Comentarios de saludos94

Comentario Fecha Karma
Home o 90 % é moito de mais, se mal non recordo só puiden ir ver 3 ou 4 partidos, incluído este. Polo demais, que imos dicir, senón somos quen de ver por onde fraqueou, ou onde xogou moito mais frouxo o Cacheiras, sobre todo na segunda parte, pois nada, unha de dúas, ou non vimos o partido ou pensamos que todo o equipo estivo a bo nivel. A primeira a podo entender, a segunda pois é non ser imparciais. Un dos que debe analizar o que pasou é o adestrador, e se non é capaz de ver as posicións que afrouxaron neste partido mal imos. Soamente hai que ter en conta que chegou moito mais, con diferenza, o Cordeiro, e sempre polos mesmos sitios. Destacar as tres ocasións desperdiciadas polo Cacheiras. E tamén podemos mencionar os que o fixeron un pouco mellor, non e mala idea, por exemplo os centrais, o 4 e o 14, non estiveron mal, no medio o 10 estivo ben, os dous xogadores que entraron na segunda parte, o 12 e o 16, fixérono ben, este último foi o que fixo o pase final do gol, e o porteiro ben, de non ser por el algúns goles mais puido haber. Non quere dicir que algún outro xogador non estivese ben pero quizais estes foron os que mais destacaron, polo menos neste partido e baixo a miña opinión, que por suposto pode que alguén diga que non é a mais acertada. O Cacheiras, como xa dixen nalgún comentario anterior, ten un equipo composto por diferentes niveis de xogadores. Ten 3 ou 4 xogadores un pouco mais destacados e o resto ten un xogo normal, e uns un pouco mais que outros. Ten un equipo co que poderían estar en postos mais altos. Nos últimos partidos os resultados foron os que foron polo frouxo xogo dalgunhas posicións do Cacheiras mais que por superioridade dos outros equipos. Con iso quero dicir que o Cacheiras puido conseguir mellores resultados con que soamente determinadas posicións xogaran con un pouco mais de cabeza e sentido, vamos fixeran o que se espera que hai que facer nesas posicións. Novamente ánimo o Cacheiras, esperemos que os resultados comecen a favorecelos moi pronto. 02 Feb 2015, 18:30 9.43
O Cacheiras fixo unha primeira parte bastante decente. Pena de xogo de dous xogadores na segunda parte. Xusto vencedor o Cordeiro. O arbitraxe sen problemas grazas o bo xogo dos dous equipos. 01 Feb 2015, 22:12 9.43
Pena, comentáronme que de non lesionarse tan cedo un dos xogadores do Cacheiras e contar con algún xogador mais dos que aínda están lesionados quizás o resultado non houbese sido tan avultado e ao mellor cun resultado mais favorecedor. Como di SeguidorCacheiras esperemos co Cacheiras comece pronto a recuperación do seu xogo e obteña os resultados que poden acadar. 26 Ene 2015, 17:52 9.43
Bo partido dos dous equipos, aínda que o de Cacheiras na última media hora, exceptuando algún xogador, foi mais de corazón e coraxe que xogo, pero iso tamén é xogar. O Cacheiras estivo ben ata os últimos 20 minutos nos que baixou. Neses 20 minutos o Bertamiráns impuxo o seu xogo, que non é outro que o individual. Recoñecer que ten dous xogadores que destacan sobre os seus compañeiros. Puideron cambiar o signo do partido, pero non cambiou precisamente polo esaxerado xogo individual deses xogadores. Hai que dicir que no Cacheiras tamén se padece algo de ese problema. Tamén axudou que non cambiase o signo do partido as intervencións do porteiro local nalgunhas xogadas nas que xa se cantaba o gol. O mellor o partido limpo e sen problemas que fixeron os dous equipos, dedicáronse a xogar e punto, deberían aprender algúns equipos desta liga. O árbitro non tivo traballo, como dixen os dous equipos mantiveron un xogo limpo. Que tivo algunha equivocación, por suposto, e para os dous equipos, pero non influíu no resultado. Noraboa aos dous equipos polo partido feito e esperemos que o Cacheiras empece a manter e mellorar o xogo presentado nestes últimos partidos o resto da temporada. Estou convencido que así o fará e o augurio de "mak23" soamente quedará nun malo e desafortunado comentario que non vén a conto. 12 Ene 2015, 16:40 9.43
Despois de ver o partido do Cacheiras “A” quedei a ver o partido do Cacheiras “B”, bo partido o que fixeron tendo en conta que o rival foi un equipo frouxo con algún que outro momento fulgurante, pero ollo non se quitan méritos ao desenrolo do partido por parte do equipo local. Resaltar a xogada do Flavia no primeiro tempo, se acaba na rede habería sido un gol de primeiro nivel, dun lado ao outro e golpeo de primeira, pena que golpease no poste e que o bote no campo saíse para o lado contrario, boa xogada e mellor execución. Podería resaltar algún xogador do Cacheiras, pero o non estar o partido completo sería inxusto xa que non sei como traballaron na segunda parte. Noraboa o Cacheiras “B” polo resultado, marchei gañando o Cacheiras o sinalar o árbitro o remate da primeira parte e polo visto aínda houbo dous goles mais na segunda parte. Esperemos que continúe así o resto da temporada. 04 Ene 2015, 15:05 9.43
