Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
O Monumental cita a Cures e Artes este domingo. O Cures empatou ante o Crocha que non había puntuado nas últimas 10 xornadas. Puxéronse por diante pero o Crocha igualou ó pouco e o marcador non se moveu. Partido bastante irregular que deixou claro o estado de ánimo de ambos equipos neste momento. O Artes empatou 2-2 co líder Porto do Son. Foron con ventaxa ó descanso, pero o Son consigueu remontar. Nun balón parado o Artes finalmente empatou. Tangana fuerte ó final de partido. O Monumental sempre da máis opcións ó Cures pero o que se xoga algo é o Artes na promoción co Carreira a 3 puntos polo que necesitan gañar para evitar disgustos. Pronóstico: X2. 27 Feb 2024, 21:19 999.99
No Municipal de Campaña Cordeiro B e Araño vense as caras nun ano onde están moi probablemente en postos máis baixos do que esperaban. O Cordeiro B ven cun bastante mal resultado de Mirarríos. 4-0 ante o Carcacía e pinta que pouca opción tiveron de facer algo neste encontro. O Araño tamén perdeu pero bastante batalla deu a un dos fortes da liga como é o Sar. 3-4 onde lograron empatar un 1-3, pero ó minuto de igualar o Sar deu o estacazo definitivo. Horas baixas de ambos. Veremos quen ten máis capacidade de refacerse ás malas sensacións dunha tempada que non quedará para o recordo de ningún dos 2. Pronóstico: X 27 Feb 2024, 21:09 999.99
Duelo entre os 2 últimos clasificados nas Furnas. Xuño e Crocha veñen de empatar os seus últimos encontros de maneiras moi distintas. O Xuño empatou 4-4 na Fieiteira ante o Palmeira. Partido cun final tráxico para os das Furnas con 3 goles encaixados no desconto segundo a acta. Unha pena logo de aparentemente dar unha exhibición co 1-4 ata antes dese desconto. Particularmente eu quedome co feito os 89 minutos que a desgracia do desconto aínda que a efectos de puntuación o feito só vala un punto. O Crocha por fin, á 11° vez volveu puntuar. Empate co Cures a 1 tanto. Partido onde ambos equipos demostraron que non están para moitas festas. Partido de moito corazón e sentimento pero de pouca cabeza e intelixencia. O Crocha consigue repoñerse do 0-1 empatando ós 3 minutos de encaixado o gol. A partir de ahí sin dominador e correcalles sin control para finalmente repartirse os puntos. O Crocha consigueu por pouco que sea unha mínima alegría (das poucas que viron) pero o Xuño chega moito mellor. Ten pinta de que o Xuño parte como favorito. Pronóstico: 1X. 27 Feb 2024, 21:01 999.99
Lousame e Carcacía abren, a falta dalgún cambio de ultimisimo momento, a xornada o domingo á mañán. Os da Silva caeron derrotados en Vista Alegre por 2-0. Os 2 goles recibidos no primeiro tempo. Un resultado que quizá entrase na lóxica sobre o papel e onde os de Boiro deixaron escapar contados puntos. Expulsado ós 10 minutos o seu entrenador. O Carcacía venceu e convenceu en Mirarríos 4-0 contra ó Cordeiro. Pletórico Nico Carou cun hat-trick. Os verdiblancos manteñen o pulso por quedarse no tren da promoción. A pesar do distinto signo de ambos contendentes na última xornada o partido pinta moi aberto. O Lousame está a 7 puntos e tamén quererá apurar as opcións de ir a promoción. Pronóstico: 1X2. 27 Feb 2024, 20:41 999.99
O partidazo da xornada e onde estarán tódolos ollos postos. Artes e Porto do Son xogarán quizá un dos partidos máis importantes do que quedan de liga. O Artes empatou a 1 na Guia ante o Carreira. Conseguíronse poñer por diante cun gol de Jorge pero Brais Bello igualou mediado o segundo tempo. Partido que deixa as cousas como estaban: o Artes conta cun pequeno colchón de 2 puntos sobre o 6° posto que non é suficiente para promoción, polo que non se poden despistar moito. Aínda que evitaron que o Carreira lles pase na táboa. O Porto do Son chega pletórico. Goleada moi moi cómoda ante o Crocha 8-1 onde o partido durou como moito 20-25 minutos co 2-1 a partir de ahí foi unha apisonadora. Hat-tricks de Jamal e Adrián Santos e completaron goleada David e José Vila. Pronóstico incerto pero o que pase pode ser decisivo na liga. Pronóstico: 1X2. 21 Feb 2024, 00:58 999.99
