| Primeiro contra segundo na Lomba.
O Galicia Bealo con 1 punto certifica campeonato da primeira fase, ser xa vai ser cabeza de serie porque o 3° clasificado está a 7 puntos con 6 por xogarse. Ven de gañar con autoridade no Emilio García ante un Porto do Son que se mostraba intratable.
O Dodro está moi apurado, gañou ó Carreira con claridade pero ten a 1 e 2 puntos a Oleiros e Puebla B. Mal momento para enfrentarse ó líder.
Veremos qué pode dar de sí o partido pero as sensacións inmellorables son do Bealo. |
05 Abr 2022, 18:33 |
697.86 |
1 |
0 |
+info
|
| Moi bo partido en Ventin entre 2 equipos xa clasificados para a promoción.
Palmeira e Oleiros vense as caras en Ventin.
Os locais gañaron na Alta certificando a súa presenza na fase de ascenso. Partido moi serio dos de Ventin.
Os da Trinidade gañaron 4-0 ó Xuño cerrando no segundo tempo un partido bastante plácido.
Ambos poden escalar postos na clasificación e reposicionarse de cara ó Playoff, especialmente o Oleiros para ser cabeza de serie. Sorte a ambos e oxalá sea un partido moi vistoso. |
05 Abr 2022, 18:25 |
697.86 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois equivoqueime no pronóstico pero non obstante alégrome que hoxe o Unión B contara con efectivos suficientes para competir e son 3 bos puntos.
Noraboa ó Unión B e ánimo ó Cures. |
03 Abr 2022, 00:07 |
691.97 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois un dos partidos máis intensos e vibrantes do que queda de fase regular polo que hai en xogo.
Crocha e Palmeira vense as caras na Alta. Duelo de veciños.
Os locales gañaron con apuros a pesar do tolo 4-7 nas Furnas xa que foron 3 veces por detrás pero na parte final empregaronse a fondo e sumaron outros 3 puntos. 13 dos últimos 15. En 5 xornadas lograron a mitad dos puntos da temporada. Chegan con opcións (bastante difíciles pero opcións) logo de empregarse a fondo nos últimos partidos e so ceder un empate co Bealo.
O Palmeira está 8 puntos por diante pero sin pechar ainda a plaza de playoff. Plaza que poden certificar si gañan ou empatan domingo ante o seu rival. Na última xornada xogaron un adestramento co Unión B tendo enfrente a so 9 xogadores.
Partido de altura e de nervios a flor de piel. Sorte e que gañe o mellor e o que o merezca. |
30 Mar 2022, 00:14 |
691.91 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo no campo de herba natural do Julio Mato. So outra vez se xogara no campo "grande" de Noia que foi contra o Porto do Son.
Filiais de Noia e Puebla xoganse moitísimo neste encontro. Separados por 1 so punto.
Os locais gañaron un difícil partido en Valga para seguir optando a ser cabeza de serie. E, como o seu rival de domingo, así como Oleiros e Porto do Son están pendientes dun tropezón do Dodro para arrebatar ese 2° posto de cabeza de serie na fase de ascenso.
O Puebla B recuperouse da crisis de resultados da mellor forma posible: ganando ó Dodro nun partido en que Balo guiou ós seus facendo un partido sobresaliente. Aprétase todo e o Puebla ten moitas opcións de rematar ó grande.
Sin favorito no encontro. Sorte a ambos. |
30 Mar 2022, 00:04 |
691.91 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo no Emilio García.
Porto do Son e Galicia Bealo xogarán un partido moi interesante.
Os locais siguen cunha segunda volta casi inmellorable. So 1 derrota e 1 empate en toda a segunda volta e o resto victorias. Proba definitiva para incluso encaramarse ó 2° posto.
O Bealo dependendo de resultados está en disposición de proclamarse campeón da fase regular se gaña e o Dodro perde na casa co Carreira. O tirón de final de temporada dos da Lomba respecto ós perseguidores fanos con total merecimento ser cabeza de serie queden 1° ou 2°. O calendario que lles queda é difícil pero sería un auténtico descalabro estando no momento de forma que están.
Partido apaixoante e sin favorito polo estado de forma de ambos contendientes. |
29 Mar 2022, 23:57 |
691.91 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo en Chenlo entre Dodro e Carreira.
