Comentarios de saludos94

Comentario Fecha Karma
Pois o Cacheiras a partires de agora é equipo de segunda. Non poden poñer escusa ningunha, descenden por todo o feito, ou non, durante toda a temporada. Agora o que queda é esperar a fase de ascenso e apoiar os equipos de este grupo que van estar nela. O Callobre un bo equipo, organizado e coas ideas do que é xogar fútbol claras, o primeiro gol ven precedido dunha perda de balón lamentable cunha posterior falta, que sigo pensando que non foi pero o árbitro pensou que si e así a sinalou, dicir que foi un extraordinario gol, por toda a escuadra, onde non chegan nin as arañas. Do segundo gol mellor non falamos. O arbitraxe correcto gracias o bo xogo de ámbolos dous equipos, algunha equivocación, pero nada mais, vamos non influíu no resultado. Esperemos que o Cacheiras poida terminar a temporada cun mellor xogo. 18 Abr 2015, 22:02 9.53
Que vexamos un bo partido e sorte os dous. Espero que o Cacheiras sexa quen de levarse esta tarde os tres puntos cun bo partido. Veña, poñerlle todo o corazón e esforzo neste partido. 18 Abr 2015, 14:07 9.53
Partido no que o Cacheiras foi xusto vencedor. Destacar o xogo limpo feito polos dous equipos. 12 Abr 2015, 17:01 9.53
“gury9” que sexas ti quen veña de valedor e defensor ten mérito, moito mérito, lémbroche dous comentarios teus escritos no partido Bastavales - Cacheiras : “bueno eu vin o cacheiras e para min so ten un par de xogadores bos, os demais son do montón“ “Carronhero22, que jugadores buenos le viste tu, por dios, dime por lo menos 3, yo no le veo 3 acptables para mi equipo”. Daquela che dixen que me tivese gustado saber de que equipo falabas e que estaba convencido que o Cacheiras tiña, e sigue tendo, xogadores para facer mellor teu equipo. Polo visto algúns podedes dicir o que vos praza, incluído menosprezar aos xogadores, sen maiores problemas e quedando tan anchos. Esperemos que ditos comentarios non desaparezan inexplicablemente. E visto o visto algúns deben ter certo problema coa comprensión lectora, estou farto de dicir que este equipo ten bos xogadores cos que podería estar en posicións mais altas da clasificación, inclusive entre os sete primeiros. Cando xogaron ben así o reflectín, tamén cando non se xogou ben así o indiquei, levando paus, todo hai que dicilo, quen pensaba que o merecía, pero non polo seu xogo senón polo seu pouco esforzo e indolencia de xogo tanto individual como colectivo, e por suposto resaltando o xogo dos que mais esforzo, traballo e xogo facían. E se estamos a falar de que podían estar mais arriba e non é así, algunha razón debe existir, e iso é o que comento que tería que analizarse. Para rematar teño que dicir que lamento a que lle cae a persoa sinalada por ti, aínda que non es o único que o fai e que a todo isto ao mellor esta persoa nin o sabe. Debes ter moita fixación con el, pero non sei de que me estraño, polo visto todos saben quen son, pero en fin é o que hai. De todas maneiras suxírote que se sabes onde está, o estou, intentes falar persoalmente para que expoñas o dos problemas caseiros e expoñas as túas inquedanzas e desacordos. Por certo o de que uns dos problemas o ten el, ou o teño eu, na casa paréceme ruín de mais. E si, antes de que o comentes, o de o anonimato está bastante ben tanto para ti como para min, para min evito problemas con xente que polo visto non permite que se expoñan puntos de vista adversos sobre os partidos e xogadores. E polo teu lado permite nomear e cargarlle calquera cousa alegremente e sen maiores problemas a quen se queira. Por último, como dixen desexo que o Cacheiras non descenda de categoría e como comentei, se chegado o caso fai falta animarei os equipos que entren na fase de ascenso para que acaden a mesma. 08 Abr 2015, 15:47 9.53