Sorte o Cacheiras “B” no novo ano. Que nesta segunda volta manteñan o bo xogo que viñeron desenrolando nos últimos partidos. 31 Dic 2014, 19:32 9.43
Sorte o Cacheiras no novo ano. Que este primeiro partido do novo ano 2015, último da primeira volta, sexa onde comecen os bos resultados que desexamos acompañen o equipo durante toda a segunda volta. 31 Dic 2014, 19:28 9.43
Pois de un tempo para aquí os arbitraxes nos partidos do Bastavales como local, polo menos en xuvenís, parécense os da delegación de Boiro, favorecen descaradamente o equipo local. 22 Dic 2014, 18:19 9.38
Mal resultado para o Cacherias, o bo segundo algún. Polo que me comentaron aínda o resultado un dos xogadores destacados do partido foi o porteiro que de non ser por el podían haber sido 3 ou 4 goles cantados mais, tamén estivo destacado un dos centrais, así como os xogadores que sempre están dando pelexa. Parece que están en mínimos, con un montón de baixas importantes, pero que non é escusa, axuda pero non é escusa. De feito empezaron gañando e estiveron mantendo un bo desenrolo de xogo pero en dous despistes alí vai o partido. Esperemos que esta semana de descanso axude a recuperar os xogadores indispostos e que o equipo comece o ano que ven con novas e renovadas forzas. Felices Festas a todos e todas. “Mihail” podes manterte no teu sopor, novamente fixen un comentario partindo do que me dixeron do partido tomando un café. 21 Dic 2014, 20:00 9.38
Noraboa o Callobre polo resultado, xusto gañador. O resultado non reflicte toda a realidade do partido, ainda que repito o Callobre foi xusto gañador. Un detalle, tres dos cinco goles do Callobre foron dende lonxe e polas escadras, deses que poñes a lanzar balons 100 veces a un xogador e soamente entran dous e neste partido a fortuna axudounos a que terminaran no fondo da rede tres de dez. Iso non quita para dicir que unha defensa non pode permitir que un xogador teña tanta libertade como para tirar a porteria como si fora unha falta. Outro detalle, o Cacheiras fallou tres balons de xeito inexplicable, de haber logrado que foran goles seguramente estariamos falando doutro partido. O arbitraxe sen problemas, os dous equipos fixeron gala de xogo limpio. En fin, esperemos que nos proximos partidos o Cacheiras mellore, e novamente noraboa o Callobre polo resultado. 15 Dic 2014, 18:44 9.38
Aposto pola vitoria do Cacheiras neste partido. 28 Nov 2014, 17:23 9.38
“Y dale molino”. Penso que o que dis non está moi meditado; no comentario que fai “gury9” non nomea explicitamente a ninguén, tes razón, pero non estaría mal ler entre liñas o que di, palabras textuais, “que jugadores buenos le viste tu, por dios, dime por lo menos 3, yo no le veo 3 acptables para mi equipo”, paréceme que non hai moito mais que dicir sobre como ve este señor os xogadores do Cacheiras. E neste caso non proclamas ningún apercibimento, en fin. E insisto que no Cacheiras hai xogadores que non desentoarían en categorías e divisións superiores, e seguramente farían mellor o equipo de "gury9", por certo non estaría mal que dixese cal é o seu equipo. E como unha cousa non quita a outra, grazas pola corrección, cando se ten razón tense. Xa está corrixido. Dende sempre, inclusive no instituto, sempre tiven, e sigo tendo, unha inclinación natural polo “cheismo”, tento arranxalo pero a veces así vai. P.D. deberías repasar o galego ti tamén un pouco, a oración, escrita por ti no comentario de abaixo, “solicitas ó outro que nomée os xogadores cando él nunca o fai” non e moi correcta, podería ser mellor “solicitas ao outro que nomee os xogadores cando el nunca o fai”. 25 Nov 2014, 17:37 9.38