O Dodro estase complicando de moi mala maneira e foi mal momento colleitar 3 derrotas consecutivas co pelotón dos xa clasificados para o playoff apretando. Os de Jesús Álvarez están nun serio apuro. En teoría o partido é para gañar, pero necesitan reaccionar xa.
O Carreira caeu 2-4 co Son nun partido que se lograron poñer 1-0 cun penalti pero Robert o do Son tivo un día inspirado ata que o expulsaron e con 3 goles finiquitou o partido. Intentarán rascar algún punto no que lles queda.
Pronóstico: victoria local. |
29 Mar 2022, 23:46 |
691.91 |
1 |
0 |
+info
|
| Oleiros e Xuño xogarán na Trinidade. Pódese dicir que os visitantes xogarán en certo modo na casa xa que xogaron 3 partidos como locais alí.
Os de vermello caeron no duelo directísimo co Bealo na Lomba. Xente presente no encontro fala de que houbo algo de lío. O delegado do Bealo foise expulsado polo tanto: cando se ve fume... e que houbo un incendio. Despidense casi seguro de acabar primeiros, pero o Dodro está a 1 punto e o 2° posto da opción de ser cabeza de serie. Así que ollo.
O Xuño caeu con honores ante o Crocha poñendose 3 veces por diante pero un treito final onde o Crocha gañou o pulso fainos non sumar. Pero ollo a este equipo que, como viña dicindo, a mellora é mais que notable.
O Oleiros xogase moito, o Xuño pouco ou nada, un 1 na quiniela. |
29 Mar 2022, 23:42 |
691.91 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo adiantado do sábado.
Unión B e Cures xogarán en Vilas.
Os locais siguen penando neste último treito de temporada e volveron ir con 9 efectivos soamente a Ventin, fixeron o que humanamente puideron. Unha pena que un equipo esté rematando así a temporada.
Os visitantes perden a 2 homes importantes como son Rubén e Mario que ficharon polo Abanqueiro para a fase de permanencia de Segunda. Volven da xornada de descanso a intentar sumar os 9 puntos que quedan.
A pesar das baixas de eses 2 xogadores un 2 na quiniela. |
29 Mar 2022, 23:34 |
691.91 |
1 |
0 |
+info
|
| O partidazo da xornada.
Líder e terceiro clasificado xogan na Lomba.
Os locais pincharon na Alta contra o Crocha tras un gol sobre a bocina dos da Pobra. Partido onde os de Boiro mereceron os 3 puntos. Co pinchazo do Dodro manteñen o liderato unha semana mais á espera do Galicia Bealo - Dodro que está próximo e do que sala deste domingo que o mellor a cousa en vez de ser de 2 é de 3 ou veremos sinon mais dependendo de como vaian estas últimas xornadas.
Os visitantes logo da derrota na casa co Cordeiro B lograron 2 boas victorias ante Puebla B e Carreira para subir ó 3° lugar da táboa e o liderato non queda moi lexos. Unha victoria na Lomba dos da Trinidade pon as cousas emocionantísimas.
Ambos equipos están moi fortes. Sorte ós 2. Voume mollar e vexo un 1 na quiniela. |
22 Mar 2022, 23:24 |
684.80 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo entre Xuño e Crocha en principio nas Furnas. Digoo porque os últimos 2 partidos foron na Trinidade.
Os locais abandonan o farolillo vermello tras conseguir unha gran victoria a domicilio en Vilas. Decíamos que o Xuño ainda que non estaba sumando na segunda volta había mellorado moito o seu nivel e podía competir mais que antes contra os rivales. Ahí os temos con 9 puntos e sin nada que perder intentarán sumar todo o que podan impulsados por resultados como o desta última xornada.
O Crocha sacou un punto (3-3) contra o líder Galicia Bealo que os visitou na Alta. Un punto con bastante sorte porque o Galicia Bealo hai que recoñecer que mereceu de sobra os 3 puntos. Un golazo de Feli no 94 amarrou un empate de sorte por un lado pero de fe por outro. A mala noticia foi que non puideron recortar puntos sinon que alonxanse mais os rivales do playoff ca victoria do Cordeiro B en Dodro. Téñeno casi imposible para entrar en fase de ascenso. Teñen que sumar os 12 puntos que quedan... E rezar moito. Matemáticamente poden alcanzar ó Cordeiro B (a 7 puntos) e o Palmeira (a 8) con 12 por disputar. Pero todo o que non sea gañar no que queda (e ainda así) será despedirse desas opcións a pesar dunha bastante boa segunda volta, pero a primeira volta e os resultados da mesma pesan moito.