Pois si, moi complicado púxoselle salvar a categoría ao Cacheiras por méritos propios. Pena, ao principio da liga pensei que podían facer mais, equipo para iso tiñan e ten, qué pasou? a resposta debería ser buscada polas partes involucradas. O que si é que vendo os partidos feitos algo se pode intuír. Nada, queda esperar que soe a frauta e logren a salvación "in extremis" coa axuda dos ascensos, así que xa me vexo apoiando a todos os equipos que acaden a fase de ascenso no noso grupo. Gustoume e estou totalmente de acordo co exposto ao final por “SeguidorCacheiras”. 07 Abr 2015, 19:00 9.53
Partido complicado para o Cacheiras, pero en fin, primeiro haberá que xogalo e xa veremos. Como sempre esperemos o mellor, que se vexa bo xogo e sorte os dous. Por certo “doctorfrisck”, o teu comentario está un pouco fóra de lugar, e a veces, solo a veces, o Karma existe. 03 Abr 2015, 16:08 9.53
Efectivamente, partido gañado polo que puxo un gran mais de esforzo. Coincido no da calidade indicada por "SeguidorCacheiras". Este equipo do Cacheiras con que soamente tivesen posto un pouco de ganas, todos e non soamente tres ou catro, nestes momentos estivese dous ou tres postos adiante na clasificación como mínimo, e sen falar de xogar fútbol, por que iso polo visto é demasiado para algúns, que incriblemente son titulares seguido. E non sei porque pero parece que vai coa compracencia do adestrador. A arbitraxe non estivo mal, aínda que penso que algunha tarxeta estivo demais. Sen embargo na segunda parte estivo moi compracente cos xogadores do Bastavales, algúns xogadores estiveron faltóns demais e non sinalaba nada. O que si é que influír non influíu no resultado. O partido do sábado que vén é complicado e estou de acordo con "SeguidorCacheiras" non van ser capaces de sacalo adiante. Ainda que el espera equivocarse penso que diso nada agás que o Cacheiras cambie de xogo e tamén algún que outro xogador. 29 Mar 2015, 21:06 9.53
Pois si, partido moi complicado, difícil e problemático para o Cacheiras. Xa veremos como se desenvolve o partido, e os xogadores. Sorte. 26 Mar 2015, 18:28 9.48
Partido non gañado polo Fátima senón mais ben perdido polo Cacheiras. Moi frouxos en defensa. Os dous goles foron un regalo, non estiveron moi finos. No medio campo a cousa funcionou mais ou menos ata que se fixeron algúns cambios. Estes baixaron o nivel de xogo do Cacheiras, un dos cambios aos 10 minutos andaba coxeando polo campo sen levar golpe ningún. Notáronse as dos dorsais 6 e 16, por certo este xogador e o dorsal 22, que debe ser novo, deberían tentar xogar mais en equipo, queren facer todo eles sós, conseguindo unicamente perder en moitas ocasións o balón e a oportunidade de facer unha mellor xogada, algo parecido ocorre co dorsal 14, mais do mesmo, tamén se noto o seu cambio. O gol e algunhas boas ocasións estiveron xeradas polo de sempre. Adiante xa se sabe, nada de nada de nada, na primeira parte podendo sentenciar o partido, nada. E aínda así se se houbese xogado en dúas ou tres xogadas con un pouco mais de cabeciña o Cacheiras teríase podido levar o partido. O Fátima xogou o seu partido, como sabemos é moi apañado no seu campo. Continuamente facendo xogadas de memoria, balón ao pé, dala ao compañeiro mellor posicionado e aproveitando os buratos que lles deixaba a defensa do Cacheiras. Os goles son inapelables. En defensa moi ben, ben plantados no campo e ocupando a maior parte de terreo, que por certo tampouco é tan difícil coas medidas deste campo. O Fátima ao final viulle un pouco as orellas ao lobo pero saíu ben parado. A arbitraxe, aínda que foi un partido bastante limpo, foi penosa. Xa ao pouco da primeira parte non sinala un penalti claro a favor do Cacheiras, e iso que o viu a menos de 5 metros, que lle imos facer. O que di moito da profesionalidade desta personaxe é o baremo para sinalar as faltas, xogadas do Cacheiras eran falta e as mesmas pero ao contrario non, algunhas desas xogadas para o Cacheiras tarxeta amarela, pero a mesma ao contrario nin falta nin tarxeta. E as faltas clamorosas do Fátima non existían. En fin ata con iso hai que loitar ás veces. En fin, noraboa ao Fátima polo resultado, e o Cacheiras espero que para o próximo partido, moi importante, mellore o seu xogo. A partires de agora cada partido vai ser unha final. 21 Mar 2015, 20:56 9.48