Crocha e Cures xogan na Alta un partido dos clásicos de parroquias onde ambos non están tendo o seu mellor ano nin moito menos pero o Crocha está no peor momento da súa historia. Derrota e goleada ante o líder Porto do Son 8-1. Partido que durou como moito 25-30 minutos. 2-1 no marcador pero un penalti, o 3-1 e dimitir de todo provocou unha debacle das duras de dixerir. 5-1 ó descanso e outros 3 tantos máis no segundo tempo (máis algún máis que pudo caer) fan que o Crocha esté a merced de calquera. Un pesadelo para os que dedicamos tanto tempo a esto para sufrir así. Cada partido é unha nova oportunidade de resurxir, pero parece que da máis medo e sufrimento xogar que disfrutar. Intentar facer de tripas corazón e non deixar de competir en ningún momento por moi duras que veñan. O Cures non está vivindo a tempada de ensoño do curso pasado pero polo menos está competindo os partidos con maior ou menor sorte. Empate ante o Palmeira que tampouco sirve para aspirar a cotas máis altas pero moi probablemente o Crocha se cambiara polos de Pomar do Río. Doe decilo e oxalá haxa unha reacción dos locales pero ten que pasar algo moi bo e coller moita confianza para poder sacar algo positivo. Oxalá encontren algunha motivación por mínima que sexa. Pronóstico: 2. 21 Feb 2024, 00:47 999.99
Araño e Sar disputan un novo encontro na Lomba. O Araño empeza a quedarse sen obxectivos de ningunha clase. Ano complicado onde colleitaron unha derrota nas Furnas ante o Xuño 3-1. Ano complicado dos de Rianxo. O Sar pola súa banda está xogándose todo. A 1 punto do Abanqueiro e a 4 do Porto do Son que ten unha complicada saída ante o Artes. Boa victoria remontando 3-1 ante o Carcacía polo que están nos momentos cruciais do curso. Malas sensacións do Araño e o todo polo todo do Sar. Pinta a claro 2. Pronóstico: 2. 21 Feb 2024, 00:37 999.99
Duelo de relativa proximidade o de Mirarríos. Carcacía e Cordeiro B xogan por 3 puntos importantes especialmente para o Carcacía que está marcando a zona de promoción igualado co Carreira que os alcanzou. Os locais no derby co Sar caeron 3-1 en Extramundi. Puxéronse por diante co gol de Edgar pero empatáronlle antes do descanso e un doblete do sempre efectivo Dani Ramos deixaron os puntos para os blanquivermellos. O Cordeiro B caeu na casa ante o Abanqueiro. Partido ante un rival difícil que mantiveron a cousa con emoción ata o último cuarto de hora onde Óscar sentenciou. Puntos máis que necesarios para os de verde e blanco. Polo que están máis que obligados a sumar de a 3. Pronóstico: 1. 21 Feb 2024, 00:32 999.99
Partido na matinal de domingo. Palmeira e Xuño xogarán un partido impredecible a priori no Anexo da Fieiteira. O Palmeira rascou un punto no sempre difícil Monumental de Cures. Manu Pino neutralizou no primer tramo do segundo tempo o gol inicial de Adai e ambos repartiron puntos. O Xuño confirmou as boas sensacións que cada vez iban mostrando con máis frecuencia e certificaron unha moi boa victoria nas Furnas ante o Araño. Millares por partida doble e "papá" Campai poñen ós amarelos con 8 puntos. Pois non vexo resultado claro. Na ida foi 3-6 si non recordo mal pero creo que o Xuño gañou moitos enteiros. O Palmeira pese a altibaixos tamén compite ben ante calquera rival. Pronóstico: 1X. 21 Feb 2024, 00:26 999.99
Partido adiantado a sábado. Abanqueiro e Lousame loitarán pola victoria que é necesaria para os 2. O Abanqueiro cumpleu cos pronósticos e venceu 0-2 no Municipal de Campaña ó Cordeiro B. Un gol nos primeiros minutos de Raúl e outro a un cuarto de hora da conclusión de Óscar sumaron 3 puntos e siguen apretando ó Porto do Son. Ó Lousame tocoulle descansar e están a 4 puntos da zona de promoción. Quererán seguir na boa liña como foi a victoria no último partido de liga ante o Cordeiro B. Victoria clave para quen a consiga pero en Vista Alegre o favoritismo é laranxa. Pronóstico: 1. 21 Feb 2024, 00:21 999.99