En principio favorito o Crocha pero ollo o Xuño que non o está facendo nada mal e pode dar mais dun susto. |
22 Mar 2022, 22:28 |
684.80 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo de filiais en Valga.
Cordeiro B e Noia B vense as caras no Municipal de Campaña.
Os locais aguantan a presión do Crocha que son os únicos que lle poden quitar a plaza de playoff e os alonxan a 7 puntos logo da gran victoria en Dodro con moitos juveniles que están rendindo de maneira espectacular e admirable.
O Noia B volve da xornada de descanso con traballo por diante. Porque aparte do aparente "desinfle" das últimas xornadas piden sitio na festa invitados de última hora como o Porto do Son. Do obxetivo inicial de ser campeons de grupo si non remontan vuelo poderian verse abocados a unha sexta plaza.
Visto como está o Cordeiro B de pletorico e o Noia B de "raro" non vexo favorito. Sorte a ambos equipos. |
22 Mar 2022, 22:15 |
684.80 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo na Guía con pouco en xogo para os locais e moito por gañar para os visitantes.
Carreira e Porto do Son medirán forzas.
Os locais logo dos 2 resultados positivos de fai unhas xornadas volveron a resultados negativos. 9 goles encaixados en 2 partidos e sin apenas moito máis que facer no curso a 9 puntos do Cures e 4 por detrás o Xuño intentarán competir o mellor posible.
O Porto do Son está metendo un rush de final de temporada que, como os de diante sigan pinchando ainda lle mete un susto a mais de un. Entre que os 2 primeiros non gañaron e o Noia B descansou, sendo só o Atlético Oleiros o único que sumou 3 puntos están subindo coma a espuma. Quedanlles 12 puntos por disputar e non descarto para nada o entrar no "podium" da liga. Si a todo esto OS chavales das categorías base danlles un rendimiento brutal, van ca carrerilla suficiente para levarse a quen sexa por diante.
Non están matemáticamente clasificados porque o golaverage particular co Crocha o teñen perdido. Pero antóllase imposible que o Son non sume 1 punto nas 4 citas que quedan.
Sorte a ambos contendientes, pero ten pinta dun 2 na quiniela claro. |
22 Mar 2022, 22:00 |
684.80 |
1 |
0 |
+info
|
| Bo partido para acompañar a hora do vermut.
Puebla B e Dodro buscarán a victoria en Cadreche.
Os locais caeron nos últimos minutos no Emilio García logo de haberse posto por diante. O gol do xogador de categorías base Oliver deixou os 3 puntos en terras sonenses. 3 derrotas consecutivas que deberían cortar pronto para recuperar boas sensacións.
Os visitantes colleitaron a segunda derrota consecutiva na casa tras caer pola mínima contra o Cordeiro B. Esta derrota privoulles de igualar no liderato co Galicia Bealo que empatou na Alta contra o Crocha.
Equipos que necesitan gañar logo de varios resultados negativos. Sin favorito baixo o meu punto de vista. Sorte a ambos conxuntos. |
22 Mar 2022, 21:50 |
684.80 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo que abre a xornada en Ventin.
Palmeira e Unión B loitarán polos 3 puntos.
Os locais sacaron un punto do Monumental nos últimos minutos. Siguen sin ter cerrada a clasificación a playoffs pero están como moito a 6 puntos como máximo de certificar plaza.
O Unión B sigue de capa caída e caen á posición de pechacancelas tras perder na casa no duelo directo co Xuño. Antóllase mal final de campaña para os de Vilas (si e que xa non levan en caida libre varias semanas e sin rumbo).
Sorte a ambos equipos pero ten pinta de victoria local claramente. |
22 Mar 2022, 21:44 |
684.80 |
1 |
0 |
+info
|
| Quizáis sexa o partido da xornada ou un dos partidos da xornada.
Crocha e Galicia Bealo enfrontaranse no Estadio da Alta.
Duelo entre o equipo ca mellor racha de victorias seguidas actualmente e o líder actual da competición.