Partido complicado para o Cacheiras. O Fátima no seu campo é un equipo difícil, sacoulle as cores a algúns equipos de arriba. O Cacheiras se sae en forma e coas ganas e xogo que mostraron nalgún destes últimos partidos pode que sexa capaz de sacar algo positivo desta saída. Que se vexa un bo xogo e sorte aos dous equipos, aínda que egoistamente mais para o Cacheiras. 19 Mar 2015, 20:43 35.23
Pois o Cacheiras lévase os tres puntos de maneira xusta, polo menos para min. A nivel de partido dicir que non fixeron un xogo mediocre como o que fixeron co Villestro, nin tan espectacular como o que fixeron co Aguiño, deixémolo en regular tirando a bo. O Cacheiras puido sentenciar o partido na primeira parte, pero entre non concluír as xogadas e as intervencións do porteiro visitante non foron capaces de deixar o partido rematado. E ollo, novamente problemas na defensa, sobre todo co que facía de central-lateral esquerdo, non era capaz de parar a ninguén que lle entrase pola súa banda, e por aí chegaban e afondaban todos os ataques perigosos. Ter en conta o penalti non sinalado a favor do Cacheiras polo arbitro os poucos minutos de partido. Se hai que resaltar algúns xogadores do Cacheiras, o porteiro e os do medio campo, sobre todo “jorgito”, foi quen levou todo o perigo e xogo do Cacheiras. Baixou moito o medio campo no momento que fixeron o cambio e entrou o xogador co dorsal 22, este rapaz baixou o nivel de xogo do equipo moito. O Sar xogou con moita intensidade pero non estiveron atinados na conclusión das xogadas, e hai que ter en conta as boas intervencións do porteiro local. Quizás tamén un pouco frouxos en defensa. Neste equipo resaltar os xogadores de diante e por suposto o porteiro, salvoulles tres goles polo menos, e se como dixeron por aquí é cadete moito mais mérito. O arbitro non tivo problemas polo xogo limpo de ámbolos dous equipos, pero o pouco que tivo fíxoo bastante mal, sinalando de maneira fatal para os dous equipos. Salvo o penalti claro non sinalado na primeira parte non influíu para nada no resultado. Noraboa ao Cacheiras polo resultado e esperemos que manteñan esta progresión nos partidos que lles quedan, preferible que xoguen o nivel que xogaron co Aguiño. O Sar de manter o nivel presentado neste partido penso que vai estar pelexando co Cacherias para librarse do descenso. Sorte os dous, mais o Cacheiras. 15 Mar 2015, 15:17 9.48
Pois ganou o partido o Cacheiras sen xogar ben. O nivel de xogo deste partido estivo moi por debaixo do feito a semana pasada co Aguiño. A defensa estivo fatal, íanse deles por todos lados, sobre todo, como sempre, polos laterais. O Villestro de ter un pouco mais de puntaría podería ter metido en apuros o Cacheiras. É xusto dicir que dos cinco goles del Cacheiras, dous foron regalos da defensa e porteiro do Villestro, sobre todo o terceiro, e o último gol foi de penalti, así que xa se ve a efectividade presentada. O árbitro sen problemas xa cos equipos xogaron moi limpo. Noraboa o Cacheiras polo resultado e seguir así. Esperemos que os próximos partidos se xoguen a un mellor nivel. 07 Mar 2015, 20:38 9.48
Pois vista a melloría que se lle viu o Cacheiras no partido contra o Aguiño penso que podería levarse este partido. O que si é que os partidos hai que xogalos e esperar súa finalización para ver como queda o conto, os partidos non se gañan antes de xogalos. Que se vexa un bo partido e, de maneira egoísta, espero que os 3 puntos os leve o Cacheiras. 04 Mar 2015, 19:45 9.48