O partido da fin de semana. Carreira e Artes miden forzas na Guía nun partido moi interesante onde os primeiros queren entrar en promoción e os segundos terán un serio test onde poden perder bastante en caso de derrota pero si gañan poden dar un golpe importante e apuntalar a plaza de promoción. O Carreira venceu 1-2 na Alta ó Crocha. Partido con poucos recambios no banco e 2 cambios obligados nos primeiros 20 minutos. Moito ánimo a Javi Regueiro que a lesión que tivo pinta moi fea. Dani Sieira marcou os 2 goles seguidos no espacio de 1 minuto e tiveron o partido controlado con ata 4 postes, e só un gol no desconto inquedou o mínimo ós da Guía que non deu tempo nin a defender nada porque xa chegou o final ó pouco. O Artes descansou en liga pero xogou en Copa do Sar ante o San Mamed e gañou con solvencia 4-1 e pasan de ronda onde se verán as caras co Trazo. Partido onde ambos se xogan moitas cousas e posiblemente o devenir para o que queda de liga. Pronóstico: 1X2. 12 Feb 2024, 22:12 999.99
Líder contra colista na casa do primeiro. Porto do Son e Crocha loitarán por 3 puntos onde 36 puntos separan a ambos na clasificación. O líder empatou 2-2 no Anexo da Fieiteira ante o Palmeira. Partido onde a cuota de goles veuse toda no primeiro cuarto de partido e pese a estar os últimos 25 minutos con 1 máis non puderon levar o partido. Gran resultado para os intereses dos do Emilio García a victoria do Sar que mantén os 3 puntos de distancia co máis inmediato perseguidor que, a pesar do resultado, sigue sendo o Abanqueiro. O Crocha volveu a sumar outra derrota desta vez sin a hemorraxia goleadora dos últimos tempos 1-2 ante un bo rival como o Carreira pero viñan con baixas e perdonaron moito. 1 minuto de desconexión supuxo 2 goles en contra para os da Pobra e o gol no desconto non foi suficiente. En Copa do Sar derrota por 2-5 ante o Aguiño onde con 0-4 no primeiro cuarto de partido a cousa xa estaba vista para sentencia. Os 3 cuartos restantes foron algo máis competidos pero tamén o Aguiño baixou o pistón. Claro 1 a menos que haxa un milagro e o Crocha faga o partido perfecto que parece moi complicado pero ojalá se puderan xuntar os astros. Soñar é gratis. Pronóstico: 1. 12 Feb 2024, 21:49 999.99
No Monumental Cures e Palmeira xogarán por 3 novos puntos. O Cures todavía lastrado polas sancións caeu 4-2 na Lomba ante o Araño. Puxéronse por diante e igualaron a 2 pero nos últimos 5 minutos con outros 2 tantos o Araño levou o partido. En Copa do Sar derrota e eliminación ante o SD O Pino de Segunda por 1-3, polo menos en resultado aceptable. O Palmeira igualou co líder Porto do Son 2-2. Partido onde os goles concentráronse nos primeiros 25 minutos de encontro. Expulsado Fandi ó que lle caeron 5 partidos de sanción. A pesar da inferioridade numérica conseguiron un bo punto. Partido tamén moi igualado. O Cures empeza a recuperar algún efectivo e o Palmeira perde a Fandi como dixemos e Dani Dieste por acumulación de cartóns, un habitual do mediocampo. Outro triple quizá cun empate como resultado máis probable. Pronóstico: 1X2. 12 Feb 2024, 21:38 999.99
Partido con certa miga nas Furnas. Xuño e Araño veñen de boa situación logo dos últimos compromisos. O Xuño sacou un meritorio empate de Mirarríos. 3-3 que se repite logo do da primeira volta nas Furnas e siguen pasiño a pasiño indo con sensacións positivas e cara arriba. O Araño venceu 4-2 ó Cures e cortan unha xeira de 3 derrotas consecutivas. Victoria balsámica para un equipo que seguramente esperaba ter máis puntos dos que actualmente ten. Calquera resultado é posible. Ambos xogaron en Copa do Sar e pese a quedar eliminados non o fixeron nada mal. O Xuño caendo cun primeira como o Tordoia pero poñéndose por diante e estando 2-2 e o Araño logo de poñerse 0-3 abaixo apretáronlle as clavijas ó Dodro nos últimos minutos (2-3). Triple na quiniela. Pronóstico: 1X2. 12 Feb 2024, 21:30 999.99
Derby padronés en Extramundi. Sar e Carcacía vivirán un partido igualado como todo partido de equipos vecinos. O Sar ven con moita moral. Quítalle a imbatibilidade ó Abanqueiro, asalta Vista Alegre e ponse a 1 punto deles, partido clave para seguir con aspiracións importantes nesta tempada. Ó Carcacía empeza a peligrarlle a posición de promoción seriamente. Empate co Xuño 3-3 e o Carreira ponse só 1 punto por detrás. Non poden seguir perdendo comba. Na ida o Carcacía frenou en seco ó Sar, aquí tamén pode pasar calquera cousa pero o Sar chega en mellor dinámica. Pronóstico: 1. 12 Feb 2024, 21:23 999.99