Os locais levan 3 victorias consecutivas e siguen ca persecución desesperada por alcanzar a última plaza de fase de ascenso. Na última xornada recortaron 3 puntos ó Cordeiro para poñerse a 5 puntos ca victoria en Carreira por 2-5 onde os locais xogaron con 11 xustos, e a derrota dos de Valga na casa co Porto do Son 1-4.
O Galicia Bealo pola sua parte pasoulle algo parecido ó Crocha: o seu rival o Unión B presentouse con solamente 9 xogadores, victoria por 3-1 onde o partido estuvo 2-1 ata o 75 e sufriron a expulsión directa de Dani Triñanes nada máis comezar o encontro.
Duelo sin favorito claro. Ó igual que o Cures-Palmeira o factor do Estadio da Alta pode ser clave pero o duelo está a un 50% para cada un. |
15 Mar 2022, 13:28 |
678.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo de alto voltaxe no Monumental de Pomar do Río.
Cures e Palmeira vense as caras nun duelo clave para os locais e para acabar de sentenciar a presencia no playoff para os visitantes.
Os locais gañaron na Trinidade ó Xuño. Mario cun doblete (o primer gol nada mais arrancar o partido) encabezou o triunfo e manteñen o pulso co Crocha e co Cordeiro B ó que lle recortan 3 puntos e se poñen a 7. Unha victoria esta semana é clave para seguir tendo opcións xa que a semana que ven descansarán.
O Palmeira volve da xornada de descanso despois de gañar 4-0 ó Xuño pero todavía non teñen matematicamente pechada a plaza en playoff. Malo será que non a logren pero unha victoria deixaría casi pechado o pase ó Playoff e tampouco deberían perder de vista ó Porto do Son e ó Puebla B (que xogan entre eles) para posicionarse ben na liguilla final.
Partido igualado sin favorito. O Monumental pode ser un factor clave. |
15 Mar 2022, 12:40 |
678.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo na Trinidade entre Atlético Oleiros e Carreira.
Os locais logo do sonoro tropezón co Cordeiro B na casa conseguiron un boisimo e contundente resultado en Cadreche ante o Puebla B. Un 1-4 en 45 minutos ante un dos mellores equipos en herba artificial failles gañar enteiros para buscar un bo posicionamento para a fase de ascenso.
O Carreira logo de 2 bos resultados caeron derrotados na Guía ante o Crocha. Derrota clara sendo 11 xustos pero logo da lesión dun dos seus xogadores foi cando mellor xogaron maquillando un pouco o resultado ata o 2-5 final.
Favorito bastante claro o Atlético Oleiros. |
15 Mar 2022, 12:30 |
678.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Bo duelo en Chenlo entre Dodro e Cordeiro B.
Os locais colleitaron un empate a 2 no Anexo do Julio Mato, non é o resultado que buscaban pero tampouco é excesivamente malo. Desexarlle a mellor das recuperacións a Kevin Gómez despois da fractura de clavícula sufrida no último encontro.
O Cordeiro B sufreu unha dura derrota. Logo de manter o empate sin goles no descanso un Porto do Son contundente encabezado por Jamal cun hat-trick fanlles non sumar e os rivais comezan a acercarse. Teñen marxe todavía.
O Dodro contará con baixas importantes parece ser entre lesións e sancións, eso pode aproveitalo o Cordeiro B si están inspirados como o día de Oleiros. Favoritismo lixeiro pero moi axustado para os locais. |
15 Mar 2022, 12:26 |
678.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo no Emilio García.
Porto do Son e Puebla B medirán forzas.
Os locais siguen pletóricos e ainda que o Cordeiro B viña reforzado de Oleiros un segundo tempo demoledor e un Jamal en racha despexaron todas as dúbidas. 17 tantos para o xogador do Son.
O Puebla B colleita a segunda derrota consecutiva. Duro revés con un 1-4 no primeiro tempo ante o Oleiros que maquillaron un pouco no segundo acto. E a visita ó Emilio García non é a ideal. Na primeira volta relativa sorpresa do Porto do Son en Cadreche 1-3.
Chega en forma o Son pero o Puebla B pode despertar en calquera momento. Partido igualado. |
15 Mar 2022, 12:20 |
678.14 |
1 |
0 |
+info
|