Pois de seguir así isto vai para “tema do momento” ou se preferides “trending topic”. O acaecido ao final do partido na grada, como dixen, cousa de rapaces con moi pouco sentido, que simplemente tivese pasado sen mais se non se tivese metido nin os do Aguiño nin o delegado do Cacheiras. E como parece que algúns queren mostrarse como anxos dicir un par de cousas; de primeiro, os xogadores do Aguiño, puntualizo, algúns, como moito deberían ter quedado tranquilos no campo, xa que terminado o partido teñen que dirixirse aos vestiarios e non saltar para a grada onde non se lles perdeu nada. Segundo, estou seguro que se o que estiveron esbardallando os tres elementos do Aguiño, o mais activo o individuo de chaqueta branca, o tivesen feito afeccionados do Cacheiras no seu campo, ía a haber mais que palabras por parte da xente de Aguiño. En fin pasou e xa está, que non volva a acontecer. Que os clubs falen cos xogadores, delegados e adestradores para que estas cousas non pasen. Quizais non estaría mal que os clubs tivesen un código deontolóxico para as partes asistentes aos partidos. A maiores chámame a atención algún comentario sobre as nais de xogadores, e, por que non dicilo, críspame demais, imos ver, primeiro, aos partidos aos que puiden asistir, en ningún, léase ben, NINGÚN, incluído este, escoiteilles nunca unha falta de respecto a ningún xogador, propio ou alleo. O do árbitro xa é outra cousa, pero neste punto non se salva ninguén, para mostra un botón, uns señores que estaban detrás do banco do Aguiño, que asumo serían pais de xogadores, estaban berrando continuamente contra o árbitro en desacordo coas súas decisións cando non se adecuaban aos seus intereses, e nalgunha oportunidade caía algún comentario non moi afortunado aos xogadores do Cacheiras, e diso non fala ninguén. Así que deixade tranquilas as nais dos xogadores, sexan as que sexan, xa que todos os que estamos falando e esbardallando aquí temos nais, irmás, etc. Estou seguro de que súas manifestacións e ímpeto veñen de que nos lles pase nada os seus rapaces. Noutras palabras un pouco mais de respecto a esas señoras e non falar tan gratuitamente e faltando á verdade. Os que lle pareza que son os xuíces máximos que cren que poden axuizar sen mais, que baixen os fumes que seguramente mais de un debería estar calado e coa cabeza gacha. Novamente noraboa o Cacheiras polo partido e esperemos que manteñan esta intensidade de xogo, e o Aguiño ten equipo para estar onde está e seguramente non vai ter problemas para estar na fase de ascenso. Neste apartado gustoume un comentario feito por aquí, o Aguiño ten un bo equipo que no campo fai ben as cousas, como demostrou neste partido, mágoa que algúns xogadores tivesen botado pola borda o feito no partido. Por certo, non o comentei antes pero efectivamente alegroume equivocarme na predicción deste partido. 02 Mar 2015, 17:50 9.48
Bo partido o visto neste encontro no campo. Os dous equipos xogaron a un moi bo nivel. Pena do incidente ao final do partido na grada. O resumo de solofutb0ol é bastante acertado, só engadiría o bo traballo dos porteiros de ambos equipos, sobre todo o do Cacheiras que sacou goles xa cantados. E resaltaría o traballo dos dorsais 17 e 10, o que entraba pola banda dereita senón me equivoco, do Aguiño e os dorsais 6 e 20 do Cacheiras así como o seu capitán. O arbitraxe correcto, con algún erro tanto para un como para outro, pero que non influíu no resultado. Sobre o acontecido na grada ao final do partido dicir que de principio non era para tanto, pero xa se sabe o que pasa cando hai rapaces polo medio, un di unha cousa outro di outra e a enlean, e se para rematar métese xente que non debería peor aínda; algúns xogadores do Aguiño non pintaban nada subindo a grada. O do delegado enténdese, que separe o seu fillo deses energúmenos é o que debe facer, a partir de aí o demais non era necesario. Hai que dicir que o dos tres elementos da grada que acompañaban o Aguiño é de nota, estaba xusto detrás deles, e sen xustificar o acaecido, dicir que a verdade é que estaban insolentes de mais e moi faltóns, e parecía que era ben visto polos demais afeccionados do Aguiño e por suposto os que estaban no banco do Aguiño. Noraboa ao Cacheiras polo resultado e esperemos que sexa o comezo da remontada tan necesaria, e o Aguiño moi ben no campo, algúns fora moi mal, ainda así estarán seguro na fase de ascenso. 01 Mar 2015, 19:02 129.78