Como está o patio, imaxino como debeu desenvolverse o partido. Seguindo, despois de ver os comentarios dicir que non comparto o que di "Carronhero22", e tampouco o que di "gury9". "gury9" contradiste, nun comentario dis que o Cacheiras só ten dous xogadores bos; que poñendo un número tan exacto xa poderías ter indicado directamente os que son, e noutro comentario dis que non ves ningún. Por certo, polo teu comentario final, e algún outro, o equipo que adestras, ou que segues como afeccionado, debe ser polo menos de xuvenil de honra ou de preferente. Dicirche que no Cacheiras hai algúns xogadores que non desentoarían en divisións superiores. E "Carronhero22" que o Cacheiras ten un "equipazo", pois vai ser que tampouco. E que o problema é de adestrador, tampouco, ten a súa parte de culpa, por suposto, pero non é o problema real nin o único. O Cacheiras ten xogadores que marcan diferenza, nótase moito cando non están no campo, e ese é o problema, que non ten un equipo equilibrado. Concluíndo, penso co equipo "A" dos xuvenís do Cacheiras pode estar, e vai estar, en postos mais altos da clasificación, ten xogadores para competir e logralo, soamente hai que traballar e mellorar certos detalles, e neso ten moito que dicir, e facer, o adestrador. Sorte ao Cacheiras, estou convencido de que acadará postos mellores na clasifiación. 24 Nov 2014, 15:00 9.38
Bo partido do Cacheiras, o resultado non representa o partido que fixo, pena dalgunha oportunidade non aproveitada, sobre todo unha do xogador co dorsal 9 sobre os 20 minutos da segunda parte. Podendo levarse tres puntos lévase so un. Que lle empaten un partido gañado sobre o minuto final xusto despois do gol do triunfo e despois dunha desafortunada xogada hai que velo. O Carreira fixo un partido disputado, aproveitou as oportunidades, xustas ou non, e lévase un punto que penso que xa non contaba con el. O arbitraxe como sempre, para uns correcto e para outros non tan ben, o certo e que non se pode dicir que fora totalmente bo. Por certo, eu miraría de chamar o xogador co dorsal 9 para que fora co Cacheiras “A” a ver se funciona tan ben como nesta categoría. Sorte o Cacheiras nos próximos encontros, seguramente ira a mellor. 24 Nov 2014, 14:56 30.49
"Mihail" imaxino que deberás seguir "Asombradiño" co Cacheiras de segunda autonómica. Volvendo o tema de referencia, en particular o que indico de que certos xogadores fixeron un "mal traballo", non o digo gratuitamente, dígoo dende o convencemento de que é así. Unha cousa é que un xogador tendo, ou non, certa calidade de xogo poña todo o esforzo e traballo no partido e que lle saian mal as accións e outra moi diferente e reprobable é que un xogador faga o que lle praza, desentendéndose e sen importarlle o resto de compañeiros, cunha actitude no campo de total indolencia, desidia e desinterese como fixeron eses xogadores, e a maiores tendo o agravante de reincidencia. Por certo non penso que faga falta dicirlle nada o adestrador, seguramente viuno igual que todos os que estabamos no campo. Sobre o do adestrador anterior indicar que soamente foi unha achega ao comentario de "luachea", é moi sinxelo de entender "Mihail". 17 Nov 2014, 17:13 9.38
Dúas partes distintas do Cacheiras, a primeira, sacando os primeiros quince minutos, termina co resultado 0-2. Sen embargo a segunda xogouse como se debería xogar, entre outras cousas cos xogadores que deben xogar, e o resultado, 6-3. Nos primeiros quince minutos non se aproveitaron unhas cantas ocasións que seguramente houberan xerado dous ou tres goles Resaltar, en particular, o mal traballo tanto individual como co resto do equipo de dous xogadores do Cacheiras, un deles xa non fixo nada no partido co Sar, es mais, sen esaxerar, axudoulles a ganar o partido. Simplemente non se sabe porque son titulares, foi cambialos e o partido tamén cambiou, a mellor. Tamén axudaron os restos dos cambios. O Fátima xogou bastante ben, con algúns xogadores que aportaban moito xogo, pero en dous despistes lle empatan o partido, a partires de ese momento non foron quen de manter o xogo que viñan facendo, penso que debeu ser un golpe moi forte para eles que lles baixou a moral. O partido moi limpo por parte dos dous equipos, así que o árbitro non tivo traballo. Non influíu no resultado nin prexudicou a ninguén. Noraboa o Cacheiras por este resultado, espero que sexa o comezo da escalada a postos mais altos, como veño dicindo “Cacheiras ten equipo para estar en postos mais altos da clasificación” pero sempre e cando se xogue como se debería xogar, e cos xogadores que deben xogar. O Fátima bo equipo, moi serio, que seguramente estará pelexando por postos mais altos na táboa de clasificación. Por certo, o de despedir o adestrador do Cacheiras, penso que non e comparable ca situación do anterior adestrador. 16 Nov 2014, 19:38 9.38
Mi pronóstico es: x
Jugar a la quiniela
12 Nov 2014, 14:07 52.41
Mi pronóstico es: 1
Jugar a la quiniela
12 Nov 2014, 14:07 89.15
Mi pronóstico es: 1
Jugar a la quiniela
12 Nov 2014, 14:07 89.15
Mi pronóstico es: 1
Jugar a la quiniela
12 Nov 2014, 14:07 9.38