Cordeiro B e Abanqueiro miden forzas en Campaña ambos con necesidade de sumar logo de caer os 2 na última cita ligueira. Os de Valga caeron 3-1 en Lousame. 2-0 difícil de remontar e aínda que recortaron distancias Diego Hermo a 10 do final sentenciou o partido para os da Silva. O Abanqueiro no duelo clave e directo co Sar perdeu a imbatibilidade en Liga caendo por 1-2. O gol de Isaac de penalti que puxo por diante ós de Boiro non foi suficiente e Cristian e un dos máximos artilleiros en Liga Dani Ramos (que non contou ca súa parella habitual de baile en ataque Sergio Manteiga) fixeron claudicar ós laranxas. Duelo urxente para ambos cada un na súa altura de liga pero máis necesarios os puntos para o Abanqueiro para non perder máis distancia co Son e que non lles adiante o Sar. Pronóstico: 2. 12 Feb 2024, 21:17 999.99
Crocha e Carreira xogarán na Alta. O Crocha sigue penando este ano e caeron goleados 7-0 ante o Artes. O Artes deu un repaso pero non obstante o Crocha tivo tamén máis de media ducia de ocasións medianamente claras pero non saleu nada de nada. Só 11 goles anotados en 13 partidos e 59 goles encaixados. A cada cal rexistro destos 2 máis preocupante. O Carreira vistos os últimos partidos estáselle poñendo cara de segunda volta do ano pasado onde non coñeceron a derrota ata a semifinal eliminatoria de promoción con mais mérito se cabe polas varias baixas sufridas durante a primeira volta. Victoria ante un Palmeira que viña tamén en boa progresión. Vistos os camiños de ambos e desexando quen escribe que esto poida cambiar, creo que será difícil non ver outra cousa distinta a bo resultado para o Carreira. Pronóstico: 2. 31 Ene 2024, 00:07 999.99
Partido que a martes pola noite está posto para domingo ás 4 e media pero xogando o Cidade de Ribeira ás 5 irá para ultima hora do domingo previsiblemente. Palmeira e Porto do Son xogarán un partido por nome de ambos equipos sempre atractivo. O Palmeira finalizou Unha boa racha de 3-4 partidos caendo na Guia ante o Carreira 4-2. 3-0 puxéronse abaixo pero 2 goles seguidos nos últimos 10 minutos de partido déronlle un pouco de picante ó encontro, finalmente no desconto sentenciou o Carreira. O Porto do Son sigue con man firme no liderato e golearon 4-0 ó Araño. Partido a priori plácido onde os goles foron caendo paulatinamente ó longo do mesmo. Partido que por inercia parece tirar para os de Quintáns pero vexo ó Palmeira capaz de meter un susto. Eso sí na primeira volta 4-1 no Emilio García si non recordo mal. Pronóstico: 2 30 Ene 2024, 23:56 999.99
Lousame e Cordeiro B xogan duelo directo en busca de non descolgarse e manterse próximos en puntuación á ultima posición de promoción. O Lousame caeu en Extramundi 2-1 pero con marcador apretado e mantendo a emoción ata o final, estiveron máis de 1 hora en superioridade pero non puido ser. O Cordeiro B descansou na última xornada pero o 0-0 ante o CD Sar no último partido pode ser un punto de inflexión para sumar puntos e olvidar a mala racha do tramo final da primeira volta. Empatados a puntos, traxectorias igual de irregulares e que tanto poden facelo ben nun compromiso difícil como pegar algún petardazo cando menos se espera. Triple na quiniela. Pronóstico: 1X2. 30 Ene 2024, 23:47 999.99
Carcacía e Xuño xogan en Mirarríos. Os locais venceron en Pomar do Río por 1-4. Partido onde o Cures veu bastante lastrado de baixas pero o Carcacía recuperou a súa mellor versión para salir da mala racha. O Xuño perdeu pero deu batalla ó 2° clasificado Abanqueiro. 0-3 se puxo a cousa moi costa arriba para os amarelos pero 2 goles de Campai e Millares e unha convocatoria máis ampla e con xogadores máis definitorios respecto ós 2 anteriores partidos fixeron ver a un competitivo Xuño a pesar do 0-3 da parte final do primeiro período. 3 puntos separan ó Carreira do Carcacía que é o primeiro equipo fora da zona do ascenso, os de Padrón teñen que meter distancia ó resto e na última xornada hai un Carcacía - Carreira. Pronóstico: 1. 30 Ene 2024, 23:36 999.99