínimo 3° xa que adiantarán ó Puebla B que descansa e optarían ó 2° posto si o Oleiros pincha co Cures na casa. Con un empate pasan ó Puebla B igualmente por un so gol de diferencia no Golaverage xeral (+29 respecto a +28) co Puebla B (o particular está empatado 3-2 en Chenlo e 2-1 en Cadreche) pero non aseguran o 3° porque sería plaza para o Noia B se gaña ó Bealo. Unha derrota no peor dos casos baixaos ata o 6° posto. - Xuño: Poderian salir da última plaza si gañan e non o fai o Unión B. Todo o que non sexa victoria do Dodro será un drama dos gordos para os de Chenlo. 11 Abr 2022, 19:21 703.54
Partidazo no Emilio García entre 2 bos equipos en promoción para cerrar a liga regular. Porto do Son e Palmeira loitarán polos 3 puntos. Os locais están 6° clasificados pero tanto se poden quedar ahí como ascender ata a 3° plaza aínda que dependerían de outros resultados para chegar a ese tope e esa posición. O Palmeira xa ten definida a súa posición e faga o que faga será 7° clasificado polo que neste momento iría no grupo de fase de ascenso co Atlético Oleiros que lle meteu un soberbio repaso na última xornada (0-7), toque de atención importante e a non repetir na fase de ascenso con eles ou con calquera rival. Posibilidades de ambos equipos: - Porto do Son: Poden dende quedar 6° onde están ata ser 3°. Gañando o partido adiantan mínimo un posto xa que igualarían co Puebla B e lle teñen o Golaverage particular gañado. De non sumar os 3 puntos xa se quedarían 6° xa que quedarían detrás do Puebla B, non alcanzarían ó CD Dodro de ningunha forma e so igualarian co Noia B no mellor dos casos e teñen o Golaverage particular perdido. - Palmeira: Xa serán 7° pase o que pase, polo que irán no grupo de ascenso co 2° do seu grupo de liga. A falta da ultima xornada neste momento sería o Atlético Oleiros. Partido dos máis igualados de final de liga. 11 Abr 2022, 19:05 703.54
Crocha e Unión B despídense da liga e probablemente dos partidos oficiais este curso si non hai liguillas raras de non clasificados para playoff ou Copa do Sar. O Crocha caeu na súa visita a Cures. O golpe da semana anterior co Palmeira afectou e entre eso, un campo sempre complicado e a incapacidade para finalizar, as remotas opcións de playoff esfumáronse de todo. Intentarán acabar a liga cunha victoria ante a súa afición. O Unión B volve da xornada de descanso cas boas vibracións da victoria da última xornada ante precisamente o Cures. Gañar sería un bo final para eles. Posibilidades de ambos equipos: - Crocha: Nada en xogo. De perder e o Cures ganar en Oleiros caerían ó 10° posto, sinón serán 9°. - Unión B: Nada en xogo. Si gañan poden optar ó 11° posto en caso de perder o Carreira en Valga. De perder poderían caer ó último posto si o Xuño saca os 3 puntos en Dodro. Veremos quen está menos de baixón. Favorito inicialmente o Crocha. 11 Abr 2022, 18:34 703.54
Oleiros e Cures pechan a liga na Trinidade. Os locais déronlle un serio repaso ó Palmeira (0-7) co que teñen na man ser segundos e cabeza de serie na liguilla da fase de ascenso. Ganando sí ou sí certifican dita plaza. O Cures xa sin nada en xogo intentará pechar a participación en partidos oficiais cunha victoria (a menos que haxa liguillas entre non clasificados para fase de ascenso ou Copas do Sar mediante). Posibilidades de ambos conxuntos: - Atlético Oleiros: Gañando serán 2° e cabeza de serie e irán no grupillo de fase de ascenso co Palmeira que vai ser 7° fijo. Empatando e sobre todo perdendo dependerán de outros resultados podendo ser alcanzados por CD Dodro e Noia B. - Cures: Non se xogan nada exceptuando que podrían adiantar ó Crocha e ser 9° si gañan e o Crocha perde na Alta co Unión "B". Xogando o que se xoga o Oleiros, favoritos os locais. 11 Abr 2022, 18:19 703.54
Cordeiro B e Carreira xogan a última xornada desta vez no Municipal de Baño, casa habitual do Cordeiro de Primeira Autonómica. Partido con todo decidido. O Cordeiro B entrou na promoción trala derrota do Crocha en Pomar do Río a pesar de perder co Puebla B pola mínima. O Carreira aguantou un tempo pero caeron por 1-4 ante un Noia B necesitado de puntos. Posibilidades na última xornada de ambos conxuntos: - Cordeiro B: Non se xoga nada. Gañe, perda ou empate será 8° co que irá co Galicia Bealo na liguilla de promoción de ascenso. - Carreira: Apenas se xoga nada. So podería caer á penúltima posición si o Unión B gaña na Alta ó Crocha e eles perden en Valga. Favorito para min o Cordeiro B ainda que é posible que ambos equipos se deixen levar un pouco. 11 Abr 2022, 18:05 703.54