| Emilio deixa o Estradense.
Eu sei que para o sector máis purista de Espiñedo non é un xogador válido pero neste Arenteiro cheo de bos peloteiros no medio campo como Renan, Álex ou Presas, un futbolista como don Emilio Carril Moure podería ser puntualmente un bo complemento para desafogar de tantas esixencias defensivas a estes xogadores.
|
10 Dic 2020, 16:36 |
210.77 |
3 |
0 |
+info
|
| Eu cando no partido de ida, perdendo 0-1 se quedaron con 1 menos xa pensei que quedabamos un ano máis en preferente. Por certo, naquela eliminatoria tivera bastante importancia Carlitos, que virá a Espiñedo o domingo.
|
10 Dic 2020, 09:59 |
33.17 |
2 |
0 |
+info
|
| Algo vailles a perxudicar seguro porque ademáis imaxino que querrán dar unha boa imaxe e non farán moita rotación contra o Cádiz. |
09 Dic 2020, 11:54 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| Por nomes parece máis perigoso o Rápido pero a verdade é que leva unha xeira moi mala e non deberiamos deixar pasar a oportunidade de sumar de 3 en 3 contra eles.
O Ribadumia xa me preocupa máis. Levan bastantes anos xogando a maioría xuntos e contan cun dos mellores entrenadores da categoría que xa está consolidado no clube. Ao noso favor que creo que van a querer impoñen o seu fútbol e iso parece que nos ven mellor que levar a iniciativa. Salvo a segunda parte contra o Barco cústanos tomar o mando. |
09 Dic 2020, 10:59 |
33.15 |
2 |
0 |
+info
|
| Eu si fose Fran Justo ou un amigo de Fran Justo, en vez de andar a comparar touciño e velocidade nos foros estaría máis preocupado no reto que ten por diante que non é sinxelo.
A mín os equipos de Fran non me gustaron nunca pero a mín con que gañen os partidos váleme. |
07 Dic 2020, 22:54 |
31.64 |
2 |
0 |
+info
|
| Juanito é un pedazo xogador. O seu problema non é que sexa malo. É tonto de remate. Non estou seguro que xa non use pañal.
No peor dos casos teremos a xornada na Radio Galega. |
07 Dic 2020, 11:53 |
31.64 |
2 |
0 |
+info
|
| A última vez que Espiñedo coreou a un rival foi Hugo Soto nun hat trick co Portonovo. Xa choveu. Noraboa a Gordito Bazo. |
05 Dic 2020, 19:32 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| Gran victoria. Cando o equipo ten máis pausa e se deixa de mandar pelotazos a Sylla chega moito e ben. Estame sorprendendo moito Eimil. Ten unha potencia que asusta. Hoxe custou gañar porque a efectividade do Barco é total. Dentro do tono xeral do equipo de brega detacaría o luxo que é contar con dous tíos como Sylla e Javi Pazos. Enorme loita arriba na presión dos dous aos que non se lle caen os aneles por correr detrás do balón. E un goliño cada un.
Hai que facer bo o resultado nos tres partidos que quedan. |
05 Dic 2020, 19:17 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| Onte á noite publicaron isto no DOG
"A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 500 persoas para lugares pechados e de mil persoas se se trata de actividades ao aire libre."
Sube de 150 persoas a 1000 o máximo permitido sempre gardando 1,5 metros entre non convivintes. Na pretemporada contra o Compos metéronse 400 personas seguindo este mesmo criterio. Logo non vexo razón para non aceptar o aumento proposto a 300 coa anterior normativa. |
04 Dic 2020, 11:48 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| O Vista Alegre Estudiantil acaba de fichar a Suso, ex do Portonovo, Céltiga ou Arosa que normalmente xoga de lateral esquerdo.
Parece que o de Oli está preto. |
03 Dic 2020, 19:39 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| Home Cassio era a clave pero anunciou a súa fichaxe o Puente hai 15 días. |
02 Dic 2020, 19:52 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| Nese foi no primeiro que pensei. É titularísimo na Estrada. No o vexo de volta. Xunto con Brais o único ex que penso que melloraría o que hai e é factible é Toño. Hugo é un xogadorazo que seguro sería titular pero está xogando no Compos. |
02 Dic 2020, 19:26 |
186.94 |
2 |
0 |
+info
|
| Hugo Sanmartín non pode ser. Pouco máis grande é que o balón. |
02 Dic 2020, 18:43 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| Eu xa dixen o outro día que a mín Oli non me aporta nada. Extremos non usamos e como lateral esquerdo para mín non mellora a Naveira. Si Naveira non está pode xogar aí Mariña.
Non sei. Eu reforzaría o medio campo. É claramente a única zona de campo que me preocupa. |
02 Dic 2020, 15:15 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois case está a ser un privilexio acudir ao Templo este ano. Para mín é o debut oficial nun ano no que estamos chamados a loitar polo ascenso.
Eu con Garrote non me meto en ningún lado. Non son moi grande e se cadra confúndeme cun bocadillo e pápame o zampabolos ese. |
02 Dic 2020, 13:32 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| Dan moita choiva para o sábado. Vai a dar gusto o estado do verde no Templo. A ver si Marnotes se estira un pouco e nos pon un céspede novo. Está pagao todo. |
02 Dic 2020, 10:26 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| Este ano tamén se deu un pasiño adiante nas redes sociais pero queda camiño. Menos mal que preguntei por aquí e puiden pedirlle a alguén que me fose polo pase. Si non pregunto quedo sen entrar porque eu non vin nada en facebook, twitter nin me chegou nada por whatsapp e tampouco se lle debeu avisar aos medios locais para que desen a información.
Hai días de moita actividade e logo o domingo, por exemplo, aínda figura como último resultado do partido o 1-2 de Javi Pazos. Se non hai tele e tampouco informa o clube... Eu sei que da traballo pero hai clubes en categorías inferiores aos que se lle pode copiar co ben que o fan.
Crítica constructiva. Eu algo de mellora xa notei. |
01 Dic 2020, 10:07 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| Vou ter que mandar un emisario senón non pillo pase nin de coña. |
30 Nov 2020, 18:56 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| ¿Sabese xa cal vai a ser o procedemento para retirar os pases para ir ao partido contra o Barco? |
30 Nov 2020, 18:26 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|
| Rival duro. Non creo que veñan a Espiñedo a defenderse. Teñen calidade de sobra para facernos unha avería importante pero tamén penso que este tipo de equipos nos veñen mellor que os que veñen a pecharse.
Dende logo pinta que vai a ser un bo partido. |
29 Nov 2020, 21:38 |
10.85 |
1 |
0 |
+info
|