Como dixen nalgún comentario anterior o Cacheiras ten equipo para estar en mellores postos da clasificación. Tamén comentei que pode ser que teñan que modificar o debuxo táctico que están utilizando, non lles esta dando resultado, e tendo un equipo con bos xogadores está claro que o problema pode ser a táctica, e ao mellor as posicións de certos xogadores. Como seguramente o Cacheiras manterá as cousas tal e como están coincido con SeguidorCacheiras, moi problemático que o Cacheiras gañe este partido. De todas maneiras espero equivocarme e que poidan sacar o partido adiante, ánimo Cacheiras. Sorte aos dous equipos e que se vexa bo xogo. 25 Feb 2015, 18:02 116.83
Partido no que o Compostela foi xusto vencedor pasando, aínda que non o pareza polo resultado, por enriba do Cacheiras. De non ser polo porteiro e dous balóns sacados “in extremis” xusto na liña da portería o partido podería haber acabado con 7 ou 8 goles mais. Non hai moito mais que mencionar agás dúas pequenas observacións, ten que mellorar, e moito, moito, en defensa, sobre todo na última liña e mais na zona dos laterais. Tamén pode ser hora de cambiar o debuxo táctico, estase a ver nos últimos partidos que a táctica usada non funciona. A arbitraxe aínda que bastante penosa non influíu no resultado. Noraboa polo resultado ao Compostela e esperemos que o Cacheiras empece a traballar e mellorar porque se non vaille ver as orellas o lobo. Ten equipo para mellorar nos postos da clasificación, non así para pelexar cos das primeiras posicións, pero si para saír deses postos de descenso nos que está nestes momentos polos arrastres. 16 Feb 2015, 14:54 9.48
Bo partido feito polo Santiago que tivo enfronte un Sar pouco efectivo. O feito de ter encaixado 2 goles tan cedo penso que pasoulle factura o equipo visitante, estivo moi disperso polo campo de aí que encaixara 4 goles en pouco menos de 30 minutos. A segunda parte foi mais, digamos, tranquila. Destacar a labor dos cadetes do Santiago, o fixeron moi ben, como referencia tres goles, senón me equivoco, son obra deles. Noraboa o Santiago polo resultado e o Sar ten que mellorar, nestes intres está en descenso polos arrastres. 16 Feb 2015, 14:52 9.43
Pois lévase con pouco xogo e o desleixo do Cacheiras os tres puntos o Silleda. Agás un ou dous xogadores por equipo o resto mostraron hoxe o que é non xogar o fútbol. O Silleda soamente golpeaba o balón dende a distancia, e lamentablemente hoxe o porteiro do Cacheiras non estivo fino. Un dos goles non o pode deixar e outro penso que puido facer mais. O Silleda non foi quen de chegar á portería do Cacheiras. Pola outra banda o Cacheiras aínda chegaba a portería contraria, pero o de sempre, non hai quen sexa capaz de meter o balón. O primeiro gol é dun saque de esquina e o segundo de penalti inexistente. Destacar o xogo brusco do Silleda, soamente hai que ver a cantidade de amarelas que levaron. O arbitraxe non estivo mal, non influíu no resultado. En fin, esperemos que o Cacheiras empece a tentar mellorar por que si non vésolle problemas. 07 Feb 2015, 20:57 -73.41
Un dos partidos mais interesantes desta fin de semana, os dous equipos necesitan a vitoria para poder coller aire e escalar posicións na clasificación, hai que ter en conta que ao mellor poden chegar a descender 6 equipos contando os posibles arrastres de galega. O Cacheiras enfrontarase a un equipo que ven de facer moi bos partidos, e que seguramente chegará o sábado co espírito de que poden levarse os tres puntos. Polo que comentan teñen adiante dous xogadores que desequilibran moito, sobre todo o dorsal 9, parece que xoga moi ben e é capaz de sacar unha xogada en nada. Do outro lado un Cacheiras que ten equipo para estar en mellores postos, e que se xoga sen fisuras e totalmente concentrados ten moitas probabilidades de levarse o partido. Como sempre sorte os dous equipos, que se vexa un bo xogo e, dunha maneira egoísta, espero que o Cacheiras se leve os tres puntos. 06 Feb 2015, 14:52 -73.41